19 jul 2009

MÁIS BNG constitúe unha xestora

Aymerich pide a unión de nacionalistas e galeguistas
O portavoz parlamentario do BNG e líder de 'Máis BNG', Carlos Aymerich, rexeitou hoxe 'refuxiarse no resistencialismo' e apostou por 'abrir' a formación 'á sociedade', traballando 'con vocación maioritaria e de goberno'.
A Nosa Terra, 18.07.2009.
Durante a súa intervención no 'Acto Nacional', no que 'Máis BNG' constituíu unha xestora co fin de consolidarse como corrente dentro do Bloque, Aymerich mostrouse partidario de "escoitar o que a sociedade quere dicir" co obxectivo de poder "trasladarlle ilusión ao pobo galego"."Non queremos adoutrinar", díxolles a uns 300 militantes que recibían cada frase do nacionalista con numerosos aplausos, senón "traballar polo país". Nesta liña, interpretou que o BNG debe ser "capaz de formular proxectos políticos integrais para o conxunto de Galiza".De feito, ao seu xuízo, o "éxito" desta aposta "dependerá de conseguir comprometer todos aqueles que queren facer algo por Galiza" e "reunilos ao redor do gran proxecto nacionalista que Galiza necesita".Para reforzar esta teoría, apelou á "historia" co obxectivo de recordar que "o nacionalismo avanzou cando traduciu o desexo da maioría de vivir con dignidade e confiando nas súas capacidades e recursos propios".“Aguantar o PP moitos anos”Segundo Aymerich, quen avogou pola "unión" de "todos os nacionalistas e galeguistas" na mesma organización política como "garantía de eficacia", non "ofrecerlle apoio" á maioría social levará "aguantar ao PP durante moitos anos", do que xa se viu a súa potencialidade destrutora".Neste sentido, referiuse principalmente ao galego e indicou que "hai un movemento en favor da lingua máis aló das fronteiras do nacionalismo" ao que o BNG debe "unirse sen afán de protagonismo".Tamén aludiu aos traballadores do sector metalúrxico, aos gandeiros, os autónomos e os comerciantes para sinalar que os nacionalistas deben "ofrecerlles alternativas a eles e tamén ao conxunto da sociedade".“Oportunidade” para o BNGAnte este panorama, entendeu que os partidos estatais están nunha situación de "descrédito" social, posto que o PSOE "é capaz de dicir que o financiamento autonómico é un gran negocio para Galiza" e porque as "bravatas" do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, foron reducidas polo líder do PP, Mariano Raxoi."Non podemos esperar que os partidos estatais resolvan os nosos problemas", lamentou Aymerich, quen, no entanto, celebrou que esta situación ofrece "oportunidades" ao nacionalismo. "De nós depende aproveitalas para seguir facendo que o BNG avance".De feito, reivindicou a posición do BNG fronte aos partidos estatais, posto que o seu "único xuíz" é Galiza. Con todo, o nacionalista alertou de que "as súas sentenzas non están sendo boas".
Autocrítica
Neste apartado de autocrítica, Aymerich incidiu na necesidade de que os nacionalistas e galeguistas estean unidos nun mesmo proxecto "nacionalista e de esquerdas"."No BNG isto non sempre é así", admitiu, pero considerou que é "traballo de 'Máis BNG' aproveitar unha ferramenta como o Bloque para traballar por unha Galiza máis xusta e libre".Ademais, rexeitou "botarlle a culpa" á sociedade galega "cando as cousas veñen mal dadas" no ámbito nacionalista e apostou pola reflexión interna das circunstancias actuais e por "pór en valor as conquistas logradas desde a Xunta sen esconder os erros e as equivocacións nas formas".
Labor de Máis BNG
Ante un auditorio dunhas 300 persoas entre as que se atopaban o ex portavoz nacional do BNG e ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; a ex conselleira de Vivenda e actual coordinadora executiva, Teresa Táboas; o ex secretario xeral de Relacións Institucionais Xoán Antón Pérez Lema; e numerosos alcaldes e concelleiros; a iniciativa 'Máis BNG' iniciou hoxe a súa andaina coa constitución dunha xestora liderada polo propio Aymerich e formada por unhas 35 persoas.Nela atópanse tamén representados militantes doutras correntes, tales como o Espazo Socialista Galego, Inzar, Esquerda Nacionalista e o Partido Nacionalista Galego. Entre todos, marcarán os prazos de traballo e evolución e decidirán se, finalmente, se cambian o nome a 'Máis BNG' co obxectivo de integrar todas estas correntes.Segundo indicou Aymerich, esta iniciativa busca "a unión, que non a unidade, de todos os nacionalistas e galeguistas", formular propostas "concretas" para "loitar contra as miserias dun sistema que crea desigualdade entre persoas e pobos" e "traballar para Galiza con vocación maioritaria e de goberno".Nesta "empresa", apostou por "tenderlles a man a todos os compañeiros" da formación frontista. "Máis BNG ten que ser unha fiestra, unha porta aberta para que se achegue a sociedade", proclamou, e insistiu en buscar a "unión" para que "o Bloque represente o proxecto común de ilusión e esperanza que Galiza necesita".

