13 jun. 2009



Anxo Lorenzo - Secretario Xeral de Política Lingüística
"A sociedade entende moi ben que non podemos ofrecer unha educación á carta"
"A consulta ós pais vai ser o único elemento a ter en conta? A resposta é non"
X. A. TABOADA - SANTIAGO Ten por diante un dos labores máis complicados da Xunta, o de elaborar o novo decreto da ensinanza que regulará o uso do galego. Pero non lle importa, porque asegura que xa sabía onde se metía e admite que todos van ter que renunciar a algo para conquerir o consenso.

–Por que aceptou o cargo, sendo un dos máis polémicos?

–Tivo que ver con que había unha oferta para traballar na promoción da lingua galega e eu creo que hai que botar unha man. É unha aposta arriscada por parte do Goberno e por parte miña.

–Sabía onde se metía?

–Levo moitos anos en política lingüística. Non me colleu de sopetón todo isto que está pasando. Sabía onde me metía.

–Como vai saír desta?

–Deberíamos saír cun decreto co maior consenso social e político posible e cun conxunto de medidas para animar o uso da lingua.

–Os últimos estudos que se publicaron refliten unha caída constante do número de falantes en galego…

–Hai estudos que mostran liñas de recuperación ou polo menos de atenuación da caída do número de falantes. Os datos do IGE sobre as Condicións das Familias do ano 2003 mostran unha contención na caída dos falantes en galego. Pero vostede supoño que se refire ós datos do Mapa Sociolingüístico, que son do 2004, pero esos datos chegan ata as personas de 55 anos e non hai datos das personas maiores desa idade, polo que iso pode levar a equívocos.

–En todo caso fala de atenuación, que non é o mesmo que recuperación.

–Evidentemente, pero os datos do IGE indicaban que había un 64% de persoas que falaban so galego ou máis galego que castelán. Se a iso sumamos os que usan o castelán sobre todo, pero tamén algo o galego, estamos falando dunha situación que calificaría de complicada si, pero non dramática.

–Á marxe da promesa electoral do PP, realmente hai unha base social que demanda unha normativa nova? Porque durante o tempo que se estivo aplicando o decreto do bipartito, máis alá de Galicia Bilingüe non houbo voces críticas.

–A propia cuestión do programa electoral debería servir, porque é un contrato cos electores. Non creo que haia que darlle máis voltas.

–Uns dos argumentos do Goberno é que o decreto do bipartito se fixo sin consenso, pero tal como están as cousas, non parece que agora se vaia conquerir. Se non é así, o novo decreto volverá a pecar do mesmo defecto que se lle achacou ó bipartito e polo tanto podería nacer con data de caducidade.

–Eu non quero un decreto para catro anos, senon para dez ou doce. O tema da lingua hai que sacalo fóra do debate partidario, fóra do corpo a corpo das formacións políticas. Temos que intentar entre todos poder imaxinar un sistema educativo onde todos renunciando a algo nos sintamos cómodos. Imos ter que renunciar a algo todos, non só o Goberno e o PP.

–Chama un pouco a atención que hai certas informacións contradictorias por parte da Xunta, sobre a segregación ou non nas aulas ou o se a consulta cos país ía ser ou non vinculante.

–Non sei se o Goberno foi ou non suficientemente claro, pero o tema está bastante ben formulado. O que imos facer é consultar ás familias para que sirva de base para construir o primeiro borrador do decreto para ofrecerllo á sociedade e as forzas sociales e políticas. Debe contarse coa voz das familias. Agora, vai ser o único elemento a ter en conta? A resposta é non. Vai haber outros elementos. A consulta será útil, pero desde logo non será a única voz nin o único elemento.

–Entre outras cousas porque non se vai poder dar satisfacción a todos os pais...

–A sociedade galega entende perfectamente que non podemos ofrecer unha educación á carta. Nin en Galicia nin en ningún país do mundo.

–Sin embargo, a mensaxe que se trasladou é que os pais poderían elixir a lingua na que estudarían os seus fillos.

–Repito a resposta de antes. Escoitaremos a opinión das familias e despois manexaremos outras variables que calquera goberno ten que manexar cando se pensa nun novo modelo educativo, como recursos económicos, que o decreto sexa tecnicamente coherente, pedagóxico… e despois hai unha legalidade que hai que cumprir. Hai moitos elementos que se van ter en conta á parte da consulta.(De Faro de Vigo 13/06/2009

Bendita Coca Cola
Afonso Vázquez-Monxardín
Nos anos grises do inicio da década dos cincuenta do século XX, Álvaro Cunqueiro decidiu fuxir do chumbo e aburrimento cotián inventando mundos. E de aí naceron espazos tinguidos de azul, demos que se convertían en bañeiras para ver como as monxas se bañaban espidas, camiños de quita e pon, sereas namoradas de portugueses, magos merlíns que desde as Terras de Miranda atendían a xentes de fábula de todo o planeta e de todos os tempos. Dalgún xeito foi a vitoria do mundo da imaxinación colorista fronte ao branco e negro, ao estraperlo e racionamento, á paralización da realidade vivida.

Pois nestes tempos presentes de certo desacougo para a lingua e a cultura galegas, non precisamos para subir o ánimo fuxir tanto da realidade como don Alvaro. E como a realidade de hoxe xa é escollida que non imposta, debemos reparar tamén no noso nós máis fermoso, nas iniciativas que nos reconcilian co mundo positivo, para espallalas e potencialas.

Entre elas, por exemplo, a da Coca Cola. O concurso de redacción da Coca Cola é un clásico das nosas letras españolas. Ten xa corenta e oito anos. Moitos dos lectores, se cadra a maioría, lémbrano dos seus anos escolares. Andará polas hemerotecas, por exemplo, o primeiro ‘artigo’ publicado polo director xeral de Emprego do Concello, señor Vázquez Barquero: a súa redacción premiada no Instituto Masculino, que debeu ser alá polo 1972 ou 7.

3 Pois ben, a Coca Cola, observando con normalidade a feitura lingüística do país, comezou este ano un concurso paralelo, complementario, confluente, ou como se queira denominar, de redaccións en galego. E centos e centos de estudantes de segundo da ESO de toda Galicia partici paron neste curso na primeira edición deste certame. E houbo premios -que entregaron onte en Santiago- para moitos dos nenos e nenas participantes. Con normalidade plena. Seguro que se Coca Cola nos ve como algo normal, como unha lingua e unha cultura de interese para convocar o concurso de redacción, é que as cousas avanzan. Graciñas Coca Cola por mirarnos con bos ollos.

Sempre dixen, non sen un aquel de convencemento íntimo, que eu poría de responsable da política lingüística do país a un directivo de Coca Cola. Saben vender o produto. Saben crear un desexo. Saben facer dun líquido marrón escuro, algo atractivo e con forza para todos. Saben facer que chegue a todos os sitios. Con eles, teriamos a partida gañada. Aínda que, claro, sempre habería algún repunante que peferiría Pepsi. E non pasaría nada.(La Región:13-06-09

79 comentarios:

Arturo Cal dijo...

