24 feb 2009

Clientelismo en Oia
XOSÉ MANUEL SARILLE, ECG. 24-2-09


Quintana pediu perdón polo mitin de Oia. Ao acto asistiron anciáns enganados e carrexados por unha asociación que non ten vínculo orgánico co partido do vicepresidente. Nestes tempos, nos que os presuntos ladróns saen nos medios informativos con cara de vítimas porque a xustiza os persegue -fíxense nos comisionistas do PP- hai que valorar a humildade de Quintana, e a capacidade, aínda, de recoñecer erros. Porque se non emendase, moitos dirían que era unha proba de forza política e de valentía.
Mais o problema non queda resolto. Cómpre saber como se produce algo así, un desprezo tan grande polas persoas, por cidadáns que son ademais especialmente débiles.
O carrexo é unha práctica que tradicionalmente levaron a cabo os partidos da dereita, o PP e Coalición Galega mentres funcionou. O día das votacións van buscar á casa aos paisanos maiores e entréganlles o sobre coa papeleta. E co voto xa secuestrado apéanos diante do colexio electoral. Pagan co voto. Tanto os carrexantes como os ­carrexados consideran que o ­carrexado está en débeda co partido ou co cacique porque lle fixo favores, que non son tales, ­senón beneficios aos que ten ­dereito como administrado. O odio ao carreto foi un sinal de identidade do nacionalismo.
Cando Quintana di que o seu partido non carrexou para Oia, cre que atenúa o problema, porque son outros os que carrexan, pero está agravándoo. Os responsábeis da asociación de maiores declararon que non levaban os vellos a un mitin, senón a un acto onde o vicepresidente explicaría os avances do seu departamento. É dicir, que con trapacería dialéctica paiola pretenden ocultar a intención do carrexo, que é transportalos ao mitin partidario. Pero ollo, porque a asociación non forma parte da administración pública nin tampouco do movemento nacionalista. Actúa por tanto pagando os favores recibidos da administración, facendo desaparecer a fronteira entre o tramado institucional, o asociacionismo e o mundo partidario. Todo esvara por fóra das normas. Nunha palabra, a maneira de relacionarse do nacionalismo gobernante cos colectivos cidadáns é a mesma que a do PP.

28 comentarios:

Anónimo dijo...

antóm baamonde
CAFÉ NA TRINCHEIRA
23 Feb 2009 Fraguismo de esquerdasConforme se acercan as eleccións menos claro é o resultado. O número de indecisos, o voto oculto son unha oportunidade para o PP. Se gaña non será por méritos propios. Un partido que carece do poder da Xunta, que perdeu dúas deputacións nas últimas municipais, que non goberna apenas ningún concello de certo tamaño -agás o de Ribeira-, que tampouco ten nas súas mans os recursos do goberno do estado e que leva noqueado dende as pasadas eleccións xerais non parece, en principio, un gran adversario. A iso pode sumarse que non puido gozar dos favores da prensa nin doutros medios e que nin tan siquera despregou grandes campañas de oposición salvo, no último momento, a polémica relacionada co custe dos mobles e o coche do Presidente Touriño e a orquestrada por Galicia Bilingüe contra a pretendida imposición do galego.

Dado ese cadro, poderá entenderse que a súa victoria só podería interpretarse como o fracaso na xestión do bipartito que causou unha enorme decepción entre os seus votantes. Digo todo isto esperando que ese trunfo non teña lugar, pero dando a entender que o bipartito ten que proceder a unha rectificación. Non é de recibo o que xa tante xente chama “fraguismo sen Fraga”. Galicia necesita que osprogresistas e nacionalistas se tomen en serio as súas propias ideas.

Anónimo dijo...

A sede do PP anuncióu que o Baltar se querellará contra o Pachi por decir que se beneficióu da condonación de un crédito en Caixanova.
Non creo que o faga, en realidade. Non che se morden.

Anónimo dijo...

FPG pídelles o voto, como emigrantes, a Fidel e Raúl Castro
EFE
A organización política galega Fronte Popular Galega (FPG) pediulles o voto a Fidel e Raúl Castro nos próximos comicios galegos do 1 de marzo, porque entende que nin o PPdeG, nin o PSdeG e tampouco o BNG, garantiron o dereito ó voto dos emigrantes.

Este partido, nunha nota de prensa feita pública onte, indica que polos incumprimentos das tres forzas políticas que se presentan ós comicios do próximo domingo "pedímoslle o voto a Fidel e Raúl Castro e a toda a estirpe galega do pobo cubano, que loitou e loita polo socialismo".