19 comentarios:

Xosé M. González dijo...

Nos últimos días houbo por aquí -desculpen, non quero ofender- algún escarceo arredor da cuestión Bloque: outra vez máis, facíase rearto sobre a herdanza do presunto moribundo. A min tal tema fáiseme tópico cargante, pero tamén entrei cun par de trivialidades.

Agora, xa en serio: na última asemblea viuse, e de alí saíu, un BNG novo, diferente; dá bastante para falar. Achego dúas notas periodísticas: salienta A Nosa Terra que Aymerich proón a unión de "todos os nacionalistas e galeguistas"; Xornal, en Editorial, indica ou interpreta que o futuro pasaría por un BNG diferente e máis unido ou unha coalición de dúas forzas.

apicultor dijo...

Ou moi trabucado estou, ou penso que o BNG ten hoxe tres principais problemas: un problema de liderato, un problema de discurso e proxecto, e un problema de organización. Dos cales se derivan unha multitude de disfuncións e eivan unha apertura real.

Os tres están tan endemoñadamenete encerellados, tan imbricados de tal modo, que se fai moi difícil, por non dicir imposible, poñerlle o axóuxere ao gato. De aí que o escenario máis factible a curto e medio prazo sexa o deterioro interno e a perda de apoios electorais.

Anónimo dijo...

A día de hoxe, o BNG non ten un liderado claro, non ten nin un discurso nin un proxecto converxente, e carece de instrumentos para abrirse á e influír na sociedade.

Xosé M. González dijo...

Eu diría, máis ben, que o Bloque está en crise. Esta procede, en boa medida do feito de que un perfil que se foi definindo e formulando nos últimos quince anos non acaba de plasmarse por conservadorismo e falta de interese dos sectores que aínda son os máis influíntes; si, en efecto, un paradoxo: aproban o que despois non poñen en práctica.

Nin ten menos discurso nin proxecto ca calquera das outras forzas políticas relevantes no país. Precisa, en efecto, de renovar o funcionamento organizativo, pero é pura práctica. E debe definir un liderado serio, cousa que -nun sentido ou outro- deberá facer como moito en dous anos; si, en efecto: debíase ter feito na última asemblea, pero é que a UPG afrontaba e segue afrontando unha situación imprevista e novidosamente complicada para eles.

Novidade fundamental: hai unha consistente alternativa interna ao inerte 'modelo' UPG; e bastante máis vitalidade, tamén no marco interno, ca en bastantes anos. Do resto, nin idea: tempo.

En todo caso, bastante máis interesante e claro có futuro electoral resúltame o valor e significado do polo MáisBNG; e a resolución do debate sobre perfil orgánico e relación coa sociedade: sen que, en todo caso, a nova tendencia espere nin vaia esperar pola aquiescencia da outra.

Resulta tamén relevante o papel da tendencia chamada Encontro Irmandiño. Ten algúns aspectos ben interesantes no ideolóxico, pero a relación desta e as outras dúas si que resulta conflitiva de máis; sen desprezar o que hai aí de diverxencia política, eu penso que a animadversión sería menor de terse conducido mellor a desastrosa transición de Beiras: el mesmo fallou, pero foi un dos erros principais de Quintana, sen que en principio fose o maior responsable e máis interesado na postergación; penso que el mesmo (Quintana) ben o sabe.

apicultor dijo...

