30 may 2009






DEDOS DE PEDRA (e IV)

por Xoán da Cova

Fìxenme habitual do piano-bar do hotel no que Dedos de Pedra tocaba polas noites. Alí tratei con clientes que tamén logo foron habituais e dos que me fixen amigo. Lembro especialmente a Manuel Orío, daquela periodista no xornal "La Región", cuxas instalacións non están lonxe de alí. Aparecía tras cerrar a edición, e mesmo collía ás veces unha guitarra pra cantar cancións dos Beatles. Falabamos de temas de actualidade e de moitos outros. A música en directo do pianista fomentaba as relacións persoais de todo tipo, e eu imaxinábame moitas veces no "Café de Rick" da famosa película. De certo que nunca nos puxemos de pé para cantar "A Marsellesa", mais si vivimos algunha situación de "emoción colectiva" como a que relatarei despois.

Camiñaba eu unha noitiña por Ourense cando, desde un coche, un coñecido empresario da contrucción berrou o meu nome e pedíume que subira. Estrañoume. A pesar de que o coñecía e o saudaba, non tiña trato especial con el. Pero montei no seu coche. Arrincou a toda velocidade, parecía eufórico por algún motivo, e díxome que me invitaba a tomar algo nalgures. Accedín, e axiña estabamos aparcando a carón dun coñecido local nocturno, con nome de deusa, das proximidades de Ourense. Non me atopaba para nada cómodo no lugar, mais o empresario movíase coma peixe na auga entre o que parecían ser habituais e o persoal do establecemento. Tras inxerir unha consumición alcohólica, e notándo que eu quería desaparecer, propúxome que escollera o seguinte destino. Estabamos non lonxe do hotel co piano-bar, e a hora era, precisamente, a de maior afluencia de clientes. Alá fumos.

Dedos de Pedra tocaba o piano animadamente. Ao seu carón, no chan, unha restra de vasos de cubatas en fila india. Eran invitacións dos clientes. Dedos de Pedra daba intruccións aos camareiros para que lle puxeran todas as copas ás que o invitaban, á marxe das que levara xa tomado. Adoitaba dicir que nel o Señor Xesucristo repetía o milagro das vodas de Canaan, pero ao revés, convertendo o alcohol en auga. O ambiente, cargado de fumo, era o máis parecido ao descrito na letra da canción "Piano Man" de Billy Joel. O meu acompañante deu un respingo ao ver aquilo. Parecía pensar "Eu estaba perdendo isto!" Logo comezou a saudar coñecidos e amigos. Pronto estaba bailando a carón do piano con toda a súa "humanidade", ao ritmo da música.

Por riba do piano, Dedos de Pedra colocara unha enorme copa de cristal para recoller as propinas. Os clientes deixaban nela, de cando en vez, algunhas moedas, sobre todo cando se achegaban a facer a petición concreta dalgunha canción. O meu acompañente sinalou aquela copa coa man ao rematar unha canción que lle gustara especialmente, e empezóu a berrar soltando un discurso. Falaba de que aquilo era unha vergoña, que non se valoraba a labor dun artista como aquel, e que se limitaban a lle deixar unhas miserables moedas. Xeneralizou as críticas a toda a sociedade, que non valoraba a arte, a cultura, etc. Que era unha sociedade consumista e que tal e que sei eu.

O alcohol que traía no corpo desinhibíao. Adoptaba o ton e os acenos hiperbólicos dos actores teatrais. A xente comezou a rir, e esas risas excitábano máis. Elevou a voz, aumentou a carga emocional do seu discurso, esaxeraba cada vez máis os acenos. Parecía Chaplin no discurso final de "O Gran Ditador". A xente aplaudía algunhas frases especialemente afortunadas, sen deixar de rir a cachón. Cando finalizou aquel improvisado discurso berrou: "E agora, para que non caia en saco roto todo o que dixen, cada un vai soltar mil pesetas para darllas ao músico".

Pedíu unha cubiteira vacía aos camareiros e primcipiou a recorrer a sala pedindo mil pesetas a cada cliente. Só os homes, as mulleres non. Adoptaba, coa cubiteira na man, a actitude dun méndigo, e seguía co discurso: "Unha axuda para a cultura” (ou algo así). A xente seguía a escachar a rir e, para o meu asombro, todos os clientes masculinos e, de xeito voluntario, moitas mulleres, botaron un billete de mil pesetas no receptáculo. O propio director do hotel e eu mesmo incluídos. Dedos de Pedra xa recomenzara a tocar e amenizou co "Si yo fuera rico" toda aquela representación.

