Galicia vai contar menos
MARCOS VALCÁRCEL
andoliña 6-3-09, dedicada a ms.
Creo que Galicia vai contar menos a partir de agora. Oxalá me equivoque. Porque a posta en escena da vitoria do PP lembra aquela portada de Teima cando gañara a UCD no 77: sobre o fondo do cadro da Rendición de Breda, a UCD galega entregáballe as chaves a Adolfo Suárez coa frase "Galicia é súa, señor". Todos vimos na televisión unha cerimonia semellante e agora era Rajoy quen recollía as chaves do país na sede madrileña do PP. Dende Madrid esa era a gran noticia.
O que me custa entender é a xigantesca sorpresa dos derrotados. Tan mal informados estaban? Un amigo colgou na miña solaina os resultados dunha enquisa do CIS, comentada no blog do sociólogo Fermín Bouza, El voto con Botas. Ante a pregunta: "Cre vostede que sería desexable un cambio de goberno en Galicia?", as respostas eran claras. Dos que votaran PP no 2005, un 87.7% quería un cambio de goberno. Dos que votaran PSOE, un 25%. Dos que votaran BNG, un 46.9 por cento, e non sabe un 8.7%. Dos que non votaran en 2005 por teren menos de 18 anos, un 53.9 por cento. As porcentaxes dos que non votaran por outros motivos ou votaran en branco rondaban o 50 por cento. Aí teñen os moitos votos perdidos da esquerda e do nacionalismo nesta batalla.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
72 comentarios:
Os resultados para o BNG, foron xustos.
O que demostra a súa sorpresa é o descerebramento colectivo, como puideron acreditar nun lider que dicia que:
"nestas eleccións levarei ao BNG aos mellores resultados da súa historia"
Evidenciase que tocar poder obnuvioulle o entendimento, que non recapacitaron que o tocaran baixando en votos, pero sobre todo o mais grave é que demostran non coñecer ao seu electorado. Pensaron que ao estar eles no poder convertíanse en electorado pasivo, pouco intelixente, manipulabel cunha campaña deseñada para votantes estultos, pasivos, incapaces de analise e decisión, un electorado tipico da dereita sociolóxica. E comprobaron que os seus votantes pensan,que tomaron a súa palabra, a súa promesa de cambio, que non se trataba de vender, de por mais entusiasmo, senón de verdace facer o cambio, porque os seus votantes non son unha bolsa de velliñas, ou paisanos acostumados a cambiar un cacique por outro.
Quintana tiña os pes ben chantados na fantasía, pero o peor , é a cantidade de sesudos merodeantes que o animaron, que se sumaban entusiastas a medida que se acercaban as eleccións ao vicepresidencialismo, coa esperanza dunha boa tallada nun poder que daban por seguro, por ser eles moi listos,non menos que os caciques e axitando o medo ao lobo.
E resultou que os votantes non lle tiveron medo ao lobo, porque o lobo eran tamen eles, o quintanismo.
Repetiron os esquemas de depredación da sociedade civil galega.
Anularon aos críticos.
potenciaron os trepas, os arrivistas, o axiotistas, fixeronse uns clasistas.
Comeron con outras bestas en iates.
Tomaronos por tontos, pasandonos unhas peliculiñas no que heróe era un galeguiño, un tal anxo quintana, chamado cinematograficamente a salvar o pais.
Exaltaron un vicepresidencialismo tipico para electorados de dereita.
E bailaon con vellas facendo ao final a ovella.
A reacción do Vice, logo da derrota deixa transparentar a súa calidade humana e cales eran os seus desexos se seguise no poder.
Por fortuna,hoxe, Quintana, é un escualo desdentado.
As miñas felicitación para Anxo Quintana e todo o seu personal, porque a súa derrota é o mellor que lle puido pasar a Galiza.
¿Pero que che fixeron, home-de-deus? ¿Pasaron de ti e agora a túa vinganza? ¿Non serás ti tamén un "arrivista" que non puido chegar a tal porque non o deixaron?
Segundo vostede todo depende de que den ou non, de que reciban ou non, aplicando esa lóxica, os do BNG deberon de ser uns agarrados, uns cutres e así lles foi.
De todos xeitos hai declaracións avaliabeis obxectivamente e non dependentes do toma e daca.
"nestas eleccións levarei ao BNG aos mellores resultados da súa historia"
"Se non aumentan os votos nestas eleccións terei que pensar en asumir as miñas responsabilidades"
E o mais obxectivo. a perda de votos, e non precisamente pola dereita que acostuman a ter esa pseudoideoloxia coa que vostede pretende explicar a miña crítica.
E por certo e a vostede que lle fixen eu, home de deus!
