14 ene. 2009

O embaixador en Tel Aviv
XOSÉ M. SARILLE, ECG. 13-1-09

Sobre o xenocidio israelí na franxa de Gaza dixo Rodríguez Zapatero: "Algúns non se mollan, nós si". Esta afirmación encerra dúas mensaxes. A primeira é que declarar contra Israel ten consecuencias indesexadas, aínda que o seu exército estea aniquilando nenos e anciáns con bombas de fósforo, e aínda que a declaración proceda dun estado relativamente forte no escenario mundial. A segunda é que fronte á indiferenza dos estadistas europeos Zapatero considera moi útil dicir iso nun mitin, mentres o ministro de exteriores suaviza ante Israel esas palabras, que só son palabras e que polo tanto lévaas o vento.
(O artigo completo)

42 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Un mestre que tiven, Jaume López dixonos un día ós alunnos que "A culpabilidade paraliza, a responsabilidade empuxa a actuar, a actuar en consecuencia".

Eu non creo que o PP esté na equidistancia, máis ben creo que se atopa paralizado... pola culpabilidade.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con todo o artigo de Sarille.
A equidistancia non é outra cousa que unha xustificación permisiva do xenocidio de Israel co pobo palestino. Considerar equivalente a violencia exercida co lanzamento de foguetes fronte a maquinaria militar israelí insulta a intelixencia.
Un amigo.

Anónimo dijo...

Israel está cometendo un erro enorme na súa invasión de Gaza, e co desprezo das súas elites dirixentes polo número de vítimas colaterais inocentes que o seu exército está a causar nun territorio coma Gaza, sabendo que calquera represalia as vai provocar. Pero tamén insulta a intelixencia cualificar iso de xenocidio, equiparalo como fan algúns á Shoah, e caer na simplificación banal Israel=máo e todos os palestinos, incluído Hamás=bo. Pódese debater o que se queira, e dende logo o Estado israelí fai adoito un uso interesado e excesivo do Holocausto como argumento lexitimador para facer calquera cousa. Mais cómpre matizar, polo menos algo máis do que se fai.

Anónimo dijo...

Repito o dito. O que está a facer Israel co pobo palestino é un xenocidio. Non é necesario equiparar a política criminal de Israel coa Shoah, non é preciso, cada unha se cualifica por si soa; tampouco digo Israel = mao e Hamas = bo; asemade doutras consideracións nas que agora non entro, para nada me sinto identificado con posicións políticas que se fundamenten en principios relixiosos, non teño simpatía polo integrismo islámico, e tampouco por un estado que basea a súa existencia en principios relixiosos que son o cerne da súa existencia.
A cuestión non é que Israel cometa un erro enorme, erros cometemos todos; a cuestión é que toda a política Israelí é criminal con respecto aos palestinos. É unha política que procura o xenocidio do pobo palestino. Xenocidio non é procurar o exterminio do último individuo, xenocidio é procurar a desaparición de Palestina como pobo, matarlle o futuro. O xenocidio non é matar exterminio total, senón masacrar para conseguir a desaparición dun grupo nacional, relixioso, étnico ou político.Témosllo escoitado a máis de un israelí que nega incluso a existencia do pobo ao que lle usurparon a terra para crear un estado confesional no 48, para eles son só árabes. Só árabes que se tiñan que ter marchado a Xordania, Siria, Líbano ou Exipto para deixarlles aos xudeus facer o seu estado. E foron expulsados das súas casas. Incluso asasinados en aldeas enteiras para sementar o terror e facilitar o traballo da expulsión. Palestinos aos que se lle nega o retorno, pero iso si, un arxentino, ruso, marroquí, ou etíope de relixión hebraica ten dereito a ser cidadán de Israel, para o que non importará seguir facendo asentamentos en terreos roubados aos palestinos.

Israel non quere un estado palestino, quere facelo inviábel. Non é un problema de erros amigo Anónimo. É un problema dunha política criminal de estado. E digo de estado porque é común aos distintos gobernos e partidos no poder. Na práctica é igual a dereita do Likud ou de Kadima, que o P. Laborista; de feito nos últimos corenta anos foron gobernos laboristas os que máis asentamentos fixeron na Cisxordania. Por certo amigo Anónimo. Por que non se marchan os israelís da Cisxordania? Alí non está Hamás nin lles bombardean con foguetes.
Repito, Israel está facendo un xenocidio co pobo palestino. Xenocidio que conta con poderosos aliados no mundo, cómplices do que acontece, consentidores que ante a barbarie destes días calan a ver se escampa pronto e o exercito israelí fai rápido o seu traballo. E tamén están os que se sitúan nunha equidistancia so pena de caer en simplificacións banais. Espero que algún día sexa xulgado o que fai Israel como foi xulgado o que o nazismo fixo cos xudeus ou os xitanos; e espero que tamén se sinalen aos que coñecedores do que acontecía miraban para outro lado.
Un amigo.

Yudá Peres dijo...

¿Declarar contra israel ten consecuencias indesexadas?

¿Cales? ¿terrorismo xudeu polas capitais do mundo acaso? Londres, Madrid, Bali, Casablanca, Nova York... ¿Boicot comercial do inmenso mundo xudeu ás importación de España?

Por favor. Non confudamos a defensa dos palestinos inocentes -que non dos inocentes palestinos- co anisemitismo plano.

Anónimo dijo...

Que eu saiba nesta casa ninguén fai antisemitismo. Antisemitismo, nin plano nin esgrevio.

apicultor dijo...

Alén de discusións nominalistas (que non digo que non teñan a súa importancia), e alén tamén de acusacións fundadas ou infundadas, o prioritario é que se deteña esta matanza e que, a continuación, se obrigue ás dúas partes a sentar nunha mesa de negociación para chegar a acordos. E aí o fundamental é a presión internacional a todas (reitero: a todas) as partes enfrontadas. Non pode continuar tanta morte e tanto odio.

Anónimo dijo...

Coincido con Apicultor en que o nome non é o importante, o importante é deter a matanza que nunca se debeu producir; nin esta nin ningunha das que leva padecido o pobo palestino.
Porén acho que dicir que hai que chegar a acordos sen contextualizar a situación das últimas décadas do pobo palestino segue a ser unha desas posicións de pretendida equidistancia ás que antes me refería. Que máis presión se pode exercer sobre o pobo palestino? Que acordos? Dar por bos os bantustanes na Cisxordania? Un estado partido en mil anacos sen posibilidade de moverse? Sen recursos?, en definitiva sen soberanía?
Se non lle gusta a palabra xenocidio, válelle a palabra política criminal co pobo palestino? Se prefire chamémoslle así, o nome que lle demos non muda a natureza das cousas. Sobre quen hai que exercer presión para parar esta barbarie?
Que máis queren para seguir xustificando o inxustificado. Nas novas de hoxe mesmo bombas de fósforo branco sobre os almacéns de ONU, bombardeamento dunha mesquita, unha escola, un edificio da prensa, un hospital. Son acaso acusacións infundadas?
Un amigo.

apicultor dijo...

Precisamente un acordo xusto tería que evitar todo iso que di, señor Amigo. E desde logo que non achega nada a súa maliciosa susceptibilidade coas miñas palabras. Así, están fóra de lugar todos eses tópicos que me apón.

Imos ver. A presión hai que exercela en serio tanto sobre o goberno israelí como sobre Hamás, porque, cada un ao seu nivel, son os culpables das desgrazas do pobo palestino. Pregunta vostede: que acordos? E eu retrúcolle: hai algunha outra solución máis ca chegar a acordos e facelos cumprir? Podería eu, seguindo o seu esteiro malicioso, acusalo de non querer chegar a acordos e, polo tanto, de ser un belicista e de que querer suprimir do mapa a Israel, pero non o vou facer, porque é máis que seguro que sexa falso. Eu concédolle o beneficio da dúbida. Teña vostede a bondade de concedermo a min.

O que, guste ou non, é imposible é unha condea con consecuencias penais e internacionais respecto a Israel. Non é factible un xuízo de Nuremberg, nin unha actuación do Tribunal Penal Internacional. Repito: guste ou non. Daquela, hai que ir por camiños máis realistas e eficaces. Cando se trata de pacificar unha situación tan enconada, hai que, dalgún xeito, facer borrón e conta nova. Así aconteceu noutros lugares despois de guerras, conflitos bélicos e xenocidios diversos, tanto ou máis graves que o caso palestino-israelí. Desterrar as ansias de venganza é conditio sine qua non para chegar a un acordo de paz. Infórmese ao respecto.

Naturalmente que eu non teño a solución e menos aínda a capacidade para propoñer os pasos a dar. E sospeito que vostede tampouco.

Anónimo dijo...

Non é maliciosa susceptibilidade coas súas palabras señor Apicultor. É que falar de chegar a acordos como se estivésemos falando de dous contendentes cunha certa equivalencia de poderío non ten nada que ver coa realidade do que pasa nese oriente próximo. As disimilitudes son tan evidentes que penso que non cómpre repetilas, nesta solaina xa teño escrito por esta cuestión hai tempo atrás e acredito que a vostede non lle é descoñecido o que acontece. Por falar do destes días e non repetirnos sobre a diacronía das últimas décadas. Acaso teñen algunha similitude eses foguetes de ferreiro que matan cando lle dan a alguén na cabeza, fronte a todo o que está movendo Israel?

Sei Apicultor que hoxe é imposíbel unha condena internacional ao goberno de Israel, o que non quere dicir que non a merezan, por xenocidio, ou por crimes de guerra ( non se está facendo en Ruanda?).

Xa dixen antes que non teño simpatía ningunha por Hamás, pero facelo responsábel dos padecementos do pobo palestino paréceme errar por completo o tiro (Acaso unha muller maltratada sería tamén responsábel da súa sorte en función de características da súa personalidade ou polo seu comportamento?) Por certo seguro que sabe que Hamás foi no seu nacemento alentado e apoiado por Israel?