A catarse era total. Sen deixar de bailar, movendo o seu gordo cú ao ritmo da música, coa cubiteira chea de billetes, o "recaudador" achegouse a Dedos de Pedra, que seguía tocando a canción da famosa película. Collíaos e botábaos ao aire coma se fosen follas secas en outono, para que lle caeran ao pianista pola cabeza e polo corpo abaixo. Caían tamén billetes no piano que ocultaban algunhas das notas da melodía, có que a versión soaba inda máis cómica. Algunha xente, ao bordo do síncope, retorcíase polo chan coa risa. Segundo me contou días máis tarde, Dedos de Pedra arranxara economicamente o mes con aquela "recaudación extra". Nin que dicir ten que o empresario que me acompañou aquela noite se converteu en cliente habitual do piano-bar.

31 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Desde aqueles lonxanos tempos das portas e hortas saavedresas, non desfrutaba de lectura tan apaixoante nas mañáns dos sábados. Noraboa, amigo Dacova.
O Manuel Orío do que fala vostede é veciño meu: el a min non me coñece. Se é o que escribe agora columnas no Atlántico Diario (da foto o coñezo) e toca en grupiños de revival sesenteiro, decididamente camp.

apicultor dijo...

Curiosa historia moi ben contada. Parabéns, amigo XdC!

XDC dijo...

É ese, amigo Arume. Fora director do Atlántico Diario. Como sabe, é da mesma empresa que A Rexión.
Se quere facerse amigo de él, fálelle dos Beatles. Foi un dos privilexiados que os viu en directo no único famoso concerto que deron en España. Tiña él, se non lembro mal de cano mo contóu, 18 anos.Mesno creo que ten algunha reliquia...

XDC dijo...

Por certo, Arume. Tamén é un estupendo dibuxante. Nalgún lado conservo un retrato que me fixera nun folio "a vuela pluma".

Anónimo dijo...

NONNNN, por favor, outra vez DEDOS de PEDRA non, outra vez as ínfulas literarias de XDC non, por favor, que cale dunha puta vez, é coma J. Canpmany, insoportable, pedante. E logo os turiferarios (dos collóns): "aqueles lonxanos tempos", "curiosa histeria moi ben contada", joder, onanismo loubado polo público. En realidades, sempre foi así este blog: media ducia de persoas (digo dos blogueiros, non do creador do blog nen dos colaboradores habituais como Alfonso ou Bieito) que o sabían todo, todo, e cheiraban a Profesor-academia-nacionalista que tiraba p tras (tal cual). Son os que aínda resisten: lles gosta lerse, masturbarse (literariamente) e ten a súa parceliña de poder (local e efémero). Joder, penuria de merda. Ah, esquecín: ¡¡¡¡me cago de dedos de Pedra!!!!!!

XDC dijo...

Xa lle dixen que era a última historia de "Stone-Fingers", Anónimo. Hay que ter algo de aguante, joder. Que ahora non se aguanta nada, que así é por o que non duran os matrimonios. Máis partes fixeron de "Supermán", e aguantámolo. Hemos venío a este mundo a sufrí.

XDC dijo...

Por certo, Anónimo. O de masturbarme, gústame liter-aria e liter-almente.

apicultor dijo...

Pero meu señor protestón lector impenitente de J. Campmany (que xa hai que ter, que xa hai que ter, ...), non nos sexa "cenizo", home de deus.

Se non lle gusta o que escribe este, ese ou aquel, con non lelo xa arranxa o seu problema hepático, ho. Élle moi fácil, faga un intento.

O que non é moi de recibo é que veña impoñendo o seu criterio e insultando coma un desaforado, home de deus, é que non se decata? Non lle dixeron seu pais que entrar en casa allea con malas maneiras insultando os que alí están tan tranquilamente é algo que non fai un ben nacido?

Recapacite, home, recapacite. Ande, fágase bo, que o mundo llo agradecerá e vostede será máis feliz.

XDC dijo...

Aparte, señor Anónimo...Non lle ensinaron nas suas clases de canto que hai que alargar a vocal, non a consoante? Qué é eso de NONNNNNN? . Xa chega con que o faga mal o Julio Iglesias.

Cactus dijo...

Pero Anónimo , como se che ocorre disentir home de Deus? Ti non sabes que este e o blogue de " Yo te digo y tú me devuelves la loubanza".
Suscribo todo o teu parlamento .O Dedos de Pedra e é un coñazo do carallo, e mal escrito (morfolóxica e sintácticamente).
Ah !!! e para máis inri facendo sempre honores ó alcol.

Lindísima amapola dijo...

