5 feb 2009







Contos.
pan por pan 5-2-09

Estivo nos Encontros Literarios do Liceo Bieito Iglesias. Coa súa brillantez de sempre, falou do conto popular e do conto literario e fíxonos rir a esgalla varias veces. Detívose nos seus contos preferidos como esa marabilla que é ‘A señorita Cora’ de Cortazar. Neste relato un adolescente está ingresado nun hospital para ser operado de apendicite; Cora, a enfermeira, ten que afeitarlle o pube para a operación e o rapaz, avergoñado, imaxina que lle crava vinte veces un puñal á enfermeira. O Bieito tamén contou un motivo oculto polo que gusta tanto deste conto. De neno, eivado, o futuro escritor era levado ó lombo ata o colexio pola súa avoa. Non había baños daquela, íase ó monte. Cando o neno tiña necesidades, a mestra encargaba as dúas rapazas máis fortes da clase que o levasen fóra colléndoo en brazos. Na infancia do noso amigo había, pois, dúas señoritas Cora.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Bieito Iglesias (que, malia os seus apelidos non ten nada que ver con Ratzinger) parece home de cazadoras e camisas de leñador Husqvarna.
Mágoa non ter máis tempo para ler as súas novelas e os seus non menos interesantes contos ourensaos, ou as súas traducións.

Anónimo dijo...

Amigo MS, non sabe vde o que se perde.

Anónimo dijo...

Magoa non ter chegado a Ourense á hora debida para deleiltarme co home do Ribeiriño das Caldas - Vilarchao de Coles.