29 jul 2009



Monxardín:Reflexións da súa viaxe a Xerusalén

Cans e piscinas
Afonso Vázquez-Monxardín
28-07-2009:”La Región”


Os viaxeiros modernos antes de marchar a un lugar descoñecido procuramos dar unha volta por alí desde o aire co google earth ou mellor a vista de paxaro, se é que a hai, co bing.com/maps, por iso de ir tomando contacto.

Eu claro, fíxen o propio antes de marchar a Xerusalem e decateime, en primeiro lugar, que a definición de Israel non é a mesma que a de Galicia. Seguramente por cuestión de seguridade ou seguranza que me gusta moito esta segunda e vella palabra, os perfís da realidade física están máis esvaídos. Ou sexa, as cousas de alí non se ven tan claras. Se cadra é simplemente así a constatación da realidade. A realidade é bastante difusa.



AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN
(Galicia-Hoxe:28-07-2009)

Dietética identitaria
Falar fálolles moito de comer pero é cousa que fago tamén todos os días. E como acabo de chegar de terras estrañas, unha das primeiras cousas que se fai é comparar. Que se vai alá máis calor, que se a vida é máis barata, que se a xente viste así ou asado, que se comen disto ou destoutro. Estes días lembreime de Estrabón. Saben vostedes coma min que o grego cando describía os galegos do seu tempo -ou do tempo de Posidonio de quen el apaña a información- dicía que eramos un pobo bárbaro sobre todo por razóns culinarias: bebiamos cervexa no canto de viño, comiamos fariña de belotas, usabamos manteiga en vez de aceite e ao sentarmos na mesa faciámolo xerarquicamente en vez de todos mesturados como corresponde co democrático acto do xantar. A cervexa na cultura mediterráneo-atlántica existe desde os faraóns de Exipto. As clases máis desfavorecidas de Grecia ou Roma gozaban co seu uso e tiñan o viño por máis refinado, elegante e caro. Tal que hoxe. A ver quen ousa pedir unha mariscada con cervexa.

PREMER

E
premer

15 comentarios:

lobo neghro dijo...

Saudos desde a capital do imperio. Estamos na tenda de apple zughandolle o net . Descubrin que este pais esta en ghuerra, e non o parece. A xente e amable, ata ten maus e pes como nos. Acompanhei o meu fillo a un combate de pressing-catch e descubrin a beleza de philadelphia.
O pressinga catch e teatro, teatro. Com personaxes e topicos. A xente, familias con nenos, Chili a neghra dos grammys estaba a catro metros de nos, pre-obesos, obesos, enfermos que non caben nas descripcions freudianas acompanhabannos no evento. Puxeron un vidrio das nosas tropas mobilizadas, todos de pe cantando o himno nacional coa mau no corazon. Eu puxenme de pe, non ia facer como zapatero, na terra dos lobos hai que oulear como eles, non puxen a mau no corazon, tampouco me veriades nunca alzar o punho pechado en acto publico. Falou Busch, manda carallo, recordando as tropas mobilizada. Enton decateime que os usei estan en ghuerra, sempre o deberon de estar, e eso explica que nos ficharan na fronteira, pegadas dactilares e foto eleutronica. Os pulizias non paraban de mascar chicle, tal era a tension.....p. que os ha de parir...teria que non facer ghasto ningum para fodelos.....


como un do meu pueblo que vinha da feira de xinzo famento, non comia por aforrar e o cheghare a casa decia: fodin os de xinzo. non lles fixen ghasto ninghun.

ate ja.

o indio errante.lo

o indio errante dijo...

Os ianquis non tenhen acentos, nin enhe, xurovolo.Boeno, por o menos eu non os atopo.

Criselda dijo...

Os ianquis non teñen case nada. Ben, teñen o poder do mundo, polo de hoxe. Non teñen ñ, nin tiles, nin pasado. Nin sequera festas públicas. Pero aí están, cheos de presente, tremendamente admirados polo mundo que anda a copialos no que pode.

o mesmo, pero disimulando dijo...

¿Tampouco non terán logo unha lingua de seu que lles permita acceder a unha cosmovisión de seu?

¿Quen son os ianquis? ¿Quen somos nós?