Chegou o Opus e a carcundia en tropel, home non. Facer publicidade do alcol para pervertir os nenos que len o blog! É que este da Cova é o mesmo demo. E aínda por riba ten a cara de promocionar tamén a masturbación nun comentario. Seguro que tamén é partidario do aborto, algo moito máis grave que a pederastia, onde imos comparar. O primeiro é un crime execrable, o segundo é un hábito sen consecuencias, tal como dicta a doutrina de monseñor Rouco e refrenda o noso eurodeputado Mayor Oreja. Estes dous si que escriben ben, morfolóxica e sintacticamante (sic). Home non.



En fin...

Xosé M. González dijo...

O troll ese, ou o que sexa, ponlle o auténtico ramo á serie. Os meus parabéns, da Cova, que xa algunha vez llo quixen mandar antes. Por certo: quen puxo o enlace a Piano man aforroume un traballo; ocorréraseme á mañá, cando o lin case de pé, que houbo que levar o fillo pequeno aos karts.

É Dedos de Pedra un vello perdedor?

Anónimo dijo...

Viva a demagoxia !!!!!

Etxe dijo...

Creo que XDC escribe moi ben, moi ben. Ademais ten historias moi interesantes, fermosas, entrañables, nas marxes do cotián... En fin, un pracer,lelas.

XDC dijo...

Que é unha carallada morfolóxica e sintácticamente xa mo temía eu, Señor Cactus. Pero o que me fundiría realmente na miseria, sería que me dixera que tamén o é semánticamente. Ese é o meu verdadeiro temor inconfesado. Acláreme ese extremo, por favor, que a duda me roe, e xa sabe que a duda é a peor tortura do inferno. Polo que si duda, existe, e quere decir que este mundo é un inferno, e que si existe o mundo é que existe Deus, porque coa creación da partícula vai coa da antipartícula. O tal Descartes non sabía razoar. Xa me perdín...

Tamén ten razón no do alcol. Que se vaian preparando as editoriáis para preparar ediciós "políticamente correctas" de todas as obras literarias nas que aparece o alcól de xeito implícito ou explícito, para sustituilo por suco de laranxa. Precedentes semellantes, xa hai de abondo.
O da masturbación, dame vergoña recoñecelo. Non porque me pareza pecado. Eu inventéi unha relixión particular exactamente igual á católica en todo, menos en que permita a masturbación. Se o Enrique VIII fixo algo parecido para poder casarse, por qué non o vou poder facer eu. É máis, creo que un síntoma de aperturismo da Igrexa, sería ese. Moito menos arriscada que otras medidas. Xa a tolera, a masturbación , para facer análisis médicos de semen. Un pasiño máis e gañarían moitos adeptos que están perdendo.

No de disentir, xa non estou de acordo con vostede. Pódese disentir, sí, pero dentro de un orden. Non se pode confundir a libertade coa libertinaxe. Si non, seríamos coma animales. Aparte, non debería poder disentir calquera. Qué menos que sacar un carné, facer un psicotécnico e todo eso para disentir. QUe lle dan o carné de disentir a calquera, e logo pasa o que pasa.

balonga dijo...

Que XDC ten nobreza e casta e algo que ás veces tense de dicir.

Xosé M. González dijo...

Convírtase o apuntamento ético-filolóxico en esbozo de prólogo "Para comprensión e goberno de anónimos e outra rabuñadura". Tire o rótulo se quere, da Cova, pero ensaie o tema: háselle agradecer.

XDC dijo...

Aos Anónimos e trolls:

"Vosotros sois la sal de la Tierra".

XDC dijo...

FAcía ben tempo que non me divertía tanto.

Anónimo dijo...

XA !

arume dos piñeiros dijo...

Cum grano salis.

xdc dijo...

Mágoa que xa rematara a serie de Dedos de Pedra,porque a de cando aparecera o rato, tamén fora boa...

Ou a de cando nos invitóu a comer o Bispo, que logo marchóu para Tui, no Betanzos de Celanova, e o que flipóu con él, razoando sobre Xesucristo e os ovnis...

Ou a de cando, como músicos de unha boda, puxéronos a comer no banquete cós dous curas que oficiaran a ceremonia, e de cómo lle decía un ao outro, mirando para as rapazas guapas que había: "Vainos costar estar no noso sitio...". Decíannos que a ver si conseguíamos traer a duas rapazas á mesa, e cando foramos tocar xa lles facían eles compaña...

Ou aquela festa, na capela a carón da nacional, na Penalba dos Peares, na que tocamos case o triple de horas das acordadas, pois a xente non quería marchar e os do bar da comisión agotaron varias veces as bebidas, e vimos como pasaba de todo entre unhas parexas que se esconderan detrás do improvisado palco...

Ou de...nada nada. As historias de Dedos de Pedra remataron.

lobo neghro dijo...

O anónimo-crítico fixo ben, ten todo o dereito.

