O DÍA DESPOIS
pOIS acertaron (acertamos) os que dicían que viña o lobo. Que podía volver a caverna, escribiu alguén…
Máis abaixo xa deron vostedes algunhas opinións sobre a derrota do bipartito. Tamén me parecen atinadas as de A. Baamonde e as de Suso de Toro.
Por desgraza, tamén pode ter razón Brétemas cando certifica a derrota da esquerda para toda unha xeración …
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
83 comentarios:
COLLO PRESTADA, de Brétemas, estas reflexións, moi oportunas:
Comment from arume dos piñeiros
Date: 2 marzo 2009, 8:26 pm
Só unha pequena precisión, da que por outra parte non estou completamente seguro: o modelo de bigoberno nos concellos precedeu ao inventado para a Xunta de Galicia. Permítome indicar que a primeira mostra de tal bigoberno deuse, no tocante a Vigo, co bipartito de Castrillo: os cartos que manexaba Carlos Príncipe eran administrados de forma independiente. A capitalización desa experiencia por parte dos socialistas, gañadores das seguinte votacións nas cidades galegas, moveu a unha maior diferenciación de planos de actuación, co fin de visibilizar (ese era o palabro) o labor de goberno de cada partido. Desa necesidade parte un dos erros maiúsculos dos últimos anos que a piques estivo de costar a alcaldía viguesa no 2007 e que, de seguiren así as cousas, traerá como consecuencia en 2011 a restitución de dona Corina Porro no trono de Praza do Rei ou onde as veleidades dos nosos gobernantes queiran ubicar a nova sé municipal.
Comment from bretemas
Date: 2 marzo 2009, 8:45 pm
Tes razón, Arume. O modelo bipolar naceu co Castrillo e Príncipe. No entanto, creo que como modelo para a xestión dos concellos foi xeralizado a partir do bipartito. Estaban, mesmo, asiganadas idénticas áreas municipais ca as responsabilidades autonómicas: cultura e servizos sociais ao BNG, etc. Agardo equivocarme, o de onte anuncia a maioría absoluta de Corina no concello. Podería evitarse, sempre que socialistas e nacionalistas tomen boa nota do que expresan os resultados. Hoxe non podo ser tan optimista como eu adoito.
ANXO QUINTANA HOXE CON JULIA OTERO
http://www.ondacero.es/OndaCero/play/G_4998146-4997726/4997623/0
Eu non creo nin no lobo nin nas cavernas. Hai que normalizar a vida democrática e pensar que os que gañan as eleccións non supoñen un desastre para o país. Non nos gustarán nin o máis mínimo, pero non deben ser considerados como o abismo dos abismos.
Hai que estar alertas, moi alertas, iso si. E que o goberno se consigue por ter ideas e sabelas transmitir con enerxía, unha pinga de entusiasmo e unha certa consistencia discursiva. Pero non por atemorizar ao persoal coa apocalipse.
No lobo non creo nin eu,usanno pra ter calado ao rebaño pero unha vez superada a infancia iso xa se debía saber.
Non sei se vén a caverna, pero si o 3 de marzo de todos os anos, amigo don Marcos: felicidades e japiverzdeitullú.
Cambiou tanto a cousa con estes que agora marchan para que falemos de caverna?
Uxe cheghei ao traballo e alí había algún dicindo:
"Sinto vergonza de ser galego". "Este país de merda", etc.
E non hai nada diso. Eu só vin un relevo de goberno nunha circunstancia en que o pobo desconfiou dun goberno esgazado que nin en como se chamaba o país se puña de acordo.
Sigamos buscando a palla no alleo en vez da trabe no propio. Así lles vai.
O mundo é outra cousa.
Interesante ver como en Ourense cidade pasou o BNG do 21 ao 14, por debaixo incluso da media de Galicia toda.
A hipervisibilidade das Tenencias por Galicia adiante non dá puto voto. Á xente non lle cómpre letreiros, coñecese.
Se cadra Alex tamén debía pensar...
Estou esencialmente de acordo coa lúcida análise que efectúa Antón Baamonde.
A mesma, en todo caso, non esgota a miríada de elementos a considerar e que coadxuvaron ao estrepitoso fracaso das forzas do bipartido. Poño na mesa tan só un deses elementos: a -coas debidas excepcións- escasa calidade, no plano político e de xestión, dos cargos intermedios do BNG e do PSdeG-PSOE: delegados provinciais, concelleiros, alcaldes e tenentes de alcaldes das principiais cidades, etc. Seguro que todos vostedes teñen unha casuística de abondo longa como para ilustrar esta apreciación.
Pero moitas máis, moitas máis cousas habería que ter en conta.
O que si está claro é que se reinicia un novo ciclo de goberno do PP que se prevee longo. Os socialistas e os nacionalistas teñen ante si unha longa travesía do deserto. Cando menos de doce anos.
Equivocáronse os que utilizaron a metáfora do lobo pra levarnos a votar. Hoxe en día para atopar votos fan falla, dende os partidos do goberno, feitos, unha identidade política clara e un partido ben cohexionado.
Os feitos resultaron ser confusos: unha lei de dependencia do que moito se oiu falar pero da que moi poucos sacaron proveito, un concurso eólico moi proveitoso para Galiza pero de dudosa legalidade, unha modernización do rural que obriga os gandeiros e agricultores a endebedarse para logo verse máis negros co leite que consumimos pra pagar letras mes a mes,...
A falla de identidade no BNG é total, ata tal punto que o Sr. Quintana chegou a pedir o voto "a todos": os de centro, os de dereita, os de esquerda, os falegofalantes, os castelánfalantes, os ricos, os menos ricos, os pobres, os traballadores, os parados, os empresarios,... Finalmente, todos pasaron del.
Da cohexión interna do partido pra que falar. O binomido "upegás" e "quinigás" coparon as listas das catro provincias deixando sen posibilidades de acadar postos de representación a ningún membro doutras formacións e correntes internas. Os moventos sociais (cívicos, obreiros, ecoloxistas, labregos, culturais,...), auténtica base do nacionalismo galego, foron ignorados durante o tempo que durou a lexislatura; movementos que, por certo, foron os verdadeiros artífices do cambio hai preto de catro anos. Eles os puxeron no poder e les os sacaron.
Algúns isto víamolo vir, e non o dicimos agora, trala caida, dixémolo antes, incluso o escribimos... pero ninguen nos escoitou. Quen sabe, tal vez si nos prestasen un chisco de atención farían as cousas doutro xeito e agora estaríamos falando doutra cousa.
