9 jun 2009

Ourense: Desfeita dos nacionalistas, que perden dous terzos dos apoios das municipais

Xornal.com, 09/06/2009

Se a nivel galego, as eleccións europeas non se celebraban no mellor momento para o BNG, na cidade de Ourense a contorna xa anunciaba uns resultados complicados para os nacionalistas, que ao final foron desastrosos. Xoganddo ata coa condición de forza representativa, o Bloque descendeu ata o 6,3 por cento dos sufraxios, unha marca con aire de desfeita que supón baixar oito puntos en só tres meses e o que é peor, trece en dous anos, os pasados dende as locais de 2007.
No diagnóstico do pobre balance do BNG é de obrigado recordo os importantes problemas internos da formación na capital ourensana, que se reflectiron no Goberno municipal que encabeza o socialista Francisco Rodríguez pero que só afectaron ao sector nacionalista do mesmo. Tras a dimición da concelleira de Termalismo Marta Arribas chegaría a renuncia do tenente de alcalde, Alejandro Sánchez Vidal. Agora, o novo equipo encara dous anos costa riba na procura da resurección. No PSdeG, existe certa alegría polos resultados, “os mellores en porcentaxes dos socialistas galegos nas cidades”, segundo o alcalde. Recollendo boa parte do baleiro do BNG, acadou o 40,1 por cento dos votos, superando nunha décima aos seus compañeiros de Vigo. Pola súa banda, o PP segue á alza e pensa en recuperar a que foi a súa praza forte.

19 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Os problemas internos veñen derivados das novas "fórmulas" organizativas. A necesidade de presentar litas para poder acudir a unha Asemblea Nacional extraordinaria obriga a militancia a dividirse, a enfrontarse. Cando ademais uns, os que están gobernando o partido, utilizan esa posición dominante para sacar vantaxe (censo militancia, influencias,...) produce desarraigo nos sectores que o sofren.

Como é posible que ós poucos días (non pasou ainda un mes) de celebrarse a A.N.E. o BNG perda un 60% de apoios. A miña resposta esta pregunta é sinxela: esa Asemblea foi un fraude.

Anónimo dijo...

O BNG está acabado. O mellor é que a parte mais moderada se incorpore ao Pp para galeguizalo, e a parte mais de esquerda ao Psoe para o mesmo. O resto os mais radicais ilegalizanse e acabou o conto. Viva Piñeiro.

Iacobus Von der Stein dijo...

Pois o anónimo anterior non anda moi descamiñado, aínda que crea que é unha brincadela.

lobo neghro dijo...

Eu estou dacordo co anónimo anterior e con Xaime .

Sempre dixen que os socialistas deberíamos estar xuntos, e foi mágoa que os do p.s.g. non decidiran entrar no psoe cando os invitaron.
Os do psoe non eran ninguén, non tiñan cadros e estaban moi "untados" e "guiados" por "intereses" centroeuropeos. Foi unha visión de virollos que ven de lonxe na nosa historia.Hoxe o psoe sería maioritariamente nacionalista. Pode que tamén existise un galeguismo moderado se non morrese prematuramente Franqueira. Ou Franqueira e todo ese centro, incluido Baltar ( que é un personaxe fundamental, queirádelo aceptar ou non) non estarían no pp.
Tamén entendo que o galeguismo moderado non acepte o discurso "marxista-leninista" do bloque e se afasten deles.

Algún día rachará.

E teríamos aillada á dereita sectária e violenta, o Opus-gay que nos tocou sería unha anécdota enfermiza en troques de ghobernare.

Anónimo dijo...

Señor Stein, Piñeiro advertiume mentres cheiraban a goma queimada as miñas botas no seu braseiro, que o galego tiña seus límites, e que o nacionalismo lle quedaba grande a esta terra tan suave e remisa. Que fóramos xa castrados e que había partes na obra das nacións que non podíamos cantar con voz de homes, que nos tíñamos que conformar mirándonos nun espello roto de criada.

Iacobus Von der Stein dijo...

