19 jun. 2009








(Fotos: Trebi)


NOMEAMENTO E LIBRO HOMENAXE A MARCOS VÁLCARCEL EN OURENSE
por Corresponsal
(Fotos La Voz de Galicia e La Región, respectivamente)

1. Un emotivo acto.

Os paxaros enmudecían inmóbiles nas árbores da calor que ía, pero iso non impediu que onte xoves, no Liceo ourensán, se celebrase o emotivo acto dobre de nomeamento de Marcos Valcárcel como socio de honra e de presentación do libro Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos.

Nun ateigado e máis que caluroso salón baixo do Liceo, o presidente da entidade, José Carlos Martínez-Pedrayo, glosou con elegancia a figura do honrado e deu conta dos motivos polos que a xunta directiva propuxo o seu nomeamento, entre outros ser o activo e eficaz director da Sección de Literatura desde o ano 2002. Pasou revista Pedrayo aos eventos máis significativos do labor da mesma nos últimos sete anos, subliñando que converteron o Liceo nun punto de referencia ineludible da vida cultural non só ourensá, senón galega en xeral.

A continuación tomou a palabra Afonso Vázquez-Monxardín, en representación dos coordinadores do libro homenaxe (César Ánsias, Benito Losada, Xosé Trebolle, Xosé Ramón Quintana e el mesmo). Despois de expoñer as características desta obra primorosamente editada, na que participaron 225 autores, entre escritores, artistas e amigos, o interviniente leu algúns dos textos do libro, entre eles dous extraordinarios sonetos de Marica Campo e Víctor Campio Pereira.
Un bo número dos colaboradores, ourensáns e de fóra, achegáronse para lle dar unha aperta a Marcos: o escritor Bieto Iglesias, o psiquiatra Santiago Lamas, os historiadores Afonso Mato, Jesús de Juana e José Gómez Alén, o pintor Antón Pulido, a xornalista Cristina Huete, o museólogo Xosé Carlos Sierra, o boticario Adrián Da-Cunha, os dous Xosé Lois: o Carrión e o Carrabouxo, entre moitos outros. Tamén estaban os que se deron en chamar “núcleo duro” d´As Uvas na Solaina, expresamente chegados de Lugo, Vigo ou Allariz.

Marcos Válcarcel fixo unha emocionada e emocionante intervención, agradecendo o nomeamento de socio de honra e o libro dos seus amigos, profusamente aplaudida polos asistentes. O Liceo foi, durante anos, a miña segunda casa, dixo coa voz entrecortada. Falou da amizade, do permanente cariño que se lle amosa desde todas partes, do núcleo de amigos directos que están aí, a pé de obra. Quizais máis que en ningún outro texto apareza tan ben retatado o amigo Marcos como no soneto de Marica Campo:

De como pode un home ser guieiro
para atoparmos un lugar no mundo,
de don Marcos Valcárcel, o profundo
soñador de Galiza, o noso abeiro.

Do amigo, o señor e o compañeiro,
do mestre e o escritor claro e fecundo,
das Uvas na Solaina, do rotundo
apostar pola lingua. O pardiñeiro

da historia do país en el recobra
esplendor palaciano, luz de día,
orgullo de ser nós, que non nos sobra.

Direille aínda acio e malvasía,
viño a repousar que o tempo dobra
en doce potencial de rebeldía.

Ao remate do acto, os asistentes pasaron a unha sala contígua onde departiron amistosamente, refrescando a calor con bebidas e petiscando un ágape disposto polo Liceo de Ourense.

2. Un cantar enxebre.

O así chamado “núcleo duro” d´As Uvas na Solaina, xunto a outros amigos e amigas, aproveitaron a ocasión para iren tomar posteriormente uns viños á Praza do Eirociño dos Cabaleiros.
Milagrosamente, o Júlio Medela e o Xulio Outomuro retiraronse as súas moradas a unha hora prudencial. Mentres, Xoán da Cova botaba man da guitarra e Xosé M. González (Saavedra) e o grande Xoán Fonseca, axudados polo Occam, acometían todo un amplo repertorio de cancións de taberna, seguidos polos demais presentes. Arume dos Piñeiros, pouco dado a efusións tabernarias, aproveitou para falar de Boloña cunha compañeira universitaria que atopou.

Non eran, de certo, as cancións de taberna barrocas de Henry Purcell as que alí foron cantadas, mais era tal o entusiasmo, tan perfecta a harmonía de voces, que de inmediato todo o bar, absolutamente todo, coreou ao unísono: trinta voces mínimo. O climax chegou cando entoaron “Milho verde” e cando se sumaron catro tunos que por alí apareceron para dar conta da canción de Carlos Puebla sobre o Che Guevarra: inenarrábel a conxunción do Fonseca á voz e á guitarra e os punteos do tuno da bandurria.
O cántico “Guantanamera” foi aproveitado astutamente polo avogado lugués Xaime da Pena para mudalo por Antequera en honor a uns andaluces de tal localidade que asistían encantados participando tamén no coro. O resultado non foi outro que as copiosas consumicións alcohólicas correron a cargo dos antaqueranos. Non che son parvos, non, estes de Lugo.
.............................................