A consecuencia natural de todo é, efectivamente, a prolongación dunha profunda crise que xa provén dos tempo do traumático relevo de Beiras, amigo Saavedra. Esta crise estivo larvada por mor da estancia no goberno galego, mais agora abroia con máis amplitude.

Ante isto, os modos de reaccionar son diferentes. O "conservadorismo" da UPG non é a solución: xa se está vendo e máis que se verá aínda. Mais eu teño serias dúbidas de que o que se chama +BNG sexa quen de postular algo eficaz en canto á renovación interna, a proxección externa e a recuperación electoral.

Dame a sensación de que o "postquintanismo" agrupado en +BNG é un conglomerado demasiado heteroxéneo e con intereses ben diversos (non hai máis que ver os compoñentes da xestora), que sabe "o que non quere", mais non o que quere.

Á fin de contas, non é descartable que a práctica do grupo nacente se vaia traducir, simplemente, en pulsos internos para acadar maior representatividade para os postquintanistas. Ou sexa, o de sempre. Con todo, quizais me equivoque.

Xosé M. González dijo...

Non o vexo eu desa maneira, malia comprender que desde fóra (desde máis fóra ca min) se poida ter tal sensación.

No BNG hai (non direi que dese sempre, pero si desde ha de haber vinte anos) un núcleo dirixente herdado da AN-PG; unha concepción política alternativa, en certo modo socialdemócrata e en todo caso máis 'aberta', constituída no seu día con base en Beiras; outras instancias menores, procedentes sobre todo dos diferentes colectivos ou ex-partidos que se foron incorporando nos 90; moitísimos afiliados sen máis sigla cá do Bloque, máis ou menos identificados con algunha das instancias devanditas ou só co que entendían que era ou debía ser a organización común.

A instancia máis 'aberta' e grupos similares nunca foron seria alternativa interna á preponderancia do grupo hexemónico; este xogou sabia e intelixentemente as cartas necesarias para manter a hexemonía, os outros foron aceptando (cando lles tocaba) as diferentes propostas de reparto e, pouco a pouco, esvaecendo. É a historia da interioridade no Bloque deica esta última asemblea extraordinaria.

Que acontece nesta? Primeiro, unha nova conxunción alternativa decide non entrar en repartos, medir forzas e cxonstituírse realmente niso, alternativa: non hai máis que seguir os pasos dados para advertir unha firmeza e determinación que nunca houbera; un aviso: resulta claramente errónea a etiqueta 'post-quintanismo', é bastante máis ca iso e sobarda o ámbito que foi conformando o anterior portavoz nacional nos últimos catro anos. Miden forza e o resultado un polo unido con case un corenta por cen dos membros no Consello Nacional e sete de quince na Executiva.

Non é exactamente unha conxunción de intereses; máis ben un amplo colectivo que se reclama nacionalista (cun alcance diferente, presentido e, iso si, aínda non verbalizado); de esquerda (plural, diverso, suficientemente flexible para que xente que non teña tal sentimento non se sinta incómoda); de pretensión maioritaria e que -en canto tal- escoita máis ca prexulga e pretende elaborar e propor políticas que as maiorías sociais entendan e eventualmente poidan apoiar.

En que quedará? Iso constitúe hipótese de resolución ardua: primeiro, aínda que a mesura dos pasos dados denota intelixencia, ata que o proceso de constitución da corrente non estea concluído (para fin deste ano, din, e de momento sempre cumpriron o prazo indicado), non se poderá aquilatar a consistencia como grupo; segundo: a UPG -por certo, entendo que nunca deberon estar nin de lonxe tan preocupados- está obviamente xogando as súas vazas; terceiro: en MáisBNG hai un potencial persoal extraordinario, pero será traballo moi duro convencer dentro da fronte, en grao suficiente para constituírense en maioría.

