23 feb 2009

Votar ou non votar, M.A. FERNÁN VELLO, Galicia Hoxe 23-2-09

Debo confesar que nos últimos días foron varios os amigos -residentes todos eles en países de Europa e con dereito a voto en Galicia- que, dunha maneira ou doutra, en conversa directa ou a través do correo electrónico, me interpelaron sobre o acaído do voto e das opcións existentes, unhas e outras, pois é ben certo que a distancia -e non é tanta esta, nestes casos- crea certos problemas de "axuste fino", digámolo así, á hora de exercer o voto en circunstancias como as presentes. Eu, que penso votar, por suposto, faleilles a todos eles coa máxima claridade e convencemento. Teño ben decidido o meu voto -madia leva- e tratei de argumentar, aínda dende certa decepción política que me afecta, sobre a conveniencia de levar a cabo a acción de votar, e de votar aínda por unha determinada opción en concreto. Mais vaiamos por partes. En primeiro lugar, sen ningún xénero de dúbidas, é fundamental a participación. O abstencionismo, chamémoslle "consciente", de raíz política esquerdista na súa posición, supón abrirlle as portas de novo ás forzas políticas retardatarias -así se expresaría o amigo Isaac Díaz Pardo- que durante tantos anos ostentaron o poder. Por iso resulta fundamental votarmos, superándomos calquera decepción puntual, por un país que avance e que progrese, por unha perspectiva de esperanza en todas as ordes sociais, por un futuro de construción democrática e nacional da nosa Terra. Aínda que a cabeza pensante e fría -expresáballe eu isto aos meus amigos- teña en conta o peso dunha desilusión creada e dunha certa descrenza nos foros políticos actuais, debe imporse aquí a sabedoría -polo menos nesta convocatoria- do corazón de sempre, o que sinala a liña dun porvir anceiado no tempo. Non votar, ou votar nulo, é un exercicio profundo de desamor a unha causa política que debe estar por riba do nocivo e estéril individualismo que medra, aos poucos, aquí e acolá. Por sorte, algúns dos meus amigos indecisos decidiron, finalmente, votar. E todos clarificaron o seu voto. O futuro construímolo nós.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

ANTÓN LOSADA
Disque DisqueMáis madeira
Disque a derradeira galletada de enquisas vén acreditar que menos a morte nada é seguro nesta vida e que todo é posible en Galicia. Algúns pronósticos en certo medios abren orquillas tan amplas, que mesmo cabe preguntarse se facía falla meterse no gasto de preguntarlle a xente cando a proxección xa estaba feita ao servicio do resultado anhelado pola propio medio. Baile de escanos aparte, todos os inqueritos coinciden e reflicten a mesma tendencia de fondo: ao PP non lle chega con ter a campaña baixo cero para quentar de todo o ánimo dos seus, os bipartitos non dan atopado coa chave que abre o corazón e o ánimo do seu electorado debaténdose na dúbida de ir votar. Quen saiba dar máis madeira, dala mellor e a dala antes no que queda de campaña, terá moito traballo feito para a noite electoral. antonlosada.blogspot

Anónimo dijo...

Hai que ver as voltas e reviravoltas que temos que dar algúns para poder exercer o noso dereito ao voto fóra da nosa "comunidad", e o faciliño que o teñen os que viven "en países de Europa" ou en América.

Polo pronto, se queremos votar non nos podemos empadroar na "terra de acollida". Ademais, co papeleo en Correos temos que facer dúas xestións en dous días diferentes: unha para solicitar o voto e outra para envialo. Iso cando Correos funciona ben, claro.

E todo para que volva saír o bipartito!

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Xenial, don MS, sobre todo o lapidario epílogo
jajajajajajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

Isto empeza a collerme boa cor.

Anónimo dijo...

Manifestacións de apoio ao candidato Alberte Núnes Eanes Feixó, de parte do seu clube de fans internáuticos.

Dona Coriña/Curriña Porro/Puerro:
"Es lo mejor que ha parido madre, no sólo en Galicia sino en Vigo todo. Además va a derogar el gallego, quiero decir, la ley de anormalidad lingüística."

Un cocinero amigo de Núnes Feixó:
“Es de buen diente. Le gustan mucho las centollas, los percebes y el arroz con bogavante; es lo que suele pedir normalmente. También el pescado, el rape y el lenguado, sobre todo. Te da buenos consejos"

Don Manoel Robledal Iribarne, cenador popular en Maijrit:
"Púxeno eu onde está, así que non hai nada máis que dicir."

Doña En Gloria Estea Lagoa:
"Hasta les enseñan el inglés en gallego a los niños. No, yo no paso por el aro de la imposición de la lengua. Frijoles tiene lo que hay que tener para defender mis opiniones.

Miguel Cancio:
"Os lo dice un ex-Tetiñas Free: No hay nadie máis liberal y liberado que nuestro candidato copular"

Don Pedo Arias
"Dentro de la subnormalidad mental que caracteriza a nuestros políticos, el candidato Núnes ocupa uno de los puestos más bajos"

Don Ghose Luís Baltar (músico):
"Si no eres Feijoé, jódete, jódete"

Doña Rose Strip-Días i Peideira:
"Si derogas el gallego, te lo enseño todo"

Un mangueirista da comarca de Lalín:
"En nome da Asociación Galega de Fabricantes de Mangueiras, felicitamos a don Nunes Feixó por escoller mangueiras galegas modelo "piscina de adosado" para apagar os incendios nos nosos montes.

Unha vaca rubia galega:
"En nome da asociación de vacas rubias galegas autóctones, damos o noso apoio máis decidido a don Alberte, grande coñecedor da fauna, flora e piscifactoría da nosa terra."

Un construtor da mariña lucense (declaracións á BBC):
"Feixó is the best for tochos."

Unha admiradora de Núnes no LLutuf:
"Que non faría eu con este home!"

Unha electora desde Buenos Aires, La Argentina:
"Vota por Núnez Feijóo. Vós ganás, che".

Marcos Valcárcel López dijo...

HAI QUE VOTAR, CLARO QUE SI. Eu non teño dúbidas e non quero sorpresas nin a volta á caverna o 2de marzo.

Balonga dijo...

Sempre votei e sempre votarei por moitas razóns. Contarei só unha: que o Presidente Touriño, sempre culto,sempre estudado,sempre no cumio do poder, tivese de aprender galego? agora, é algo moi meritorio para o BNG, pois antes non tivera tempo de aprendelo. Ca! ho.

Anónimo dijo...

Síntollelo moito pero eu tamén vou votar, pero dame que o contrario ao que todos deste espazo de liberdade

Anónimo dijo...

Poucos problemas teñen aqueles para queñes todo o problema é o do galego.

Anónimo dijo...

¿Caverna?
"Saír dun souto pr'entrar noutro".

Anónimo dijo...

Outros estamos manifestándonos a favor do voto no fío titulado: "vergoña".

Tanto faz.

Anónimo dijo...

Hai -sempre houbo- xente para quen o idioma non é que non sexa problema, é que nin a tema chega. Ou chegaba: abonda con ver como se revolven ante a hipótese certa (non pasa de aí, de momento) que o galego adquira status legal que o asemelle á outra.

Xaora, tal posición lingüística adoita andar aparellada a outras cousas; non hai máis ca poñerse no 2004. Non poucos queren volver alí; iso si, con menos galego, ben menos.

Anónimo dijo...

Eis un dos sentidos posibles do concepto caverna.

Anónimo dijo...

Caverna?.