Sr. anónimo, explíquese millor, por favor. En serio.

Refuxio dijo...

O BNG di que os seus resultados os facían ser moderadamente optimistas. Será esa a razón pola que as ratas abandonan o barco, empezando polo Alexndre algarrobo que se vai a cuidar dosa seus asuntos. Outro que marchará rapidamente cara o PSOE será o "quin"

Ob dijo...

Eu creo que a clave sería que no BNG seleccionasen un grupo de abnegados militantes, ben parecidos, que se puxesen a facer culturismo co obxectivo de ligar cos do OPUS-GAY. Os resultados sábese que són altamente optimistas e supermoderados.

Xosé M. González dijo...

Miña nai, que movida. E que facemos coa CIG... CC.OO. ou CSIF?

xOsse dorrío dijo...

Hai uns días falando cun compañeiro de máis ó norte, pregunteille si coñecía a mila comarca (en referencia a división territorial do BNG) e respstoume que si, pero que non ía por ela dende que Xardón (o de Vilar de Santos) se convertera ó balarismo e que, diso, pasarán xa decadas.

Non sei que pasará co futuro do nacionalismo, pero eu albisco un futuro común a algún 'bloqueiros' e 'pepeiros', pero máis fora que dentro do PP.

Que a outra parte, a esquerda se acerque ó PSOE, ainda que só sexa por tradición, teño que afirmar que non. A tendencia natural da esquerda é a dividirse -logo o membro forte sobrevive e o débil desaparece- non a unirse.

Anónimo dijo...

Se non lle parece claro señor Stein, xa llo parecerá.

No fillo do Cuiña está a clave, amigo Stein.

Iacobus Von der Stein dijo...

Do Saavedra ocúpome eu.
Anónimo se de verdade falas do fillo de Cuiña, xa me quedou claro. Non tes nin idea do que falas.

arume dos piñeiros dijo...

"Ou se fai algo ou a sangría continuará".
Comentario de importante dirixente do BNG no seu feisbu a propósito da demisión dun concellal en Monterrei.

ms dijo...

Non sei se hai ratas a abandonar o barco. O que supoño que é certo é que moitos simpatizantes estamos desilusionados, tanto pola falta de debate interno na votación para o Consello nacional, como por estes resultados.

Anónimo dijo...

Hai grupos políticos que nacen, reprodúcense e morren. O BNG creo que non ten mais que aportar, que todo o que faga a partires de agora vai ser inutil.

Anónimo dijo...

Que pasa co fillo de Cuiña Iacobus?

Iacobus Von der Stein dijo...

No, si eu non fun quen mentou o nome do fillo de Cuiña, foi un anónimo que votou a lingoa a pacer dicindo non sei que cousas do fillo do Pepe(q.e.p.d)

lobo neghro dijo...

Eu non entendo nada do fillo do KuíÑa, agradeceríase que se aclarara algho.

lobo neghro dijo...

Normal que os ratos abandonen o barco antes de afundir, home non!. Van a ser "humanos" (quitei o de burro, por non ser políticamente correcto), e morrer nel.

O exemplo dos ratos méntase nos anales da biónica, ciencia que pretende integrar a bioloxía coa electrónica e copiar ou pescudar nos mecanismos sofisticados que inventou a naturaleza desde hai milleiros de anos.

Exemplo o radar, existía nos morcegos antes de porse a punto na segunda ghuerra mundial. Hai exemplos a eito.
Os biónicos trataron de averiguar que finísimo sensor leva ós ratos a abandonar o barco días antes de afundirse. Os humanos son tan parvos que perecen moitas veces se decatarse.

E os burros son os mellores enxeñeiros de camiños. Trazan nun percorrido entre dous puntos, despois de ter feito o camiño varias veces o mellor trazado ergonómico.

Eu vin verdadeiros Autralopithecus en política que sempre estaban co ganador.
No tsunami do pacífico non morreron nin os paquidermos nin os homes primitivos que habitaban as beiras do mar devastadas.