Para rematar dicir que Quintana debe dimitir XA!, tal e como prometera durante a campaña si non cumpría coas espectativas.
PD: Nestas eleccións non só perdemos un deputado -e miles de votos- senón un senador para as vindeiras eleccións xerais, deixándonos, cando se celebren sen representación no Senado por designación autonómica.
Estou basicamente de acordo con Apicultor. Mais non tanto en dúas cousas. De acordo, os cadros do bipartito non eran grande cousa. Pero: é que os do PP eran mellores? Xa non nos lembramos de Portomeñe, Pérez Varela e compaña? O problema é que o elector progresista é esixente e purista. Ao da dereita tanto lle tén que o número 1 sexa un chourizo. Tampouco non o estou no da inevitabilidade do ciclo longo. Son dous escanos os que arredan o PP do inferno. Non necesariamente van voltar as maiorías esmagadoras de Fraga. Se cadra, ímonos convertendo nun país máis normal, onde se os que gobernan non satisfacen as expectativas son relevados e ponto.
Eu, porén, témome outra cousa. O PP que vén ten detrás os cavernícolas españois da COPE e demais, unha inconfesa pero certa inimiga contra o galego e un anceio claro de re-nacionalización española, amais dun programa neoliberal alimentado por economistas brillantes coma Pedro Arias e un discurso político alentado por resentidos exprogres como Vilas Nogueira. Veñen ademais upados por medios de comunicación poderosos que quixeron amosar o seu músculo a quen ousen desafialos -grave erro o de Quintana ubicando o Xornal de Galicia na Coruña. E con gana de enfraquecer o Estado como grande receita para combater a crise.
Non tocan o trombón nin levan mil gaiteiros, son modosiños e repeiteados. Mais son moito peores que Fraga, Baltar e Cacharro. Pode acontecer que ANF atine en nomear conselleiros dun perfil pouco radical e conciliador. Mais: deixaráno?
En todo caso, isto é democracia e os votos pertencen a quen os leva. E o PP recupera a Xunta, pero ten que cohabitar con dúas deputacións doutra cór, concellos de todas as cidades doutra cór, moitos concellos rurais doutra cór... e facer "boa figura" para tentar avalar a súa reconquista da Moncloa.
Existen tamén os "cavernícolas de esquerdas", que insisten en transmitir á cidadanía unha obsoleta imaxe da "derechona" que repugna. Viven nunha Inopia de medos e pantasmas mesmo patolóxicos.
Todo pasa e todo queda
Eu tamén hei de pasar
pasar facendo un camiño
unha arada polo mar
E non teño máis camiño
que o que fago ao camiñar
Paso a paso golpe a golpe
Non mancarse é importante
E non quero ser remolque
de quen anduvo dediante
Medo a nada, nin á morte
Porco mondo, vita bella
Carpe diem, Carpe notte
e non quero nin esquela.
(Recetóume o médico rimar en aiunas).
Todo pasa e todo queda
Eu tamén hei de pasar
pasar facendo un camiño
unha arada polo mar
E non teño máis camiño
que o que fago ao camiñar
Paso a paso golpe a golpe
Non mancarse é importante
E non quero ser remolque
de quen anduvo dediante
Medo a nada, nin á morte
Porco mondo, vita bella
Carpe diem, Carpe notte
e non quero nin esquela.
(Recetóume o médico rimar en aiunas).
O PP pode ter detrás a dereita copista e mundana (el correo gallego segue a venderse con tal xornal), pero un partido con 750000 votos non pode ser alcumado sempre como cavernícola, a risco claro de confundilo todo.
Os votos do PP proceden de distintas clases sociais e intereses diversos. Supoño que historiadores que visitan esta páxina estarán dispostos a explicar a composición económica e social deste país e se cadra entender dunha vez por todas por que a xente en xeral prefire sempre un partido cun chan electoral impresionante, non menor ao 44%. As campañas mediáticas poden ter a súa importancia, sen dúbida, pero sobrevaloramos o empuxe que poden ter nun país coma este que ven repetindo máis ou menos as mesmas proporcións de votos, sobre todo no que atingue ao PP.
Sobre a cohabitación, vai ser doadísima: a impresión que eu teño é que os concellos progresistas, como non cambien, teñen os días contados.
O lobo son eu, e os que me coñecen de cerca saben ben que non son tan malo.
íamos xdc e eu pola rúa hai catro días e cruzámonos con unha vella coñecida do Psoe, desas orgánicas, con carguiño e traballo na administración. Anécdota antropolóxica. Saudámonos e revólvese para preguntar: "sabes con quen vas"?. Eu retruqueille: "coñécelo"?. Sendo dacova un home polifacético podería telo coñecido de calquera das súas actividades. Pois non, o máis sospeitoso é que dacova, no decir dela, perteñecía a un partido. "Cal"?, pregunto-lle alucinado.
-"Democracia ourensana".
Eu nin o sabía. Era o que máis lle preocupaba. Sei que desde entón son sospeitoso.
O psoe está carcomido por a miseria, o sectarismo ( só hai media vida orgánica, a xusta), non hai líderes sociais son apenas líderes orgánicos, non hai actividade social o xusto encontro de administración con organizacións cidadáns, non temos un só empresario alén do Argimiro a punto de xubilarse. E tocáralles a lotería hai catro anos simplemente estando ehí. E así non pode ser. Pode sonar a flauta de casualidade pero sen crear armonía.
Eu son solidario co sufrimento alleo, e Touriño dame moita lástima. O quin ten coiro de paquidermo, non creo que o penetren as balas.
Eu tamén concordo con Isildur fronte a Apicultor que o goberno este non ten porque durar 12 anos.
E eu dudo que os gobernos municipais se vaian ó garete. Ó mellor esto sirve de acicate, e se se corrixe un mínimo reforzámonos. Somos de educación cristiana, non hai volta de folla, e o complexo de culpa pode facer milagros.
A política non é matemática e está suxeta a factores aleatorios e externos. A guerra de Irak precipitou a fin de Aznar e do pp. Habería que ponderar a influenza do Prestige nos resultados do 95. Quen lle ía dar ó bi-partito só catro anos, hai catro anos?. Non falábamos todos de oito?. Ven a crise económica brutal e pillou as nosas organizacións indefensas. Hai unha hipótese sobre cancro que podería ser aplicada ó último que acabo de decir, buscareina.