No teu comentario vese máis unha inquina persoal ca unha crítica política, tal como se percebe pola forma tan esaxerada que tes de adxetivar. De aí a fundada sospeita de que tes algo individual contra alguén do BNG, contra Quintana ou contra calquera outro.
A min danme de sospeitar aqueles que recorren á denigración persoal pretendendo facela pasar por crítica política. Sospeita que se acrecenta no teu caso porque tes un xeito de expresarte que é ben recoñecible noutros post asinados ou sen asinar.
Sospeito, por tanto, que non es trigo limpo, que ti querías lograr algo tanxible e que, polos motivos que sexan, non cho deron. Vas ter moito que bregar para que poida desaparecer esa impresión.
Lendo algunhas cousas de xente moi próxima aos gobernantes, vese ben claro, amigo Valcárcel, que vivían noutro mundo.
Todo é inqüina persoal. Como non, os votos perdidos son inquina personal, a deviva dereitista e cara o galeguismo indefinido, é inquina personal. O neocoaciquismo inaugurado polo BNG que tocou o poder baixando votos, é inquina persoal. O atentado contra o medio ambiente cos virabentos, é inquina persoal, o retroceso lingúistico cun periódico bilingÚe é inquina persoal, tamén a noticia de que Qüin lle falaba na casa aos seus fillos en castelán. O deseño dunha política cultural que repetía o esquema do PP, é tamén inquina persoal. Os salarios para toda a vida dos altos cargos, son tamén inquina persoal, O aumento dos nomeamentos de cargos a dedo, é tamén unha inquina persoal. O deseño dunha camapaña insultante para persoas comprometidas co seu pais, é tamén inquina persoal, e como non criticar ao dirixente dun partido nacionalista autodenominado de esquerda por subirse ao iate dun ricacho, é tamén inquina persoal...e mais...emais..
ao fin , si é unha cuestión persoal, unha cuestión persoalmente ética e política.
Os proximos cegaronse unha vez mais cunha formula política xa fracasada: a de Esquerda Galega.
Constituirse en élite para dirixir o pais dende un pragmatismo ao que nada se lle pode pedir ideoloxicamente aducindo que o factibel e real é o que eles fan, que é medrar persoalmente e como grupo privilexiado, non convenceu, nin convence.
Logo ven o síndrome, e comezan a laiarse do atraso do pais, da súa pouca intelixencia, do masoquismo galego que prefire a dereita caciquil, cando a quen se rexeitou foi a eles, e a dereita segue nos mesmos termos, co mesmo campo, e coa mesma xente.
Desta vez escoitanse voces no BNG, que cabreados cos que lle deberíamos votar pero non o fixemos:
Non ves, por culpa deses agora estamos así!
O BNG non pode facerce unha autocrítica honesta, porque suporía a súa aniquilación, porque atentaría contra a súa esencia, dicir que son igual que os outros, uns potenciais caciques, ou uns potenciais corruptos. Uns manipuladores da opinión dos galegos.
NON
O BNG, porá algunas das súas cabezas a delirar e tirará ex-machina unha explicación para os seus siaeiros. Diluirá as demandas, deixará pasar o tempo, e desaparecerá.
O BNG, cumpriu a súa función. O electorado ramificarase en dúa forzas, unha de tendencia moderada, oficialista, galeguista e outra de esquerda tirando ao independentismo.
O BNG é un cadaber político.
Quintana un esquelete.
Señor anónimo, en primeiro lugar eu son eu, firme como firme, e segundo, claro que é persoal, non represento a ningunha organización nin grupo, nin institución, só me represento persoalmente a min.
E claro que lle tiña e lle teño inquina ao quintanismo, considereino sempre nefasto para o pais.
E nunca lles pedín alo, nin algo me prometeron nin deron.
Son un ser do Común, non un notabel para que me prometesen prebendas. Non tuteo o poder, e se me dirixese a eles, non me escoitarían. Do común amigo, só do común.
Señor anónimo, en primeiro lugar eu son eu, firme como firme, e segundo, claro que é persoal, non represento a ningunha organización nin grupo, nin institución, só me represento persoalmente a min.
E claro que lle tiña e lle teño inquina ao quintanismo, considereino sempre nefasto para o pais.
E nunca lles pedín alo, nin algo me prometeron nin deron.
Son un ser do Común, non un notabel para que me prometesen prebendas. Non tuteo o poder, e se me dirixese a eles, non me escoitarían. Do común amigo, só do común.
Saavedraaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!
O Saavedra debe de andar reflexionando sobre a diferencia entre realidade, imaxinación e fantasía.
O máis gracioso é que Do Común votou PSOE nas eleccións autonómicas de 2005. Me río de janeiro!
Vaia elemento este que firma como Do común. E despois fala de ética. A Galiza está chea de falabaratos.
Ola, Arume. Noutra parte é de ver que sigo por aquí. Pero tiña unha cousa pendente que vai saír mañá. En Xornal.