A FPG indica que mentres non se modifique a lei que garanta o voto de todos os emigrantes, "nós pedimos o apoio do voto revolucionario dos galegos no mundo".

Anónimo dijo...

Aos da FPG fáltalles o sentido común.
Saír dun souto para meterse noutro.

Anónimo dijo...

Pois a mín paréceme unha iniciativa simpática. E da para reflexionar, desde logo.

Anónimo dijo...

La Voz de Galicia.

La fotografía difundida por varios medios de comunicación, en la que se muestra al candidato del Bloque a la presidencia de la Xunta, Anxo Quintana, subido en el yate del principal adjudicatario individual del concurso eólico que se resolvió a finales del pasado mes de diciembre, suscitó ayer diversas reacciones. El aspirante socialista a la reelección, Emilio Pérez Touriño, marcó distancias con el número dos de su Gobierno al afirmar que él difícilmente se mostrará con compañías «para entendernos, peligrosas», mientras el candidato del PP, Alberto Núñez Feijoo, pidió por segunda vez en campaña la destitución de Quintana al advertir que «non se debe mezclar política e negocios».
Touriño fue preguntado por la fotografía de Quintana en el yate en el transcurso de una entrevista concedida a la cadena Ser. El socialista dijo en esa charla que «cada uno debe ser consciente» de las compañías que escoge en política, así como «de los autobuses y el transporte que utiliza». Y en esa línea puso de relieve que él viaja siempre en «clase turista», agregando además que «difícilmente» los gallegos lo verán fotografiado en restaurantes de lujo.
Contundente fue la reacción de Alberto Núñez Feijoo, acerca de que Quintana haya sido fotografiado con el empresario Jacinto Rey poco antes de que este obtuviera la concesión de 142 megavatios en el concurso eólico que resolvió la Consellería de Innovación e Industria, que está en manos del Bloque, y que motivó más de un desencuentro con sus socios del PSOE en la Xunta. La adjudicación se produjo en el mes de diciembre. Durante un acto electoral celebrado en Lugo, el número uno del PP consideró que el líder nacionalista debería «dar unha explicación» por ese encuentro en tanto que entiende pone en evidencia los contactos personales que existieron entre el político y el empresario antes de que fallara el concurso y de que Jacinto Rey se convirtiese en editor de un nuevo medio afín a las tesis del nacionalista.
«Non se debe mezclar política e negocios», insistió el aspirante a la presidencia de Galicia, antes de remarcar que el propio presidente del Ejecutivo gallego también debería pedirle explicaciones por la foto a su socio, pues ambos forman parte del mismo Gobierno que hizo las adjudicaciones eólicas que convirtieron a Jacinto Rey en el principal beneficiario del concurso a título individual. Por esa razón, Feijoo le reclamó a Touriño por segunda vez en la campaña que destituya a Quintana, al señalar que el incidente de la foto en el yate se une al «secuestro dos maiores» para acudir a un mitin del Bloque en Oia.
El propio candidato nacionalista, a preguntas de los medios tras la publicación de las imágenes, no desmintió el encuentro con el empresario y cargó directamente contra el candidato del Partido Popular por «facer a campaña máis sucia e rastreira que se leva recordado na historia deste país». Quintana incluso se mostró favorable a mostrar el «álbum» de los encuentros que ha mantenido con otras personas desde el año 2005.
Ni coche ni yates
También el presidente del Partido Popular, Mariano Rajoy, entró a valorar ese encuentro entre Quintana y el empresario en el barco de este afirmando que el candidato de su partido, Alberto Núñez Feijoo, «no tiene coche ni yate», pero «es mucho mejor» que sus rivales electorales del PSOE y del Bloque. El líder nacional de los populares convino, al igual que hizo Feijoo, que los socios del bipartito gallego están «obligados a dar una explicación», lo que le sirvió de pretexto para elogiar las cualidades del aspirante conservador. De Feijoo dijo que es «competente, trabajador, con conocimientos y experiencia», a la vez que lo consideró en gran medida el artífice del salto dado por Galicia en la mejora de las infraestructuras.
Y para sentenciar las alusiones a la imagen de la cita en el yate con base en Sanxenxo, Rajoy abundó: «Feijoo es mucho mejor que Quintana y que Emilio Pérez Touriño juntos; no tiene coche oficial

Anónimo dijo...

