24 abr 2009



AS UVAS NA SOLAINA CONTINÚA.


Ourense, 24 de abril de 2009

É vontade do común amigo Marcos Valcárcel que o blog As Uvas na Solaina siga adiante como foro de reflexión, debate e lecer. Ese é o seu xeito de agradecer as innumerables mostras de cariño, admiración e alento que, neste e noutros foros, lle teñen prodigado tantos e tantas amigos e amigas, quer sexan contertulios habituais ou ocasionais, quer sexan lectores.

Un grupo de amigos temos a difícil e, ao tempo, grata encomenda de tentar suplir parte do seu labor. De seguro que con máis intención que acerto, pois é imposible substituír a súa sensata, amable e ecuánime voz.

Así pois, poranse, cando se poida, ligames con textos da prensa, tal como Marcos viña facendo, e ás veces algún comentario ou artigo orixinal. Todo coa intención de que o debate continúe, de que este recuncho da vella Auria sexa un lugar de encontro, de complicidades compartidas, de discusións frutíferas, de desavinzas pacíficas, de sorrisos abertos. En nome de Marcos Valcárcel, benzóns para todos, amigos e amigas.

27 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Unha alegría moi grande sabermos de don Marcos. Unha forte aperta.

Xosé M. González dijo...

Albízaras serán novas mensaxes. Aquí seguimos.

Xosé M. González dijo...

Vamos ao choio; coincido máis con isto ca coa entrada dos catrocentos comentarios, máis abaixo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Rivas repite a idea/acusación de Fermín Bouza da desafección esixente da esquerda e do nacionalismo co bipartito. Eu non concordo. Será posible, pero hai que buscar outros factores na gobernanza do anterior goberno.
Pregunto eu: hai que votar malgré tout?

Xosé M. González dijo...

O acto de votar é, xaora, perfecta e persoalmente soberano. E a executoria do bipartito deu razóns claras para o descontento; máis nuns departamentos ca noutros, pero con posible efecto de desafección xeral, sexa unipartidaria ou coa alternativa. Con todo, encóntrome absolutamente distanciado con respecto a aqueles que cualifican de 'nefasta' e 'desastrosa' a xestión; máis aínda coa práctica ou estratexia de ao longo de toda a lexislatura realizar exclusivamente censura non dando ou recoñecendo unha por boa; non encontro avinza, por último, entre a miña visión dos tempos e as alternativas e a decisión de non darlle ao goberno bipartito catro anos máis. Ora que non me estraña moito: se se empezan a largar canonazos aos catro meses, catro anos deben parecer unha eternidade.

Agora temos o que temos. Esperarei para ver se volven os canonazos, e canto tardan; ou se, basicamente, se segue a falar dos mesmos e de maneira non moi diverxente.

xOsse dorrío dijo...

Pois parece que os responsables do BNG tenno claro: o retroceso do BNG ten a súa causa principal na desafección dos sectores electorais máis críticos e esixentes que á súa vez móstranse claramente vulnerábeis.

Non o digo eu, dio un documento político aprobado polo Consello Nacional. Non foron eles, foi a nosa fraxildade ideolóxica.

X.L. dijo...

...e pregunto eu: como farán os franceses que , en segunda volta, acostuman votar polo que consideran máis próximo ás súas posicións ideolóxicas ou políticas?
Será este proceder contrario ás esencias da democracia ou, simplemente, son máis pragmáticos?

Xosé M. González dijo...

E que saberán os franceses, X.L., en relación co moi crítico e esixente electorado de esquerda galego?

Nunca vin outro caso onde con tanta alegría se mandara ao nabo (á primeira) a primeira alternativa de goberno á estrita dereita en dezaseis anos. Ora que, desde logo, son ben libres e a culpa, claro, é do BNG.

Pero teñan boa dixestión e mellor durmida.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non se nos vaia durmir que isto só está comezando.

Etxe dijo...

E que me din que lle pidan a Camilo que non acepta a representación que lle toca en Bruxelas, sobre todo agora que o seu partido deixa a coaligación anterior?
Algo cheira mal en Dinamarca e incluso máis acá.
É certo o que me contaba unha amiga dixirente do BNG: "A UPG nunca entendeu europa. Élles un incordio". Así, mellor ninguén que Camilo, que incluso pode chupar algo de roda.
Non fagas caso Camilo. Colle o carguiño, disfruta un par de meses e déixao todo logo.
Nin xenro nin expupila nin farrapo de gaita. Fai o que che pide o corpo e mándaos ao carallo. Aos de U., aos de Q., e aos de B.

X.L. dijo...

O único superdelegado coñecido fai unhas declaracións nas que cre que o nomearon presidente da deputación.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009042400_17_319804__Arousa-Quiero-visitar-alcaldes-concellos-ponerme-disposicion

Non estou nada certo de que Feijóo teña unha idea clara do que facer nin con que equipas!

Balonga dijo...