Nada espectacular, por outra parte.
Certamente interesante. Para empezar.
Lendo o que escribiu o día 2, día da reflexión non agardaba menos.
Para recuperar o rural facendo deporte. A nova Xunta , debería potenciar este:ARADO.
O dito Do Común debería aclarar tan graves imputacións.
Son imputancións tendenciosas, falsas e dunha grande pobreza retórica e semántica.
E no 20005, non votei Psoe, senón BNG.
Non se demoraron e puxeron as súas cabezas pensantes a delirar:
Sentencioaron que non compren dimisións, porque provocaría un vacio de poder.
Pois claro, se Quintana e o seu equipo dimite, quen vai gobernar Galiza?.
No seu deliro o vicepresidente sigue nas súas funcións, e o BNG, aínda que esté na oposición goberna. O pais non se pode permitir ese vacio de poder, sería unha irresponsabilidade gravísima, o seu deber e aferrarse aos cargos, pegarse os asentos, aínda que sexan de cartón, menos mal para Galiza, que son de cartón.
mentiroooooooso!!!!!!
Certo, lino na prensa.
Certo, lino na prensa.
Feito.
Moi ben escrito: excelente. O dos preteridos e da herdanza ten un sabor a sátira romana: a Persio, que ben sabía detectar eses comportamentos concretos de ingratos e vengadores.
Do Común = Pinocho.
Voces desde fóra.
"Debo ser case o único no país que non alcanza unha explicación"
Non Xosé Manuel, sucédelle a todo o Quintanismo, e non é outra cousa que unha patoloxía narcisista.
Qüin, sería un bo alcalde, incluso de Ourense, sempre o dixen, pero non da para mais. O quintanismo foi un globo de fantasía. Non había nin realidade nin imaxinación.
Non somos poucos os que non desexamos ao seu admirado lider nunha cadeira gobernando, mellor non, con esa resistencia a dimitir, mostra un talante pouco razonabel.
Non sabía Xosé Manuel, que lle ían tanto os iates, supoño que tamén montaria nun Ferrari Testarrosa para ir coñecer o estado do Banco de Terras, polas corredoiras do rural, ou nun Jet privado para tomarlle o pulso a emigración, e como non, supoño que vería normal un servicio de prostitución fina para tonificar aos nosos sacrificados gobernantes, do aspero traballo de mandar.
Vistos continente e contido, non concibo o menor interese en intercambiar comentarios con vde., apócrifo (que non anónimo) incivil e ignaro. Non parece que entendese case nada do que eu dixen.
Algún famoso millonario dixo que o mellor xeito de aprender a ser rico era arruinarse sendo novo. O fracaso é unha boa universidade. Posiblemente o Quintana lle valia máis ao BNG agora que antes. Non necesariamente para estar na primeira línea mediática, anque non é fácil saber si está realmente "queimado".
Eu, o feito de que non dimitira de xeito inmediato calíficoo positivamente. Quere decir que non toma as decisiós "coa cabeza quente", atosigado por a demanda da "espectacularidade da inmediatez " dos medios de comunicación. O que se chama "decidir a golpe de titular". Se dimite, faráo tras a pertinente reflexión,no tempo e na forma que él decida.
Os verdadeiros líderes son "supervivintes" ("resistir é vencer"). De momento, xa é máis supervivinte que o Touriño. Éste último "vende a moto" de que se doblega aos desexos dos cidadáns. Pero os cidadáns eliminárono como gobernante, non como dirixente do seu partido. A sua reacción, coma no seu día a do ex-alcalde ourensán Veiga, paréceseme á rección do neno mimado "si no gano no juego!".
Cando todo eran loas á xestión de Quin, eu cometín varias veces a "blasfemia" de criticalo. Por exemplo, cando dixen que o famoso video non lle iba dar un puto voto,por moitas descargas de iutube que tuvera. Parece que sempre vou ao revés do resto.
Agora, unha vez escrutados os votos do CERA, queda claro que o bipartito perdeu o goberno en boa parte polos resultados do BNG nunha provincia na que se presentaba o propio Anxo Quintana.
O BNG leva indo moitos anos para abaixo.
O que non se pode facer é, a uns poucos meses dunhas eleccións, organizar un concurso eólico no que se sabe e/ou intúe que un dos beneficiados vai un señor que ten un xornal cheo de anuncios das consellerías do Bloque, e que iso non vai anoxar a dirección dun xornal da competencia e que, ademais, é o medio máis influínte de Galicia.
O que non se pode é facer unha campaña electoral de endeusamento presidencialista barato (que xa eu comentei aquí cando saiu o famoso vídeo).