Vamos Sarille, que a culpa ao final vai ser dos vellos por andar mais espabilados. Quintana con pedir perdón xa fai bastante.
De pena!
disculpar o indisculpabel.
E agora a ver se non se vai poder pasear en iate, co dono da empresa mais beneficiada polas concesións de explotación eólica, nun concurso exemplar pola súa opacidade.

Quintana fora!
Non votes!

Anónimo dijo...

Hoxe sae Quin de señorito (el, que di que non o é), de ganchete dun empresario en apuros, agora eólico, e case cuberto coa bandeira rojiguarra.

Eu quero crer que todo isto que vexo non é verdade. Que para señorito só tiñamos a Touriño (que vai nun coche oficial de case medio millon de euros) e Feijoo (que apaga lumes vestido de traxe de misa cunha mangueira de piscina de chalet adosado).

Quero tamén crer que todo isto é unha campaña da prensa de dereitas (ABC) e anti-bipartito pro-Touriño (La Voz).

Ou?

Anónimo dijo...

Velaquí teñen por qué voto BNG nestas elecións, moi ao meu pesar. Artigos coma o deste impresentable, no que emprega mesmo algún termo en galego con significado pexorativo, foron os que me decidiron.


LVG
César Casal

Un país no puede ser rehén de 300.000 votos. Llevo veinte entrevistas a candidatos y, aunque a ellos no les guste nada, un político del PSOE tiene mucho más en común con uno del PP que con los del Bloque. Pero aquí nunca habrá un pacto a la alemana ni con el paro dramático que vivimos, porque en Galicia están obligados a hacerse eco del odio que ambos partidos se tienen hoy por hoy a nivel de España. Así es que la única posibilidad que se plantea Touriño es, como Julia Roberts, seguir durmiendo con su enemigo, Anxo Quintana. Siempre y cuando les salgan las cuentas (¿le salvará al PSOE la chafallada con la emigración?). Hubo un tiempo en que si alguien decía que el PSOE tenía que tender la mano al BNG se la cortaban. El primero que lo dijo fue un joven David Balsa al proponer que Xuventudes Socialistas y Galiza Nova hiciesen algo juntos. Casi lo cuelgan. Entre otros, Méndez Romeu, que luego ha sido conselleiro gracias a ese pacto antinatura. Carlos Príncipe planteó el atajo al máximo nivel y perdió entonces frente a un Paco Vázquez que intuía que, especialmente en Galicia, el PSOE tiene mucho más en común con el PP que con el BNG. El idioma, con 100.000 firmas de Galicia Bilingüe en la Xunta y con el PSOE amparando la política agresiva del Bloque, o el paro harán que mucho votante del PSOE se quede en casa. No quieren regalar con su voto otro gobierno al Bloque. No quieren seguir durmiendo con su enemigo. Es el precio que hay que pagar por el atajo.

Anónimo dijo...

MS, o de Quin e Jacinto Rey era un segredo a voces.
Pero como di o refrán non hai peor cego que o que non quere ver.
E pos suposto que sae todo orquestado pola dereita, claro que sí, mais o fundamental non é esto, senón se é certo ou non, e é certo, moi certo.

Non fagamos como o PP, que quere facernos ver que non hai delitos de corrupción, senón campañas de intoxicación.

A vaquiña polo que vale.
Intoxicación, claro, o demais no caso de Quin tamén.

As veces asústame o dogmatismo e a cegueira de moito votante do BNG.

Anónimo dijo...

Que Anxo Quintana trata a Jacinto Rey, hai tempo que se sabe; Jacinto Rey parece ser un empresario que considera estratexicamente importrante a existencia política real do nacionalismo galego. Considero importante o segundo, lóxico o primeiro.

Que Anxo Quintana subiu no iate de Jacinto Rey, hai tempo que se soubo; saíu na prensa e foi comentado. Non teño nada en contra de tal encontro privado; se tivo algunha dimensión de orde política, tampouco non tería nada en contra.

A foto en cuestión sae publicada tres días antes das eleccións, no marco dunha campaña da que poucos medios se están a facer eco; confluíndo, por outra banda, coa campaña particular que o diario aludido está a levar desde o mesmo día no que se soubo que aparecía un competidor. Son significativas ambas campañas, e en particular o arrequentamento destes últimos días.

Espero que o BNG, diríxao quen o dirixa, siga tendo relación co empresariado do país, particularmente cos que ven no nacionalismo un factor positivo para o propio país. Espero que o Plano Eólico se aplique, eu que non botei unha bágoa polos grandes nomes e siglas preteridos. Espero que todo o mundo vaia votar, porque algo relevante se debe estar cocendo cando se dan estas circunstancias. É obvio a quen lle conveñen abstención e voto en branco.