Non se trata de si vostede ou eu propio temos ou non a solución, a cuestión é si as partes están dispostas a chegar a ela. Eu xa o teño dito aquí: o retorno ás fronteiras de 1967, cumprindo así resolucións, moi vellas xa, de ONU. Algo que Israel non está disposto nin sequera a contemplar. Pero vou máis alá, Israel non quere un estado palestino; acaso non sabe que seguen facéndose asentamentos de colonos en Cisxordania e Xerusalén Leste?, ou máis ben que nunca deixaron de facerse. De se cumprir esa retirada todo o mundo árabe recoñecería a Israel (foi a resolución da Meca da que Israel nin sequera contestou). E os que falan de botar a Israel ao mar serían unha minoría sen apoios (hoxe, malia a todo o acontecido, 3 de cada 4 palestinos están pola creación do estado palestino). Máis ben habería que preguntarse cantos israelís están polo Gran Israel ou cando menos cantos están dispostos a volver ás fronteiras marcadas pola liña verde.

Por certo, procuro estar informado, aínda que agradezo a súa suxestión
Un amigo.

Anónimo dijo...

Malén Aznárez en EL País:

"Voy a apropiarme descaradamente del lema de Reporteros Sin Fronteras, "si no lo contamos, no existe", porque difícilmente se puede superar en este caso. Si los periodistas no podemos contar lo que está pasando en Gaza, si no podemos verlo en directo, porque el Gobierno de Israel nos prohíbe el paso al estrecho territorio palestino -aplicando una censura a la libertad de expresión e información digna de dictaduras como China o Cuba, que tanto solemos criticar los periodistas occidentales-, difícilmente podremos informar al resto del mundo de la barbarie que se está cometiendo con los palestinos, eso sí, a la vista de todos los países democráticos y sus medios de comunicación. Una barbarie aplicada sobre civiles, entre ellos miles de niños que, de día en día, engrosan las listas de muertos y heridos salvajemente, pese al repetitivo "no se persigue a los civiles" de las autoridades israelíes, mantra propagandístico con el que ya no pueden engañar a nadie."

Artigo completo:
http://www.elpais.com/articulo/opinion/Gaza/contamos/existe/elpepuopi/20090115elpepiopi_5/Tes

apicultor dijo...

Que o que está a pasar en Gaza é unha matanza, unha masacre indiscriminada está claro. E que o exército israelí é o causante tamén. Pero que Hamás lle deu a coartada necesaria tamén é igualmente certo. Mais seica o día 20, dentro de catro días, van cesar os ataques, cando menos nos seus aspectos máis letais. Daquela, a cuestión principal é a seguinte: E despois que?

Pois que haberá que tentar reconducír as cousas, primeiro no ámbito humanitario e sanitario, e despois buscar algún atisbo de solución. E iso só se pode facer desde a presión da comunidade internacional. Pasiño a pasiño, non queda outra.

E para que Israel se aveña, non se pode pretender que asuma toda a culpa do conflito. Así non se negocian solucións. Como tampouco se desde a outra parte o único que se busca é a venganza. Neste sentido é irrelevante que un teña un exército potente e outro non. Hai que partir de cero. E partir de aí negociar. E nunha negociación todas as partes deben ceder até encontrar un difícil punto de equilibrio. Canto están dispostos a ceder uns e outros?

Con todo, son bastante pesimista ao respecto. Hoxe por hoxe, non acho indicios por ningunha parte.

Anónimo dijo...

Hoxe escoitaba na SER dun artigo nun xornal onde facía unha similitude entre a sublevación do gueto xudeu de Varsovia e a situación de Gaza. Non podo concretar moito porque o ruido da auga saíndo polo chuveiro da ducha non me permitiu saber quen asinaba nin en que xornal foi publicado. Se atopo o artigo na prensa do día botareille unha ollada. Digo esto porque onte cando contestaba a Apicultor veume a memoría o acontecido en Varsovia e atopaba moitas similitudes co de Gaza. Non me atrevín a dicilo non fose que alguén me acusase de banalizar o sufrimento padecido polos xudeus na Shoah, cousa que de verdade non pretendo. Postos a buscar similitudes máis recentes eu atopo un gran parecido co réxime racista surafricano.
Fago este comentario para dicir que estando de acordo co apuntamento de Apicultor a respecto de que o primeiro é o asunto humanitario e logo tratar de reconducir a situación paso a paso, non se pode esquecer quen é o agresor e quen é a vítima. O agresor reiterado é o estado de Israel, e a vítima é o pobo palestino; non nos confundamos (aí esa esa inxusta equidistancia da que falaba antes). O feito de recoñer a Israel como agresor e a Palestina como vítima, non nos debe impedir condenar actos que van contra toda lóxica humanitaria e que repugnan á razón, e dos que de vez en cando son vítimas cidadáns de Israel. E iso é que o moitos non queren recoñecer malia os feitos. E por riba Israel considérase respectábel fronte a Hamás que son terroristas. Acepto chamar a Hamás terrorista se co mesmo criterio xulgamos a Israel.
Indo ao seu último paragrafo estou de acordo con vostede; eu tamén son pesimista.
Un amigo.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Agora mesmo non estou en condicións de facelo. Prometo, na medida que son quen de cumpri a miña promesa, expoñer aquí unha reflexión sobre estes feitos.

Non sei por que, abondan os Anónimos nos post deste fío. Tamén intenterie comprender isto. Meditarei, meditarie con vagar e logo, se de verdade considero que teño algo que dicir, direino, pero xa non me agocharei nunca máis detrás dun nick inidentificlble. Se volvo falar disto neste blog, fareino co meu nome e apelidos.

De momento deixádeme reflexionar. Ata o de agora non atopei máis que lugares comúns. Moi sentidos, mois respectables, pero nada novos.

Non prometo nada. Pero se volvo falar sobre este tema, fareino co meu nome e apelidos. Non máis anónimos nin agochamentos.

apicultor dijo...

Certamente que ninguén aquí di nada novo. Eu, desde logo, son consciente de que non digo nada orixinal. Espero, en todo caso, a reflexión de O Mesmo, que promete ser enxundiosa.

E xa que Un Amigo se refire ao caso surafricano, o tal é un claro exemplo do que eu chamaba "desterrar as ansias de venganza é conditio sine qua non para chegar a un acordo de paz".

o mesmo, pero disimulando dijo...

Escoita, Apicultor -permite que me dirixa a ti, se non te importa-, eu xa non podo facer máis. Levo media vida intentando comprender o por qué da xudeofobia. Creo que fixen un máster privado, picando en todas as fontes que fun capaz de atopar para entender o por qué dunha xenreira xeralizada e permanente, duradeira ó longo dos tempos contra un pobo. (¿Un pobo ou unha relixión? ¿Unha relixión ou unha maneira de enterder a vida, unha filosofía? ¿Ou, simplemente, unha ideoloxía?) Creo que máis xa non podo facer. Teño unha casiña na aldea, unha casiña familiar, e alí hai varios caixóns cheos de follas e follas, de libros, de notas sobre este tema espantoso que non son quen de comprender. Hai explicacións, claro que si. Sobradas. Empecemos.
Eu, se non son ateo, polo menos serei agnóstico. Polo tanto malamente poderei aceptar ningún pobo elixido por Deus. Non obstante, os fundamentos do pobo de Israel presentan algunhas sutilezas tan alambicadas que fan pensar que é unha criación divina. Por exemplo, ¿a quen, naqueles tempos, se lle podía ocorrer que os xudeus debían -tiñan que- saber ler? Supoño que xunto á obriga de saber ler estaría a de saber escribir. Non só crean un Deus que é imaxe e semellanza deles, senón que establecen a obrigatoriedade de saber ler. Estamos a falar, segundo parece, de pobos nómades, de gandeiros trashumantes que ían dun lado a outro transportando ovellas e cabras. Xentalla, talvez. Tipos curtidos, con navalla no cinto, dispostos a matar ó primeiro que se lles puxese diante con malas intencións. A esta xente se lles ofrece un Deus -un só, no medio dun erial de politeísmo-, igual a eles, se lles dá unha lei e se lles obriga a saber ler e escribir. Daquela, alí onde hai un contrato, un documento, un acordo, unha transmisión ou unha sucesión que diriamos agora, alí está un xudeu. ¿Quen quere ben un notario hoxe en día? Pois multiplicade ese sentimento por séculos e séculos.
Logo, pegando un salto no tempo, aparece o Cristo. Os cristiáns chamaron deicidas ós xudeus durante séculos. Desde que Paulo comprendeu que había que abrirse ós xentís, porque o xudaísmo era unha relixión pechada que xamais aceptaría a "boa nova", cada vez con maior retranca foise tecendo unha trama xudeufóbica. Pero, segundo o relato evanxélico, os xudeus -os mandamases xudeus- foron quen de conseguir que fosen os ramanos quen axusticiasen ó Cristo. Poncio Pilatos fixo todo canto puido para evitar cumprir a pena de morte imposta a Cristo. Esa escena levada a un paroxismo insoportable na película de Mel Gibson da flaxelación, non foi máis que un intento do gobernador romano para conseguir a piedade do pobo enardecido contra Xesús. O cabestro que gobernaba a diócese de Toledo, monseñor Cañizares, permitiuse, non sei con que caste de impiedade, esta afirmación: Cristo morreu sen coidados paliativos. Non é certo. Cristo disfrutou da compaixón dos seus verdugos romanos, polo menos de dúas maneiras. Primeiro cando lle deron a beber o xugo impregnado nunha esponxa chantada nunha cana. Vinagre, din que lle deron. Pero, incluso na biblia que funcionaba nos momentos álxidos do nacionalcatolicismo, a Nacar-Colunga, explicaba en nota que posiblemente se trataba dunha bebida analxésica ou anestésica, que os encargados da execución por crucifixión sempre tiñan disposta, un de cuxos ingredientes era o vinagre. A aspirina, ese fármaco universal e indiscutible, é un composto de vinagre e cortiza de salgueiro. Ácido acetilsalicílico.
E, segundo, cando o centurión lle espeta unha lanzada no costado. O centurión romano, farto xa de ver sufrir aquel home, intenta ultimalo cunha ferida mortal. Mutatis mutandis, a Cristo se lle aplicou, primeiro a sadación que hoxe é tan frecuente negar a pacientes terminais, e, despois, a eutanasia. Cañizares minte e sábeo. Se o sei eu, el ten que sabelo. Non hai outra. Pero tanto ten, os xudeus pasaron á historia como deicidas. Ata ben avanzado o século vinte non se borrou da liturxia católica do Venres Santo a expresión "os impíos xudeus".
Martín Lutero, o monxe agustino que fracturou a Igrexa, é autor dun libro terrible: Sobre os xudeus e as súas mentiras. Na versión que eu teño, capitulada -ó parecer Lutero escribiu o libro sen capitular-, no capítulo 11 encontramos liña a liña todos os postulados da Solución Final que artellaron os nazis nos anos corenta. Lutero proclamou o exterminio do pobo xudeu. Os alemáns, como pobo, como practicantes dunha determinada relixión e logo como integrantes dunha corrente política, tiñan fundamentos ideolóxicos por transmisión cohesionante e trascendente, para odiar e aniquilar ós xudeus.
Se collemos unha historia de España, vemos que a estrela amarela que se lles obrigou a lucir ós xudeus europeos, ten un antecedente clarísimo na escarapela que en tempos dos Reis Católicos se ordenou que puxesen os xudeus españois.
E así podiamos seguir ad infinitum, amigo Apicultor, e probablemente, non chegariamos a ningures.
Cando se aprobou a constitución española do 78, a min chamoume moito a atención un determinado artigo que di: Ningún español de orixe poderá ser privado da súa nacionalidade. Parecíame aberrante, innecesario, tautolóxico, se se me permite a expresión. Estudando o tema dos xudeus comprendín a súa necesidade. Os xudeus foron privados da súa nacionalidade alí onde chegaban os nazis, e quedaron sen ninguén e sen ningunha institución que poidese valerlles. Logo vimos que o sionismo tampouco fixo moito por solucionar este problema. Máis ben ó contrario.