O BNG ten que cambiar
(1) Os seus líderes. Ten que escoller os mellores candidatos non importa se pertencen a esta ou aquela póla ideolóxica. En canto ao portavoz nacional, ten que escoller a alguén brillante e que conecte coa xente, ou polo menos máis brillante e con máis gancho que os líderes dos outros partidos. Teño dito aquí noutras ocasións que un partido coma o BNG, que parte en desventaxa electoral polas presións dos medios e o menor número de afiliados, só pode ter gancho electoral cun bo candidato. Velaí teñen o efecto "ZP" hai uns anos, ou o efecto "Obama".
(2) A forma de organizarse internamente na fronte, para captar máis simpatizantes e afiliados. Hai que escoitar a todo o mundo e ter en conta as súas opinións. Os independentes, que son a maioría na fronte, debían ter máis protagonismo.
(3) O xeito de buscarlle solucións aos problemas de Galicia. A propia existencia da UPG, que segue no ano 2009 coa mesma ideoloxía desde os anos 70, é acadabrante. Unha outra UPG é posible, con outros dirixentes? Si. Penso que é moi axeitada a idea do BNG coma unha fronte "interclasista", ao xeito do PG de antes da guerra, para que todas as ideoloxías de centro-esquerda teñan acollida no proxecto.
No asunto do iate e similares, imaxino que para moitos cidadáns, como para mín quedóu tamén tocada a imaxe do xornal "La Voz". Desde logo que os cidadáns queremos estar informados, pero tamén detectamos a compoñente de "manipulación" asociada á pretendida "información".
Estou bastante de acordo co que expón Marcel Swann. Por aí, máis ou menos, deberían ir os tiros.
Verbo do que Saavedra define con precisión como "apócrifo (que non anónimo)", ao que agora lle dá por asinar como Do Común ou Común sense (sic), sobran as palabras porque se delata e se descalifica el soíño. En fin, ...
Hai dúas cousas que me intrigan e que someto á súa consideración:
1. Por que houbo tanto interese no Xornal de Galicia por promover unha entente PP-BNG?
2. Por que o director dese mesmo xornal propoñía onte que o galego deixara de ser elemento consustancial no BNG e por extensión no nacionalismo?
Xosé Manuel, entendin e entendoo, no que de intelixibel ten vostede.
Comprendo que non queira intervabiar mensaxes conmigo, xa que a súa posición ben pouco ten que dicir que non sexa apuntarse aos delirios das cabezas quintanistas. Non lle viría mal un pouco de salvífico humor para superar a caida do seu deus.
"O que non se pode facer é, a uns poucos meses dunhas eleccións, organizar un concurso eólico no que se sabe e/ou intúe que un dos beneficiados vai un señor que ten un xornal cheo de anuncios das consellerías do Bloque"
Vamos Marcel que vostede apuntase a explicación delirante daqueles que din que non se vedeu ben o producto, que non se soubo entusiasmar ao electorado.
Como se todo fose unha cuestión de imaxe, e non importasen para nada os feitos. A solución para a proxima ocasión viría sendo contratar unha compañia publicistica mellor, mais cara, pero con mellores resultados.
Nada ao parecer, ten que ver, as cualidades intelectuais e sociolóxicas do electorado.
O electorado debe de ser unha masa amorfa a que manipular con imaxes adecuadas e en último caso efectivas.
Vaia concepción da política a súa Marcel!
Agardaba mais de vostede.
"Os seus líderes. Ten que escoller os mellores candidatos non importa se pertencen a esta ou aquela póla ideolóxica"
E haberá algún xeito de medir tan obxectivo que non participe de ningunha ideoloxía.
Por exemplo: Un militante socialista, de tendencia indepdendentisa, tería que renunciar ao seu lider, porque outro, de dereitas non autodeterminista, sexa mais intelixente, teña mellor voz e salga mais guapo nas fotos?
Vamos Marcel!
No BNG, para que haxa cambio, terá que haber conflicto, do contrario todo seguirá igual, e o conflicto terán que prantexalo os descontentos coa dirección. A cuestión é se teñen isa capacidade.
De feito hai movementos apreciabeis, pero de dificil éxito, como a convocatoria dunha asembleia co regulamento anterior ao último aprobado, por delegados.
Beiras axita, e no independentismo comezan movementos de humildade, serán certos?
Api, non me descalifique, que sufro moito!
¿Canto lle pagan a este troll? ¿Faino gratis ou é que el é así?
E sobre todo non o faga Api, con argumentos tan precisos e contundentes.
Ande Api, delateo, delle cumprida conta a súa vocación de chivato.
Dende hai tempo, Galica Hoxe foi inseríndose no espazo cultural galego cunha credibiidade que o Xornal de Galicia non se atreve nin a imitar.
Hai xente, comezando polo director do "El Correo Gallego" que cavilan no futuro de capitalizar mediaticamente un espacio que por naturaleza non lle corresponde a ningúen, que ninguen se atreve a liderar, e que a eles lles resulta tentador.