14 comentarios:

Trebi dijo...

Sodes ¡FANTASTICOS!, Ledicia con Marcos.
Protesto.....cando se remataba ..e era retirada :pregunto onde vades..?
Resposta...a cama.
¡CABRITOS! pola resposta a cama fun de parbo Eu.

arume dos piñeiros dijo...

Non son reacio ás efusións tabernarias. Non puiden compartir co núcleo (máis ben un reactor nuclear) esas mostras de arraigado ouveo tribal en efecto, porque tiven un emocionante encontro cunha profesora miña de bacharelato (Nieves, a quen mando un saúdo), que puiden localizar gracias á memoria elefantiásica de don Xoan da Cova que me pasou o seu número de teléfono e que había máis de vintacinco anos que non vía. Poderán vostedes comprender esa mesma emoción. Pero tamén debo dicir que cando volvín a O queixo, despoboado de seres intelixentes que preferían seguir a súa vida normal, tranquila e sosegada, nas terrazas do eironciño, atopei unha imaxe dantesca: o limiar do inferno: tres tunos tres, dunha idade estudiantil bastante avanzada, compartían hastaluegocomandante coa fauna entolecida das uvas, veas e arterias en ebullición "ostentórea". Hai que suliñar que estaba vivo, aínda que intimidado tras un bocoi, entre tanta tolemia o grande escritor don Bieito Iglesias, que apenas artellaba palabra, mudo diante do aquelarre aquel de tunantes e insidiosos perpetradores de milongas a fulespín.

Pero ao que ía e máis importante: quixera facer meu o relato da emoción do corresponsal e engadir que houbo un momento extraordinario, significativo, central no acto e foi aquel no que Marcos Valcárcel foi interrumpido por unha salva de fortes e rexos aplausos ao lembrar o artigo de Xabimusic que recollía as cousas que os seus alumnos dicían del; a nostalxia do instituto, a condición de mestre pareceron voar eminentes naquel momento por riba de todos os méritos que, xaora, acrisolan a xenerosa personalidade de Marcos.

Tempo haberá neste post de glosar algúns outros momentos do acto, pero este nunca o esquecerei e ficará na memoria como exemplo do que significa a forza das aulas e do mundo da docencia nas nosas vidas.

arume dos piñeiros dijo...

L'auberge du fromage ou Le Manolí.

medela dijo...

O señor Outumuro e un servidor retirámonos prudentemente, así que puidemos ver que se traspasaba a tenue liña entre os cantos rexionais e o tuteo á autoridade, case na raia co insulto ao clero católico.

arume dos piñeiros dijo...

Hai que indicar tamén que o señor Outomuro aínda máis prudentemente, coa fachada de santa eufemia la real del centro como telón de fondo de despedida.
E de cantos rexionais de nación nada de nada: habían de ver cómo lle arreaba o amigo Saavedra aos pretéritos perfectos! E xa non digo do "eres linda y hechicera (sic) como el caaaaaaaaaandor de una rosa...".

XDC dijo...

Ai logo foi convosco con quen estuven!. Que esta mañá non lembraba eu nada do ocurrido, nin como fun dar a onde fun.

lobo neghro dijo...

No mundo do ensino ben é certo que hai momentos magníficos pero nos medios de comunicación só traslocen os factos neghativos.

Hora era xa de lembrar que tamén atopamos grandísimos alumnos/persoas, semente de futuro.

E il non poderíamos levar ó noso Marcos un par de veces á dar aulas?.

medela dijo...

Parece ser que se oyeron estentóreos alaridos solicitando la muerte del zar y la proclamación de la república de obreros y campesinos del pueblo kalmuk.
Eu digo o que por aí se di...

XdR dijo...

Non lle gusta a un pecar de recatado cando de parranda se trata.Supuxen que a espuela ía acabar noutra esmorgada de sona polos do meollo da Solaina. Coma na noite de homenaxe de novembro a Marcos, que despois de extinguir un completo repertorio de cancións de tódolos tempos polas tascas de media Auria, deicidiron nun camionciño Ebro do leiteiro do Viso, dende a rúa San Pedro, compartir habitáculo, entre as leiterias ás tantas, en búsqueda daquel pen-club de carretera cercano a Pontevedra, do que existe foto.
Unhas me doían e outras me proían. Agardaban os do gremio da “tiza” pola “última cea do curso” –acuñamento Arumeiano- na Porta da Pía. Estrañoume ambute, que tocaio, incitador de saraos, e contubernios variados declinase… (Mandaba matria potestade, as pilas descargadas, ou os restos da “risaca do Boi”, a oito días non pasados?. Ghe, gheeeee, quen xustifica resposta?.)

duas terceiras partes dijo...