E poderiamos continuar e continuar, folios e folios, e, seguramente, non conseguiriamos entender a chamada xudeufobia, nin gañar ninguén para a causa contraria.

E isto non é, tampouco orixinal nin aporta nada novo ó debate deste fío. Pero é o primeiro que vomitou o meu cerebro perante a matanza -¿xenocidio? ¿política criminal?- que estamos obrigados a tragar cada día mentres xantamos ou mentres ceamos. Intentarei seguir e a ver se son quen de chegar a algures. Pero non, non penses que esquecín á outra parte, ós palestinos. Non podo esquecelos. É imposible. Teño moitos amigos palestinos e, que eu saiba, ningún xudeu. Ningún. Terei que remediar iso.

Hai xudeus de honra, indiscutibles tanto no seu compromiso como no seu sufrimento, como Primo Levi ou Ana Arent (?), entre outros, que cuestionaron a conveniencia de crear o Estado de Israel.

E eu, un galego esquinado nun rincón verde e voluptuoso, teño que romper os miolos para comprender o drama dun pobo que criou a súa cultura camiñando sobre a area do deserto.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Nesta longa relación de infortunios, esquecín consignar un non pouco importante: a usura, ese alcume que pasou á lingua popular de xudeu igual a usureiro. Sabido é que os cristiáns tiñan prohibido o préstamo con xuro a cambio. Iso ía contra a caridade. Non tiña sentido que un membro en apuros dunha comunidade cristiá, en troques de ser auxiliado polos seus irmáns, sufrise as penurias dun préstamo con prazo de devolución e incrementado nas porcentaxes correspondentes. Os cristiáns non podían facer iso. Entón utilizaron ós xudeus que vivían entre eles para que o fixesen.

Quede como un dato máis. Logo xa veremos a onde chegamos.

Jafet Medela dijo...

Grazas, sr. Mesmo-Disimulando.-

Anónimo dijo...

No xornal EL PAÍS:

TRIBUNA: ELIAS KHOURY
Los judíos de los judíos
La política israelí en Cisjordania y la Franja de Gaza gira en torno a la construcción de guetos sellados a cal y canto para los palestinos que habitaban esas tierras. Surge la comparación con los guetos de Europa del Este
ELIAS KHOURY 16/01/2009


En mayo de 1949 se publicó la novela del escritor israelí S. Yizhar La historia de Khirbet Khizeh, en la que se narran los desconcertantes hechos acaecidos durante la salvaje expulsión que el Ejército israelí llevó a cabo en una pacífica aldea del sur de Palestina. El libro, especialmente al ser adaptado en 1978 para una serie de la televisión israelí, causó gran polémica. Pero lo que verdaderamente llama la atención es que, tras Khirbet Khizeh y el largo cuento escrito por el mismo Yizhar titulado El prisionero, la literatura israelí haya mantenido un silencio casi absoluto en torno a la guerra de 1948. La tercera generación de escritores israelíes, la llamada Generación del Estado, ha ignorado los acontecimientos del año 1948 y la Nakba, la catástrofe palestina, aparece sólo tangencialmente en las obras de Amos Oz, Abraham Yehoshua o David Grossman.

Los críticos no se ponen de acuerdo en la lectura de la novela de Yizhar. No saben si hay que considerarla como una toma de consciencia catártica o como, según escribió Haim Gouri, "una anécdota comparado con lo que los árabes nos han hecho".

He vuelto a la novela, a Khirbet Khizeh, al contemplar las cruentas escenas de Gaza. Aunque sea recurrente decir que la fotografía es la herramienta artística con mayor capacidad expresiva, yo sigo creyendo que el texto literario es el que alberga en sus múltiples niveles de lectura el poder de sondear las profundidades de la experiencia humana. He vuelto al texto de Yizhar no sólo para comparar lo ocurrido en Khirbet Al Khisas, una más del conjunto de aldeas palestinas destruidas en noviembre de 1948, y lo que actualmente está sucediendo en Gaza, sino también para comprender el principio israelí que legitima el asesinato y la expulsión de palestinos.

La aldea de Khirbet Al Khisas -que muy probablemente, según el jefe de la operación israelí, Yehuda Baiiry, sea la Khirbet Khizeh de Yizhar- estaba a medio camino entre Al Muyaddal y Bet Hanun. Es lógico pensar que sus habitantes huyeran hacia esta última población o hacia algún campamento o aldea de la Franja de Gaza. En ese sentido podemos decir que la novela de Yizhar no ha concluido todavía, que 60 años después adopta una nueva forma y que las víctimas de hoy son las de ayer.

El texto de Yizhar es asombroso porque realiza una aproximación profética al estilo realista. En la novela se detallan con precisión las tareas de una unidad del Ejército israelí encargada del desalojo de los habitantes de una aldea palestina y de la demolición de sus casas, pero lo hace empleando un tono profético y judaico, como si tomara prestadas las voces de los profetas del Antiguo Testamento.

La ocupación de la aldea se completó en 1948 sin ninguna resistencia. La novela describe la angustia del sujeto israelí y también sus bromas y pasatiempos. En cuanto a las víctimas palestinas, son meros objetos sobre los que recae su acción, una prolongación de la naturaleza, de la geografía y de la fauna, una parte silente, resignada e impotente.

Producen escalofríos los calificativos que los miembros de la unidad israelí dedican a los campesinos árabes, a los que despojan de cualquier atributo humano. Contemplemos algunos ejemplos: son inmundos, despreciables, almas hueras, gusanos, apestan a tumba, no son hombres, son fantasmas, huyen, son depravados. En cuanto a su tierra: está podrida, cubierta de suciedad por todas partes. Los soldados de la unidad israelí también se mofan de la cobardía de los palestinos que no luchan para defender sus campos y sus hogares. ¿No nos recuerdan este tipo de expresiones racistas las de otro vocabulario, el usado por los nazis durante el Holocausto?

Dos son las escenas culminantes de la novela: en la primera presenciamos la locura de una mujer palestina y su bebé: "De pronto irrumpió una mujer con su hija lactante en brazos, una criatura flaca a la que zarandeaba como si fuera un objeto sin valor. La niña tenía la cara macilenta, estaba enferma y daba asco y su madre, asiéndola por los harapos, la hacía bailotear ante nosotros mientras nos suplicaba, sin que sonara a burla o rencor, sin lamentarse tampoco como una loca, tal vez porque su súplica era una mezcla de todo esto, que si queríamos, nos quedáramos con ella".

¿No se vislumbra a través del baile de esta mujer algo semejante al ambiente de los campos de concentración y exterminio nazis? Si ponemos lado a lado los calificativos que los soldados atribuyen a los lugareños y esta aterradora escena, ¿no nos encontramos ante un lenguaje típicamente antisemita empleado antes por los fascistas en Alemania y Europa en el contexto del genocidio contra los judíos?

La segunda es una escena traída de la Biblia: "Aquellas mujeres y niños, aquellos inválidos, cojos y ciegos, saltaban directamente de algún pasaje de la Tora". Yizhar describe así las víctimas palestinas y, yendo un poco más allá, dice haber buscado un Jeremías entre los palestinos: "Pensé si no hallaría entre ellos también a su Jeremías, alguien que furioso se golpeara el corazón e invocara entre ahogos al dios anciano desde lo alto de los trenes del exilio".

La propia novela, con sus resonancias bíblicas, zanja la cuestión semántica. Si el crítico puede llegar a dudar de las connotaciones de los calificativos usados por los soldados de la unidad israelí, considerando que tal vez sólo fueran expresiones coloquiales de los combatientes, la duda queda resuelta con esas víctimas surgidas de la Tora. Los soldados de la unidad israelí, metáfora de la sociedad israelí, han encontrado a sus judíos. Es decir, que el proyecto sionista de construcción de un Estado como todos los Estados del mundo y la fundación de un pueblo combativo siguiendo el modelo europeo no se puede llevar a cabo a no ser que los judíos encuentren sus judíos. De este modo, el judío israelí puede dejar de ser un judío connotado según un diccionario racista para pasar a prodigar esos calificativos a su víctima palestina.

Aquí habla la literatura a través de Yizhar diciendo lo que nadie puede o se atreve a decir. Resulta irónico que Yizhar fuera un sionista elegido en varias ocasiones diputado de la Knésset por el Partido Laborista. El texto literario expresa la verdad del principio israelí por el cual se legitimó en el pasado la expulsión de las familias de Khirbet Khizeh y legitima hoy el asesinato de sus descendientes en Gaza.

La novela de Khirbet Khizeh narra escenas parecidas a las del confinamiento de los judíos en los campos de concentración durante la aciaga etapa nazi, pero, ¿qué lectura podemos sacar de la sangrienta masacre a la que se ven expuestos los descendientes de esos desdichados aldeanos en la Gaza de hoy en día?