Feijóo é unha máquina, eu nunca lle vín perfil para desempeñar un papel político. O fodido é todo o entramado que o sustenta, vai querer facer caixa, (o entramado). Quero ver que succede con Valeriano M., brillantísimo compañeiro, entraran el e Feijóo ambos de contratadiños da xunta de Albor, e pouco a pouco escalaron a directores xerais e aghora veremos. O Feijóo é suficientemente brillante como xestor, e se se cometen erros xa empezo a pensar que a maquinaria non da para máis, sexa quen sexa quen a pilote. A administración non pode resolver todo.
Certo, o que queira facer algo pode acadar refuxio no eido civil. Ou empresarial.
E menos lerias.
"Viva rusia, anque perda"!.
Mecajonodemo!.
Coidado co concepto de modernidade. Pode ser utilizado como argumento nunha campaña pero non é un concepto que case ben coa política.
Sarkozy é moderno?
e Angela Merkel?
e Berlusconi coa súa bandana?
Moitos dos motivos polos que perdeu o bipartito xa se teñen citado pero un moi importante (para min) e a falla de sensibilidade e a distancia ( eu aínda non me esquecín do plus dos altos cargos) e un xeito de xestión funcionarial.
Non se soupo vender a idea de que unha coalición de goberno pode funcionar perfectamente.Como ocurre en case toda Europa ( véxase Alemaña)e que agora o propio PP está propoñendo para Euskadi.
Se, como parece, o PSOE está explicando o fracaso pola súa coalición co BNG e no "grosero" comportamento deste no bipartito, esta xa poñendo as bases da futura derrota.(Pepe Blanco tén que defender a súa xestión, naturalmente).
Fuxiuse do debate e da explicación en temas fundamentais.
Tamén me perece inxenuo vir agora con que o PP non ten porqué representar unha política caciquil. Eso é máis que evidente e é un dos factores que determinaron a sua victoria: o seu aparello electoral funcionou perfectamente (os que estiveran en mesas de vilas pequenas e aldeas coñecerano con detalle.A súa estructura está moi introducida no tecido social e, aínda en condicións desfavorables soubérona manter ( moito mérito tén Louzán na provincia de Pontevedra).
Tamén o papel dos medios de comunicación foi determinante. Fixeron unha longa laboura de desgaste sistemático. Chegaron a extremos aos que nunca antes tiñan chegado: todas as consignas e argumentos básicos que utilizou o PP sairon da prensa e por esa vía chegaron a opinión pública.
Leo, leo con interese as diversas análises e interpretacións que se están facendo aquí e fóra de aquí. E quedo unha miguiña perplexo. Non sei que boto de menos. ¿Epistemoloxía ou máis ben propedéutica? ¿Ou as dúas cousas?
Pregúntome, a min mesmo e a vostedes, se no seu momento se fíxo unha reflexión seria e demorada das causas que "consentiron" a chegada ó poder do bipartito. Primeiro iso, as causas. Logo, por que se mantivo unha unión antinatura, a todas luces antinatura, que estaba lastrando notoriamente, palmariamente -non me vou parar en comprobar se esa palabra entra no caixón da normativa- tanto a un coma a outro socio do goberno. Despois -alguén falou aquí dos cadros medios e intermedios- a falta de "recursos humanos" nalgúns casos penosa, penosísima, mesmo escandalosa. Eu vivín en directo a busca dun candidato a unha xefatura de servicio que non aparecía por ningures e que ó final foi parar -a xefatura- a un home con cané do PP. (A Delegación era do Bloque)
Eu supoño que cando se chegou ó acordo de formar o bipartito, despois dalgunhas deliberacións, redactaríase e asinaríase un compromiso de acción de goberno con mínimos e máximos. Dubido moito que o PSOE aceptase nese documento certas pretensións e actitudes que logo o Bloque plantexou e intentou implantar na súa Galiza. (Unha Galiza probablemente irreal, tan irreal coma as grazas esas do carallo) E se o socio se lle desmandou, e se o socio resultou irreductible e irreconducible ó rego, ¿non sería o xusto, o honrado disolver o Parlamento e convocar novas eleccións? Claro, xa sei, eu non penso como un político.
Polo que eu sei, os pactos nalgúns concellos sinxelamente non existen. Están xuntos e revoltos. Os do Bloque tiran por un lado e os do PSOE por outro, cando non ocorre, como en Lugo ou Begonte, por exemplo, onde o Bloque nin sequera forma parte do pacto e dedícase a tocar o carallo cando lle peta. Semella que o que importaba era unicamente desplazar ó PP. O obxectivo era desplazar ó PP máis que sacar adiante un proxecto de goberno. No caso de moitos concellos está sendo así e no caso da Xunta fenecida foi ostensible e insoportablemente así.
Ignorar o substrato sociolóxico que o PP ten en Galicia resulta, sinxelamente, suicida. E eu creo que os socios do bipartito, talvez aqueixados dun ataque súbito de autismo político, suicidáronse.
Podía continuar dicindo cousas, pero non paga a pena. A caverna non volve, meus amigos. A carverna nunca se foi. Cómpre non esquecer que moitos comentaristas e xornalistas audiovisuais chaman FURNA á URNA. Se os galegos votan na FURNA como escoitei eu dicir a algúns, ¿por que imos sorprendernos con cavernas?
O caso de Berlusconi tennos desconcertados a todos os demócratas. Hai maneiras de explicalo ou de entendelo, pero custa, custa moito. Pero Feijóo non é Berlusconi, e, penso, que non podemos chamar, así sen máis, cavernícolas a 750.000 -¿esa é a cifra, non si?- veciños nosos que o votaron.
Convén recordar, aínda que haxa que facer algunhas figuras para o encaixe, que a Viaxe ó país dos ananos facíase polo exterior e non polo interior desta Galicia nosa sobre a que tan malos adxectivos caen a cotío.
Eu son galego e de esquerdas, sen militancia ou adscripción partidaria. ¿Onde teño que poñerme?
Espero que haxa que dramatizar e que isto sexa unha volta a empezar coa lección aprendida.
José Luis Gómez
Director
2009-03-03 03:17:30
Emilio ya se nos había ido...
En la penúltima conversación que sostuvimos -un tanto tensa para ser entre dos viejos conocidos y tener como testigos a personas tan agradables como Manolo Ameijeiras y Javier Losada- le dije a Emilio Pérez Touriño, al hilo de sus negativas actuaciones sobre Xornal de Galicia, algo así como lo siguiente:
- Emilio, yo ya te hablaba cordialmente cuando no eras nada, sigo haciéndolo ahora que estás en la gloria y lo seguiré haciendo cuando no seas nadie. Otros, que ahora te dan instrucciones, ni siquiera te recibían cuando no eras nadie, y seguramente volverán a hacer lo mismo cuando no seas nada.