Así e todo, hai moitos vimbios e considerable intelixencia. O que vde., Apicultor, chama 'conglomerado demasiado heteroxéneo' é chamado nos arredores da nova tendencia 'concentración parcelaria', e hai factor común ben firme. Quintana está de volta, tecendo. E isto non ten nada que ver coas fraquezas de Esquerda Nacionalista e as diferenzas ou celos entre galos.

Eu, particularmente nesta casa, teño aventurado posibilidades e botado contas ben discutibles en relación co Bloque. Desde marzo non boto contas, e quen no seu día leu aquel número d' A Nosa Terra saberá que non nego o serio da situación: hai crise, como a houbo no 1982. Ora ben, a concepción aberta do nacionalismo político está agora non só formulada, representada e asumida non por un refén ou lobo solitario, senón por un amplo grupo que non lle debe á UPG máis cá lealdade imprescindible por estar na mesma casa.

A Quintana faltáronlle catro anos, en máis dun sentido. A ver se contuberniamos, Apicultor, que lle moito para falar.

Xosé M. González dijo...

Non o vexo eu desa maneira, malia comprender que desde fóra (desde máis fóra ca min) se poida ter tal sensación.

No BNG hai (non direi que desde sempre, pero si desde ha de haber vinte anos) un núcleo dirixente herdado da AN-PG; unha concepción política alternativa, en certo modo socialdemócrata e en todo caso máis 'aberta', constituída no seu día con base en Beiras; outras instancias menores, procedentes sobre todo dos diferentes colectivos ou ex-partidos que se foron incorporando nos 90; moitísimos afiliados sen máis sigla cá do Bloque, máis ou menos identificados con algunha das instancias devanditas ou só co que entendían que era ou debía ser a organización común.

A instancia máis 'aberta' e grupos similares nunca foron seria alternativa interna á preponderancia do grupo hexemónico; este xogou sabia e intelixentemente as cartas necesarias para manter a hexemonía, os outros foron aceptando (cando lles tocaba) as diferentes propostas de reparto e, pouco a pouco, esvaecendo. É a historia da interioridade no Bloque deica esta última asemblea extraordinaria.

Que acontece nesta? Primeiro, unha nova conxunción alternativa decide non entrar en repartos, medir forzas e cxonstituírse realmente niso, alternativa: non hai máis que seguir os pasos dados para advertir unha firmeza e determinación que nunca houbera; un aviso: resulta claramente errónea a etiqueta 'post-quintanismo', é bastante máis ca iso e sobarda o ámbito que foi conformando o anterior portavoz nacional nos últimos catro anos. Miden forza e o resultado é: un polo unido con case un corenta por cen dos membros no Consello Nacional e sete de quince na Executiva.

Non é exactamente unha conxunción de intereses; máis ben un amplo colectivo que se reclama nacionalista (cun alcance diferente, presentido e, iso si, aínda non verbalizado); de esquerda (plural, diverso, suficientemente flexible para que xente que non teña tal sentimento non se sinta incómoda); de pretensión maioritaria e que -en canto tal- escoita máis ca prexulga e pretende elaborar e propor políticas que as maiorías sociais entendan e eventualmente poidan apoiar.

En que quedará? Iso constitúe hipótese de resolución ardua: primeiro, aínda que a mesura dos pasos dados denota intelixencia, ata que o proceso de constitución da corrente non estea concluído (para fin deste ano, din, e de momento sempre cumpriron o prazo indicado), non se poderá aquilatar a consistencia como grupo; segundo: a UPG -por certo, entendo que nunca deberon estar nin de lonxe tan preocupados- está obviamente xogando as súas vazas; terceiro: en MáisBNG hai un potencial persoal extraordinario, pero será traballo moi duro convencer dentro da fronte, en grao suficiente para constituírense en maioría.

Así e todo, hai moitos vimbios e considerable intelixencia. O que vde., Apicultor, chama 'conglomerado demasiado heteroxéneo' é chamado nos arredores da nova tendencia 'concentración parcelaria', e hai factor común ben firme. Quintana está de volta, tecendo. E isto non ten nada que ver coas fraquezas de Esquerda Nacionalista e as diferenzas ou celos entre galos.