No esperemos a un novelista israelí para completar la narración, porque la imaginación de cualquier tirano criminal es mucho más fértil que la de todos los novelistas juntos. Lo que estamos presenciando nos cuenta dos verdades: la primera verdad cuenta que Gaza es un gueto real sólo comparable a los guetos de Europa del Este expuestos a matanzas y pogromos. La política israelí en Cisjordania y la Franja de Gaza gira en torno a la construcción de guetos sellados a cal y canto para los habitantes originarios palestinos. Ése es el significado del muro segregacionista en Cisjordania y lo es, asimismo, del bloqueo total de la Franja de Gaza. Es decir, que los políticos israelíes responsables de este confinamiento por la fuerza militar no solamente han olvidado la historia de opresión de la que han sido objeto los judíos, sino que han decidido identificarse con sus asesinos e imponer a los palestinos que se conviertan en los judíos de los judíos.

La segunda verdad es que la resistencia de la Franja de Gaza hoy, y la resistencia de las ciudades cisjordanas y sus campamentos durante la invasión de 2002, se parece al levantamiento del gueto de Varsovia. Es cierto que la Intifada de los guetos de Cisjordania fue aplastada en el año 2002 y que la intifada de Gaza sucumbe ahora entre sangre y destrucción sin esperanza alguna depositada en la misericordia de un Ejército que no se ha compadecido de sus víctimas palestinas ni en una sola ocasión, pero también es verdad que los judíos de los judíos han acabado descubriendo la naturaleza racista y fascista del Estado israelí. También lo es que su sacrificio, su lamento y su muerte hallarán un Jeremías que además de lamentarse por su pueblo lo hará por el ser humano dispuesto a ser el instrumento de un dios de la guerra y del asesinato despojado de su imagen para idolatrar al becerro del racismo.


Elias Khoury es escritor libanés. Traducción de Jaume Ferrer Carmona.

Hilel Resnizky dijo...

¿A quiénes sirven los proxenetas* del Hamás?

Autor: Hilel Resnizky

AURORA Opinión 16.01.2009

Los datos que escribo a continuación están a disposición con facilidad para quien tiene acceso a internet. Los pongo a disposición de los lectores y sobre todo de los manifestantes de izquierda y los 100.000 manifestantes árabes de Sajnín.
El tema de la guerra debe ser dilucidado. Tal vez desde el punto de vista israelí sería conveniente un cese de fuego inmediato. En la guerra pierden todos, inclusive los que ganan. Lo que es absolutamente injustificable, no sólo desde el punto de vista israelí, sino desde una concepción progresista y humanista, es el apoyo a Hamás. Tal vez el error dependa de la ignorancia y no de maldad o estupidez.
Quien esto escribe confiesa que estuvo a favor de los Acuerdos de Oslo y cree que la solución del conflicto árabe- israelí es el establecimiento de dos Estados nacionales para dos pueblos, solución propuesta ya hace tiempo por el Partido Comunista israelí. En consecuencia, estoy a favor de negociaciones sobre esa base. Negociaciones que mantuvo con valentía Ehud Barak en el año 2000, la misma que le faltó al Premio Nobel Iaser Arafat.
En ese contexto vienen las aclaraciones:
1) Para Hamás el Estado de Israel, en sus palabras ``el ente sionista'', es un ente artificial, producto de la conquista. En su concepción, todo el territorio de Palestina -desde el desierto hasta el mar- es parte del ``Wakf'', el patrimonio religioso musulmán, y debe estar bajo la égida musulmana. Judíos y cristianos serán reconocidos como minorías si aceptan la supremacía islámica.
Esa es la posición de Hamás. ¿Que transacción es posible? Ud. señor, ¿qué opina? Se puede afirmar que esta es una expresión proletaria internacionalista o más bien fascismo clerical retrógrado.
En la manifestación en Sajnín alguien afirmó que no es expresión de apoyo a Hamás. Sería convincente si hubiera hecho antes un acto de repudio al bombardeo de Hamás a las poblaciones civiles israelíes. Quien está en contra de la violencia debe oponerse a la violencia del agresor y no solamente a la del agredido. La actitud del público judío en Israel sería mucho más favorable si una manifestación en contra del terror fascista árabe hubiera precedido a la manifestación en contra de la violencia israelí (¡desmedida!).
2) En un reportaje, una intelectual árabe afirmó que no está obligada a hacer cada día profesión de fe israelí. Nadie le pide a los árabes israelíes que renuncien a su identidad, así como nadie se lo pide a los judíos norteamericanos. Pero cuando un judío espió a favor de un Estado aliado -Israel- , fue juzgado y condenado. No. Nadie más que un ex diputado fue acusado de espionaje.
Hace falta mucha desfachatez civil para salir en defensa de un grupo que niega el derecho de existencia del Estado en el cual los árabes son ciudadanos y en el cual quieren mantener sus derechos.
Todo ciudadano puede salir en contra de la guerra. Hay quien ve un error en la operación terrestre y supone que lo conseguido por la aviación puede ser una buena plataforma para negociar.
3) Ariel Sharón no apoyó los Acuerdos de Oslo. Entendió, aunque tardíamente, que perpetuar la conquista es no solamente ejercer la soberanía sobre el territorio sino sojuzgar a otro pueblo. Con valor cívico y tomando en cuenta los intereses reales del pueblo judío se retiró de Gaza, inclusive del Corredor Filadelfia y desalojó a los colonos de los asentamientos, afrontando casi una guerra civil. Sharón pensaba seguir el proceso con una retirada unilateral de la mayoría de los territorios en Judea y Samaria El fascismo árabe de Hamás, como el de Hezbollah, se atribuyó una fuerza que no tiene y lo interpretó como signo de debilidad.
El fascismo de Hamás usó a los invernaderos de los colonos como plataforma para sus bombardeos a Sderot y a los poblados de los alrededores de la Franja de Gaza.
Hamás le dio la razón a la derecha israelí: ``No hay con quién hablar y toda concesión es interpretada como un signo de debilidad''. En la práctica el fascismo árabe y la derecha israelí se complementan. La retirada unilateral de la casi totalidad de Judea y Samaria, que era un plan de Kadima, se transformo en una utopía con la entusiasta colaboración de Haníe y compañía. Que motivo tiene un socialista e internacionalista para apoyar a un movimiento clerical que impide a toda costa el proceso de paz. Que nadie hable que la retirada no fue completa. Podría haberlo sido si la respuesta de Hamás no hubiera sido una rotunda cachetada.
4) No. Lo que ocurre no es una confrontación entre el Islam y Occidente, pero no es tampoco entre movimientos nacionales. Al-Fatah representa al movimiento nacional palestino. No se llegó a un acuerdo entre ese movimiento y el Estado judío. Pero el acuerdo es posible porque existe el reconocimiento mutuo a la existencia . Lo que no consiguieron Clinton y Barak tal vez sea posible para Obama y el próximo primer ministro. Pero Hamás no es un movimiento nacionalista. Es parte de una internacional islámica fundamentalista.
Para los distraídos, la Guerra Fría terminó hace decenios. En estos momentos hay una guerra -no tan fría- entre el Islam fundamentalista y el mundo moderno, del cual son parte Estados musulmanes como Turquía y Egipto. Jaled Mashal es un representante del fundamentalismo, no un campeón de la causa árabe.
De nuevo, para los distraídos, la OLP fue fundada en l964 y es la que condujo la causa en contra de Israel durante decenios, incluidos episodios traumáticos como Munich y Maalot. El núcleo de la OLP era Al-Fatah.
Hamás fue fundado en l987 por el jeque Yasín como una especie de filial de los ``Hermanos Musulmanes'' de Egipto. Las malas lenguas afirman que el servicio de seguridad israelí lo apoyó como contrapeso a Al-Fatah. Hamás tomo la causa nacional árabe palestina y la hizo un furgón de carga del Islam fundamentalista. Hamás recibe apoyo de Irán, como su gemelo, Hezbollah. El apoyo de los que se llaman izquierda a Hamás es incomprensible. O comprensible si ellos también se oponen a la existencia de Israel.
El conflicto en Gaza es una escena de la guerra entre el Islam fundamentalista y el mundo moderno. Otras escenas están en Afganistán, Somalia y Sudán (de esos dos últimos países llegan las armas a los fascistas de Hamás).
El operativo israelí está dirigido no contra la entidad palestina sino contra una avanzada en el Levante del Islam fundamentalista acaudillado por Irán y Mahmud Ahmedineyad (su lema es poseer una bomba nuclear para el exterminio de Israel). Rabin pactó con la OLP (de Munich y Maalot) precisamente porque pese al pasado había una perspectiva de paz sobre la base del reconocimiento
5) El Islam no es una postura teórica. Ultimamente Hamás estableció la ``Schaaría'' (ley canónica musulmana) en la Franja de Gaza. Es una ley medieval que establece la amputación de manos para los ladrones y la pena de muerte para los homosexuales y las mujeres que fornican.
6) Quien apoya a Hamás desea ponerlo a la cabeza del pueblo palestino, en lugar de Al-Fatah. Es decir, colocar un movimiento clerical fascista en lugar de uno nacionalista.
7) En tres años y medio de la segunda intifada, organizó Hamás 425 atentados, en los cuales murieron 377 israelíes y resultaron heridos 2.076. Cincuenta y dos de esos atentados fueron suicidas, en los cuales murieron 288 israelíes y 1.646 fueron heridos. De acuerdo con otras fuentes Hamás organizó 780 atentados, en los que murieron 430 civiles. El l8 de mayo de 2001 el atentado suicida en el Dolfinario terminó con la vida de 21 jóvenes.
Queridos hermanos de la izquierda que protestan por la accion militar: ¿en que código moral esta sancionado el asesinato de civiles jóvenes, viejos, mujeres y niños? Cuando nos muestran las víctimas civiles -también jóvenes, mujeres y niños- de la acción militar, ¿donde están sus fotos (las de los manifestantes) cuando protestaron por el asesinato de los chicos del Dolfinario?
¿Participaron en un acto? ¿Escribieron una carta al periódico? O los pobres chicos eran sólo victimas de un movimiento legítimo de liberación nacional. Yo sé en qué cultura estaba eximido de culpa el asesinato de judíos civiles. ¿Y ustedes? ¡No miren a otro lado!
Hamás, al cual defienden, empleó el terror (asesinato indiscriminado de civiles para lograr una causa política). Los asesinos se justificaron aduciendo la superioridad militar de los israelíes.
Los guerrilleros de Tito, los partisanos soviéticos, los combatientes judíos del gueto de Varsovia tenían enemigos más fuertes y no usaron el terror contra civiles. Eso está permitido a Hamás. Eso sí: cuando Israel respondió en el Operativo Jomat Maguén, salieron los palestinos y sus aliados a hablar de la ``masacre de Jenín'' (hablaron de 1.000 víctimas). Amnesty y Human Rights Watch, luego de investigar, descubrieron que hubo 56 muertos, de los cuales 27 estaban armados.
Hablan de proporcionalidad. ¿Dónde estaba la proporcionalidad en el Dolfinario? Hay que ser correctos. No mataron únicamente judíos; también trabajadores extranjeros y árabes israelíes que cayeron en el sorteo macabro. Pero también el joven, o la joven suicidada. Como judío y humanista respeto la vida humana. No creo que la vida de nadie sea ofrendada a Allah Akhbar ni a Baal Zebub.
Hamás fue elegido en elecciones libres. Cierto, como Bush. Y con aparatos electorales similares que transforman en mayoría a la minoría. Espero que haya tenido suerte y en la clase de Instrucción Cívica le habrán informado que la elección mayoritaria no es garantía de democracia. Existe el ejemplo de Hitler, elegido por la mayoría de los alemanes. Para dar un ejemplo menos cruento, la minoría kurda en Turquía no puede registrar a sus hijos con nombres kurdos ni usar su lengua como idioma de enseñanza, a pesar de ser del 15 al 20% de la población. Año a año hay centenares de combatientes kurdos muertos por ser considerados ``terroristas'' por el Gobierno turco.
En el caso particular de Hamás: el 15 de diciembre de 2006 comenzó la confrontación con Al-Fatah que se renovó, luego de una tregua, el l5 de mayo del 2007, con decenas de muertos, la mayoría de Al-Fatah (¿también atribuibles al colonialismo israelí?).
Ente el l2 y el 14 de junio de 2007 se apoderó Hamás de los campamentos del Al-Fatah en la Franja de Gaza. Fuentes bien informadas pero no siempre fidedignas afirman que Hamás aprovecha el conflicto presente para eliminar a otros miembros de Al-Fatah.
9) Los objetivos elegidos por Hamás fueron ciudades periféricas y kibutzim. Una forma adecuada de asegurarse la animadversión de la población israelí. Resulta claro que para un judío israelí, inclusive de izquierda, Hamás es un enemigo evidente.
Es un partido fascista clerical que desconoce nuestro derecho a la existencia nacional -como cualquier otro pueblo- y usa el terror indiscriminado contra la población civil, en base a un desprecio absoluto de la vida humana. Víctimas inocentes, en Sderot y Gaza, son meros instrumentos en la lucha inescrupulosa por el dominio del mundo que dirige Irán y Ahmedineyad.
Si el liderazgo árabe israelí desea asegurar los derechos de los ciudadanos árabes no puede aliarse ni hacerse portavoz de Hamás. La palabra adecuada para esa actitud es traición. El derecho a la equiparación de los árabes israelíes y a la autodeterminación de los palestinos no pasa por el fascismo clerical de Hamás.
La izquierda israelí sabe que en estos momentos el principal obstáculo para una solución de paz, que incluye dos Estados para dos pueblos, es la negativa de Hamás.* Proxeneta: alcahuete; en lunfardo argentino: cafishio; en hebreo lunfardo: ars.