Él apeló a su dignidad como Presidente y yo le expresé mi respeto por la dignidad de quien cobra de mis impuestos, pero sobre todo quise dejar en buena consideración su dignidad como persona. Hoy le reitero mi cordialidad de siempre y para siempre.
Y lo hago a pesar de que cuando salió este diario no quiso concedernos una entrevista, que volvió a negarnos en esta campaña electoral. Él, precisamente él, a quien ya en el año 2004 le expliqué en un reservado de Santiago que Xornal de Galicia nacería para ser un periódico progresista y plural, incluyendo en ese pluralismo al nacionalismo gallego. También lo hago a pesar de que fue el único candidato que declinó participar en un Café de Redacción de Xornal de Galicia, foro donde estuvieron nueve políticos socialistas, ocho nacionalistas y siete populares, junto a otras personalidades de la vida cultural, empresarial y sindical de toda Galicia. Él, precisamente él, que en otros momentos había venido a pedirme "apoyo mediático" -¿se dice así?- como emergente líder socialista. Lo hago incluso a pesar de que dio orden a todas sus consellerías de que vetasen a Xornal de Galicia. Y también lo hago a pesar de otros muchos agravios que nos ha hecho sufrir a la modesta familia de Xornal de Galicia.
Lo hago, en definitiva, porque le di mi palabra de hacerlo y porque las personas deben estar por encima de muchas otras cosas, por importantes que parezcan.
Alguno, a estas alturas, seguirá escarallándose de risa sabiendo que el candidato del PSOE hizo de tonto útil; dicho, claro está, en sentido figurado. Porque así es como puede calificarse a quien se deja utilizar por un medio de derechas en contra de sus propios intereses y los de su socio de gobierno, para mayor gloria de su adversario político, sabiendo que éste cuenta con el pleno apoyo de quien lo manejaba. Él, precisamente él, que una noche me había invitado a cenar en el Vilas viejo para contarme lo incomprendido que se sentía en Galicia siendo como era un alto cargo de Obras Públicas...
Por eso no deja de ser una buena noticia que vuelva Emilio, aunque se nos vaya el Presidente. Porque siempre es mejor quedarse con el buen recuerdo de las personas. Con dignidad.
Querido amigo MS: que lle ve a este digamos non sei?
JAJAJAJ
Tés razón, Lobo. A anécdota foi ben simpática.
O curioso é que eu colaboréi con esa persoa fai ans anos, nunhas actividades concretas. Cando pasaba frente a ela e non me devolvía o saúdo, imaxinaba que non me recoñecía, pero por o que se ve a causa era outra.
É un caso aislado. O habitual é xusto o contrario, a cordialidade e a amizade.
Arume: Un axuste de contas. Agora que non es ninguén, cáeche unha vareada.
Isto, queridos solaineiros, é o que vén:
Galicia Hoxe
A Xunta popular derrogará o decreto do galego e reformulará as galescolas.
Garantir a liberdade lingüística e minimizar os efectos da crise económica serán as dúas prioridades do novo Goberno. Feijóo aposta por un “bilingüismo integrador”...
ven o lobo...a caverna....ou sexa: case 800.000 galegos son cavernícolas... vaites, vaites
VIEIROS
Camilo Nogueira
Dura aprendizaxe
A vitoria do PP e a derrota do PSOE e do BNG nas eleicións deste 1 de marzo foron tan curtas en termos de voto popular (47,1% contra 46,5%) como grandes en significación política e estratéxica. Nos resultados puderon influir circunstancias externas como a crise económica e o tratamento dado á mesma polo Governo do Estado español ou as posicións belixerantes de medios de comunicación galegos e estatais. Mais creo que a causa última estivo na ausencia dun proxecto nacional mobilizador ou, sí se quer, na carencia dunha idea orientadora da acción común.
O traballo do Governo galego nen sequer incorporou obxectivos ambiciosos praticábeis no campo de posibilidades do actual Estatuto de Autonomía e do Orzamento disponíbel, tais como un decidido apoio ás familias para a superación da crise demográfica; a reforma da organización territorial, nunca empreendida; a recuperación e preservación da singular natureza do país; o reforzamento da presenza internacional da industria e das demais actividades produtivas; a potenciación do sistema educativo e da sanidade pública; a definición inequívoca dun aeroporto central e internacional; a normalización do uso da língua galega como lingua nacional e intercontinental ou o desenvolvimento da consciencia de Galiza como un país capaz de estar presente por sí mesmo no exterior, varrendo a ideoloxía da dependencia necesaria a respeito de Madrid…). O Governo debeu fuxir como do lume de que o reparto de consellarías entre as dúas organizacións dese lugar a unha irresponsábel despreocupación polas decisións tomadas polo outro compoñente do Executivo ou derivase na manifestación de desacordos recíprocos en materias sensíbeis e de grande repercusión pública, como ocorreu inclusivamente na proximidade do período eleitoral. Poden estar aí claves suficientes para explicar a derrota.
Dito isto, e xa no campo do nacionalismo, non se pode ignorar que os cativos resultados do BNG nestas eleicións constituiron a consecuencia última de decisións internas tomadas a partir de 2001, cando malia descender lixeiramente en voto popular, conservara a condición de segunda forza política conquistada en 1997. En 2001 acabara un ciclo eleitoral e social expansivo baseado na oposición aos Governos conservadores que dominaran as instituicións autonómicas desde 1981, coa paréntese de 1987-1989. Estaba aos ollos de todos a fonda mudanza que se producira en Galiza, no Estado español, na Unión Europea e na situación internacional. A sociedade galega pasara de agraria e rural a industrial e urbana. Todo obrigaba a unha reflexión renovadora para o nacionalismo galego conservar as posicións logradas e medrar. Unha parte do BNG así o defendeu.
Porén, as decisións tomadas discorreron por outros vieiros. Descualificaron ao Grupo Parlamentar cando comezaba o seu traballo e desvirtuaron o carácter e a imaxe do BNG, desembocando nunha sistemática caida eleitoral e nun certo isolamento social. A baixada, especialmente forte nos comicios autonómicos de 2005, non foi superada por unha participación no Governo autónomo que, posibilitada pola subida do PSOE, quixo apresentarse como a demonstración de que o nacionalismo galego vivía o mellor momento da súa historia.