Anxo Lorenzo é un vendido. O seu discurso xustificativo foi desmontado nuns días. So me cabe expresar o desprezo a unha persoa de tan baixa calaña e o desexo de que se vaia pronto e co rabo entre as pernas, como merece.

arume dos piñeiros dijo...

Tamén hai outras posibilidades, sen descontarmos a mirinda.

Anónimo dijo...

Traparratrá, Arturo.

ms dijo...

(1) "A sociedade galega entende perfectamente que non podemos ofrecer unha educación á carta. Nin en Galicia nin en ningún país do mundo."

Primeira mentira, por tanto, de Feijóo, que lle prometera ás súas "huestes" poder "segregar" os alumnos por lingua.

(2) "Os datos do IGE indicaban que había un 64% de persoas que falaban so galego ou máis galego que castelán."

Se eses datos son verdadeiros, como é que o PP está en contra de que os rapaces estuden o 50%, cando menos, en galego? Ou é que hai que promocionar o español, a lingua en desventaxa?

(3) "Temos que intentar entre todos poder imaxinar un sistema educativo onde todos renunciando a algo nos sintamos cómodos. Imos ter que renunciar a algo todos, non só o Goberno e o PP."

Para volver ao bilingüísmo harmónico de Fraga, onde os rapaces estudiaban dúas ou tres asignaturas en galego?

(4) "O que imos facer é consultar ás familias para que sirva de base para construir o primeiro borrador do decreto para ofrecerllo á sociedade e as forzas sociales e políticas."

Que vai facer a Xunta con eses datos persoais + opinións dos pais. Está a Axencia Española de Protección de Datos enteirada do que se está a facer?

Por que inclúen a pregunta do inglés no cuestionario, cando en case ninguún centro se dan asignaturas en inglés (ademáis da de lingua inglesa)? Non será para facer que o galeguiño apareza como parente pobre?

Pintaxilgo dijo...

Baixa calaña, a de Lorenzo, Sr. Anónimo. Todo o que lle pase , e o pago que lle van dar, teráo merecido otal Lorenzo

Arturo Cal dijo...

"Traparratrá, Arturo."

Excelente rebatemento e defesa de Anxo Lorenzo que con siaeiros tan lúcidos tena clara.

Ninguén vai defender a Anxo Lorenzo?.
Señores contidos, mesurados e de tanto sentido común, por favor comecen...O grande profesional precisao mais que nunca.

Anónimo dijo...

Que está pasando?
A situación actual é que o idioma que
debería unirnos está sendo utilizado para
separarnos nunha loita na que algunha
xente busca a desaparición da nosa lingua
do sistema educativo.
Neste contexto, e ante a enquisa que
vai realizar a Xunta, pensamos que é
necesario que os pais e nais lle fagan saber
á Consellería de Educación algo que parece
do máis lóxico: que queremos que os nosos
fillos e fillas dominen as dúas linguas e que,
por tanto, o galego sexa tamén lingua da
aprendizaxe

1. O galego necesita
aprenderse na escola
En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo
debe conseguir que se dominen as dúas.
A escola ten que garantir que os nenos/as saiban
por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moitos
nenos/as a escola é o único lugar no que conviven
co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos
de uso, é fundamental que, cando menos, a metade
das materias se impartan no noso idioma. Porque,
todos estamos de acordo, as linguas apréndense
usándoas.
2. Saber galego
axuda a aprender
Os especialistas en adquisición de linguas (Cummins,
I. Vila, C. Baker...) demostran nos seus estudos que é
máis fácil aprender unha nova lingua partindo doutras.
Canto máis temperá é a introdución de novas linguas
mellor se consolidan.
Se un alumno aprende nunha lingua poderá transferir
os coñecementos a calquera outra (se aprende
matemáticas en galego, poderá utilizar os seus
coñecementos matemáticos en calquera outra lingua).

Sabiades que...
... o alumnado galego ten mellor dominio
do castelán que a media española?
O informe Pisa sinala que as comunidades con dúas
linguas se sitúan por riba da media española en
competencia en lingua castelá.
Existen estudos que demostran que en Galicia os
resultados obtidos polo alumnado son mellores que os
doutras comunidades autónomas

a secundaria máis capacitado que o doutras
comunidades que teñen unha soa lingua?
Seis premios nacionais de bacharelato e formación
profesional deste ano foron para o alumnado galego,
alumnado que se formou estudando materias en lingua
galega.

O coñecemento das linguas internacionais é necesario,
pero nin dinamarqueses, nin holandeses, nin islandeses...
deixan de lado a súa lingua propia a pesar
de teren poucos falantes. Todas as culturas
entenden a lingua como un patrimonio
que hai que protexer e do que sentirse
orgullosos.
O galego é unha ponte para coñecer a
lingua portuguesa e ábrenos as portas
a un mercado próximo aos 300 millóns
de persoas. Nun mundo fortemente
competitivo onde os idiomas van ser
básicos para abrirse camiño na vida,
temos que ser conscientes todos nós
de que non nos podemos permitir o
luxo de desprezar ningunha das nosas
potencialidades lingüísticas.

Refugallo dijo...

Que opinan da prohibición de reunirse e expresarse nos centros de ensino sobre a fraudulenta enquisa?.
Será que non entendemos as razóns superiores dos grandes profesionais como Anxo Lorenzo?

Anónimo dijo...

Lorenzo é do Opus gay?

Anónimo dijo...

A verdade sobre a consulta é que xa se comezou a ameazar a mestres e abrironse xa expedientes que poderian conlevar o despido dalguns dos directores dos centros que se negaron a pasar esta enquisa malintencionada.
O que non se entende é como é que se lle prohibiu falar e manifestarse en contra aos mestres e as equipas directivas, mais si se lle deixou dende a conselleria a unha organización allea o sistema educativo, entrar dentro dos centros a repartir panfletos, panfletos que por certo, en moitos casos remataron no lixo.
Outro dato importante é que o custo da mesma ascendeu a nada despreciable cifra de 200.000 euros, a miña pregunta é;

Sr Feijoo, ademáis de odiar o Galego coma o seu conselleiro, onde está esa austeridade da que tanto falaba?

lobo neghro dijo...

A situación parece ser gravísima e vai causar crispación, sen descartarse a violencia.
Engádase unha situación económica que non tocou fondo. No sector do automóvil o peor queda por vir.Fálase dun vintecinco por cento de paro.

E a alternativa do psoe é un "neghociante especulador" sen ideoloxía. Ó Pachi importalle un carallo todo esto. Hai neghocio?.
E se non é él o candidato, serao "L'universelle araigné".

O bloque noqueado.

Sólo nos queda a sociedade civil.