Anónimo dijo...

Déixese de chorradas, señor Anónimo, e revise aínda que só sexa etimoloxicamente a palabra xenocidio. Dicir que Israel aplica unha política xenocida contra o pobo palestino é incorrecto. Isto non exculpa o condeábel do seu carácter e os erros cometidos. Pero, por favor, dígame onde está a política sistemática de exterminio de todos e cada un dos palestinos polo mero feito de o seren. ISO é un xenocidio. E hai exemplos na Historia. Dito isto, a invasión de Gaza é un feito inadmisíbel en política internacional pola súa elemental violación dos dereitos humanos e de toda norma humanitaria. E Israel debería probabelmente sufrir sancións internacionais. Pero négome a chamar a Israel Estado xenocida, por moi politicamente incorrecto que a algúns lles poida soar.

Anónimo dijo...

Lamento que ao Anónimo anterior lle parezan chorradas a miña afirmación de que Israel practica o xenocidio co pobo palestino. Xa dixen que o nome que se lle dea non me preocupa, o importante é o que Israel fai cos palestinos dende hai sesenta anos. Vexo que emprega vostede o dos “erros”, expresión que teño lido en moitas ocasións cando Israel actúa criminalmente e non se pode razoabelmente xustificar. Non, Anónimo, non, non é un problema de “erros cometidos”; é un problema de que a política de Israel cos palestinos é criminal día a día, non só cando actúan os helicópteros Apache ou os F-18.

Con respecto ao artigo que colocou neste fío Hilel Resnizky non deixaría de ser unha broma bufa se non houber tanta dor e tanta morte detrás. Que se queira inverter o papel de vítima e vitimario forma parte da xustificación da barbarie e polo que vexo, e leo, é mensaxe abondosa entre os que defenden a política de Israel. Só dúas frases collidas dese artigo: “Quien está en contra de la violencia debe oponerse a la violencia del agresor y no solamente a la del agredido”. Opóñome a todas as violencias, pero mire señor Resnizky, que intente pasar aos palestinos por agresores e aos israelís por agredidos non o facía Goebbels mellor. Vai a segunda: “La actitud del público judío en Israel sería mucho más favorable si una manifestación en contra del terror fascista árabe hubiera precedido a la manifestación en contra de la violencia israelí (¡desmedida!).” Ou sexa, que o dos palestinos é terror fascista árabe, e o dos israelís é violencia sen máis cualificativos, iso si, desmedida!; seguramente o tal “desmedimento” entra no apartado dos “erros”, pero claro que son uns “erros” fronte ao mal en estado puro.
Todos coñecemos o refrán que di que non hai peor cego que o que non quere ver, porén eu creo que neste asunto fica curto, porque hai “cegos” bastante peores, os que teñen boa visión (mesmo ven de carallo, e perdoen pola expresión) pero din o contrario do que ven os seus ollos.

Coincido con Apicultor e con O mesmo, pero disimulando en que non se di nada novo. O drama é que pasan os anos cambian os actores pero a política cos palestinos non muda, nada novo.

Tamén dou as grazas a O mesmo, pero disimulando pola súa achega a este fío. Ademais de erudita, ven chea de sentimentos que sempre son de agradecer.
Un amigo.

azureira dijo...

A min vénseme á cabeza moitas veces a idea da humillación como factor de crueldade, de barbarie. Lembrade que os alemáns chegaron a ese estado nos anos trinta do século pasado, sendo un dos pobos máis cultos do mundo, por certo, despois de seren humillados no Pacto de Versalles, na rendición da Grande Guerra, con condicións draconianas que fixeron posíbel, entre outros factores, a cohesión da pobación en torno á barbarie hitleriana.
Como se houbese un resorte que se activase tamén despois da shoah, que leva a exterminar aos propios exterminadores na pel doutro pobo.
Non é comparábel o Pacto de Versalles co Holocausto, claro, pero o proceso de reacción parécese moito. Pódeno levar a cabo países, etnias, nacións que teñen o suficiente poder para facelo, non os ciganos, ou os negros despois da escravitude. Israel é un país, un estado, un ente, como se queira porque non imos a iso, cunha patoloxía que se manifesta en que sigue sendo hoxe o Holocausto o seu principal sinal de identidade, o principal factor de cohesión. Todos son enemigos, todos son antixudeus en canto alguén critica a Israel, todos nazis. Alguén dirá que hai outros elementos de identidade con máis forza, maior capacidade simbólica tratándose dos xudeus,haberíaos noutra circunstancia, mais hoxe en Israel non. E non se pode vivir no pasado, na cultura da morte, cando é no presente onde está a vida.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Polo momento, e a falta de recompoñer as miñas propias palabras que andan un pouco descompostas, ofrezo esta reseña dun libro talvez imprescindible para entender o "problema" do Mal. Agradezo tamén as alusións positivas que se fan neste fío cara as miñas intervencións. Non deixan de ser gratificantes. Cando teña as miñas palabras en orde, intentarei facer outra achega.
Gracias a todos. (Xa explicarei -aínda que ninguén me pide explicación- por que continúo co meu nick cando dixen que pensaba deixar de utilizalo)

Dolor, justicia y resentimiento
Juan Manuel Vera

Reseña de Más allá de la culpa y la expiación (Tentativas de superación de una víctima de la violencia), Jean Améry, Valencia, Pre-textos, 2001, 193 p. Publicada originalmente en Iniciativa Socialista nº 62, otoño 2001.


Treinta y cinco años después de su publicación original el texto de Jean Améry (Más allá de la culpa y la expiación. Tentativas de superación de una víctima de la violencia), un ensayo personal sobre los campos de exterminio nazis, mantiene, desgraciadamente, toda la fuerza y desesperación de sus preguntas y afirmaciones. La publicación en castellano de esta importante obra, gracias una vez más a Editorial Pre-textos, ayuda a completar una biblioteca imprescindible para nuestras conciencias, la que hace referencia a la ignominia. Esos estantes en los cuales las obras de Varlam Shalamov, de Primo Levi, de Alexander Soljenitzhin, de Margaret Buber-Newman, de David Rousset, de Jorge Semprún, de Robert Antelme, conviven con los informes de Amnistía internacional, con el informe Sábato, o con el recientemente publicado testimonio sobre el genocidio camboyano de Loung Ung. Sobre esos libros colocamos una y otra vez recortes de prensa de noticias aterradoras, recordatorios que nos ayudan a no olvidar que, todos los días, en rincones cercanos de este planeta, y ya todos lo son, se siguen cometiendo bárbaras atrocidades, contando en demasiadas ocasiones con el ominoso silencio del resto del mundo.