Co panorama politico resultante destas eleccións, no que o galeguismo-nacionaismo terá que redefinirse, aumentan as posibilidades.
Ten un pouco de dignidade e non insultes dese modo, que era o que xa che faltaba.
Recoméndoche que non fagas máis o ridículo dupiclándote ou triplicándote, porque polo teu inimitable estilo de escribir (e de cometer faltas) todo o mundo sabe quen es. Antes tomábala comigo, agora xa a emprendes tamén contra o Saavedra e o Marcel. Levas un carreirón.
Podo multiplicarme con toda a tranquilidade porque xa estás ti para unificar.
E tómoa co que se di, opino sobre o que di, e vouno seguir facendo até que me pete.
Chivato é unha observación contrastada ao longo deste blog, non usei o termo con ánimo de insulto.
E ridículo si que o é facer o que practicas ti, descalificar sen argumentos.
Aparte de chivato, es tamén un censurador, un inquisidor, pero vocacional, e moi frustrado.
A todos eses que andan a defender o indefendible do Quintanismo, si que os vou mandas a -50º a terra da que xa saben. E sobre todo a ese Xose Manuel que tanto lle gustan os iates.
Eso, eso, o Saavedra, pra Siberia.
Meu Deus, é quen corrixiría os exámens?. Mellor que non se vaia, miña xoia
Hai unha regra non escrita, de falar con paixón das ideas e do público e respectar aos participantes do faladoiro.
Aquel día algún, latou a clase.
Eu propóñovos o seguinte exercicio. Buscade a algún entendido en fútbol, e mostraille un partido gravado que él non vira, pero eliminando os escasos segundos nos que se marcan os goles. Logo, que faga a crítica de qué equipo xogóu mellor e por qué. O máis seguro é que non se atreva, sin coñecer o resultado. Coñecendo o resultado, todo o mundo razona mil e unha causas.
Outro exercicio. Poñédelle a alguén un disco de algún grupo de aficionados é decirlle que é a nova composición de alguén famoso. A sua opinión será moi favorable. Facede o mesmo coa nova composición de un músico de prestixio e decir que é a vosa propia "maqueta". Atoparalle miles de fallos.
Gustaríame que todas as críticas ao quintanismo, ao parecer tan "obvias", se tuveran feito fai quince días, sen saber os resultados.
Non sei se me explico.
Explicase ben XDC. Xa o fixen cunha maqueta propia, e foi coma vostede pronostica. Noutra ocasión puxenlle unhas pezas dun grupo profesional e os faios que detectaron foron grandes e graves.
A miña crítica ao Quintanismo, non de fai quince dias, senón de anos.
E para aclarar algunha susceptibilidade, matizo que as miñas opinión refirense sempre a outras opinión, sen outra extrapolación desexada.
Bah! Pasando... que é xerundio.
Primeiro de nada: celebro que -por fin!- o Beria me mandase persoalmente para o gulag sen iates nin balalaika. Síntome ben honrado, sen ironía, por entrar dunha vez na confraría dos Saudosos do Astracán.
Segundamente: considerei obrigado dedicarlle un artigo ao perdedor; xa supoñía que -de facérenlle algún caso- non lles gustaría a internos preteridos e vengadores (Arume falou, falado quedou) nin a seguidores de tendencias nacionalistas con ata agora contrastrada incapacidade política, na fronteira da inanición.Aclarado o precedente, paso ás eleccións.
Digo que non dou calibrado o que aconteceu, e así é. Con todo, calquera pode advertir que os partidos gobernantes fracasaron en dúas cousas: conseguir moitos apoios electorais novos (procedentes do PP) e conservar os que xa tiveran no 2005. O primeiro afecta a ambos grupos (se cadra, na percepción xeral máis ao PSOE); o segundo, sobre todo ao BNG.
É notorio que se cometeron erros, e dalgún deles todos probablemente tivemos sensación ao longo da lexislatura; seguramente o máis serio foi non entrar con enerxía a socavar o substrato de estruturas e prácticas do PP: foi perdoarlle a vida ao lobo. Ora ben, eu non contaba con que non se lle dese á coalición o beneficio dos oito anos de prazo; porque, poñer, puxéronse en marcha novas políticas e houbo -cando menos parcialmente- novos modos. Hai quen di que esquerda é crítica, e bo resulta que iso sexa así; lástima, así e todo, que non se entenda suficientemente que sen goberno dificilmente se poden realizar transformacións efectivas. E que unha única lexislatura non é proba de mudanza. Opino.