Aghora sí, amighos, tócalle ós denostados funcionarios levar a cruz e a loita. Son os únicos que poden e teñen o deber moral de facelo. Será posible volver as grandes mobilizacións. Ás folgas?.Neste contexto de quebras en efecto dominó?. Vamos ver aghora o papel dos sindicatos.

De que me falades, de expedientes?. Nin nos tempos do nunca mais, cando se desobedeceu e se debatíu nos centros, se cheghara a tal extremo.

Grandes cousas van nacer. Grandes remedios nacidos dos grandes males.Grandes prodixios.

O que vai vir non vai ser pequeno.

SE non derivamos hacia un novo totalitarismo paternalista e enfermizo "opusiano e gay". Gay sectário, gay aberrante, non todos os gays son liberales e artistas.Eh?. Xa empezan a feder.

E este tipiño, o Lorenzo, quen ven sendo?. É familiar dise que operaba no instituto da língua?.
Anda un meu amigo, pai dun visitante asíduo deste blog, un crítico acérrimo da anterior consellería de educación, decindo que estes ainda son peores. Malos de carallo, malos de verdade, burréfalos e malintencionados. Odiosos. Aghresivos.

Expedientes?.

Eu bótome ó monte e creo un movimento gherrilleiro. Violento como eles.

Estou a piques, pouco me falta, de declarar o estado de ghuerra.

Estou afeito, son un lobo.

Anónimo dijo...

E o Monxardín non vai defender o seu mentor?
Ou xa mirindou?

arume dos piñeiros dijo...

Seguimos a dar paus de cego. Tiramos a dar a todo canto se move, pero non damos na diana. Non vexo eu productivo (aparte da catarse que sempre axuda) quitar toda a batería de insultos sobre os responsables políticos do PP. A consideración moral que nos suxire a actuación de Anxo Lorenzo ou de Vázquez ou de Feijoo non afecta nin debe afectar para nada a crítica política dos seus planteamentos. O que cadaquén pense sobre a persoa (mesmo con eses comentarios desafortunadísimos, por non empregar outros termos, sobre gays) non importa para a cuestión política, que é o que verdadeiramente interesa. Entendo que este debate é político e nese terreo debe xulgarse. O outro sobra.
Neste foro escoitáronse voces de consenso, da necesidade de crear pontes. Pero tamén se xulgou, alomenos así fixen eu, difícil por non dicir imposible presumir de tal cousa e tomar decisións unilaterais sen contar cos que deben estar dispostos ao diálogo. Así resulta imposible. Esa é a miña crítica e non tanto polo que eu pense como polas consecuencias que estamos a ver nestes días. Se o ambiente estaba caldeado de antemán, non considero prudente encendelo a menos de quince días do remate das clases. Non sería posible calmalo durante o verán e tomar iniciativas tranquilas ao comezo do ano? Se teñen previsto derrogar o decreto (porque así o plantearon nas eleccións) e asumir un consenso, faise estraña e imprudente esta premura, esta presa por deixar clara a posición gubernamental.
Eu intúo que Lorenzo está na consellería para servir de freo ao que consideramos moitos unha ofensiva, con aires de vendetta, contra a posición do galego na xurisdicción galega. Está tratando de mitigar, retrasar, paliar o que el desde dentro (desde fóra aínda parece máis claro) mira con case terror. Mirar o que escriben algúns no feisbu de Feijoo pode dar conta de cal é o grao de vinganza que algúns posúen para cargarse o galego. Menos mal que algúns mesmo aceptan que a materia de galego se dea en galego ou que forme parte do curriculum. Non hai que dicir que algúns piden que sexa voluntaria.
Con isto non quero de ningunha maneira exculpar a Anxo Lorenzo do que lle corresponde como todo cargo político cando toma as decisións que toma. As censuras contra a enquisa e contra o que se está a facer estes días en relación coa prohibición de manifestacións no interior dos centros educativos son moi numerosas e case todas elas, ao meu entender, moi razonables. Pero aspiro a que as críticas (durísimas, se cadra: e eu xa as fixen nos foros onde corresponde) sexan nese terreo político e non no terreo persoal, máis ca nada porque este nada afecta ao litixio no que estamos metidos todos.

arume dos piñeiros dijo...

VÍCTOR FREIXANES
A enquisa, LVG 14/6/2009

Ningún demócrata pode opoñerse a que se consulte a cidadanía. Sobre calquera cuestión. Tamén sobre esta. Mágoa que non se nos pregunte sobre outras, igualmente transcendentes, promesas que se fan nas campañas electorais, por exemplo, e que logo non se cumpren (e que case ninguén reclama).

Ningún demócrata, repito, pode rexeitar unha consulta que, aínda que non sexa vinculante (non é un referendo), debería permitirnos coñecer o grao de aceptación, de dificultade, de conflitividade ou de expectativas que calquera actuación de Goberno esperta nos cidadáns (depositarios ao cabo da soberanía).

Pero as cousas hai que facelas ben. Para que teñan sentido. E mesmo para que sexan fiables, se iso é o que se pretende.

A consulta (enquisa) que o Goberno de Galicia está a facer estes días aos pais e ás nais, coincidindo co final do curso escolar, sobre o grao de implantación e o posible tratamento que poida recibir a lingua galega no sistema educativo, nace viciada de principio, viciada de parte, deberiamos dicir, o que en termos xurídicos significa: nula de seu, por como se fai e polo momento en que se fai. Xa non falo das intencións con que se fai, que, se cadra, tamén.

Unha consulta destas características, á marxe da consideración táctica ou estratéxica que queiramos darlle, debería reunir uns requisitos que de ningunha maneira se cumpren.

Primeiro: tería que formularse cun cuestionario máis amplo, cientificamente avaliado, que sitúe realmente o idioma no seu contexto, incluso na legalidade vixente (Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística).

Segundo: debería realizarse dende institucións independentes, non dende unha das partes implicadas. Existen no país organismos competentes que, noutras circunstancias, poderían, e se cadra mesmo deberían, realizar esta sondaxe (as Universidades, o Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, por citar só algúns, mesmo de carácter institucional). Neste sentido a consulta é claramente sectaria.

Terceiro: unha consulta destas características non pode facerse en quente, enguedellados neste clima de liortas partidarias nas que a lingua (a lingua propia de Galicia) se presenta ou coma unha mercadoría de transacción ou coma unha arma que se arrebola contra o contrario segundo os intereses de cada parte. ¿De que consenso podemos falar con este tipo de prácticas?

Cuarto: ¿que garantías temos de que os resultados respondan á opinión libremente expresada e non sexan amañados a conveniencia da parte contratante? ¿U-la institución de arbitraxe que debería garantir a fiabilidade do inquérito?

Quinto: ¿que nivel de coñecemento obxectivo ten a cidadanía sobre estas cuestións, abafada pola guerra mediática que está tendo lugar e sen capacidade de debate? ¿Por que exclusivamente os pais e non o conxunto dos cidadáns? ¿E os profesores? ¿Non teñen nada que dicir? ¿Alguén cre, sinceramente, que por esta vía imos construír un modelo integrador?