Depois da dura aprendizaxe destes anos, o BNG debería facer o que ignorou en 2001: recuperar un propósito político ambicioso, democrático e de esquerdas para a maioria da sociedade, lonxe de tentacións acomodaticias ou intransixentes, vendo a Galiza como unha nación no mundo. Abrirse á sociedade galega, a tantos nacionalistas, máis que nunca, que non están no Bloque, deixando de constituir un espazo choido. Nese camiño non se deben pretender vitorias internas mecánicas, que reproducirían as causas do fracaso. Non debería ser preciso lembrar que se o PP e o PSOE son os partidos do Estado, tendo asegurada a súa reprodución, o BNG pertence ainda a unha nación sen Estado, dependendo o seu futuro dos militantes e da sociedade galega.
Agora a reflexión necesaria ten que integrar a todos.
A sorpresa para min foi a baixada do PSdeG-PSOE. A verdade non a agardaba. Escoitei explicacións múltiples e contradictorias entre si.
Agardaba a baixada do BNG, por un calculo creo que con certa dose de obxectividade, e tamén é certo que a desexaba. Anceiaba un escache do Quintanismo e que esto provocase unha reflexión e cambio de dirección no BNG.
O resultado sorprendeume. E a verdade, aledoume.
Con Quintana estabamos desmobilizados e perdendo a batalla, co PP no goberno, ao menos a batalla vaise dar, sabendo iso si, de que o temos bastante mal. Amais polo observado, un lider que toca poder baixando en votos e nas eleccións conseguintes que leva ao seu grupo ao peor resultado en dezaseis anos, debe, paraceme a min, por inmediatamente que por a disposición do seu grupo o cargo, polo contrario observouselle descerebrado, negandose a encaixar o fracaso e aferrandose como un megalómano ao poder.
Rematou todo un discurso do BNG, que terá que albiscar novas formas a partir de agora, o proxecto está en crise, nunha fonda crise, que precisa redefinición e distintas estratexias, nada doado para un grupo que expurgou toda materia gris do seu seo e todo compromiso honesto coa terra, para un partido de rediseñado para aproximarse a un poder que o mimetizou coas outras opcións esfumando os seus sinais de identidade política.
É o momento de que unha nova alternativa se organice:O INDEPENDENTISMO, cunha organización de confluencia, cunha orientación de esquerda e un discuso de soberania nidio, cunha dose de principios realmente compartidos e con capacidade de pragmatizar as estratexias.
É o momento, sen dúbida, mais compre que a xenerosidade se abra camiño no seu seo, e se distinga o importante do accesorio no proceso de organización.
A LOITA CONTIUA!
Señor anónimo que me chama casposo.
Os robots adoitamos a non usar cabeleira polo que dificilmente se me poderá a min atopar caspa. É certo que algunhas series sairon con cabelo, pero acrílico e non coa, e moito menos, por non ser organico produce caspa.
Amais o adxetivo de casposo, usouse nun primeiro momento aplicado a vostede, limitandose a súa eminencia creativa a devolvelo.
Un pouco de orixinalidade, meu!
E tome un pouco de mel, edulcorese un pouquiño a vida.
O que meta o independentismo no seu programa, arrasa nas próximas.
Non Ho! pero con que chegue a ser unha forza con dous ou tres deputados, mostrarase como crucial para o pais.
Se non chega a ser por o extraordinario video do Quintana, a derrota fora maior aínda.
Lobo: lembre que na tarde do pasado sábado, despois de atoparnos coa sua coñecida, fomos á sua casa ,onde eu firméi nun libro de visitas. Lembra o que puxen?. Compróbeo: "28-2-09. Vintecatro horas antes da Catástrofe".
Creo que non hai moita historia para tantas sisudas análises como se están a facer. A chave é a crise económica que fai evidente que a base sociolóxica da Galiza é fondamente conservadora. Calquera governo de esquerdas na Galiza que pretenda perdurar non ten marxe para cometer moitos erros.
Aínda que Pepe Blanco non sexa precisamente un xenio quería adiantar as elección porque sábese que en época de crise os erros, mesmo os inevitables erros de governo, nótanse máis e o eleitorado galego tende a voltarse nestes casos máis conservador (omertà per lavoro, silencio a cambio dun bo padriño).
O governo de Touriño e Quintana acabou por dar unha sensación de trapalleo, sexa de maneira natural ou inducida polo ABC-Voz de Galicia-Cope, Antena 3, etc.... A diferenza é que a base sociolóxica maioritaria galega permitiralle a un governo conservador estes erros a cambio de por orde mentres que a un governo de esquerdas non lle pasará nin o primeiro.
Conservadores foron de carallo ,estes que saen, nas "formas" que tanto noxo nos daban no PP: paparotas, bailes, cochazos acaparando o protagonismo en festas populares...Moitos deberon pensar: "Para esto, xa tiña aos outros".
A columna do director do Xornal, José Luis Gómez non é un tema menor. Indica como hai intereses ocultos e navalladas que normalmente non afloran.
Tamén indica que Touriño e o PSOE galego pensaban que tras o trunfo electoral e a reestructuración do mapa político galego do 2005 os poderes mediáticos e fácticos ían acabar por dar apoio á súa opción, xa que representaba a modernidade, en detrimento de outras en declive (PP) ou radicais e pouco realistas (BNG): Ese "aggiornamento" da prensa non se deu no caso dos xornais máis influintes. Mais ben todo o contrario. Porén seguiron recibindo cantidades de cartos fabulosas a conta do contribuinte disfrazadas de servicios sociais e actuando de xeito prepotente e incendiario (un patético manifesto como o de Santiago Rey, nunca se vira e tardará en volver a verse).
Este é un dos peores pecados de Touriño e a primeira batalla que se ten que dar no futuro parlamento galego co fin de rematar con este aldraxe. Non estaría de máis que a sociedade civil tomase nota e promovese medidas.
Nas páxinas da Voz aínda hai persoaxes como Blanco Valdés que se atreven a falar de ética e xusticia. Esperemos a ver que tratamento tén a partir de agora a Cidade da Cultura
Agora que gañou o PP imos estar que nin Deus. A primeira medida que vai tomar o novo presidente ten dúas partes
a) Vender o cochazo e mercar un utilitario de ocasión.
b) Vender as sillas e mercar unhas de Ikea.
O que non sei é que vai facer cos cartos. Quizabes abrirlles aos nenos e nenas que nazan unha conta de aforro.
Perdóenme a graza, pero non quero poñerme grave. O mesmo que gañaron estas poden perder as que veñen. En democracia todos temos as nosas responsabilidades. Xa que logo, que cadaquén se poña a traballar como o crea máis conveniente.
E unha advertencia: as maiorías non sempre teñen razón. Eu non quero crer que miles de votantes sexan cavernícolas, pero sei que este país non ten moito remedio.