Celeste e os cravos no 25 de Abril. Texto de Ana Sousa Días.
Do que gostava agora era de voltar a ver aquele soldado que recebeu das mäos dela o primeiro cravo e o colocou no cano da espingarda. Saber o que foi feito dele, rapaz moreno e täo jovem, uma cara que nunca esquecera.Celeste Martins Caeiro, 60 anos vividos sempre em Lisboa, vai esta noite pegar num cravo vermello e voltar como todos os anos ao Rossio, un sorriso tímido a recordar dentro as flores dquela manhä luminosa.
Já contou a história muitas vezes e continua a comover-se. No fim, diz simplesmente que foi tudo uma coincidência. "Mas uma coincidência bonita, näo acha? Porque afinal em vez de dar tiros as espingardas tinham flores."
A história é muito simples de contar. Celeste trabalhava no self-service do "Franjinhas", que tinha sido inaugurado em 25 de Abril de 1973. Como era o aniversário, o gerente comprou cravos vermelhos e brancos para oferecer a cada senhora que encontrase no restaurante, mas, com o movimento das tropas nas ruas resolveu fechar o porta: "Levem-me as flores para casa, é escusado ficarem a murchar."
As colegas foram direitinhas para casa, Celeste meteu-se no metro para ir para o Chiado, onde entäo vivia num quarto que o incêndio de 25 Agosto destruiu.
Saiu no Rossio e deu de caras com os tanques. "O que estäo aqui a fazer?", perguntou ao primeiro soldado que encontrou. E ele respondeu que era uma revoluçao. "E desde que horas andam nesto?. E ele disse que desde as duas da manhä e sem cigarros nem café. E ela que näo fumava, mas que tinha uns cravos, deu-lhe um: "Tome-lá" E ele pô-lo logo no cano da espingarda, e ela entäo subiu a rua a oferecer flores e subiu para os tanques e só descansou depois de ter estado todo o dia e toda a noite ali no Carmo.
Quando viu que as flores se multiplicavam nas espingardas e nas mäos das pessoas, descobriu que tinha desencadeado uma coisa importante. "Quase heróica", afinal.

náufrago dijo...

Unha aperta grande para Marcos.

lourixe dijo...

Un bico chairego para Marcos e para todos os sisudos colaboradores!

medela dijo...

Eeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeei carballeira!!!!!!!!!!!!
{aturuxo wagneriano}

O da ferranchina dijo...

Fortes agarimos dom Marcos!! Seguiremos! Todos ao choio:hai moito que facer....Parabéns!!

Perfecto Conde dijo...

A Marcos debémoslle todos o ternos refrescado con bafaradas de ar puro e espírto solidario. A nosa obriga –a miña polo menos– agora é estar con el e dicirlle que a súa escola prendeu aínda que ás veces non o pareza. Será un prazer e un compromiso seguir cultivando as súas uvas e retellando a súa solaina. O seu exemplo seguiranos marcando sempre.

Friol dijo...

Tedes un pequeno agasallo e unha encomenda en http://terrasdefriol.blogspot.com/
Felicidades

apicultor dijo...

Que ben! Tanta e tan boa xente arredor de Marcos. Fermosísimas as palabras do mestre Perfecto Conde.

quero entender e entendo dijo...

Quero entender que Manuel Rivas, despois do visto nestes catro anos e do triunfo de Pachi Vázquez e de momento de Alternativa pola Unidade e Máis BNG, tamén inclúe ás clases dirixentes da "coalición de esquerda e galeguista" do PSdeG e BNG no "inimigo que quere suicidarse", no "estrago de intelixencia que se está a perpetrar neste país" e nos "simples burócratas que non teñen outro mérito que o seu 'cu de chumbo', o non moverse da cadeira". Quero entender e entendo.

P.D. Moitos ánimos para Marcos.

lobo neghro dijo...

"Em cada esquina um amigo,
Em cada rosto igualdade".
José Afonso.

25 de abril, sempre!.

Xosé M. González dijo...

É xa o trixésimo quinto aniversario da Revolução dos Cravos. Onte deron pola RTP un acto público, organizado e conducido por Júlio Isidro, con música e intervencións diversas. Foime especialmente interesante a aparición dunha filla de Salgueiro Maia (saben todos quen foi e a importancia que tivo?) e vídeos coa presenza e palabra do mesmo capitán, canto ao que me consta estatura moral ben sobranceira.

Anónimo dijo...

"A Salgueiro Maia
Aquele que na hora da vitória
respeitou o vencido
Aquele que deu tudo e não pediu a paga
Aquele que na hora da ganância
Perdeu o apetite
Aquele que amou os outros e por isso
Não colaborou com a sua ignorância ou vício
Aquele que foi «Fiel à palavra dada à ideia tida»
como antes dele mas também por ele Pessoa disse"


Sophia de Mello Breyner Andresen

Helena Villar Janeiro dijo...

Parabéns polo regreso e moitos bicos para Marcos

marcel swann dijo...

Magnífica noticia volver a contar con Marcos no blog! Avante! Recibe unha aperta forte.

ROSA dijo...

Parabéns para o editor do blog e parabéns para todas e todos por seguer nel.

Iacobus Von der Stein dijo...

Veña, para adiante.