Criselda dijo...

A entrevista non ten desperdicio. É un modelo de coherencia do texto e do contexto.¡Quen nos ía vaticinar que un día diriamos que Fraga e os seus DXdPL o facían mellor!
Di que queren consenso. Non me estraña. O PP na pasada lexislatura foi modelo de consenso. Lembremos a aprobación do estatuto. Xa que logo, é normal que o pidan agora.

Arturo Cal dijo...

Señor Arume non esaxere o inexistente para paliar a gravidade da actuación política dunha persoa cuxa profesionalidade e eticidade está quedando publicamente en evidencia.

Comprenda que non ía inserir a miña mensaxe así:

Anxo Lorenzo é políticamente un vendido. O seu discurso xustificativo foi desmontado políticamente nuns días. Só me cabe expresar o desprezo político a unha persoa de tan baixa calaña política e o desexo de que se vaia pronto e co rabo político entre as pernas, como merece.

Teño seguido os animados foros internéticos sobre a cuestión, e non teño advertido ataques persoais, nin políticos a Anxo Lorenzo.

Paréceme que a resposta a esta estratexia españolista contra a lingua está demostrando unha alta preparación e fortaleza política existente no país, por riba dos partidos. Non hai máis que enumerar o número de comunicados de asociacións, sindicatos e agrupación de todo tipo, non hai mais que recordar o número de asistentes ao manifestación en defesa do idioma, e non hai mais que pulsar o ambiente cultural e politico.

Non desprece Arume a este pobo, non lle reste lexitimidade a un comportamento político da sociedade civil galega, non se quede coa minúcia, coa anéctota e faga dela motivo de enaltecemento do deleznabel e oprobio da dignidade.

Outra cousa é que nos poidamos compadecer. Sen dúbida, polo que coñezo, Anxo Lorenzo non se agardaba esto. Foi animado a aceptar este cargo, e non me cabe dúbica que está comprobando a frialdade dos mesmos que o animaron, que o van deixando só, ante un máis que anunciado fracaso.

Arturo Cal dijo...

Corrección do seguinte parágrafo:

Onde di:
"Teño seguido os animados foros internéticos sobre a cuestión, e non teño advertido ataques persoais, nin políticos a Anxo Lorenzo."

Debe dicir:
"Teño seguido os animados foros internéticos sobre a cuestión, e non teño advertido ataques persoais dirixidos sobre Anxo Lorenzo."

Xosé M. González dijo...

O artigo de Freixanes podería constituír o modelo de ponderación que, se no seu día marcase os principios e liñas maxistrais da política lingüística, tería dado o grao de solidez e credibilidade imprescindibles para que a sociedade a asumise como propia. Non se fixo, non quixo facelo o PP, non se puxo a facelo o PSOE, non quixo o BNG incidir na que se supoñía primeira lexislatura bipartita; e estamos onde estamos, tratando nunha semana de encomiar e ponderar, desde a sociedade civil e como bombeiros de ocasión, aquilo que as institucións públicas nunca quixeron contemplar.

Xa que eu ando estes días -profesor de secundaria en exames finais e pai cubridor de dúas enquisas- como apurado bombeiro sen tempo nin ocasión para a elaboración de fondo, agradezo a mensaxe de Arume dos Piñeiros, que subscribo en todos e cada un dos seus aspectos e termos; cousa que, aprecio persoal aparte, non é escasa novidade nin pouco significativa. Diferente asunto é o estado de ánimo, do que será dada conta cumprida en espazo comprimido e o Xornal de mañá.

Xosé M. González dijo...

Incidir estes días na descualificación sen concesións de Anxo Lourenzo (a expresión "é un vendido" implica que se pasou ao inimigo -da lingua, suponse-) é perfectamente lexítimo. Ora ben, pode implicar situarse nunha destas tres posicións:

1. A de quen entende que en ningún caso se debe traballar na política lingüística co PP. Primando o testemuñalismo e desbotando a tamén lexítima opción de influír na gobernación dun xeito positivo; renunciado á posibilidade de ter un amigo no niño dos falcóns.

2. A de quen tenta inducir a calquera profesional a seguir unha liña, en política lingüística, de pura oposición; ou sexa: a de apoiar ou servir en exclusiva unha estratexia coherente, pero partidaria.

3. A de quen, sen que se lle vexa maior interese de mobilización social en materia lingüística (e en particular nesta semana de enquisa), dispara contra Lorenzo desde un punto de vista partidista e por motivación seguramente complexa.

Considero todas tres inconvenientes e inadecuadas. Aínda pode haber algún interese ou axuste de contas persoal ou profesional; obviamente, estes nin os cualifico.

Anónimo dijo...

XMG primeiro di:

Incidir estes días na descualificación sen concesións de Anxo Lourenzo (a expresión "é un vendido" implica que se pasou ao inimigo -da lingua, suponse-) é perfectamente lexítimo. Ora ben, pode implicar situarse nunha destas tres posicións:

e de seguido afirma:

Considero todas tres inconvenientes e inadecuadas. Aínda pode haber algún interese ou axuste de contas persoal ou profesional; obviamente, estes nin os cualifico.

Entón é lexitimo, pero inconveniente e inadecuado.
Vamos que "era de noite porén chovía.
Paréceme que XMG debería asumir as "liñas maxistrais" da "ponderación". Cando non se sabe o que se está a dicir é mellor calar.

Xosé M. González dijo...

Cando non se sabe o que lle din a un, é mellor calar. Iso si, despois de facer patente a perplexidade.

arume dos piñeiros dijo...

Dúas cousas, amigo Arturo Cal:
1.Ten que recoñecer que a redacción que vostede propón en ton paródico é infinitamente máis acaída ca primeira que puxo.
2. Onde é que eu desprezo ao pobo, termo que eu nin siquera menciono porque, entre outras cousas, nunca o emprego?

E non trato de paliar nada: estou tratando de entender a cuestión e recoñecer o mellor e máis intelixente xeito de combatila.

ANDREA dijo...

“O galego está salvado” dixo Ramón Piñeiro cando soubo que a lingua galega se incorporaba á escola mediante as leis que se crearon despois do Estatuto de Autonomía.

Esteban dijo...

U-los neopiñeiristas?
U-lo consello de Galicia?
U-las Asociacións de escritores
U-las asociacións de editores?
U-lo Apicultor?
U-lo Antón Bahamonde?
U-lo Antón Reixa?
U-lo X. Carlos Caneiro?
U-lo Pen Clube?
U-lo Méndez Ferrín cando era?

Anónimo dijo...

O primeiro receptor do que se di é un mesmo señor XMG e quedou patente a incongruenia no seu dicir. E para perplexos léase a guía de Maimóides.

Xosé M. González dijo...

Continúo sen entender. Agora, talvez pola falta de comas.