Buscar nas repetidas veces fracasada fórmula independendista a solución aos problemas do BNG paréceme un suicidio político que só amosaría un total descoñecemento do que é hoxe a sociedade galega.
Está claro que a maioría non ten a razón. A razón sólo a ten Deus. Esta sociedade apártase de Deus, e así lle vai.
Qué saberá vostede, Apicultor, do BNG!. O BNG non é un partido,é un Estado Mental!.
Ah, boeno, Enterao2, visto así, ten vostede toda a razón.
Ah, boeno, Enterao2, visto así, ten vostede toda a razón.
David Formoso
A difícil alternativa
Un certeiro diagnóstico das causas da vitoria do PP e da derrota do Bipartito, xunto coa consecuente toma de medidas, é o alicerce sobre o que se fabrica un futuro de amplos horizontes. Acerca dos perdedores nas pasadas eleccións, xa se fixeron a lista de despropósitos que perpetraron contra a máis elemental idea da política, en definitiva, do exercicio do poder. PSdG e BNG chegaron á Xunta no verán do 2005, basicamente con dúas ideas: rexenerar a política pública, formar un goberno eficaz e cohesionado.
Nunca funcionaron como un Goberno e tanto Touriño como Quintana perderon o sentido da realidade, encantados, como estaban, de pisar moqueta mulida e rodeados de palmeiros solícitos, incapaces de acercarlle a lectura axeitada do que na rúa dicían os rumorosos. Por iso se dedicaron a gobernar a golpe de titular de prensa que, en ocasións, inducían eles mesmos, fabricando unha realidade virtual que os narcotizou e unha axenda política que pouco a pouco se lles virou allea e que, forzadamente, tiveron que seguir, esquecéndose das causas que os levaron ao poder. Esta bicefalia perxudicounos. A Pérez Touriño porque foi percibido como un presidente débil, incapaz de exercer o seu cargo en todo o ámbito da administración. Por iso, hai que facer mal as cousas para, con menos votos que o PP e esta eiva de poder, presentarse na campaña electoral como O presidente.
A Quintana (e ao BNG) tampouco lle beneficiou aparecer como un constante usurpador de funcións que non lle eran propias; un presidente bis, cando nin nas leis nin na nosa cultura política existe a diarquía, que tantos dores de cabeza lle deu aos primeiros romanos
Nuñez Feijóo , en troques, fixo todo o contrario. Empezou por lexitimarse cunhas eleccións internas abertas, como no seu día fixera Rodríguez Zapatero. Colleu as rendas do partido, meteu aos baróns e demais rémoras en cintura. Renovou o que considerou oportuno e, sobre todo, asumiu riscos, erros e, cando fixo falta, pediu perdón. É dicir, gobernou. Gobernou unha nave popular en dificultades, sen o amparo do Goberno central e cun poder local propio empequenecido. En definitiva, deu a imaxe de presidente que lle faltou a Touriño. Agora deberá afrontar os perigos que lastraron ao bipartito. Se o consigue hai Feijóo para varias lexislaturas.
Aínda que isto tamén depende dos partidos da oposición. Con Toutiño e Quintana con un gran futuro ás súas costas, PSdG e BNG deben buscar un referente, un discurso, unha ubicación. Non vai ser doado. Sobre todo para os aqueles. Aínda que dispoñen de José Blanco, un político de certeiros diagnósticos, o PP non lle vai poñer a tarefa fácil. Dende o poder, pode xogar un papel de cravo ardendo, de administrador de apoios , ora a nacionalistas, ora a socialistas, fomentando e cultivando as rivalidades, como no seu día fixera Fraga a beneficio das súas maiorías absolutas. E tampouco será doada unha alternativa porque unha reedición do bipartito quedou ferida de morte mentres a memoria estea fresca. A non ser que Núñez Feijóo se sente autocompracido na Domus Aurea de Monte Pío contemplando como arde o mundo coa crise. Pero non parece.
Discrepo de Apicultor: o BNG xa se moderou todo o que se tiña que moderar e máis, e velaí os probres resultados electoriais. Cal é a solución? Aínda máis rexionalismo?
Para o Anónimo de 03, 03:02:00 PM
Discrepto con el cando di que todos os medios de comunicación escritos dispararon contra o PSOE e Touriño. A Voz de Galicia abriu todos os días, polo menos na versión dixital que é a única que eu podo ler, co señor Touriño dicindo que a crise a arreglaba el só, que os parados ían ter axudas económicas, etc, etc. Os tiros ían todos toditos dirixidos contra o BNG. Se vostede le o "manifesto" do sr Rey, comprobará que está na liña do que levan escrito outros gacetilleros dese mesmo xornal: "que gobernen PSOE e PP, sen o BNG".
E a estes do PP, dámoslles cen días, ou empezamos coa caña canto antes?
Quero decir, os que non perteñecemos nin ao BNG nin ao PSOE. Que os que perteñezan, terán choio con "asuntos internos".
Creo que todo isto é un problema de falta de cultura cinematográfica.
Espartaco acabou morto e crucificado ás portas da cidade que quixera conquistar...
A película é QVO VADIS? e non a de Espartaco.
Por outra banda estou de acordo. Se o independentismo se presenta como tal, arrasa. 68/72 ou así.
E aínda pode conseguir os catro que lle faltan se o fai coa sigla UPG e con Paco Rodriguez de cabeza.
Eu creo, MS, que o debate non está en moderación vs. radicalización. En todo caso, a fórmula independentista non ten dado máis de seu que 5.000 votos. Se se queren gañar eses votos a costa de perdelos por outra banda, coido que as contas non sairían ben.
Certo dacova, certinho. Cando vostede puxo:"24 horas antes da catástrofe", a mín entroume tal canguele, pensando nunha morte inesperada, en algo gravísimo que se palpara no ar, que tiven que apuntalar, lembre: "24 horas antes das putas eleccións". Todo se pode comprobar.Non fora ser.
Para legos. Tenho unha casa vella en Auria, cando levo os amigos fágoos asinar nun libro de visitas. O Dacova tivo esa ocurrencia. Cando veñades calesquera de vós, estades convidados, comprobarédelo.
A casa vaise chamar: "o toco do lobo".
Hitler tamén tiña un, non si?.
Perdoade porque aínda non lin todos os comentarios, pero apetéceme por esto.
Ó mellor repítome.
Votos do PP
2005 - 756562
2009 - 755203
O outro día, nun artigo publicado en Xornal de Galicia, José Luís rodríguez pardo (de infausto recordo para o PSG e logo para o PSOE) afirmaba o seguinte: "Se o PSOE galego fose na liña do catalán, o BNG estaría nel".