Todas as cruces que hai en territorio europeo sobre as caaveiras de xoves ianquis que non teñen nada de nada e que viñeron combater acó, ¿forman parte dalqunha cosmosión posible?

A verdade é que se soubese chorar, choraría. Pero non son capaz de pasar máis aló de engradar diante dos anuncios -dalgúns anuncios- da televisión. E vendo medrar á miña neta. Iso si.

Criselda dijo...

Ten que perdoar, señor, pero eu non sei responder a esas preguntas. Nin sei quen son os ianquis, nin quen somos nós, nin sequera quen sou eu.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Iso de que non teñen pasado xa vai sendo un tópico, que co paso do tempo se vai desmontando. Terán pouco pero o que teñen o cuidan mellor ca moitos de nós. Unha olladiña ao centro mesmo de Vigo pode dar conta da cantidade de edificios que dixeron adeus. En Nova Iork, por exemplo, a conservación (e pouco cuidado ás veces, tamén hai que dicilo), non obstante, élles notoria.

En fin, eu quería despedirme de vostede ata finais de agosto. Andarei pola miña querida Italia, perto de Siena. Se queren algo para alá, non teñen máis que deixalo aquí escrito. Deixoos cunha das cancións que poño no coche tan axiña como cheiro o café illy dos autogrills: Io ti penso sempre, sai, ti penso.

Donnacona dijo...

Tenhen un culto obsesivo por a liberdade. Liberty por todas partes.

Como decia Fidel, o noso Fidel: De Que consepto de libertad me esta usted hablando?.... e despois seghuia...de un consepto de libertad..burguessssa!.

Eu nin creo que o consepto de libertade dos ianquis sexa nin burgues....nunca entendin porque anatemizaron a DeGaulle por ter Francia colonias, daquela, eles os libertadores eran profundamente anticolonialistas. Claro que se entendia colonialismo do seculo XIX, o do seculo XX e XXI esta tolerado porque o controlan eles. E o do seculo XXII faranno a duo con os chineses.

LIberty!, liberty bell!.

Chocoume moito unha estatua que lle ergueron a Francisco de Miranda. Libertador que ghuerreou en tres ghuerras, na da independencia dos usa, na revolucion francesa e na emancipacion dos paises latinoAmericanos. Admirano e estanlle moi agradezidos, pero o coitado foi morrer nunha cadea......


nunha cadea en espanha, cadiz. Bellacos!. innobles, miserables espanhois!.

asdo: o indio errante

o mesmo, pero disimulando dijo...

Perdoada está, faltaría máis, aínda que o perdón non lle é competencia miña. Mais, se xulgamos polo contido do seu post das 02, 00,PM de onte, calquera diría que os coñece moi ben.

Eu tamén estarei por Italia. Polo Norte. Farei un percorrido por diversos lugares e volverei ó Nonte Grappa, logo de parar na Ponte de Bassano e tomar aquela cousa colorada que che dan na tasca do extremo e tamén a Assiago. Se podo, de esta volta ampliarei as visitas ós "santuarios" que o Réxime de Mussolini elevou en honra dos combatentes da Primeira Guerra Mundial. É unha guerra que me ten absolutamente obsesionado. No santuario do Monte Grappa -Monte Grappa tu sei la mia Patria!- atopei a tumba de Peter Pan. Na parte adicada ós soldados austrohúngaros había un nicho con esta inscripción: Peter Pan, soldato. Deixoume moi impresionado que Peter Pan, que debera ser inglés ou cidadán do mundo sen fronteiras, estivese enterrado nun mausoleo italiano despois de morrer loitando pola causa innobre. Quen sabe. Ó mellor escribo unha novela ou un relato tomando o pé deste extraordinario feito. En Assiago contemplei unha foto que ben podería ser o antecedente inspirador da famosísima e, en certo modo, polémica foto do miliciano morto do mono branco do ilustre Cappa.

Saúdos para todos. Incluídos os ianquis, que son moitos e non pode ser que todos sexan retrasados mentais. Tamén os italianos veñen sendo uns cantos e dubido moito que todos eles teñan culpa ou sexan orixe do esperpento berlusconiano. ¿Deus ex machina igual a pobo soberano?

Repito, saúdos para todos.

XDC dijo...

