Normal.
Bieito Iglesias.El Correo Gallego.14.05.2009.
Magritte.A traición das imaxes.
Feijóo conta co apoio do 99,9 por cento do seu Partido Popular, segundo acaba de demostrar nun congreso de unanimidade descoñecida desde que se disolveron os partidos comunistas do leste de Europa, nos que non se oía un chío disidente. A diferenza está en que aló o consenso viña imposto polo temor á purga e o biruxe siberiano, mentres que os nosos conservadores apiñócanse como un enxamio sen que ninguén os obrigue, con gregarismo semellante ao das peñas futbolísticas e da fanaticada dos concertos de música pop. Nin sequera o León de Vilalba concitou tanto beneplácito interno como ten o Tigre dos Peares, quizais por iso se deixou levar do entusiasmo e pensou que todo o monte é ourego. Hai media Galiza que comulga con el pero a outra media non o pode ver, polo tanto a súa afirmación de que "o PP é o partido dos galegos normais" cómpre tomala como unha faltada. O presidente, tan medido el no discurso poselectoral, cando prometeu gobernar para todos os cidadáns, seica pensa que somos anormais os sufraxistas das demais candidaturas. Existe logo un perfil de galego ao que debemos imitar para non pasar por tarados? Quen encarna ese modelo ou manequín ideal? Franco, Amancio, Cañita Brava, a Bela Otero, o Barriga Verde? Hai poucas dúbidas de que o novo guieiro dos galaicos destinos ama o seu país: o caldo de nabizas, o castrapo, os prados verdes, as gaitas escocesas da Deputación de Ourense, a empanada e a bertorella e incluso as póutigas. Que lle desprace, pois, da Terra Meiga? Incomódao o feito, verdadeiramente aflitivo, de que haxa galegos que nacen vascos ou cataláns, que diga nacionalistas. Velaquí a anomalía que se propón corrixir, acelerando a eutanasia da língua de Rosalía, perigoso marcador étnico que leva a algúns toliños a volver pola selección brasileira (chea de diminutivos enxebres: Ronaldinho, Juninho, etc) en lugar de torcer pola roja.E aquí paz e despois Gloria Lago.

3 comentarios:
Feijoo, de momento, parece que deixa falar -conselleiros ou portavoces- máis ca fala el. Posiblemente o lerio conduza a onde di o Bieito, pero -de momento- entre algunha prudencia, o incenso consustancial á Semana das Letras e o recente do nomeamento espectacular non hai maior derrama.
Non tardaremos en baixar á chaira. Logo do mañá lancarao e santiagués, a práctica de Lorenzo (a quen lle desexo e de quen querería esperar moito acerto con mans bastante libres) e as primeiras medidas no ramo cultural irán falando. E nós, tamén.
A imaxe que escolleu Bieito Iglesias para ilustrar a entrada fala por sí
Non é para desmerecer a Bieito.
As imaxes , para as letras dos textos, escolmados,-poden vostedes facernos outras preferencias, incluso poderían ser tipo dedicatorias, sempre quixemos ser plurais- elíxense, acertadas unhas veces e outras non tanto, libremente; toditas dende A Solaina.
Publicar un comentario