Eu, particularmente nesta casa, teño aventurado posibilidades e botado contas ben discutibles en relación co Bloque. Desde marzo non boto contas, e quen no seu día leu aquel número d' A Nosa Terra saberá que non nego o serio da situación: hai crise, como a houbo no 1982. Ora ben, a concepción aberta do nacionalismo político está agora non só formulada, representada e asumida non por un refén ou lobo solitario, senón por un amplo grupo que non lle debe á UPG máis cá lealdade imprescindible por estaren na mesma casa.

A Quintana faltáronlle catro anos, en máis dun sentido. A ver se contuberniamos, Apicultor, que lle hai moito para falar.

Xosé M. González dijo...

Por favor, bórrese esta mensaxe e maila primeira das dúas anteriores: a intermedia, corrixida, é a que vale.

Anónimo dijo...

Putos coñazos sodes. Pediurlle ideas ó BNGF, ou ó PP ou ó PSOE. Hai que ser simplóns. O que buscan son camiños para chegar ó poder. Ren máis, soplagaitas.

detective crepuscular dijo...

Nun dos números de A Nosa Terra de xaneiro ou febreiro deste ano, preguntábanlle a Aymerich nunha entrevista polos resultados das Eleicións de marzo e este, cheo de razón electoralista e numérica, declaraba que pensaban subir cuatro deputados. Estaban tan convencidos do ben que o estaban facendo e de que todo ía sobre rodas, e de que por fin a liña da prudencia e do pragmatismo lograra abrirse paso contra tanto descrido e revolucionario de boquilla, que cuatro era un número axeitado para encetar o mes da chegada da primavera. Todos sabemos en que acabaron os cálculos mentais (que conste que eu tamén pensaba que subirían algo). Agora, uns meses despois, o mesmo Aymerich volta ao púlpito (algo hai nel que me fai lembrar a un cura) para convencernos, por se aínda non o estivéramos, das propiedades milagreiras da sua receita e para pedirnos outro voto de confianza en Máis BNG. Unha receita amasada de frases feitas e de pensamento nulo e de claudicación total:

"Abrir o BNG á sociedade"
"Traballar polo país"
"Trasladar ilusión ao pobo galego"
"Traballar para Galicia con vocación maioritaria e de goberno"
"Máis BNG ten que ser unha xanela, unha porta aberta para que se achegue a sociedade"
"Refuxiarse no resistencialismo é condenar a Galicia ao PP"
"O Bloque representa o proxecto común de ilusión e esperanza que Galicia necesita"

Claro que tamén podíamos sumarlle algunha pérola do amigo Saavedra para completar o manual de lugares comúns, como esta: "Así e todo, hai moitos vimbios e considerable intelixencia." O optimismo do amigo lugués é inconmensurábel. Hai que ir pensando en crear un premio ao nacionalista galego mais optimista dos últimos anos. O que hai é moita "ilusión e esperanza" e moita, moitísima, "vocación maioritaria e de goberno" (xa temos a fraseciña quedabén e afortunada, que non hai declaración, entrevista ou prédica na que non a repitan unha ou duas veces). A verdade é que queda moi fina e di mais do que se pensa: "Temos vocación maioritaria e de goberno". Claro que teñen. Outra cousa non terán. Aínda que a frase quedaría moito mellor engadíndolle un "a calquer prezo" despois de goberno, para rematala ben rematada. Afinal, a culpa será dos "resistencialistas". Non sei a quen pensan "ilusionar" con unha receita tan trillada.

Xosé M. González dijo...

Con permiso, o dos vimbios e a intelixencia non procede dun acto de vontade: digo o que vexo desde atrás dos lentes. Polo demais, a súa observación non me sorprende nin molesta. Tampouco non encontro moito que dicir, particularmente no tocante a prezos; máis ca nada, é que non sei se vde. vai á feira para mirar ou, de poder, compraría algo.

Ás veces vénme á cabeza a imaxe dos que lles queren tanto aos cartos que só os sacan da gabeta para gozar observándoos. Desde logo, nunca perden nada; nin gañan. Ao contrario dos cataláns, que parecendo que pagan, sempre acaban cobrando.

Malia a aparencia, dígollo sen acritude e desde algún interese: se non, ben sabe, non replicaría. Desexo que teñan bo verán: aínda o outro día me lembrei de Pals.