Xa foi. Falemos do Bloque. Leo con interese varias interesantes análises e non quedo ben conforme con ningunha. Desde o meu punto de vista, o problema é a implantación ou falta dela; con todo o que supón de precedente e consecuencia. Sería necesidade perentoria reestablecer complicidade e lazos co que tan atinadamente (Calidonia?) se denominou o BNG sociedade; e incorporar todo canto fose posible desa enormemente nutricia periferia ao BNG partido. Básico para poder tecer redes, establecer vencellos e non dar esa lamentable permanente situación de illamento social que unha grande maioría de cidadáns non considera seriamente como opción para apoiar xa.
Xaora, iso supoñería máis apertura pero tamén menos asemblearismo. Un perfil máis partidario aínda que se lle chame fronte, e un sistema tan fluído e participativo como necesariamente representativo e delegado.
Desde logo, todo funcionaría moito mellor cun líder perfecto como dirixente e candidato electoral. É certo tamén que iso podería levar -xa levou- a botar anos abraiados co bo líder que temos e deixar de lado o que pase coa organización; se se conseguen votos pola persoa, ¿para que me hei matar en difundir a idea?
Sempre pensei que Anxo Quintana -coas súas limitacións e diferenza con respecto ao portavoz anterior- era un candidato consistente e capaz de establecer comunicación fluída cos cidadáns; un líder interno consistente que sabía exercer a autoridade delegada e dobrar cando pensaba que debía; e, sobre todo, consciente da necesidade de asentar socialmente o nacionalismo e ampliar a implantación do BNG no sentido antes indicado.
Cometeu erros notables, e un dos que cabe sinalar é a xestión do asunto Beiras; calculou mal canto á recepción das políticas gobernativas. Pero subir a un veleiro para falar cun empresario galego que anda pensando na adquisición de FENOSA, non é non sexa equivocación, e que é obriga; como é obriga visitar o Clube Financeiro de Vigo, os círculos de Marineda e palestras de Madrid. Ata aí chego eu, con respecto a quen disinta.
Que vai pasar agora? Xa veremos, só podo asegurar que a min nada me preguntaron; e non é broma, porque se cadra debían preguntar no fóra inmediato que é o que nos parece do que pasa dentro. Veo un Beiras con algunhas palabras boas e acenos malos. O Rodríguez de sempre: lealdade, fundamentos, pero só o que fan os seus resulta indiscutible. Nogueira, particularmente (e recoñezo, sorpendentemente) lúcido e obxectivo. Quintana, seica sae mañá. Pois xa veremos.
Comentarios de parte: Da Cova, chapeau polo das 12:16 e o das 12:26. Arume, concreto e completo o que xa dixera hai tempo: nin Xornal é nacionalista, nin o seu director e principal accionista son do BNG; tampouco quintanistas, aínda que eventualmente uns e outros xogasen certas cartas.
Poderemos seguir falando. Haxa boa noite.
De verdá, tovarich González, que eu non o enviei pra Siberia, cando menos de momento. Foille un burdo impostor: parece mentira que vosté non se decatase diso. E a ese impostor non o penso mandar a un gulag de Siberia a -40ºC, ca!, non ten categoría pra tanto. A el mándoo, sen máis, á t.p.c.
Verifico con vergoña a evidente e torpe impostura. Volvo para Lugo e a balalaica, de momento.
Vaia: xente que fala clariño. Unhas reflexións que atopei na web do "Encontro Irmandinho" do BNG:
Unha burocracia mediocre na que a recruta e promoción cumpre á perfección o Principio de Peter, dilapidou en poucos anos o creto político e a organización construída por milleiros de galegas e galegos, sen que fósemos quen de impedilo.
Galiza está no 2009 e enfrontándose a unha crise que non sabemos ate onde nos pode levar, pero ao BNG xa o levaron para tras do 1.993. No Goberno da Xunta e coa organización xa completamente “modernizada”, vimos de recontar 267.248 votos, o 16,57%. No 1.993 tiñamos 269.233 que representaban o 18,55%.
(...)
A resposta das bases é moi esperanzadora. O “aparato” xa sabe que a próxima asemblea terá que ser por delegados ou non será. A refundación non pode saír dun cambalache por arriba porque a militancia xa tomou a decisión de recuperar o protagonismo.
E non imos caer en trapeladas nin en manobras de distracción que pretendan cambiar algo para que nada cambie. A urxencia é tan perentoria como sinxela:
1º .- Esixencia da dimisión Dirección Executiva como responsábel da estratexia que afastou ao BNG das súas bases. Non é o momento de falar de novo candidato.
2º .- Convocar xa unha Asemblea Nacional Ordinaria sen delegados para redeseñar a política estratéxica do BNG recuperando o proxecto fundacional e o proxecto común no que non sobran nin os excluíntes. Creación dunha Dirección Executiva Provisoria só para cuestións de gobernación ordinaria do BNG e para garantir a neutralidade do “aparato” na preparación da Asemblea.