Se cadra esa era a solución, ou?
O Independentismo non será unha fórmula para solucionar os problemas do BNG, nin moito menos, será un novo problema para o BNG. Refírome a unha nova forza posibel, factibel, plausibel.
Un novo problema para o BNG, pero unha solución para Galicia, porque non todo o que é bo para o BNG é bo para Galicia, nin todo o que é bo para Galicia é bo para o BNG.
A min paréceme que a emerxencia desa nova forza é posibel nesta lexislatura. Ainda que o BNG pode reaccionar e paralisar esa emerxencia ca orientación que apunta Camilo:
"lonxe de tentacións acomodaticias ou intransixentes, vendo a Galiza como unha nación no mundo. Abrirse á sociedade galega, a tantos nacionalistas, máis que nunca, que non están no Bloque, deixando de constituir un espazo choido."
Noutra orde de cousas, non lles parece que xa tarda en dimitir Anxo Quintana?
Di Qüin que o resultado foi inxusto. Igual se nos enfada co povo galego como os yupies aqueles de Esquerda Galega.
Aplicou o cesarismo no seo do BNG, diseñouno como unha luva para a súa man, e agora vaise ir...a por inxeccións?
Afortunadamente o Quintanismo é xa pasado e mantelo no BNG so o vai a perxudicar, a aillalo mais da sociedade e enquistalo na súa propria fantasía.
Penso que non, don MS. Haille galeguistas que non SOMOS socialdemócratas.
"moderar mais"
O Apicultor non coñece as abellas, anda desorientado,fantaseando, sen conexión coa realidade nin social nin política, traxinando nunha albariza virtual.
Ao mellor é precisa tamén unha nova forza, unha dereita galega, ou galeguista, semi-nacionalista, ou light-nacionalista.
Con estas duas forzas, un independentismo e unha dereita galega, o papel do BNG para Galicia tería rematado, daríamoslle o finiquito, xubilaríamolo, remataría o seu longo e torturado camiño, e iniciaríanno outras forzas para encarar mellor o futuro da terra.
O BNG REMATOU, ACABOU, CUMRIU, MORREU.
VIVA GALICIA!
Hai que follar...
Dínolo Zapatero...
e se non me cren, escóiteno aquí:
Para follar
Aquí está o enlace directo ao vídeo:
Para estimular, para favorecer, para follar...
Estes períodos trimembres é o que teñen... Ao final, non sabes qué dicir. Como Zapatero. Puro "palabras bonitas", sen contido.
Estiven hoxe botándolle unha ollada aos novos deputados/as. O PP logrou presentar un bó feixe de rapaces/zas de entre 30 e 40 anos. O PSOE presenta unha media de idade bastante alta, creo entender que entre 50 e 60 anos (por certo: aproveito para dicir que Concepción Burgo tamén podería facer boa candidata). O BNG anda polo medio: entre 40 e 50.
A renovación do PP é un feito incontestable. Non sei se é bó por si mesmo, pero supón a retirada da vella guardia asociada coa época Fraga. O que non quere dicir que este, por vías interpostas, non tutele de cando en vez a vida política. Hai ademáis un leve agrupamento cordial entre eles que gusta aos votantes: non é inhabitual ver aos deputados vigueses dando pases de baile xuntos nalgúns dos locais nocturnos máis concorridos. Unha imaxe de unidade familiar.
A renovación do PSOE ten que ir máis alá do propio Touriño. O mesmo Varela que soa para substituto estivo nas loitas moitas veces ou tantos outros que puxeron a cara durante esta lexislatura sen obter réditos (tipo Pachi Vázquez ou a propia Caride) deben deixar paso. Xa non digamos Méndez Romeu, que debe estar a preparar a aterraxe no que Lándoas chama o istmo, esa coordenada xeográfico-política do fáctico galaico con Juana de Vega como columna vertebral. Eu creo que alcaldes coma o de Fene ou o de As Pontes ou de xente coma José Manuel Lage teñen que ocupar postos de máis responsabilidade.
O aggiornamento do BNG pasa por unha retirada de Paco Rodríguez, de Vieitez (queimado da súa etapa municipal e agora de segundo antes cá moi capaz Carme Adán) ou de Aymerich ou Lobeira (queimados antes de tempo, que deben asumir a súa derrota como o líder por ser eles os que encarnaron durante tempo o que a cidadanía non valorou ou valorou escasamente). Suárez Canal pode quedar como engarce coa tradición, polo seu prestixio interno e mesmo externo acadado durante este tempo: tocoulle un departamento que obtén menos votos e menos relumbrón (como o de industria e comunicacións) ca outros e non debería ser penalizado. As eternas promesas como Mera deben ir pensando en dar un paso cara adiante ou deixar pasar.
En resumo: o falar non ten cancelas con d.
Vale, Bender, vale, tes razón, coma sempre.
A Touriño sucédeo Pachi Vázquez, din en El País. Vaticino 009 para un pouco...
Moitos homes na política galega. Paridade si, pero cando hai que buscar candidato sae o -o do final.
Eu creo que deben buscar unha candidata de perfil urbano.
Boto un ollo , dende fai un tempo, polo seu blog. Coñecémonos persoalmente vostede e
mais eu, non polo traballo, nin po-los foros literarios, senón por momentos de lecer, de ocio, e teño, como non podería ser doutro xeito, unha opinión excelente de vostede como persoa. Dito esto, non podo entender como se está a opinar de xeito tan pouco tolerante e de forma continuada neste seu espazo virtual . Paréceme tremendamente grave que se tente meter a xente no saco A ou no saco B,cando, por sorte, as persoas inteligentes abranguen un abano moito mais amplo, xa que o “devenir” do que nos acontetece a nós e no noso entorno non permite, penso eu, tal agrupamento, e o que é mais grave, pensar que no saco A todo e bó mentres no B todo está apodrecido.
E xa que falo de coñecer, tamén coñezo a outros dos seus blogueiros e teño que decir que o comportamento “ políticamente correcto “ a hora de falar, non sempre vai xunguido a unha actitude diante da vida acorde co seu discurso ( hai moitos veces unha grande inmodestia por parte desta xente que pensan que os demais están nun nivel intelectual inferior ) de esquerdas .