Arume, leo nalgún foro que en centros concertados das cidades grandes hai días que se recibiu a enquisa e xa hai moitas contestadas. Escoitou algo na súa contorna viguesa?

Arturo Cal dijo...

Estimado Arume.
Acaido, asegún, se é na dirección do humor non o dubido.

Advertín en vostede certa apreciación despectiva respecto a reacción popular causada polas últimas medidas da Consellería de Educación referidas ao idioma. É a este fenómeno ao que me refería, estimando que vostede lle restaba lexitimidade.

Participo do seu intento de intentar entender a situación, pero permítame que lle diga que si remata os seus analises con esa explicación de que se trata dunha vendetta, paréceme que non entende moito e debería cambiar a orientación da súas analises.

arume dos piñeiros dijo...

Non escoitei nada ao respecto, amigo Saavedra.
Advertiu mal, amigo Arturo Cal. Xa llo digo. Con total claridade. Xa non digo nin eso que recomendan para falsas modestias de que me expliquei mal, porque levo varias intervencións neste foro, en particular noutro post, sobre a enquisa e creo que deixei clarísima, diáfana a miña postura.
Cando falo de vendetta é porque advirto (e podo estar trabucado) en certos sectores do PP un desexo de arrumbar canto antes todo o feito polo bipartito, e de paso polo goberno Fraga e de paso por todos os gobernos durante estes anos desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983. Esa vendetta que se agocha no fondo da maquinaria sen complexos que Aznar chamou segunda transición e que aínda segue a moverse co seu estrépito característico.
Pode que vostede non o vexa. Pero en fin.

Anónimo dijo...

Máis de cen membros de equipos de dirección dos centros educativos de toda Galicia solicitáronlle onte a Educación ser "eximidos da responsabilidade" de custodiar e aplicar a enquisa sobre o uso das linguas no ensino, un traballo que consideran "alleo aos nosos cometidos".

Reunidos no IES Xelmírez I de Santiago nunha asemblea informativo convocada pola CIG-Ensino, os directores acordaron un texto no que rexeitan asumir "a vixilancia dunha chapuza xurídica que non cumpre ningunha garantía mínima". Denuncian ademais que a enquisa de Educación representa "un inquérito tendencioso que impide expresar a vontade dos que están a favor do ensino en galego".

Tamén critican que a posibilidade de achegar opinións se limite ás persoas que nestes momentos teñen fillos escolarizados, "cando o sistema educativo como servizo público, a normalización lingüística e o dereito a coñecer o idioma propio de Galicia son cuestións que afectan ao conxunto da sociedade".

O rexeitamento dos equipos directivos súmase así á cadea de reaccións contrarias á enquisa elaborada dende Educación, así como á circular enviada dende o gabinete que dirixe Jesús Vázquez co fin de "prohibir todas as actuacións ou actos a favor o en contra" da consulta. De feito, no texto acordado onte por consenso, os directores de centros educativos incidiron en que non se van deixar "intimidar polas ameazas ilegais dunhas autoridades educativas que perderon o seu carácter institucional para comportarse como axentes electorais dun partido político. Neste sentido esiximos a retirada das notificacións enviadas ao centro por represivas e ilegais", remarcan.

Acusan á Consellería de usar "de xeito partidista a educación e censurar opinóns diferentes á súa" así como de prohibir "que se dea información da propostas das organizacións sindicais e movementos de renovación pedagóxica, equipas de normalización lingüística, ANPAS, etc... contradicindo o que reflicten os preceptos legais de promoción e uso do galego recollidas na actual normativa.. "

Sosteñen que as indicacións da Consellería sobre a emisión de opinións en relación á consulta vulnera a súa liberdade de expresión e de cátedra. "Resulta paradoxal que se nos estean anunciando recortes na calidade do ensino (supresións de prazas, agrupamentos,...) coa escusa da crise e se leve a cabo este dispendio en recursos económicos para atacar a nosa lingua. Para diminuír a presenza do noso idioma no ensino non hai crise", conclúen.

É por iso que rexeitan a enquisa e reclaman "que se nos exima de responsabilizarnos deste traballo alleo aos nosos cometidos".

Ademais, A Coordinadora Galega de ENDL acompañou a un grupo de pais e nais de centros como o Emilia Pardo Bazán da Coruña que mostraron a súa preocupación ante "a actual situación e a perspectiva futura da lingua galega no ensino."

Fano un día despois de que se dese a coñecer a supresión do programa de innovación educativa de introdución do galego en contextos castelanfalantes. Segundo os informes elaborados polos propios centros, e a percepción das familias, os resultados acadados na consecución da competencia nas linguas oficiais son "altamente satisfactorios". Por iso, os centros educativos mostraron a súa "perplexidade" pola eliminación deste programa sen previa consulta aos docentes nin ás familias. Os pais destes centros mostraron a súa "indignación" ante este feito e reclamaron para os seus fillos "unha capacitación correcta en lingua galega, que algúns pais –castelanfalantes– non poden ofrecerlles porque no sistema educativo no que foron escolarizadas o galego estaba ausente."

Arturo Cal dijo...

"Esa vendetta que se agocha no fondo da maquinaria sen complexos que Aznar chamou segunda transición e que aínda segue a moverse co seu estrépito característico.
Pode que vostede non o vexa. Pero en fin."

Non, amigo Arume, non vexo unha vendetta, senón unha ampla estratexia de renacioalizacion española.

Anónimo dijo...

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (ENDL) volveu onte criticar a enquisa de Educación, que tachou de "pouco seria", "contraditoria", "estritamente electoral" e "irresponsable". Ademais, reclamáronlle á Consellería que "faga un esforzo especial" para que o resultado "non acabe sendo a infravaloración do idioma galego ou o seu abandono".

UN dijo...

Arume dos Piñeiros:
"Non vexo eu productivo (aparte da catarse que sempre axuda) quitar toda a batería de insultos sobre os responsables políticos do PP."

Teño ateigado o correo de comunicados de multiples organizacións e non vexo insultos, pero si abondantes argumentacións contra o Conselleiro de Educación e Anxo Lorenzo.

arume dos piñeiros dijo...

Eu tamén o teño. Pero eu das argumentacións non falei, porque tamén eu as fago. Eu falei dos insultos. Que os hai e non valen para nada. Xa digo que un pode insultar porque así queda tan ancho. Presta, para que nos imos enganar. Neste mesmo post, sen ir máis lonxe os hai. Ou polo menos así os considero eu.

arume dos piñeiros dijo...

Bótenlle unha ollada ao capítulo dos comentarios.

arume dos piñeiros dijo...

Sobre vendettas, sábeme mal reproducir textos do feisbu de Feijoo. Pero calquera que entre alí, verá con total nitidez que é o que pensan os seus siareiros sobre o galego. E dame a lixeira impresión de que non lles gustou moito a política lingüística do bipartito e que aínda lles parece agardar moito o ano que vén enteiro co decreto 124/2007. Por suposto, expresado con verbos, substantivos e, sobre todo, adxectivos de reducida fineza intelectual.