Améry alza su voz de víctima y es inevitable que en su voz escuchemos el eco de quienes no pudieron llegar a tener voz, de aquellos que sólo son un número más en la estadística de la muerte y la tortura. Nada podemos alegar frente a su alegato. Se niega a aceptar cualquier forma de explicación, a admitir ninguna forma de atenuación. En ese sentido no es que discrepe con el enfoque de Hanna Arendt sobre la “trivialidad del mal” (Eichmann en Jerusalén) sino que niega, desde la perspectiva de las víctimas, la posibilidad misma de que ese sea el análisis que pueda y deba hacerse. Porque lo que afirma es que las víctimas son los sujetos más importantes de las inmensas tragedias de la Historia y que olvidarlo o ponerlo en segundo plano es, siempre, un grado de complicidad con los verdugos y con la sociedad que los produce. Siguiendo a Améry, la perspectiva legítima para pensar la barbarie del siglo veinte (y la de todos los tiempos) es desde el punto de vista de los judíos o gitanos víctimas del nazismo, desde la posición de los esclavos del Gulag, de los desaparecidos argentinos, de los habitantes de Hiroshima y Nagasaki, de los millones de víctimas de Mao o de Pol Pot. No creo que la perspectiva de Améry sea metafísica, más bien su indagación presupone una lógica sustantiva de los derechos humanos y, potencialmente, una lógica política de la acción necesaria frente a la lógica instrumental y funcional del poder y del dominio.

Para Améry las víctimas no pueden admitir nada que no sea la justicia. Y, frente a su ausencia, a los supervivientes, como él, sólo les queda el resentimiento. Nos dice que la sociedad que produce el crimen se convierte para ellos en una sociedad enferma. El aire está viciado por la respiración de los verdugos. No puede olvidarse que éstos actuaron en complicidad con la pasividad informe de muchos. Esa complicidad con los asesinos también ensucia los respiraderos sociales. Es preciso comprender que lo que nos cuenta Améry sobre la repugnancia íntima que sintió en los años sesenta ante el bienestar alemán no es un sentimiento irracional. Los que no somos víctimas debemos comprender el derecho al resentimiento de quienes no llegaron a ver reparada su cualidad de seres humanos. ¿Pedía tanto Améry? Pedía justicia y el reconocimiento de la culpa colectiva de quienes en la sociedad alemana crearon y sostuvieron el nazismo.

Una forma secundaria de justicia, no poética sino necesaria, sería la memoria. El dolor infinito de un ser humano individualizado, o la multitud de los dolores de las multitudes, exigirían algo imposible, una memoria infinita del dolor. Frente a ello sólo puede apostarse por la pequeña memoria de la lucha por la dignidad y contra la barbarie, la negativa a aceptar la reconciliación con el crimen, la certeza de que cuando alguien enarbola (real o simbólicamente) el retrato de Hitler o Stalin, tenemos que rebelarnos frente a los que, al hacerlo, reabren simbólicamente todo el dolor insatisfecho de las víctimas.

La elucidación sobre los campos de concentración nazis y estalinistas y, muy especialmente, la reflexión singular sobre los campos de exterminio, no da lugar a una ceremonia de reconciliación. Cuando miramos a esas experiencias límite no podemos hacerlo en busca de un bálsamo sino para encontrar un revulsivo contra el mal radical que sabemos ha anidado en el pasado y que puede volver a hacerlo en ciertos recovecos del desarrollo histórico.

Algunas de las páginas más doloridas y dolorosas de Améry abordan el problema de la identidad, de la pérdida de la patria, hasta del extrañamiento de la lengua. Antonio Muñoz Molina las ha evocado, con enorme sabiduría, en el magistral capítulo “Eres” de su reciente obra Sefarad.

La reflexión de Améry, ese convertirse en un extraño en su propia casa, en su propio país, que los suyos dejen de reconocerle, me ha recordado la tremenda metáfora de Jerzy Kosinski en El pájaro pintado. Cuenta Kosinski que una costumbre campesina que conoció en su infancia consistía en atrapar algún ave, pintarles las plumas y, después de hacerlo, soltarlas para que se reunieran con sus bandadas. Cuando estos pájaros, con sus notorios colores pintados, buscaban reunirse con los suyos, éstos no los reconocían, los veían como enemigos, y los atacaban hasta expulsarles de la bandada o matarlos a picotazos. Esa sensación de los extrañados, de los que pierden su identidad y hasta la lengua que creían suya, es otro de los centros del gran ensayo de Hans Mayer –nombre auténtico de Jean Améry-, austriaco que perdió su país y su lengua, internado hasta 1945 en el campo de Auschwitz.

Más allá de la culpa y la expiación no es un libro más. Es una lectura necesaria.

apicultor dijo...

Sen dúbida que o libro de Jean Améry, entre outros, é fundamental.

apicultor dijo...

Por certo que a tradución, a notas e a introdución de Enrique Ocaña son moi boas.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Hoxe antixudaísmo e antisemitismo son sinónimos. Pero hai algún tempo non o eran. Aínda máis, cando a palabra antixudeu levaba séculos implantada en todas as falas de Occidente -nas falas, porque nos dicionarios aínda hoxe non aparece-, a palabra antisemita non existía. Supoño -máis ben "creo"- que no sentido no que falamos antisemita ven sendo máis homologable con antisionista. Pero o paso do tempo, como fixo con tantas outras verbas, foi pulindo arestas, erosionando picos e facendo igual ou moi parello o que non o era. Estou seguro que non é preciso explicar que se pode ser antisionista e ser proxudeu. Sabemos que hai xudeus que son antisionistas. Mais en demasiadas ocasións chéganos todo mesturado e iso tampouco non facilita a reflexión.
Hai unha nova maneira de mirar ós xudeus desde que existe o Estado de Israel.
Respecto diso, a primeira pregunta que poderiamos facernos é se lles asistía o dereito a ocupar eses territorios, e a facelo da maneira que o fixeron. Un eminente proisraelí contestoume a esta pregunta dicindo que "todos os estados se crearon así". É posible. Pero non no 1948. ¿Valería apoñer timidamente que na Península Ibérica hai aínda hoxe certas convulsións derivadas dese xeito de facerse os estados, convulsións que aquí veñen durando desde... cando? Dise tamén que os palestinos cometeron un erro grave cando non aceptaron a partición e que de aí parten os seus problemas. ¿Podemos -¿é lexítimo agora mesmo?- preguntarnos por que tiñan que aceptar a partición da súa terra que, por riba, estaba ocupada polos británicos? Porque, da resposta que deamos a esta pregunta dependerá moito todo o que decidamos despois.
Saía o mundo da Segunda Guerra Mundial, campaba por todas partes a miseria e o horror, pero facíao sobre un mundo inxusto, cheo de intereses bastardos e co espinoso tema do colonialismo sen resolver. Non sei se sequera se prantexaba naquel tempo algún tipo de solución, tampouco non sei se o colonialismo se contemplaba como problema no 1948. Díxome tamén o eminente proisraelí con quen intercambiei opinións e pareceres, que os isrealís cometeron asimesmo un erro tonto ó cambiar os nomes de determinadas institucións que xa operaban nos anos vinte. E citoume varias, en inglés, que non recordo nin conservo, pero que todas eran PALESTINAS e non ISRAELÍS. Entre elas -isto si que o lembro- había un banco. Poñamos por caso algo así como BANCO TAL DE PALESTINA: Eles cambiaron a nomenclatura harmónica e iso prexudicoulles, ó parecer. Prexudicóulles, supoño, no tocante á imaxe. E unha das cousas que se esgrimen con forza argumentativa, é que o mesmo día -o mesmo día- no que se proclamou o Estado de Israel, unha alianza de exércitos árabes atacouno. Os israelís conseguiron repeler o intento de aniquilación a pesar, segundo parece, de que daquela o seu exército distaba moito de ser o que é hoxe. Debo dicir que o sentimento que aboiou ó meu redor cando a Guerra dos Seis Dias era todo favorable e de admiración cara a eficacia demoledora do exército de Israel. Mesmo chegaron a ameazar con bombardear a Presa de Asuán e, sen dúbida, se non o fixeron foi porque non lles petou.
Cando ultimamente decidiron erguer ese muro de hormigón, creo, para illar os territorios palestinos, voces nada sospeitosas de arbitrariedade apresuráronse a lembranos todos "os muros" que no mundo son. Incluída, naturalmente, a verxa de Ceuta e Melilla.
Ben, abonda xa. Do fundamentalismo islamista e de Hamás penso que non é preciso falar. Nin do dereito de defensa nin da desproporción de medios ou recursos dun e doutro bando.
Logo, ¿que? ¿De que falamos?
Penso que deste tema non vou falar máis aquí. Entre outras razóns porque semella esgotado. Leva días detido nos 26 comentarios.
Só unha cousa se me ocorre. O odio. Falar do odio. Na reportaxe de Vargas Llosa sobre a traxedia do Congo, que eu comentei noutro fío moi por encima e con certa frivolidade, hai algo máis espantoso que todos os espantos que nel se nos relatan, e moi ben, por certo. O capítulo das violacións, a barbarie incualificable das baionetas, dos paus, dos... os corpiños crebantados das nenas de cinco anos... O maior espanto é a motivación. O odio. Alí se nos di que non hai outra causa para ese espanto máis que o odio.
¿Como podemos estirpar o odio? Sinceramente, eu non o sei.

(Perdón polo abuso, e gracias unha vez máis)

XDC dijo...

Artigo MOnxardín, hoxe, en "La Región":


ABUSO DE PALABRA

Raphael Lemkin foi un xurista polaco fuxido dos nazis que en 1944 cuñou a expresión ‘xenocidio’, pensando no exterminio dos xudeus na súa terra e nas rusas próximas, e axiña a espallou na linguaxe xuridico-política internacional como ‘unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros’. Todos sabemos dunha serie de xenocidios famosos, descoñecemos outros, e cada un foi distinto. O 24 de agosto de 1572, na chamada ‘noite de San Bartolomeu’, os católicos franceses asasinaron a uns cen mil franceses protestantes (o Papa Gregorio XIII realizou un solemne ‘Te Deum’ de acción de grazas no Vaticano e cuñou unha moeda conmemorativa cun anxo armado de espada exterminando a comunidade hugonote. Por sorte en Occidente os tempos cambian e imos cara adiante). Ese crime foi sobre todo arma branca, espada e puñal. No xenocidio armenio (1915-1917, 1,5 millóns de mortos) ‘os xovenes turcos’ que querían ‘turquizar’ Turquía, usaron sobre todo balas e camiñatas a morte polos desertos de Siria, daquela nas súas mans. O dos xudeos é moi coñecido (falouse de ‘holocausto’ aínda que agora prefiren a palabra hebrea ‘shoá’) e precisamente o 27 de xaneiro conmemórase o data. Morreron sobre uns seis millóns, o que viña representar aproximadamente un tercio de todos os xudeus do mundo naquela altura. Entre eles, varios millóns de españois sefarditas.