3º .- Pedir desculpas aos movementos sociais aos que o BNG deu as costas nos últimos anos e abrir unha nova etapa de colaboración.
Nada mal.
Teñen vostedes tamén este texto. Para que vexan o que se pode esperar.
Xabier Pérez Igrexas
CAINISMO NON É DEBATE
É precisamente nos intres difíciles coma este, no que hai que encarar un revés tan maiúsculo como o do resultado electoral do 1 de marzo, onde cada quen demostra a materia da que está feito o seu discurso, e tamén as súas calidades éticas, políticas pero tamén persoais.
O debate no seo do nacionalismo galego é imprescindíbel para unha necesaria reformulación, que tome nota dos erros cometidos e das mensaxes que unha parte da cidadanía quixo trasladarlle, ao negarlle o voto. Este tipo de debates teñen que ser necesariamente amplos, inclusivos, plurais, profundos e incisivos, pero tamén sosegados. Esixen non só moita autocrítica senón elevadas doses de lealdade, de sentido común e da máis elemental responsabilidade.
Algúns pensan que rematada a campaña electoral o pobo deixa de ollar para o BNG, cando o que sucede é precisamente o contrario. Hai moitas esperanzas, arelas e expectativas pendentes de cómo vai superar o nacionalismo galego este fracaso.
Nestes poucos días teñen agromado actitudes que pretendendo disfrazarse de crítica, ou de vieiros de salvación, encarnan o máis noxento oportunismo. O cainismo é un menú variado. A oferta vai dende o infantilismo esquerdista que defende a radicalización gratuíta, até quen pretende aproveitar a conxuntura para teimar nos defectos discursivos que son, cando menos en parte, causa do resultado (personalismo, falta de precisión ideolóxica, desconexión coas clases populares e movementos sociais, etc.) pasando por vellas glorias con vocación mesiánica que desta volta, aproveitan a ferida para un axuste de contas coa historia.
Hai tamén quen dende fóra do proxecto pretende determinar o seu redeseño. Mesmo aqueles cuxas propostas políticas, despois de cumprir vinte anos de existencia, non fixeron, ou non conseguiron facer, nada en favor do país, e aos que o 1M volveu condenar á rotunda marxinalidade.
O ruído deste desfile de gurús, de oficialistas e hipercríticos é atronador, porque casualmente o cainismo sempre obtén respaldo, amplificación e cobertura mediática. Pero iso non é debate. Non o debate que precisa o nacionalismo galego, nin o que precisa de nós o noso pobo.
E mentres, os mesmos poderes fácticos que despregaron toda a súa capacidade destrutiva para mallar no BNG, continúan cun amplo sorriso nos beizos, a súa campaña de deliberado antinacionalismo, agora centrando o ataque sobre a UPG.
Disque o PSOE agora responsabiliza ao BNG do fracaso de “O Presidente”, e do regreso do PP. Iso non causa sorpresa, pois exemplares como Méndez Romeu xa demostraron a súa deslealdade co socio que posibilitou a derrota de Fraga e a investidura de Pérez Touriño, ao longo de toda a lexislatura. Semella que a desconexión do PSOE coa realidade social do país, que os levou a presentar unha campaña insólita e completamente desenfocada -con ataques ao nacionalismo incluídos-, inda non foi corrixida, pois até o máis babeco sabe, que cando menos a curto prazo desbancar ao Partido Popular, esixe a suma de “socialistas” e nacionalistas.
A obsesión con facer do BNG o que non é, ven de vello. Hai quen o quere condenar á marxinalidade do purismo e a ortodoxia ideoloxista, igual que hai quen pretende desdebuxalo, mediante a renuncia estratéxica e ideolóxica, homologándoo ás demáis opcións electorais, optando pola reforma no canto da transformación. Ningún deses extremos representa unha maioría interna nin social.
Porque Galiza precisa máis que nunca que o Bloque Nacionalista Galego sexa iso: B-N-G. Un Bloque que conxugue a solidez dun proxecto cohesionado e maduro, coa pluralidade e diversidade que o enriquece; que aglutine e sume a todos os que arelan un país mellor. Nacionalista, de compromiso insubornábel e incuestionábel co país, que faga dos intereses das clases populares e dos nosos dereitos nacionais como pobo o cerne da súa política. E Galego, en maiúsculas, pois é no orgullo sen matices de sermos o que somos, galegas e galegos, onde está un dos valores fundamentais sobre os que se alicerza o noso proxecto.
Xa que a historia non da pausas nin para coller alento, é un luxo inasumíbel non saber dende que lado da trincheira se combate.
*Hai enlaces en "vellas glorias" a Beiras.
En "vocación mesiánica" a Nogueira.
En "aqueles" (cuxa proposta política...) á FPG.