Arturo Cal dijo...

Señor arume, o que a min me ten interés son os argumentos, non os insultos e a verdade, creo que non son tantos e incluso discutibeis, como cipaio, ou xudas, de clara connotación política. O importante e interesante é o fenomeno de contestación, polo que estimo que fixarse nalgo marxinal e até certo punto inebitabel como son os insultos é un intento pola súa parte de distraer a atención, defendendo así a Anxo Lorenzo, cousa que nesta situación, a verdade paréceme encomiabel, cando outros seguro que moito mais amigos e mais obrigados están a calar a boca ou a simular ser dos que van gañando a partida.

ms dijo...

"Divide e vencerás (vencerán)"? É iso o que queremos?

Os que fixeron a enquisa e os altavoces mediáticos do Poder téñeno máis claro ca vostedes.

Vexan como titula unha xornalista da Voz unha reportaxe sobre a enquisa:

"Encantados con la encuesta y más amigos del inglés que del gallego

Los padres que ya recibieron la consulta sobre qué lengua quieren en la escuela aplauden la medida; solo algunos temen que no se tengan en cuenta los resultados"

E un pouco máis abaixo:

"La postura más llamativa de los padres es la contraposición entre el gallego y el inglés, como si fuesen excluyentes. De hecho, son comunes las frases como «para mí el inglés es más importante que el gallego», «vivimos en España, pero hay que poder salir de aquí» o «cuando emigré, el que me abrió las puertas fue el inglés», dice un abuelo que espera por su nieta."

A pregunta sobre o inglés, como eu apuntei aquí, non é inocente.

UN dijo...

Pero Arume dos Piñeiros, nos comentarios da ligazón apenas hai insultos, se é que se poden denominar así, e sobran informacións e argumentos.
E neste fio, onde viches insultos, alucinas?
Ou vas de pasado de listo?

arume dos piñeiros dijo...

Podo asegurarlle que eu non trato de desviar a atención en absoluto: todo o contrario. Mire vostede, faga o favor, quen escribiu nestes días neste blog e sobre este asunto (A enquisa).
Desexo que a atención recaia no asunto político concreto. Que consideremos as propostas dos directores (que ben podían demitir en masa, co cal o cristo sería impresionante), que vexamos cal é a mellor forma de respostar a enquisa (a min seguen a quedarme numerosas dúbidas e moito me temo que a moita máis xente tamén) para que quede clara a defensa do ensino (e doutras cousas tamén, que nestos momentos non saen) en galego.
Agradézolle non obstante as súas últimas palabras.

arume dos piñeiros dijo...

Se vostede, nonseise amigo UN, me fala a min así, todo está aclarado.

Arturo Cal dijo...

Celebro a súa clara posición señor Arume.

Anónimo dijo...

Nese artigo o señor Monxardín fai a seguinte afirmación:

"Non nos debemos opor á realización da mesma, aínda que falemos das súas evidentes deficiencias, pois sería admitir dalgún xeito que os galego-amantes estamos en "minoría". Si, creo, debemos explicarlles aos outros pais a importancia de que contesten, a pesar de todo, de acordo co sentido común".

E parece que este argumento non convence a moitos dos colectivos movilizados a prol da língua.
Gostaría saber a opinión de Monxardín respecto a prohibición coa que el pretendía "explicarlles aos outros pais a importancia de que contesten, a pesar de todo, de acordo co sentido común"
E tamen gostaría saber se sigue pensando que hai que deixar facerlle o seu traballo ao Directos Xeral de Política Lingüistica.
Pero parece que hai xente que a tragou a terra. que llo digan a Anxo Lorenzo.

Criselda dijo...

Están vostedes tan mirados que me teñen admirada. Non creo nos insultos pero tampouco fai falta matarse a argumentar contra esta enquisa. As preguntas só caberían para saber o punto de partida da lingua familiar, ambiental, etc, para compensala coa programación escolar e garantir o dominio das linguas por igual ao acabar a escolarización, tal como piden as leis en vigor. Outra finalidade non vai a favor da lingua e moito menos o ditado da vontade puntual duns pais que non representan a sociedade.

Xosé M. González dijo...

Non só os motivos contra a enquisa están claros, senón que estamos (estou) mobilizados(s) contra / en relación con ela. Eu, cando menos, coido que o momento das clarificacións foi ultrapasado, xa que o día dezanove é o tope para a entrega.

En tal sentido, en relación con Anxo Lorenzo: sexa a que for a avaliación que fagamos sobre a súa persoa e papel, non sei qué adianta concentrar as baterías agora mesmo contra el. Tal e como o vexo, é momento da política, e esta pasa por obter o resultado mellor posible na consulta. Análises e xuízos ad hominem eran de antes e poderán ser de despois; desde o día vonte.

Non lle marco o camiño a ninguén, ando a falar e difundir dípticos.

Anónimo dijo...

Miña muller é profesora de secundaria e no seu cento xa se pasou a enquisa (Salnés).
Ela chegou á casa escandalizada, non pola enquisa en sí (que tamén), senon polo xeito como se desenvolveron os feitos cando o director a repartiu polas clases.
Os rapaces tomaron o asunto absolutamente de cachondeo e, inmediatamente puxéronse a cubrir eles mesmos a enquisa: con moita rexouba, ás veces en grupo e con todo o que adoitan facer os adolescentes cando queren divertirse.
Cando os profesores lles fixeron ver que a enquisa ía dirixida aos pais , os comentarios foron deste tipo:
E porque van ser os pais os que a cubran? O que estudia son eu!
Meus pais disto non entenden nada!
Aínda que a levara para a casa, meu pai íame dicir que a cubrira eu! etc.
O caso é que, en poucos minutos, a maior parte das enquisas xa estaban cubertas.
A conclusión foi de caos total, de disparate e de cachondeo maiúsculo.

arume dos piñeiros dijo...

A verdade é que na enquisa non pon que a teñan que encher os pais: di familia. Supoño que algo terán que dicir os rapaces, sobre todo os de ESO e Bacharelato.
Pero iso que conta o noso corresponsal do Salnés vai ser máis ca moeda común.

Xosé M. González dijo...

Se así, grandiosos balance e resultado: pagaría a pena ler os comentarios a pé de páxina. A dúbida é se tal risco -previsible- non estará conxurado polo partido emisor nos lugares máis controlables ou 'disciplinados'. Deixando aparte a posible cociña.

medela dijo...

Matrimonio composto por cirurxián da rede pública con consulta privada e galerista de arte. Ambos falan castelán e votan BNG.
A empregada doméstica do tal matrimonio é casada con operario industrial (peón), labrador simbiótico. Falan galego e votan PP.
Os fillos do primeiro matrimonio van á escola pública. Os pais responden na enquisa que queren aulas para os fillos exclusivamente en galego.
Os fillos do segundo matrimonio van a un colexio privado, carísimo, e responden na enquisa que queren aulas exclusivamente en castelán.
Cumprimentos desde Allariz.-

arume dos piñeiros dijo...