XDC dijo...

HAAHAHAHH.

Un amigo meu fai igual. Cando chega o momento de pagar, bota man á carteira e, sinalando a sua consumición e a do acompañante, di: "Como amigos que somos, non imos discutir por pagar. Paga tú, que é exactamente coma si pagara eu".
O outro, asentindo solemnemente, bota a man á carteira e paga, feliz de ter un amigo tan bó.

Xosé M. González dijo...

O amigo ese, da Cova, xa que anda tanto polos bares seguro que non deixa os cartos na gabeta. Así e todo, quede claro que, en materia de cataláns, non quero dicir que se lucren do que os demais pagamos: ao revés, o seu balance fiscal é claramente deficitario na súa contra.

Aludía eu a que os nacionalistas e mesmo independentistas de alí, na hora de pactar, pactan; fan aforro de adxectivo por ingreso de efectivo. E ao país seu non lle parece ir moi mal.

Balonga dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Balonga dijo...

Verbo do que se di do BNG compre tamén recordar a xeografía.
O BNG limita ao Norte cos poderosos antigalegos La Voz e la Caixa. Ao Sur máis do mesmo.
E na dereita con Paco Vázquez que perdendo todos os xuizos polo topónimo da Coruña, pagados polas cotas do seu peto dos 350.000 socios da Mesa, él recórreos cos cartos a embute do Concello. Na Delegación do Socialismo: vai frio e o ceo está toldado. Cousas do Opus, que non podemos intervir na terra.
Coa Sucursal dos Populares atrancando o Estatuto, que sacaron adiante eles, en Valencia.
Cos dous xuntos que non resolven a vergonza de ter 350.000 galegos censados no CERA e que non contan no reparto de escanos pro Congreso de Deputados, perdendo un pola Coruña. Agora tampouco contan pra esmola do financiamento.Por certo que nos derradeiros anos subira do 5 ao 7,1 % polo aguilloar do nacionalismo. Vai frio, o ceo está toldado e sonche cousas dos dous OPUS.
Cuns centralistas e outros na Xunta e no Goberno do Estado, Galiza segue o seu devalar e a súa mingua de poboación, cando hai 100 anos tiña máis habitantes ca Cataluña e hoxe ten 1/3. Vai frio e o ceo está toldado,namentres, esfolamos ao Bloque e acabouse a leria.
Cunha Xunta perseguido a nosa lingua, que obriga aos escritores, alén de escribir ben a estar acotío, a espreita na súa defensa.
Ben deitamos do Nacionalismo (no Bloque e fora del)e do sentidiño, pra poñer algún punto no i.

detective crepuscular dijo...

Pois a min, amigo Saavedra, a sua resposta surpréndeme pero non me molesta. Eu o do prezo encaixábao nesta frase: "Temos vocación maioritaria e de goberno a calquer prezo." Pois iso parece ser que é o que se desprende da receita de Máis BNG. Nada estraño, por outra parte, pois o BNG leva traballando por iso desde hai décadas. Cuanto mais Máis BNG. O dos "cartos" se que xa non sei en que carteira ou llibreta d´estalvis encaixalo, porque non os teño. Simplesmente por iso. Sobre "Ao contrario dos cataláns, que parecendo que pagan, sempre acaban cobrando", xa vostede explica no seguinte comentario o que quería dicer con tal frase. Non vou ser eu quen defenda aos cataláns, que saben defenderse eles sós, pero si que é verdade que son un povo solidario, non só económicamente, e que iso do acordo de financiación non é o que dicen Esperanza Aguirre e o Anticatalanismo mais recalcitrante, que habelo haino. Polo demais, eu tamén lle desexo un bon verao (non meu povo dicimos e pronunciamos vrao). Hai dous ou tres anos que non estou por Pals. Onte pola tarde tocoulle a Vilassar de Mar, aí no Maresme, no povo de Artur Mas. Un povo mais bonito do que parece a xulgar polo que se ve desde a estrada. Xa ve, eu tamén me vou arrimando ao catalanismo de casta. E claro que quero que o nacionalismo galego pacte. Como non vou querer. O nacionalismo, a ser posíbel de esquerdas, non o rexionalismo do BNG, que ao paso que vai acabará asumindo o credo político do piñeirismo e entrando no PSdeG para galeguizalo. Se aínda vai resultar que Ramón Piñeiro foi un visionario.