Eu que me deleito coas ocurrencias e creatividade de dacova, encontro que cando escribe "a mantenta" é máis artificial, anque esté ben escrito. Nótase que se esforza por facelo "pulcramente". A mín ghústame máis cando lle sale en quente, ou calcado, ou sen calculalo.Cando barrena un chisquiño, que non é tanto. Sálelle máis do corazón que dos miolos. O corazón sospeito que alén de ser un "minicerebro" coa súa estructura particular, debe rexer máis en consonancia co hemisfério dereito ( o artístico) que co esquerdo, o do raciocínio. Esto último é unha suposición, porque todos sabemos que dacova ten unha formación científica e utilízaa abundantemente.

Ese xeito máis frío de narrar, máis "bunito", máis de cara a galería tamén llo noto a Etxe-barría desde que foi a Arxentina, cecais (hipótese) porque se sente obligado desde que gañou o "Carracedo". Vamos que me gustan máis cando son espontáneos.

Preferín sempre a Stendhal antes que a Flaubert.

lobo neghro dijo...

"Calcado", quixen decir, para que se me entenda, "calcado de alpiste".

Por certo unha fórmula da miña aldea, non sei si se repite noutras, eso de "fulano cálcalle ó alpiste".

XDC dijo...

A L P I S T E

A
L
P
I
S
T
E


Algún
Lagarto
Podería
Incluso
Ser
Tan
Excitante

Joer, qué bó. Un lagarto, que escribira novelas de misterio. Que se presentara a premios literarios, e que os gañara, e que non lle quixeran dar o premio por ser lagarto, e que él protestara, a ver onde pon nas bases que non se poden presentar os lagartos. E que todos os lagartos do mundo se sublevaran a causa do agravio, a película dos paxaros, pero con lagartos, acabarían interveñendo os exércitos, que se demostrarían impotentes. Ao final, un humano, o único membro do xurado que abogaba por darlle o premio ao lagarto, fai de mediador entre ambas especies, a humanidade comprométese a alfabetizar a todos os lagartos no futuro a cambio da paz...

(Está claro que as técnicas da "Gramática da fantasía", de Rodari, seguen a dar resultado).

xdc dijo...

Anque, desde logo, a técnica dos botellís de cerveza, coma os que xacen exhaustos nesta mesma mesa, son mellores.
Cómo pode ser bó un escrito que fixen ás oito e media da mañá, recén levantado, como foi este??
Ten razón , Lobo.
Son mellores os das tantas da madrugada, con sete ou oito botellís entre peito e espátula.
Aparte, que últimamente ando algo namorado, i eso aghelipolla moito. Dáselle a un por escribir das volvoretas...

lobo neghro dijo...

Ves, esto non o pensaches tanto,e para mín é mellor, anque sempre o hemisfério esquerdo acaba aparecendo, neste caso coa gramática esa.

O lagharto como só ten o presunto cerebro reptiliano,( carece do dos mamíferos e do córtex da abstracción), e non é pouco posto que o cerebro reptiliano que nós mantemos, controla a fame, a sede, o sexo, o território ( o restaurante, o pub, o sexo, e o sector inmobiliario), xa dá para unha novela de carafio, dá para moito. Só falta a relixión, e non me estranaría que os laghartos adorasen ó sol e lle pasaran información ós Exipcios.

O día, non moi lontano, que entablemos comunicación cos lagartos, escribiránse grandes novelas inéditas dictadas por eles.
Cambiaranos a perspectiva que tiñamos de Berlusconi e a humanidade terá dado un grande paso.

E non falemos en ghaliñas, que desde que sabemos que son fillas dos dinosauros téñenme abraiado.

lobo neghro dijo...

Hostia, eso é grave, cursa como un trastorno obsesivo.

SE lle provoca grande quebranto, amigho dacova, como os piscolocos sómoslle lentos, se a dor é aghuda, enténdase por ausencia ou carencia do elemento amado, non duvide en tomar prozac. Non meu amigho, o prozac provoca un corte de dixestión ..glup..quixen decir: o prozac córtalle o enamoramento-trastorno-obsesivo en caso de non ser correspondido.

E se é correspondido, góze vostede o trastorno intensamente.
Redímenos da morte.

lobo neghro dijo...

Un trastorno que se retroalimenta a sí mesmo. Un trastorno que como todo ser vivo, ou como todo sistema, por encima de todo quere seguir vivendo.

Alén do Prozac (química dunha transnacional), as técnicas de control que nos permiten neutralizar o trastorno, que eu saiba, son as da respiración.

Mañá fareille unha visita para tomarlle o pulso da questión.

Supoño que non estará vostede a brincar, como a mín me acontece con frecuencia acredito no que dí.

Unha enfermidade como outra calquera.

Fredulfo Episcopum dijo...

Viva Russia!.

Anónimo dijo...

parabéns, parabéns, parabéns.