Medela: faltaronlle os nomes de tales individuos.

medela dijo...

Individuos?
Efectivamente, son individuos da especie homo sapiens sapiens.
E cónstame que son todos bos veciños e excelentes persoas.-

Anónimo dijo...

pero mal galegos ?

Anónimo dijo...

pero mal galegos ?

Perla dijo...

... Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.

Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.

Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, pobo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.




Manuel María
(Canciós do lusco ao fusco, 1970)

xOsse dorrio dijo...

Eu destacaría o feito de que se gasten 200.000 € nunha consulta, sen garantía algunha, que, segundo o Sr. Lorenzo, "non vai ser o único elemento a ter en conta".

Destacaría tamén que pais que non teñen dereito ó voto, porque non son nacionais (galegos), si teñen dereito a elexir en que lingua estudan os fillos de todos os que si o son. Falo especialmente de nais latinoamericanas para as que o galego é un estorbo.

arume dos piñeiros dijo...

Sinto, Medela, que se molestase. Pensei que era estereotipo e causoume estraneza que vostede non engadise nomes como fai de xeito habitual. E puxen individuos como é normal en socioloxía. Pero vexo que non anda a cousa como para brincadeiras. Síntoo.
A nai latinoamericana (por qué non pai tamén?), que ten todo o dereito do mundo a encher a enquisa e eu diría que para votar (moito máis cós que están vivindo fóra) non considera necesariamente que o galego é un estorbo. A experiencia de moitos colegas no ensino amosan que non son precisamente os hispanofalantes doutros países quen adoptan as posicións contrarias ao galego, senón os naturais (eses que vostede chama nacionais) do país.

Anxo dijo...

OS SEIS MITOS DO NACIONALISMO LINGÜISTICO ESPAÑOL:
http://www.youtube.com/watch?v=d4B6Hu3z-4A&eurl=http%3A%2F%2Fwww%2Ekaosenlared%2Enet%2Fnoticia%2Fseis%2Dmitos%2Dnacionalismo%2Dlingistico%2Despanol&feature=player_embedded

Anxo dijo...

OS SEIS MITOS DO NACIONALISMO LINGÜÍSTICO ESPAÑOL:

http://www.kaosenlared.net/noticia/seis-mitos-nacionalismo-lingistico-espanol

AVMF dijo...

Sr. Anónimo:

Teño vida propia -acabo de chegar dun concerto no Bon Xesús de Trandeiras- e non podo estar sempre encima da computadora. De aí que non localizase a súa mención a min ata hai un momento.
O sr. Anxo Lorenzo dixo que aceptara por compromiso, o difícil choio no que se meteu. E convirán comigo en que no profesional e persoal pouco tiña que gañar e si moito que perder. Os virulentísimos ataques persoais que aquí arriba están son unha mostra. Polo tanto supóñolle a sinceridade do seu argumento, ou sexa a vontade de ser útil no avance do galego que é o que leva propugnado sempre.
A xente que se arrisca ata o punto que el o fixo, meréceme máis respecto que os que se agochan en anónimos, por suposto para insultar como “desperzo, baixa calaña, etc.”. Está claro que a enquisa é unha radical trapallada e as ordes que lles pretenderon transmitir aos directores, son tan indecentes e extemporáneas que amosan un nulo coñecemento do sector. Non se preocupe que ninguén lles vai facer caso. Eu xa me lle teño rido da enquisa en tres ou catro artigos, o que non quere dicir que non a cubra eu, por duplicado, como pai duplicado.
Lida a entrevista do Faro dúas veces, non atopei nada de que me escandalizar tendo en conta quen gañou as eleccións. Desde logo a frase de despolitizar a lingua paréceme clave. Tirios e Troianos deben deixar o tema. Esperemos que coa enquisa calen un par de meses lendo datos e despois do verán, maís moreniños e descansados todos, teñan algo qeu achegar. Un saúdo e bótome fóra que mañá debo erguerme cedo.

Anónimo dijo...

Señor Monxardín, a súa posición neste asunto da língúa é bastante dificil porque observo como se ve obrigado a fabricar insultos, inexistente para depreciar os argumentos contrarios aos seus. Dende cando dicir que se"despreza" a unha persoa polo seu comportamento político é insultar?, e cando se clarificou que a "calaña" referíase tamén unha cualidade polítia, porqúe apunta vostede constantemente ao persoal?.
Non, señor Monxardín non hai insultos mal que lle pese, hai valoración de comportamentos políticos.

É vostede moi libre de crer nas palabras de Anxo Lorenzo, pero outros tamén somos moi libres de non crer no que di este señor.
Entre un heroe e un traidor hai unha longa distancia, un precipicio que se vai enchendo de feitos e argumentos, de valoracíóns, de contrastacións e evidencias.
No meu entender o que non é posibel e ser a un tempo heroe e traidor.
Segundo vostede Anxo Lorenzo é un dos nosos, un defensor do noso idioma. Un defesor que colabora cos que queren atacar ao idioma, porque con el será sempre máis leve o ataque, e sen el sería peor, porque ao fin temos que estar até no inferno do idioma para que o diaño solte a ser posibel tamén algunha blasfemia en galego. Esta visión é coherente e encontrase ben expresada cando vostede di que "hai que despolitizar o idioma", alineandose coas teses neopiñeiristas. Pero o idioma politízase, porque o pacto implicito que se mantivo con Fraga quedou roto coa estratexia renacionalizadora española que quere comezar por Galica a reconquista de España.
O neopiñéirismo ao meu entender é xa o pasado, non cabe xa esa estratexia de traballar por Galicia colaborando coa dereita, certo é que moitos montaron seu anano imperio nese limbo cultural, pero creo, de verdade, que chegou ao seu fin.
Anxo Lorenzo concordará conmigo señor Monxardín: Non é tonto.E sabía onde se metía, e se non o sabía agora sabeo mellor. O problema non é a enquisa, senón a intención que acubilla tras da enquisa, que foi adverida pola sociedade civil galega. E non é ninguna trapallada, a intención, señor Monxardín, non a enquisa que se acaba en trapallada é porque o señor Xesus Vazquez é e esta rodeado de ineptos.
O señor Anxo Lorenzo a estas alturas da crispación, serenamente, se se di dfensor do galego so lle cabe dimitir. Non vou repetir argumentos que non rematan de fluir do mais vivo da sociedade.

Comprendo que vostede Monxardín e outros queiran voltar ao pasado, aos tempos en que o idioma podía entenderse a marxe da política, os tempos do pacto implicito, da lingua e das comerotas, dos patronatos, os echufes e o ornato en cerimonias enxebres e campechanas. Pero o tempo pasa e unha batalla avecíñase, de ahí o meu interés por saber da súa posición, porque lle teño simpatía, e lamentaría velo na sección cipaia das forzas inimigas do galego.