Pero fíxese que diferencian entre "Liberty" e "Freedom"...

Criselda dijo...

Agradecida á súa xenerosidade. Coñezo dos ianquis o que o común dos mortais que non son filósofos. Se a pregunta é dun filósofo, non sei contestar. Bastante errei co da "cosmovisión", aínda que xa me vou aclarando.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Agradecido eu tamén pola súa consideración ó ter en conta a miña resposta. E non pase coidado, non son un filósofo. Tampouco non a considero tan errada no asunto da cosmovisión a partir da lingua. ¿Reparou no post do señor XDC? Liberty e freedom. Por certo, señor da Cova, ¿tería inconveniente en explicarnos a diferencia entre eses dóus termos? Eu quedaríalle moi agradecido)

Recoméndolle, estimada Criselda, a lectura detida e reflexiva dun ensaio magnífico dun home ó que eu penso que teño identificado detrás dalgúns dos anónimos que asoman por aquí: GALICIA BORROSA. Creo que, no caso de existir realmente unha cosmovisión dependente do ser galego, nese libro queda suficientemente explicada. O máis sorprendente do asunto é -e dígoo con moitísimo medo a meter a pata- que, lendo as magníficas reflexións de don Santiago Lamas atopámonos diante da posibilidade de que unha cosmovisión poda ser introspectiva. Eu teño lido e anotado ese libro. E volvo a el con moita frecuencia. Non quixera ofender ó autor, pero as súas análises de todos os mitos e de todos os tópicos da "galeguidade" están feitas por un galego de cerna dura -cerna pura- mais semella que quen nos disecciona é un extranxeiro. De ai, entre outras razóns, a potencia da análise.

Recoméndollo, Criselda, no caso de que non o teña lido. E despois pense que os ianquis -facendo abstracción de que os norteamericanos non todos son ianquis, e que a palabra ianqui divide, cando menos en dúas metades ó pobo americano- tamén construiron, aínda que fose en menos tempo, as súas esencias baseándose en mitos que despois se trocaron en tópicos. Mitos que en moitos casos eran resultado de reinterpretar os que levaban consigo os europeos de moi distintas culturas que foron parar alí. ¡A cantidade de teogonías -que indefectiblemente derivaron en cosmosvisións- que proliferaron no territorio USA!

¿E coñece vostede, aparte de Jacques Anhouil e monsieur Coctau -e perdóeme as posibles incorreccións ortográficas- e algúns outros iluminados, alguén que reinterpretase mellor os cánones da traxedia grega que os artesáns do cinema ianqui -moitos deles europeos, claro- adicados ó western?

¡Ai, señora Criselda, isto élle un mundo sen fin!

E todo isto sen esquecer que don Alvaro Cunqueiro, para min un dos máis grandes escritores en lingua galega de todos os tempos, non fixo máis que reinterpretar e parasitar mitos provenintes doutras culturas: Simbad, Hamlet, Orestes, Ulises, Romeo e Xulieta...

Saúdos cordiais desde un galeguismo combativo. Pax vobis.

Donnacona, de Stadaconé dijo...

Oighame, e quen ven sendo vostede, "o mesmo, pero disimulando"?, se non é moito preghuntare.

Ghustariame latricar con vostede, sabe?.

O Medela di que o Lamas haberia que darlle o Nobel por ese libro. Pero vostede non me parece o noso Medela. E se o é ten vostede moita capacidade para elaborar varias personalidades.

Moi interesante. Moi interesante.
Està claro que en cheghando a casa ponheme a ler o libro do Santiagho Lamas.

Oigha, eu non o identifico entre os anònimos. Afina vostede moitìsimo. É vostede un ghrande lector....

Ata pronto.
O indio errante.

o mesmo, pero disimulando dijo...

...parce que, quand un peuple tombe esclave, tant qu'il tient bien sa langue, c'est comme s'il tenait la clef de sa prison...

Este, máis ou menos, véñolle sendo eu, meu querido indio errante.

Xaime dijo...

E por que non invita a un viño no Potente?, pregunto, e se non ten cartos invito eu

o mesmo, pero disimulando dijo...

Mellor que un viño podería ser unha botella dun bo tinto acompañado cuns anaquiños de queixo de habenza. Non hai problema. Quedaremos.