14 may 2009


A Academia.
Miguel Anxo Fernán Vello.Galicia Hoxe 14.05.2009.
Mané Boan.Celanova.A fraga.

...E a Academia tamén deixa ben claro na súa exposición que resulta preocupante que as primeiras decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta "sexan todas desprotectoras da lingua galega". ¿Como un Goberno responsábel pode chegar a atentar contra o idioma propio do territorio que goberna, cando, ademais, este idioma, ferido de morte, vive a ameaza da desaparición? Agardemos que se impoña finalmente a cordura.

4 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Porqué? Razóns políticas, exclusivamente. O obxectivo do PP e acabar cos nacionalismos do estado (son eles e non o PSOE os que lle impiden perpetuarse no poder) e esa tarefa non é posible mentres pervivan as linguas minoritarias. Dende o relativismo cultural sempre se defendeu que as diferentes linguas son tamén fonte dun pensamento diferenciador e no PP sabenno ben.

Pouco importa que esa constitución que tanto defenden diga (artigo 3.3) que as linguas minoritarias se lles debe un especial respeto e protección, ou que o propio Parlamento Europeo se posicione en contra das teses defendidas polo PP. Tampouco fan caso algún as recomendacións da Carta Europea das linguas Rexionais ou minoritariasa, non. Para eles non hai máis lei que súa.

Etxe dijo...

Menos rollo.
Felicidades ao valente de Anxo Lorenzo. Sorte e man esquerda. Halle cumprir pero seguro que a ten. A sua traxectoria na UVI e a súa aposta polo multingüismo está aí para avalar a súa persoa. Alégrome de que, ao final, alguén tecnicamente capaz se faga cargo do choio. Só aos catastrofistas de canto peor mellor lles podía interesar outra cousa. Animo e adiante. Hai que domear as cousas, pouco e pouco.

Etxe dijo...

Menos rollo.
Felicidades ao valente de Anxo Lorenzo. Sorte e man esquerda. Halle cumprir pero seguro que a ten. A sua traxectoria na UVI e a súa aposta polo multingüismo está aí para avalar a súa persoa. Alégrome de que, ao final, alguén tecnicamente capaz se faga cargo do choio. Só aos catastrofistas de canto peor mellor lles podía interesar outra cousa. Animo e adiante. Hai que domear as cousas, pouco e pouco.

Anónimo dijo...

O nomeamento de Anxo Lorenzo deixa entrever o bo asesoramento que tivo Feijoo na toma desta decisión, excelente para o PP pero un dardo enveleñado para a lingüa. A política lingüistica vaina parametrizar o PP co caudal ideolóxico procedente de Madrid. Ao segredario quedaralle por a cara adecuada, o encollimento de hombreiros de que non se podia facer mais, e convencernos de que sen el sería peor.
Un PP asumindo teses piñeiristas estaría nas antípodas do que se ben mostrando na realidade. Agora ben, tendo fe, os camiños do altísimo son inexcrutabeis.