Estanme dando ganas de ofrecerme para ir de apoderado.

Anónimo dijo...

Un.

Dous.

Tres.

Anónimo dijo...

Catro. Ollo ao Baltar.

Anónimo dijo...

Pachi Vázquez está haciendo una casa de 600.000 euros sin licencia en la zona de Carballiño.

Anónimo dijo...

La 'Champions' es otra cosa

Maniatado, excesivamente contenido y sin los bríos recientes, el Madrid se despeñó ante un rival que le hizo un nudo desde el calentamiento hasta el final. Temeroso y con el depósito justo, al equipo de Juande Ramos se le vieron demasiados costurones llegado el momento de mayor exigencia. Como si el escalón de la Champions aún le resulte fuera de su alcance. Ante un conjunto tan cuajado como el Liverpool, al Madrid no le alcanzó con su optimización de recursos en la Liga y nunca tuvo el mando del encuentro, siempre a rebufo del tacticismo de los ingleses. La Liga de Campeones es otra cosa.

Anónimo dijo...

Xusto, Arume, xusto. A liga de campións élle outra cousa.

Mais os xogadores saen da canteira ou búscanse fóra. Teríamos moito que falar da nosa canteira. E de fóra, ¿que?

Balonga dijo...

O PARADOXO DE SIMPSON NA GALIZA

Dende Rao seguindo o curso do río, despois de Meda e Asar, atópase unha viña co seu lagar na chaira de Vilar de Neves.

Xosé Antoñ0 de Balonga o fillo mairazo da Ádega, baixara a feira do 29 na Proba de Navia. Atrás quedaran a regueira do Mouro, Os Bragais, A Granda de Prebello, a regueira de Marciado, Muruás, Extramadoiro,Embernallúas e Rio de Pé. Tiña que vender o viño, pra poder mercar o sal e o azucre e sobre todo, o bolo de pan branco, polo que devecían as súas crianzas, se quería ver o afán nos seus ollos, no canto da Arqueira, onde irían pra velo tornar aló polo lusco fusco.

Das 5 botellas de viño turbio que levara, 4 eran de boas cepas e unha era de videira mala. Das 8 botellas de viño tinto que trouxera, 6 eran boas e dúas riñas.
Na Proba, sabíano todo e calculaban que era mellor mercarlle o viño turbio, pois a probabilidade de que tocase unha botella boa era de 0,80 (=4:5) máis alta, ca na de viño tinto que baixaba a 0,75 (=6:8).

Pacita Lameiro Vilarmondín era unha rapariga xeitosiña,que viñera de Faquis,casar co home que lle fixera as beiras, cando ía mercar galochas ao seu padriño. Non lle gustaba a leria podre, nin se metía en debulladas que lle moían a moucha con dixomedíxomes. Era día de garabullos e lixeira coma unha centella, liscou o riscar o día, polo quello da Calviña abaixo, a fume de carozo, e xa descantiá que estaba na Proba coas súas botellas, sen esnogar, nin dexobarse ren. Manaias a ela!.

Coas présas levara 14 botellas de viño turbio das que 5 eran boas e as outras riñas, polo que a porcentaxe de que che tocara unha boa era de 0,35 (=5:14), mellor tamén ca no viño tinto do que baixara 4 botellas e namais unha era boa, e que era de 0,25 (=1:4).

No solpor do día e co barullo da feira, deciden tornar cedo a Prebello, pra ver a súa fornada de cativos e sen máis trécolas nin requilorios, xuntan as existencias, e ben deitaron do tendeiro Sochaos da Ponte, pra que seguira coa venda delas.

Calquera persoa que non estivera peneque, por andar de gandaina ou vir dunha polavila, sabe que era mellor mercar viño turbio, pois aínda que xuntaran as botellas non mudaba ren, pois non venderan ningunha, e tiña a mellor porcentaxe con ambos os dous.

Xan de Xanón que a todo di que NON, díxoo tamén eiquí: facede as contas, ondia!
Risos e sorrisos, mais, pra darlles na moucha aos teimosos do NON, imos facelas!.
No viño turbio son 5+14=19 botellas no total, e 4+5=9 boas, polo tanto a porcentaxe de boas é 0,47 (=9:19). E no viño tinto son 8+4= 12 botellas entre ambos os dous e 6+1=7 boas, polo que a súa proporción é 0.58 (=7:12).