Foi o maior xenocidio planificado na historia da humanidade, con gases, fornos e esas cousas dunha industria demoníaca. O dos hutus matando a tutsis é cousa recente (1994) e artesanal: a machete e lume; morreron 1,5 millóns; e igual que no xenocidio de Sbrenika (1995), onde foron masacrados uns 15.000 musulmáns polo feito de séreno, os soldados da ONU marcharon ou asubiaron mirando para outro lado.

A intención, pois, das accións xenocidas é acabar con comunidades enteiras, sexan relixiosas ou étnicas. Isto pouco ten que ver cunha guerra na que o obxectivo é a vitoria, rendición e desarmamento do inimigo. Así, a guerra civil española non se debe cualificar de xenocidio. Nin a do Vietnam. Nin a de Iraq. Nin as guerras de Israel cos árabes, entre elas esta última contra Hamás en Gaza. Evidentemente todas as guerras son, por esencia, barbaridades, e en todas ten habido crimes individuais e colectivos, como na toma de Badajoz -mortos republicanos-, nas ‘sacas’ de Paracuellos -nacionales-, en My Lai -vietnamitas-, en Chabra e Chatila -palestinos-. Ningunha guerra está libre destas mortes inxustas, asasinatos, pola propia esencia destrutora das guerras. Pero ás veces o uso e abuso dunha palabra incorrecta -xenocidio, por exemplo- ocúltanos unha verdade moito máis complexa que simples historias de bos e malos.

o mesmo, pero disimulando dijo...

¿Monxardín escribiu dúas veces o mesmo artigo? Creo que a ese artigo xa contestei noutro fío, no derivado da entrada que don Marcos titulou Dupricado Monxardín.

De todas maneiras, gracias. -Négome a escribir grazas-.

XDC dijo...

Pode escribir "grazas" e leer "gracias". Os ingleses escriben "take" e leen "teik".Nós escribimos "pan" e leemos "pan´g".

Vanselle meter có xeito de escribir. Có de falar, métenselle menos.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Agradezo o consello, pero tenme absolutamente sen coidado. Tanto a fala como a escrita.
Grazas, logo.

apicultor dijo...

Esa si que é a pregunta, non do millón de dólares, senón de mil millóns de millóns de dólares: Como podemos estirpar o odio?

XDC dijo...

Non era consello, O Mesmo. Non teño categoría para dar consellos a ninguén, e moito mesnos nese tema no que son, con moito o máis profano dos habituáis do blog. Era sólo brincadeira.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Non facía falta a explicación. Non pasa nada. Seguramente cómpre máis categoría para aceptar consellos que para dálos.
Pax nobis. Vale?

Vanessa Medela (Miss Forcarei) dijo...

banggggggggggggggggg
fzzzzzzzzzzzsssssssssss
bang bang
pum
sssssssssssssssssss

(BALAS A ASUBIAR)

Ehem.
Dacova: Xa sei que non ten nada a ver co que se está a falar no post, mais... Por que non imos preparando o próximo contubernio??
Se admiten espectros.-

Anónimo dijo...

Estou seguro como di O mesmo, pero disimulando que houbo moitos erros. Con moita probabilidade en moitos casos o recoñecemento dos erros non lamenta as inxustizas cometidas (ou só de xeito indirecto), e si os danos á propia causa que o tempo amosou. Eses cambios de nome de institucións palestinas baixo mandato británico das que lle falaba o eminente proisraelí son seguramente un exemplo; é o dano á causa propia e non o dano causado aos palestinos o que lamenta o citado eminente proisraelí, ou cando menos iso é o que se deduce do seu relato.
O problema é anterior ao 48. Os problemas entre os xudeus sionistas e a poboación palestina viñan de moito antes, antes incluso do comezo da guerra mundial. As protestas palestinas pola masiva inmigración de xudeus estaban sobre a mesa a mediados dos anos trinta. A partición do 48? Non me atrevo a ser categórico. Que razóns había para un estado ou para dous?
En calquera caso ese debate a estas alturas non ten consecuencia práctica ningunha, a menos que pensemos en solucións non desexábeis (ademais de imposíbeis) e que traerían moita máis dor. Os millóns de persoas do estado de Israel teñen dereito a ter un futuro en paz, ao igual que os palestinos que viven (malviven) en Gaza e a Cisxordania, así como os que foron expulsados das súas casas e da súa terra.
Tería sido mellor que a solución aprobada por ONU para a descolonización do mandato británico fose un só estado? Para os sionistas evidentemente non, que querían, e conseguiron, un estado que servise de fogar nacional para os xudeus do mundo. Fixeron dunha identidade relixiosa un nacionalismo, que triunfou e constituíu un estado propio. Non é un modelo nacional que me guste, pero recoñezo o dereito a facelo aos que si lles guste; hai incluso xudeus aos que non lles gusta, como ben di O mesmo hainos que non son sionistas.
A cuestión é chegar a un acordo que garanta unha paz estábel e que sexa recoñecido polas dúas partes. O acordo non pode ser o acontecido dende Oslo ata aquí. “Gaza e Xericó primeiro” debeu ser o primeiro banzo dun abandono progresivo e con prazos dos territorios ocupados na guerra dos seis días; calquera outra cousa era un engano aos palestinos, como así se amosou.
Apicultor hai varios días puña o exemplo de Surafrica e dicía que "desterrar as ansias de venganza é conditio sine qua non para chegar a un acordo de paz". Ben, de acordo, pero falamos dun mesmo estado no caso surafricano, no que non estaba sobre a mesa a partición do mesmo senón o recoñecemento dos mesmos dereitos de cidadanía para todos os seus habitantes, e consecuentemente a eliminación da lexislación segregacionista e discriminatoria. A cuestión en Surafrica non era outra; nada máis ( e nada menos!). Aquí o que se busca é a partición precisamente, non si? A menos que cuestionemos a partición do 48, pero entón cambiemos o xogo por completo, sobra Autoridade Palestina, que Israel asuma a ocupación do 67 e que lle recoñeza plenos dereitos aos seus “negros” (tamén lles podemos chamar os seus “xudeus” como escribía Elías Khoury no artigo de El País). O falecido intelectual palestino Edward W. Said non defendía a idea dun estado palestino ao carón de Israel, senón un único estado. Queren un único estado os palestinos? Quéreno os Israelís? Sospeito que nin uns nin outros, e especialmente sospeito que os menos interesados son os israelís, porque a tendencia demográfica en catro días deixaría en minoría aos xudeus e a partir de ese momento o proxecto sionista dun estado nacional xudeu vai abaixo.
A respecto de como eliminar o odio, penso que ninguén o sabe; pódese eliminar o odio? O que creo que si sabemos é como se sementa.
Un amigo.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Outro amigo, e moitísimas gracias.

Anónimo dijo...

Manuel Cidrás. Avogado

Aínda que a opinión pública se resiste a admitilo e concentra o seu espanto en condenar o horror do novo xenocidio, a estas alturas semella evidente que a creación do Estado de Israel trala Segunda Guerra Mundial foi un erro que creou máis problemas dos que solventou, se é que algún veu ser resolto por esta vía. Con todo, ese erro é hoxe xa irreversíbel e a solución ao conflito árabe-israelita pasa necesariamente pola existencia de dous estados que se recoñezan mutuamente. A solución máis racional de crear un só estado plurinacional sen base étnica nin relixiosa é simplemente inviábel por non haber condicións para a convivencia baixo unha orde civil comunmente aceptada.

Pero se isto último é inviábel, o anterior é extremadamente difícil, como demostra a experiencia de décadas de conflito cruelmente desigual. Resulta descorazonador afirmalo, pero o Estado de Israel, enclavadoa entre potenciais e actuais inimigos, necesita do expansionismo e da guerra como medio de afirmación da súa superioridade económica, tecnolóxica e militar, convertida en garante da súa existencia. Tal é a razón de que o horror a que asistimos estes días se repita periodicamente, con foguetes ou sen foguetes, con Hamás ou sen Hamás. Que unha campaña militar, tan cruel e inhumana que repugna a calquera conciencia non mobilizada en combate, se converta en elemento central dunha campaña electoral na que, horrorosa realidade, o sangue inimigo nutre os propios votos, é boa proba do que digo.

Entre a necesidade da paz e a necesidade da guerra é sempre máis doado realizar a segunda.

Anónimo dijo...

Carlos Aymerich
Voceiro parlamentario do BNG

O apartheid israelí


No seu último e revelador traballo, The Shock Doctrine, a canadense Naomi Klein advirte, con relación a Israel, do perigo de perder o incentivo da paz. Na actualidade existe un poderoso complexo militar-industrial ao punto de o armamento e a tecnoloxía de seguranza constituíren o primeiro epígrafe das exportacións de Israel. Klein, ela propia de orixe xudía, conclúe que as consecuencias desta deriva atinxen non só o pobo palestiniano, vítima dunha salvaxe ocupación militar desde hai 60 anos, mais a propia sociedade israelí, de cada vez máis militarizada e radicalizada cara á extrema dereita racista.
Véxanse senón os datos. Dous de cada tres israelís apoian o ataque criminal contra a franxa de Gaza, que coincide cunha campaña electoral na que todos os contendentes compiten por ver quen propón o tratamento máis brutal para a cuestión palestina. A xustiza sionista vén de prohibir que os partidos representativos da minoría árabe – máis dun 20 por cento– poidan concorrer aos comicios co argumento de non recoñeceren a Israel como “Estado xudeu”. Historiadores que como Ilan Pappé cuestionan a versión oficial sobre a xénese do Estado de Israel deitando luz sobre a deportación e o asasinato de milleiros de palestinos forzados a se exiliaren.