(se lle molesta moito que firme com anónimo póno o nome, e incluso me tomo unhas cervexas con vostede)

fogo fatuo dijo...

Anxo Lorenzo: Conselleiro do Tribunal da Enquisación da Galicia Bilingüe (nas formas) pero Monolingüe Española (no fondo).

Abaixo os Enquisadores!!!

AVMF dijo...

Sr. Anónimo. Empezamos a entendernos. Acepto as cervexas. Chame e tomámolas. Acepto o de neopiñeirista -porque me parece que o piñeirismo foi bo para o país- pero prefiro "tardopiñeirista" en vez de "neo", porque aquilo xa pasou.
Insisto en que "desprezo a unha persoa de tan baixa calaña" é un insulto persoal que non politico. Político sería dicir "Amoso o meu radical rechazo pola táctica e estratexia linguistica adoptada polo Sr. Anxo Lorenzo".
Pero mellor seguimos coas cervexas polo medio.
E coidado coa imaxinación de bélica -aproximase unha batalla- sen a seguridade de gañar.... O que se aproxima son as vacacións.
Chame que en Ourense vai calor e do das cervexas cobízame.

outro anónimo dijo...

Afortunadamente, sr Monxardína, hai quen non ten tanta présa coma vostede por coller as vacacións.

LVG:
La CIG presenta dos denuncias contra la consulta a los padres sobre el idioma

El sindicato nacionalista ha presentado un recurso contencioso-administrativo y una instancia ante protección de datos.

xdc dijo...

Unha denuncia é ben doada de facer. Veremos os seus resultados prácticos, que ao fin e ao cabo é que nos importa aos pragmáticos coma mín.

Anónimo dijo...

Algúns dos pragmáticos estanche moi rufos,ben colocados,detrás da barreira,a velas vir.

Anónimo dijo...

Si... si...os pragmáticos andan silandeiros, agardando o momento de situarse cos vencedores, coma sempre. O malo para eles é que destas están resultando moi visibeis, opacos e advertimos a súa fealdade moral.

XDC dijo...

Hainos tamén que sólo teñen lengua (non lingua) e apóstanse tras da barreira do "economato" a decir caralladas.

Anónimo dijo...

Non ía por vostede XDC.

Anónimo dijo...

Vota D.O.

Anónimo dijo...

Domingueros Orensanos
apuestan por el castrapo.

xdc dijo...

Ils aboient, alors we ride

Anónimo dijo...

Arturo Cal é o mesmo que o Anonimo que interperpelou a AVM, e teño indicios de que se trata de Jimmy de Rairo

Anónimo dijo...

Os vellos delatores nunca morren.

lobo neghro dijo...

Na miña casa o meu fillo trouxo a enquisa con duas preghuntas contestadas por él. Creo que se puxeron de acordo todos os compañeiros para facelo.
As restantes cubríronas él e a nai ( quen dí que non hai matriarcado?) e eu pasei, e paso.

O fillo está de excursión de fin de curso. SE vos interesa sociolóxicamente preghuntolle cando veña de volta.

Os profesores teñen que actuar ante o que lles pide a administración porque son funcionarios, pero os pais por que teñen que contestar?.

Anónimo dijo...

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=7649&corte=2009-06-15&hora=20:49:05&canle=tvg1#

AVMF dijo...

Sr.outro anónimo:
¡Que pouco me coñece vostede co da présa en coller vacacións!
Non sei en que traballará -se é que traballa vostede, que poida que viva de moca- pero eu, enganado ou non, dou o callo seguido.
Monxardina? Agardo que fose erro de máquina e non sexa vostede tamén un machista reaccionario deses que usan o feminino para agudizar o insulto.
Respecto da CIG que admira: Se cadra podiamos encadear o futuro da lingua á da revolta do metal en Vigo,¿va que si? ou aos mil e pico votos de I.I. en Galicia, ou ao 6 e pico do BNG en Ourense city. Pero non. A lingua non ten culpa de que a manipulen uns e outros. (Us lloutros, como lle pronunciamos por aquí)...
Monxardina. Será cretino.
Corto e cambio.

Jimy de Rairo dijo...

Señor Monxardín,tomámonos as cervexas cando queira, ainda que eu a verdade voulle tomar unha Pepsi.
Na súa contestación ao anónimo déixame confundido a extraña implicación que establece entre a o conflico da língua, a folga do metal, a Ininciativa Internacionalista e os resultados do bng en Ourense, creo que para captala intuitivamente sería precíso recurrir a capacidade mitoloxizante de don Alvaro ou as paranoias de don Vicente.

AVMF dijo...

Unha pepsi? Co concurso en de redaccións en galego que acaba de facer a Coca Cola!!!
Non se me alie mal co imperialismo, Jimy.
De facelo, fágoa con Coca Cola.
Eu, sen dúbida, Estrela Galicia.
A nosa Guinness.
A alianza que fago está clariña como o pensamento de don Alvaro.
Metal de Vigo= crispación,insolidariedade e prepotencia (sobre todo pola parte sindical).
I.I.= ridiculez de apoio.
BNG de Ourense = Bailaches Carolina? Bailei si señor, aínda que lles estou un pouco bébeda..

Jimy de Rairo dijo...

Pois de pasarme fágoo ben e pído un refresco de limón granizado de San Diego.
probarei coa interpretación paranóica de don Vicente

arume dos piñeiros dijo...

Sobre o metal vigués:
Esta é a reacción da patronal sobre a figura do presidente do clúster que se atreveu a criticar por igual a sindicatos e patronos. Velaí as sensatísimas e agradables palabras, exentas desa violencia de parafusos e lumes que adoitan os sindicatos (non só a CIG, ollo, nin a CXT: UXT e CC.OO tamén están nas mobilizacións).

Las cinco federaciones empresariales sentadas en la mesa de negociación del convenio del metal no tenían ayer abierto solamente el frente sindical. También arremetieron contra el presidente del Clúster de la Automoción, Francisco Anguera, quien el pasado día 11 criticó la «radicalización» de las dos partes en litigio (patronal y sindicatos) y calificó a ambas de «irresponsables», además de subrayar que «está en juego la subsistencia misma del principal motor de la economía gallega».

En una carta conjunta firmada por Asime, Atra, Foncalor, Instalectra y Feca, los empresarios afectados por el convenio del metal calificaron las palabras de Anguera de «opinión equivocada en el momento más inadecuado».

Acusan al responsable del clúster de no estar en sintonía con el resto de las empresas a las que representa, que según la patronal del metal «no comparten su criterio». En su carta, sostienen que «es de mal nacidos tildar de ineptos a unas personas que merecen todo el respeto del mundo pues, de forma altruista, están trabajando duro para solucionar el conflicto».

Tras atribuir su «falta de lucidez» a la «tensión», añaden: «Es una suerte que usted [Francisco Anguera] no tenga competencia en esta materia de relaciones laborales [...], pues podría resultar tremendamente peligroso».