Nunca tal se vira, en toda a contorna, despois de xuntar as botellas, de súpeto era mellor mercar viño tinto, cunha porcentaxe de 0,58 por enriba do 0,47 do turbio. É o paradoxo de Simpson e non son quen de explicárvolo.

Pois o mesmo está a acontecer na Galiza, cando falas cos homes, son galegos. Cando falas coas mulleres, son galegas. Cando mesturan xuntos os seus votos nas urnas saen maiorías Centralistas. É o paradoxo da Galiza e non son quen de entendelo.

Prebello, antonte do entroido do 2006.

Anónimo dijo...

Inconcibible?.

Anónimo dijo...

Ou Liga de Campións?

Non sei se deberiamos encomiar ese fútbol. Nin por pasiva.

Anónimo dijo...

A explicación da paradoza de Simpson, e de moitas outras moi simpáticas, no xa clásico "Paradojas Ajá" de Martin Gardner.
A máis simpática, para mín, a que razoa cómo poden sentarse sete persoas en seis cadeiras.

Anónimo dijo...

Outra que tamén me gusta moito, pero creo que estaba noutro libro:

Condenan a morte a un prisioneiro, e dínlle que o axusticiarán un día do mes no que están, pero non lle dicen cal. Tamén lle dicen que, si consigue adiviñar o día da sua morte, perdónanlle a vida.

Él, razónalles así:

O último día do mes, non me podedes axusticiar. Porque, chegado ese día, eu sabería que sería o da miña morte, e teriades que me perdoar a vida.
O día anterior tampouco. Porque, chegado ese día, sabería que sería ese, pois o seguinte , que sería o último,xa acordamos que non podería ser...
O razonamento continua igual, cara atrás...os verdugos teñen que perdoarlle a vida...

Anónimo dijo...

Diálogo paradóxico:

-Tí qué prefires, un reloj parado,averiado, ou un reló que vaia medio minuto atrasado?
-Eu? O segundo, lóxicamente!.

-E qué prefires, un reló que dé a hora exacta duas veces no día, ou un que non a dé nunca?
-O primeiro, lóxicamente!!

-Estaste contradecindo: O reló parado da a hora exacta duas veces no día. O atrasado medio minuto, non a da nunca.

Anónimo dijo...

EDITORIAL PROPAGANDA DE EL MUNDO (EL CORREO GALLEGO)

La papeleta del PP, el único voto útil en Galicia
AUNQUE LA COINCIDENCIA con las muy cruciales elecciones del País Vasco ha situado la expectación sobre sus comicios en un segundo plano, lo cierto es que Galicia se juega mucho el próximo domingo.Hace cuatro años, el PP de Manuel Fraga perdió la mayoría absoluta con la que había gobernado ininterrumpidamente desde el año 89.En las elecciones de 2005 se produjo una extraordinaria movilización de la izquierda y se batió el récord de participación en unas autonómicas, con un 68,1%. La pérdida de la mayoría absoluta del PP -únicamente por un escaño- abrió paso a un Gobierno de coalición del PSOE con el BNG, inédito en la Xunta. A juzgar por las encuestas, no parece que la gestión del bipartito gallego haya entusiasmado a los ciudadanos. La mayoría quiere un cambio en San Caetano y la incógnita es si el candidato del PP, Alberto Núñez Feijóo -muy diferente a Fraga en todo- será capaz de recuperar para este partido los 38 escaños de la mayoría absoluta, ya que cualquier otro resultado le impediría gobernar. Las expectativas de socialistas y nacionalistas, que comenzaron la campaña con la seguridad de una victoria, se han ido desinflando mientras el PP veía aumentar su intención de voto. Estamos, por tanto, ante unas elecciones abiertas cuyo resultado va a depender de la participación. El PSOE teme tanto verse perjudicado por una alta abstención, que Zapatero ha cambiado su agenda para cerrar hoy campaña junto al candidato a la reelección.

Emilio Pérez Touriño ha presidido un gobierno dividido. El BNG, liderado por el vicepresidente Anxo Quintana, ha condicionado a los socialistas obligándoles a asumir políticas incompatibles con el proyecto de la España constitucional. Por mucho que se hayan moderado, los independentistas han propiciado la imposición del gallego en la escuela y han incurrido en prácticas lindantes con el viejo caciquismo, cuando no en casos de corrupción. Ejemplos de ello han saltado en esta campaña, con el mitin que Quintana ofreció a un grupo de jubilados que creían ir de excursión a Portugal y con las fotos del candidato del BNG en el yate de un empresario beneficiado por la concesión de un parque eólico por parte de la Consejería de Industria. Además, apenas se ha avanzado en la construcción de infraestructuras -fundamentales para el desarrollo de Galicia- y la comunidad registra un paro por encima de la media nacional.