O Principio de Peter, según a Wikipedia Eghpañola:
El primero en hacer referencia a este concepto fue José Ortega y Gasset en la década de 1910 posiblemente influenciado por sus visitas a Argentina [cita requerida]. Quedó en forma del siguiente aforismo: "Todos los empleados públicos deberían descender a su grado inmediato inferior, porque han sido ascendidos hasta volverse incompetentes".
Dise (e penso que ben-dito está) que o mellor que se pode facer cando hai un problema non é centrarse só no problema senón solucionalo. Aí estou de acordo co sr Xabier Pérez Igrexas.
Pero...
- toda burrocracia tende a perpetrarse, cos mesmos ou diferentes caretos. Fan falla novas ideas no BNG.
- se non é pola roda de prensa do Encontro Irmandinho, os xerifaltes farían apisonadora na próxima Asemblea. Agora hai xa rumores de que "haberá asemblea para abril ou maio e ademáis sen delegados, ou baixo a fórmula 1 militante 1 delegado."
[Tirado de:
http://xgaliza.blogspot.com/2009/03/roque.html]
Eis unhas pérolas sobre a inopia na que viven/vivían algúns. Tíroas do blog anteriormente citado pero póñoas en contexto. A de Carlos Callón é para enmarcar.
La Voz de Galicia "traballou e está a traballar por Galiza, que fai país sendo voz da súa sociedade." (Anxo Quintana: 24 de novembro de 2007)
[http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?canal=0&id=25&lista=1¬icia=1644]
"A base social nacionalista é máis permeábel á intoxicación informativa." (Carlos Callón)
[http://blogs.lavanguardia.es/carta-de-galicia/2009/03/08/el-la-la-la-vuelve-a-a-coruna/]
"Pode parecer revolucionario, pero non imos facer nada extraordinario." (Aymerich)
23.01.2009
[http://www.anosaterra.org/nova/aymerich-o-psoe-ofrecia-amanar-o-concurso-eolico-.html]
Xornalista: No caso de facerse coa Secretaría Xeral (de Política Lingüística), que políticas lanzarían?
Aymerich: Pode parecer revolucionario, pero non imos facer nada extraordinario. Imos aplicar a lei. Respectando os dereitos de todos, aquí non se trata de impoñer nada, trátase de poñer o galego onde non está.
Outras fabas a cocer.
De acordo con ese manifesto, o que eles buscan é:
"Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior."
Poderían os do PSdG-PSOE explicar en qué se fundamenta esa imposición que seica non debería existir? E se existe, como é que a toleraron durante estes catro anos?
Pura demagoxia. Polo que están é por unha Galicia troglodita, acéfala, alienada, paspana. Pode que así lles sexa mellor gobernala.
Polo que dá a ler, Pérez Igrexas parece representar unha mocidade que, aparentemente en sintonía co discurso UPG, ten sen confrontar o seu grao de incidencia social.
O discurso das fabas é sustentado por mocidade xa actuante no ámbito máis público e social da política; cun importante grao de respaldo electoral no tocante ás súas persoas. Sen que no Bloque falten figuras equivalentes en proxección, parece que global e mediaticamente o PSOE pilla vantaxe.
Un detalle: o de 'Galicia políglota' aparenta un subterfuxio. Eu son un convencido de que se pode acadar competencia políglota para a grande maioría dos cidadáns, empezando por tres (galego, castelán e portugués); e de que a proposta política galeguista debe asumilo como trazo de identidade moderna. Pero outra cousa son os termos-coartada en favor da 'igualdade' disímil que pretende acabar co conceto normalización.
Outro detalle: o alcalde de Noia acaba de romper o pacto co BNG. Talvez queira dicir algo con máis alcance có local.
Moito teñen (aínda) que aprender algúns socialistas "de Galicia" doutros socialistas:
La Vanguardia (hoxe):
"Montilla advierte de que habrá más "desafección" catalana con España según vaya la financiación
Matiza que su "notable" a Zapatero es por su gestión global en España y que gobernando Rajoy difícilmente habría financiación.
Xornalista "dequeísta", por outra banda.
Na escenificación política un pouco de desafección nunca vén mal. Despois os rencontros son moito máis satisfactorios. Levamos tanto tempo con este tipo de noticias, de forma cíclica, que forman parte do panorama habitual da política.
Non o puido contar antes?.
O artigo do tal Pérez máis ben semella do coro de palmeiros dunha determinada opción dentro do BNG. Penso que este tipo de actitudes están xa demais, deveñen inanes de tanto se repetir ao longo dos anos co conseguinte resultado.
A Touriño, amigo Saavedra, perdeuno, entre outras cousas, a soberbia. Pretendía que, sendo Presidente da Xunta, xa estaba unxido dun aura que o situaba alén do ben e do mal. Trabucado que estaba, xaora.
Publicar un comentario