Non é pois de estrañar que cada vez sexamos máis os que neguemos a condición democrática dun Estado que asenta sobre un elemento racial que xustifica a discriminación contra a poboación árabe e o xenocidio contra o pobo palestino. Daquela, porque non lle brindar ao apartheid israelí o mesmo boicot diplomático e comercial que en tempos se lle dou ao sudafricano?

Anónimo dijo...

ANXO GUERREIRO
Galicia por Palestina

El pasado domingo, miles de gallegos se manifestaron por las calles de Santiago para exigir el fin de la masacre que el ejército de Israel está perpetrando contra el pueblo palestino, indefenso y cercado en la franja de Gaza. Por eso los ciudadanos que se manifestaron en Compostela, como los que lo hicieron en numerosas ciudades del mundo, expresaron su inequívoco respaldo al pueblo palestino y un rotundo rechazo a la política del Estado de Israel, conjurando así cualquier tentación de equidistancia respecto a los protagonistas de este largo y desdichado conflicto.
Porque, en efecto, no pueden existir equidistancia cuando entre los contendientes existe un desequilibrio de fuerzas, de dimensiones siderales, como el que preside este contencioso. Porque no puede existir equidistancia entre víctimas y verdugos. Porque no puede existir equidistancia cuando el hedor que recorre el mundo con la fetidez de los cadáveres insepultos amenazan con destruir las bases morales sobre las que supuestamente se asienta nuestra civilización.

Nada de lo que está sucediendo en Palestina, incluidos los últimos acontecimientos en Gaza, puede entenderse si no se tiene en cuenta que Israel goza de una cobertura política internacional de la que carece cualquier otro Estado del mundo, y que aspira a que todos los demás reconozcamos de iure lo que, para ellos, es ya un ejercicio de facto: la impunidad absoluta.

Las autoridades de aquel país están convencidas de que, debido al atormentado pasado de su pueblo, Israel no podrá ser nunca sometido a juicio de la comunidad internacional y, por tanto, considera cualquier crítica a su actuación como una expresión de primitivo antisemitismo (sería más correcto decir antijudaísmo, si se considera que los palestinos son también un pueblo semita), coartada con la que pretenden encubrir sus desmanes y acallar toda discrepancia con su política.

Pero, ¿practicamos un peligroso antisemitismo cuando rechazamos que un gobierno, amparado en su aplastante superioridad militar, dispare impunemente contra un millón y medio de personas inermes y atrapadas en un territorio de 300 kilómetros cuadrados? ¿Nos moveremos quizá por prejuicios antijudíos cuando repudiamos a un gobierno que ordena continuos e indiscriminados ataques contra escuelas palestinas, campos de refugiados, hospitales o instalaciones civiles de todo tipo? ¿Deberíamos, en definitiva, permitir que, al amparo de la situación internacional y bajo el pretexto de la lucha contra el terrorismo, el gobierno de Israel se apodere de las terribles palabras de Dios en el Deuteronomio: "Míos son la venganza y el pago". De ninguna manera. Oponerse con toda energía a la política de Israel es un deber ineludible que no tiene relación alguna con el antisemitismo, del mismo modo que la oposición a Franco que en su día realizamos los demócratas de este país nada tenía que ver con los sentimientos antiespañoles que se nos atribuían.

El gobierno de Israel, en vez de aferrarse a esa falsa coartada para eludir sus responsabilidades, debería recordar las palabras que Einstein, de cuyo compromiso con la causa judía no puede dudarse, escribió a Chaim Weismann en el ya lejano 1929: "Si no logramos encontrar el camino de los acuerdos y de la honesta cooperación con los árabes, es que no hemos aprendido nada de nuestra vieja odisea de 2.000 años, y mereceremos el destino que nos acosará".

A lo largo de la historia, muchos pueblos se han visto oprimidos y vapuleados, aunque en numerosas ocasiones se les ha permitido vivir bajo dominación extranjera. Pero a los palestinos no se les ofrece siquiera una plaza estable de vencidos. Se les ha negado siempre y en todas partes el derecho a existir como pueblo ¿Acaso no recuerda demasiado esta situación al "no podéis vivir entre nosotros como judíos", que a lo largo de los siglos han tenido que soportar y sufrir los hebreos de todo el mundo?

Por eso cuando decimos, parafraseando a Einstein, que los judíos no han aprendido nada de su vieja odisea, o que las antiguas víctimas se han convertido en los nuevos verdugos, queremos afirmar que la lógica que llevó a los campos nazis de exterminio opera ahora en los campos de estupro étnico en Palestina. Por eso cumplidos ya 64 años de la liberación de Auschwitz, exigimos el reconocimiento de los derechos del pueblo palestino y una paz justa en aquella atormentada tierra.

Anónimo dijo...

El País
TRIBUNA: JOSÉ R. AYASO
¿Son hebreos los que han atacado Gaza?
22/01/2009

Operación Plomo Fundido ha sido el nombre del último episodio en el interminable conflicto de Oriente Próximo. Israel, aparentemente, ha conseguido sus objetivos militares, pero ha perdido la batalla en los medios de comunicación. La condena ha sido unánime, y para expresarla no se han ahorrado calificativos, algunos injustificados. Todo es desmesura en este trágico conflicto.

Ahora que el fuego ha cesado y el interés informativo se traslada a otros lugares, me gustaría hacer algunas puntualizaciones sobre el mal uso que se hace de ciertos términos relativos al pueblo judío, a su historia y cultura.

1. Hebreo (ibrí) es un término que, con excepción de Italia, no suele utilizarse para hacer referencia al pueblo judío. Hebreo aparece muy poco en la Biblia, fundamentalmente en el contexto de la salida de Egipto. Yahvé es el dios de los hebreos, y hebreos fueron los que salieron con Moisés de la Tierra de Esclavitud. Otros textos orientales, egipcios y mesopotámicos, mencionan a unos apiru, habiru, gentes que, independientemente de su origen étnico o religioso, tienen en común su carácter de grupo marginado: siervos o bandidos. En español lo común es usar hebreo para denominar a la lengua y su literatura. Los soldados del Ejército israelí hablan hebreo, hebreo israelí, pero no son hebreos. Israel, por tanto, no es un "Estado hebreo".

2. Judío (yehudí) es, en principio, el que pertenece a la tribu de Judá. Yehudí se suele traducir a veces como judaíta, para distinguir a los miembros de la tribu bíblica de Judá, y a los habitantes del reino del mismo nombre, de los que posteriormente se dispersaron por la Cristiandad y Dar al-Islam. La mayoría de las comunidades que actualmente existen en España pertenecen a la "Federación de comunidades judías de España", nombre que han adoptado tras corregir el galicismo "israelita" que usaron al principio.

3. Israelí (yisraelí) es el ciudadano del "Estado de Israel" (medinat Yisrael), que ocupa, de acuerdo con las fronteras reconocidas internacionalmente, una parte de la "Tierra de Israel" (Erets Yisrael), territorio que también se conoce como Palestina. Fue el emperador Adriano quien, tras sofocar la segunda revuelta judía, decidió desjudaizar oficialmente la provincia cambiando su nombre por el de Syria-Palaestina. Paradójicamente, un pueblo desaparecido hacía un milenio, los odiados filisteos que se asentaron en las dunas de Ascalón, Asdod y la hoy infeliz Gaza, terminó por dar también su nombre al territorio.

Como sucede con judío y judaíta, cuando se habla de los "hijos de Israel" del Antiguo Testamento, cuyas 12 tribus se extendían "desde Dan a Beer Sheva", no se suele utilizar israelí sino israelita. Ejército israelita sería el ejército de los míticos reyes David y Salomón, pero el ejército que ha atacado Gaza es un Ejército israelí. Poco queda de los hijos de Israel históricos: algunos grupos samaritanos que siguen viviendo en Siquén y que tras siglos de prácticas endogámicas están en grave peligro de extinción.

4. Sionista, por último, hace referencia al movimiento nacional judío que nació en Europa en el último tercio del siglo XIX. Pese a que el sionismo no es ni peor ni mejor que otros nacionalismos, goza de poca popularidad en ciertos ambientes, donde ser antisionista forma parte de las señas de identidad. En soflamas y consignas basta con llamar a Israel, despectivamente, "Estado sionista". Mala caricatura, pues Israel es una sociedad extremadamente compleja. El sionismo, además, siempre ha sido muy heterogéneo. Sionistas son Amos Oz y David Grossman. No sólo Bibi Netanyahu o los colonos, violentos y fundamentalistas, del sionismo mesiánico.

Israel y el pueblo judío no deben confundirse nunca, por muy importante que el movimiento sionista y el Estado sean para la judería internacional. Las manifestaciones que han tenido lugar en las principales ciudades españolas en contra de la política del Gobierno Olmert pueden ser calificadas de antiisraelíes o antisionistas, pero no de antijudías, en contra de lo que afirmaba un conocido periodista radiofónico. Por otra parte, representantes de Israel y de las organizaciones judías de la Diáspora suelen criticar esas manifestaciones por "antisemitas", lo que tampoco es cierto.

Recurrir al fantasma del antisemitismo es el modo más fácil de descalificar a todos los que no muestran un apoyo incondicional a la causa sionista. El antisemitismo justifica las propias acciones y les exime de responsabilidades. El sentirse solos e incomprendidos, rodeados de una marea de antisemitismo eterno e indiscriminado, da razones a la política unilateral de fuerza que tan popular es en Israel y que lo ha ido alejando de la comunidad de las naciones.

Estado de Israel, Ejército israelí (IDF o Tsahal, en sus siglas inglesa y hebrea) e israelíes, o ciudadanos judíos israelíes (para distinguirlos de los árabes israelíes y otros grupos étnicos y religiosos minoritarios) son las expresiones más correctas. Siendo precisos en las palabras podemos evitar que los errores de Israel salpiquen a la Diáspora y que lo que debe ser sólo antisionista o antiisraelí llegue a convertirse al final y de manera trágica en antijudío o antisemita.


José R. Ayaso es profesor titular de Historia de Israel y del Pueblo Judío de la Universidad de Granada.

Anónimo dijo...

http://markonzo.edu http://riderx.info/members/buspar-side-effects.aspx http://riderx.info/members/altace-information-altace-lowest-price.aspx loving http://www.netknowledgenow.com/members/effexor-side-effects.aspx http://riderx.info/members/amaryl-side-effects-amaryl-tabs.aspx mining