Xosé M. González dijo...

Cando eu era neno, en Lugo diciamos, basicamente, vrau; eu agora tendo máis a vrao. Do resto, como que non llo vexo, pero iso vde. xa o supoñería; de calquera maneira, o nacionalismo de esquerda de MáisBNG terase que ir vendo, e eu non lle podo ofrecer de momento máis ca esta pista -particular, incipiente, pero decidida- que non sei se coñece.

De etiquetas hai tempo que me nego, pero sempre se pode distinguir sobre feitos ou motivos: aí queda a disposición. Ah, e en ningún momento fixen eu referencia a cartos particulares de vde.: é que non sei, nese punto, se o entendín o que vde. di o que vde. entendeu. Nada grave, xaora, ou iso espero.

detective crepuscular dijo...

Nestes días, o chamado quintanismo, post-quintanismo ou Máis BNG (que xa non sei en que versión imos) parece ocupar todo o espazo político do nacionalismo. Ben Aymerich no da xestora de Máis BNG ou ben o ex-vicepresidente esta semana en ANT, as ideas de baixa intensidade do nacionalismo están a ter unha presenza considerábel. A UPG puxo un home de palla ao mando da orquestra e retirouse aos cuarteis de inverno, o beirismo feble e desactivado, o independentismo esfarelado e con escasa incidencia, e os restantes galeguismos rezándolle a Ramón Piñeiro para que lles dea vela no enterro. Neste panorama, Máis BNG e o 25 de Xullo parecen os únicos revulsivos que poden axitar por uns días as augas estancadas do nacionalismo esmorecido. Agora ben, Máis BNG, que moitos ven como a única opción capaz de remover a situación de estancamento, non oferece mais que receitas vacuas e de duvidosa efectividade. E digo isto porque se nos pomos en plan electoralista e de vocación maioritaria e de governo, que é un dos aspectos nos que mais enfatiza Máis BNG, tampouco é para botar foguetes. O seu precedente, o dito quintanismo, baixou nas duas consultas anteriores, e se chegou ao governo digamos que foi por unha carambola de prestige. É dicer, ás ideas de baixa intensidade de Máis BNG fáltalle pasar airosas a proba das urnas, o contraste da realidade. En que se sustenta pois tanto convencimento de que ese é o camiño a seguir?

Xosé M. González dijo...

Non percibo ben o que quere dicir con 'ideas de baixa intensidade'. Antes ca nada, de momento Máis BNG defínese pola intención de facer o Bloque máis comprensible e accesible para o común dos cidadáns: de aí lemas coma 'abrirse á sociedade'; no tocante ao resto, quitado o nacionalismo parece abundar na facción a postura socialdemócrata, pero é cousa máis ampla. De feito, entendo que se pretende matriz de ampla gama, que non quere dicir totum revolutum.

Non tentarei descifrar agora a actitude da UPG nin do EI: igual non se tarda en poder facelo. Penso que se confunde dándolle ao adxectivo 'postquintanista' valor faccional xenérico, e o blog que lle recomendei dá pistas abondo ao respecto.

En todo caso: por que se pensa que facerse comprensible é a táctica adecuada?. Direille por que o penso eu: porque cando tal se fixo, cando se abandonou o acocho da torre -ebúrnea ou doutrinaria-, avanzouse, houbo máis nacionalismo e máis nacionalistas. É convicción que lle levo comigo desde aló polo 1974, cando na Universidade de Compostela diversas forzas políticas constituían plataformas diversas contra a ditadura e ERGA insistía en mobilizar a partir dos problemas concretos dos estudantes. Obviamente, ERGA multiplicouse e probablemente multiplicou a loita contra a ditadura.

Posiblemente saberá directamente de que lle falo. Desculpa pola demora en contestar, anda a coua por onda min bastante revolta. Bo Día da Patria a casa seva.

P.D.: Foi no 2001, con Beiras e a UPG, que empezou o devalo.