A ver, Lobo e demais profes da Solaina, que debedes ser moitos: que vos parece o que comenta esta carta ao director publicada onte en La Vanguardia? Positivo ou neghativo? Escusades lé-la inteira, con que leades o principio basta. Iso de aprobar unha asignatura sen terse presentado ao exame, se as duas terceiras partes da xunta de avaliación así o deciden. Ou pasar de curso na ESO (incluido 4º da ESO) con tres asignaturas pendentes (poden ser as tres chamadas instrumentais) se así o deciden tamén as duas terceiras partes, que case sempre así o deciden sen ter que chegar á votación. E que quede claro que, por exemplo, se un aluno ten as mates de 3º da ESO suspensas e as de 4º da ESO tamén, os dous suspensos contan un só suspenso. Por normativa, a ver se me queredes entender. Etc., que estamos na fin de setmana. Siempre naghativos y nunca positivos.


EL FALS ÈXIT ESCOLAR

ANTONIO JIMENO | President del sindicat de professors AMES / Barcelona | 19/06/2009 |

Estem en època d´exàmens i sovint els professors parlem entre nosaltres de com han anat les avaluacions en els respectius centres. Un company ens ha comentat que en el seu centre s´havia aprovat a un alumne de batxillerat que no s´havia presentat a l´examen d´una matèria. Davant de la nostra incredulitat va explicar que la normativa ho permet sempre i quan hi estiguin d´acord les dues terceres parts del professorat. Efectivament, la normativa diu que això es pot fer tant a l´ESO com al batxillerat, fins i tot contra l´opinió del professor de la matèria, i no especifica la necessitat d´una nota mínima. És veritat que la normativa diu que això es pot fer en funció del grau de maduresa de l´alumne, però ja es veu que és molt subjectiu, per la qual cosa deixa la porta oberta a grans abusos.

Actualment, els centres competeixen per aconseguir més alumnes d´ESO i, molt especialment, de batxillerat, ja que cada vegada hi ha menys alumnes que el vulguin cursar. Per aconseguir-ho, als centres els interessa poder presentar un elevat percentatge d´èxit escolar.

En aquesta situació, i sabent que no hi ha cap control extern per part de l´Administració, és molt probable que ja existeixi un elevat percentatge de frau escolar, és a dir que hi hagi centres que donen unes qualificacions que no reflecteixen realment els coneixements adquirits pels seus alumnes.

La situació descrita podria explicar la perplexitat d´alguns pares que pensen que els seus fills són molt més intel · ligents del que sembla, ja que sense veure´ls estudiar gaire van passant de curs sense problemes. També podria explicar la perplexitat del Departament d´Educació davant de tants alumnes que després de l´ESO no volen seguir estudiant. Simplement es tractaria d´alumnes que, conscients de la seva ignorància, no es veuen capaços de començar cap tipus d´estudis.

La solució a aquesta situació no passa només per fixar una nota mínima per poder aprovar per consens del professorat, sinó per l´establiment de proves externes a l´alumnat al final de cada etapa, és a dir, proves realitzades per l´Administració i no pel propi centre. A diferència de les que s´han fet aquest any al final de la Primària, haurien de tenir valor acadèmic; haurien d´influir en la decisió dels centres sobre la finalització o no de l´etapa. Si es fa així, les proves externes serviran per estimular els alumnes a estudiar i garantir que les qualificacions reflecteixen la preparació de l´alumnat.

arume dos piñeiros dijo...

Actualment, els centres competeixen per aconseguir més alumnes d´ESO i, molt especialment, de batxillerat, ja que cada vegada hi ha menys alumnes que el vulguin cursar.

Que centros compiten por esto????

medela dijo...

Estimado tocaio, señor de Rabal:
Na miña fuga foi determinante, e non pouco, a política antialcohol despregada polo presidente do goberno do estado español, señor Zapatero.
Esto de sermos de aldea tenlle, querido Xulio, as súas vantaxes e os seus inconvenientes...

duas terceiras partes dijo...

Pois, por exemplo, o meu, don Arume; o meu compite por esto. Eu o que gostaría é que alguén me dixese se aí as cousas son como aquí, que non presentarse a un examen pode ser aprobado ou se repites, por exemplo, 1º da ESO e non apareces durante todo o ano por clase nen te presentas aos exames, igualmente e automáticamente pasas de curso con todo suspenso e coa aureola do absentismo a rondarche a cabeza. Non sei para que matarse a corrixir exames e outras historias "neghativas", se ao fin e ao cabo a nova pedagoxía burocrática determina por imperativo legal que hai que aprobar a todo o mundo con razón ou sen ela. Pero, repítolle, hai que disfrutar da fin de semana. E seguir a liña de "fuga" do Medela, que seguro que é mais divertida que todo isto.

duas terceiras partes dijo...

Mire, don Arume, este ano a proba de catalán da selectividade foi terrorífica, moitísimo mais difícil que a de castelán, que foi tirada. A dificuldade da proba de catalán orixinou queixas, comentarios de protesta, algunhas cartas ao director e mesmo certo desconcerto entre moitos profes de catalán. Que por que foi así? Pois segundo a opinión común, para que se vexa o ben que está o castelán en Catalunya e o mal que está o catalán. Que cré que pasaría se as autoridades educativas galegas pretendesen "prestixiar" o galego a base de endurecer a proba de selectividade? E con isto remato.