Antón Losada
DISQUE DISQUE Aló foi
Disque O Noso PT asumiu a responsabilidade dos malos resultados socialistas e dimitiu. Fixo ben, e hai que aplaudirlle a coherencia. Igual que, de telo habido, o éxito sería só seu, enteiriño para el é o fracaso. O partido pediulle que adiantara as eleccións e non o fixo. O partido pediulle que non fixera a campaña que fixo e tampouco atendeu o requirimento. É lóxico que o partido pida e cobre agora a súa cabeza. O Noso PT fixo moitas cousas mal e algunhas ben. Foi un presidente digno e que non nos fixo avergoñarnos coma Fraga cando se lle quentaba a boca, malia que tamén foi incapaz de cohesionar o bipartito e optou por competir e desconfiar, en vez de cooperar e convivir. Pero entre todos os erros, ningún tan devastador como non decatarse de canto tiñan cambiado os estados de ánimo do país nos últimos meses. antonlosada.blogspot.com
GRACIÑAS, ARUME,
pola súa felicitación. Só me acordei ás 3 da tarde.
51 TACOS.
Para ms. Está na história que cando o psoe retornou na transición, inchado de cartos dos alemáns pero sen cadros e sen militantes, (cen anos de honradez e corenta de vacacións), negociou con os partidos socialistas catalán, galego e vasco a integración. Había cartos e a metade dos postos das listas en oferta. Nas outras autonomias aceptaron e os nacionalistas controlan os psoes. En galicia houbo unhes "iluminati" que non aceptaron ós españoleiros. Gustaríame saber quenes foron, Ceferino?,González Lage Fernando Ignacio?, caballero?, e ata me atrevería a decir que rodriguez pardo. Non sei. Que mo confirmen. Despois da derrota do psg de beiras que tiña cadros pero nin pelas nin votos, descubren que o seu lugar natural é o psoe. E así nos vai. Se hai galeguistas que non sexan socialdemócratas pois poderían estar co noso Von Der Stein, e non pasa nada.
Eu estaría moi a gusto nesa pomada primixénia.
Para ms. Está na história que cando o psoe retornou na transición, inchado de cartos dos alemáns pero sen cadros e sen militantes, (cen anos de honradez e corenta de vacacións), negociou con os partidos socialistas catalán, galego e vasco a integración. Había cartos e a metade dos postos das listas en oferta. Nas outras autonomias aceptaron e os nacionalistas controlan os psoes. En galicia houbo unhes "iluminati" que non aceptaron ós españoleiros. Gustaríame saber quenes foron, Ceferino?,González Lage Fernando Ignacio?, caballero?, e ata me atrevería a decir que rodriguez pardo. Non sei. Que mo confirmen. Despois da derrota do psg de beiras que tiña cadros pero nin pelas nin votos, descubren que o seu lugar natural é o psoe. E así nos vai. Se hai galeguistas que non sexan socialdemócratas pois poderían estar co noso Von Der Stein, e non pasa nada.
Eu estaría moi a gusto nesa pomada primixénia.
Se meten ó Patchi de sustituto de Touriño será de transición. Para rustrilo ben rustridiño. E faríanlle un grande favor ó partido.
Patchi é un patrón do século XIX, sabe mandar. Pero precisamos homes do século XXI, perdón, fagámoslle caso ó Arume, cecais os tempos son cheghados das mulleres.
A min esa noticia dame medo. A non ser que subxaza outra idea non aparente.
Arume, agradecense máis comentarios dos seus sobre o futuro destes partidos.
Non sei cando dorme, se é que dorme para ter tempo de ler e escribir tanto.
O Alberte Núñez Feijoo tamén lle ten unha outa capacidade como a súa, non vaia pensar.
E creo que nos pode sorprender. Quero xa ver a quen pon de independentes, e de oposición a ghobernare con él.
e digo eu, non haberá que poñer tamén riba da mesa os nomes dos asesores do presidente e dos deseñadores de campaña? Ainda que soio sexa para que ninguén volva a contar con eles nunca máis!
Pachi primeiro vai á cabeza do PSOE e logo ao cárcere.
Mire Don Marcos, o do Arume parécelle listeza de máis, pero sonlle trucos, sabe?. Trucos nemotécnicos, como os de dkv. Il lembrouse do seu cumpleanos porque ven a coincidir co seu.
Felicidades ós dous
E logho que é o que fixo o Pathi para merecer o cárcere?, se non é moito preghuntare?.
Acabo de confirmar que o Manuel Vázquez vai ser o portavoz do psoe, según a prensa.
Cecais sexa para meter alguén aghresivo. Que o chamusquen ehí, e despois, "gracias por os servicios prestados".
Non terán a ousadía ou o desnorte de candidatalo á xunta?.
Total, eu xa estou desapuntado.
Hai un dossier
Hai un dossier
A razón conformase dialóxicamente Apicultor, por eso na miña razón tamén está a súa. A razón non é unha pertenza, non è nada delimitado para acotala apropiala, a razón está sempre inacabada, facendose no agora do camiño, na humildade da fala.
La razón es una barca
con dos remos en el mar
Uno lo mueve la Parca
al otro controla el Zar.
Mientras,escucho a ese pelma,
el que canta "Soledad".
Gracias anónimo das 3:13. Ben é posible que haxa un dossier. Ese é un especulador, emprendedor tamén que non empresario. Pero gústalle moito a pela, demasiado, seghuro que picou. E non pode estar a ben con todo o mundo.
E se non lle sacan o dossier e o "agharran polos collóns"?.
Lobo Tarabelo: A información é poder...en canto non se usa.
Ben agharrado xa o teñen... pero el non o sabe.
Son os doutro partido que agardan mellor momento. Cando mande. Que doe máis...
A ver, a ver. A min e a Xossé Dorrío obligáronnos a abundar máis nun tema escabroso con grave peligro para nosa integridade física. A xente do blog apelaba a necesidade de ter información clara e non andar con medias tintas.
Nos, mutilados de guerra, esiximos saber máis do dossier. De que vai?. Especulación inmobiliaria?, piscifactorías?, sector enerxético?, connivencia coa maphia italiana en depurar basuras na campiña napolitana?, os medicamentos de sogama vendidos ó terceiro mundo?. Que carallo!, esiximos saber. Ou promovemos a primeira folga do blog?.
A realidade sempre supera á ficción.
Póndevos a parir sobre o contido dese dossier e seghuro que é máis forte e atrevido do que soñades.
Concurso de ideas para ó dossier do Patchi.Convocatoria.
Por eso ante a falta de información a xente ponse febrilmente a elucubrar. Anónimo do dossier, vostede é do PP, é un infiltrado para por as nosas cabeciñas a fumeghare.
Malvado!.
José Manuel Baltar é o noso infiltrado que fala do dossier.
Publicar un comentario