Así pues, creemos que el cambio de Gobierno es muy conveniente en Galicia y para ello el único camino pasa por votar al PP.Es cierto que Alberto Núñez Feijóo no ha hecho la mejor campaña posible y que tendría que implicarse más en la defensa de principios básicos como el de la enseñanza en español, pero representa la única posibilidad de voto útil para los electores de centro-derecha.El partido de Rosa Díez no es una opción en esta comunidad, puesto que tiene muy difícil conseguir algún escaño y esos votos testimoniales, a la postre, podrían ser fundamentales para la victoria del PP.Es evidente que este partido no llega al 1-M en su mejor momento, pero sería un grave error que sus potenciales electores se abstuvieran, por ejemplo, para castigar a Mariano Rajoy. El domingo no se juega en las urnas el liderazgo del PP nacional -tiempo y elecciones habrán para ello- sino el futuro de una comunidad que se merece un Gobierno autonómico eficaz e implicado en el proyecto de la España constitucional.

Anónimo dijo...

Vexan ata que punto La Voz de Galicia contribúe a crispar a campaña máis suxa da historia da democracia e quédense con este nome Mª Carmen González: la voz de su amo. premer

Anónimo dijo...

Liga de Campións, capítulo dous: "O coche que raña".

Balonga dijo...

Pois sí amigo XDC,están en Ajá! Paradojas de Martin Gardner que nomeas e noutros como Matemáticas recrativas(1) de Y.Perelman e Juegos de ingenio de P.Vives en Ed.Martinez roca. Este derradeiro tería de traducirse ao galego pois é mais sinxelo.
Polo do prisioneiro condenado a morte,ven a xeito aquilo que escriben de Carlos V, que cunha coma, cambiou a sorte dalgún desgraciado, ao ir asinar unha sentenza.

O documento dicía así: Perdón imposibel, que cumpra a súa condena.

O Emperador trocou a coma de lugar e o texto mudou: Perdón, imposibel que cumpra a súa condena.

Deste modo, a votación, ai! quero dicir a puntuación ten de facerse con xeito, de maneira xeitosa e axeitada, ou pode non ter xeito ningún.

Polo que eu devezo é por unha carallada que vai escarallarte.
Namentres estás sentado/a, fai círculos co pe dereito, no sentido das agullas do reloxo e sen tocar o chan.

Ao mesmo tempo que fas isto co pe dereito, tenta debuxar o número 6 no ar, co furabolos da man dereita.

Non podes eh!, escarállaste, o teu pe troca de dirección. Nada máis poden facelo os do Oppus.

Anónimo dijo...

Coñezo eses libros que nomea, Balonga, e a meirande parte dos que hai sobre o tema no mercado. Fun lector de Gardner en "Scientific Americain" desde mediados dos setenta hasta que a sua columna foi asumida por Douglas Höfstadter, a quen seguin lendo, xa con menos pasión, durante anos. Tamén lin outros libros de ambos autores, e de outros.
Anque o que mais me gustóu, a cabalo entre a matemática seria e a recreativa, foi "Matemáticas e razonamento plausible", de Polya. Demoledor.
Non sei se lembra que na desaparecida revista "Algo", nos primeiros números da seu derradeiro formato,había unha sección na que se plantexaban cuestiós de matemáticas recreativas, e premiaban aos que leitores que lles enviaban solucións. Una vez mandéi eu unha. O agasallo que me enviaron foi, precisamente, o libro que nomea vostede, da Ed. M.Roca.

O tipo de exercicios como o que vostede plantexa, é difícil para a meirande parte das persoas, menos para os perteñecentes a algún de estes colectivos: músicos que tocan instrumentos nos que interveñan diferentes partes do corpo, e bailarís profesionáis. A "coordinación" forma parte da sua rutina diaria. Próbe cun baterista. Faráo á primeira, sen dificultade, e preguntaralle:"Onde está o chiste?".

Anónimo dijo...

Esquecín decir que o verdadeiro premio, para mín foi ver o meu nome escrito en letras de molde , anque pequeniñas,no seguinte número da revista, seguido da palabra "Orense".JAJAJAJA.