16 sept 2009

(Foto: Paco Vilabarros)

'Representan o sentir xeral dos académicos'
Ramón Villares asume as críticas da RAG a Feixóo

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, asegurou asumir as críticas do presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, sobre as decisións en materia lingüística da actual Xunta, xa que 'representa o sentir xeral dos académicos'.

A Nosa Terra, 16.09.2009

Durante a presentación dun seminario lingüístico na sede do CCG en Santiago, Villares subscribiu, en calidade de membro da RAG, as declaracións de Barreiro e considerou que a "controversia política" ao redor do idioma "non é positiva" para o galego.
"Son membro da Academia, xa que logo, todo o que di o presidente representa o sentir en xeral dos académicos. Asumo o que di o meu presidente, como presidente da Academia", afirmou.
A pesar diso, situou dita opinión á marxe do seu cargo como presidente do CCG xa que, malia confiar en que o resto de membros "asume o que di o presidente do Consello", trátase "dunha expresión distinta, doutra dinámica e outras competencias" ás da RAG. "É o 'fair play' necesario nas institucións", sinalou.
Así mesmo, recordou que un dos mandatos fundacionais do propio CCG "é preservar os valores culturais do pobo galego" -entre eles o idioma-, polo que avogou por desenvolver seminarios e iniciativas "que permitirán seguir nesta mesma dirección". "Analizar con repouso e con firmeza a situación das linguas e nomeadamente do galego", concluíu.
Retirar o galego da “controversia”
Neste sentido, instou aos axentes políticos e ás institucións autonómicas e locais a "facer un esforzo" para, "na medida do posíbel", retirar do debate "cortoplazista" da política "un valor comunicacional, pero tamén de identidade, tan importante como é a lingua".
"Nin eu, nin os aquí presentes, serán capaces de retiralo, terán que ser os actores políticos e os partidos", aclarou. "Eu non son quen para dicirlle aos políticos o que teñen que facer".
Finalmente, sobre a posibilidade de realizar unha declaración en defensa da lingua desde o CCG, afirmou que, "se hai que facela, se fará, pero non será o presidente, será o plenario quen terá que facela", concluíu.

35 comentarios:

Anónimo dijo...

Importante recoñecimento o que lle fai Villares a Barreiro, pero un recoñecimento que o compromete co que dixo o presidente, coa intencionalidade que apuntou coas súas académicas palabras. Agárdase por tanto que o Consello da Cultura se posicione, que cambie para que todo poida seguir ao menos como antes, porque se non cambia nada seguirá igual.

Anónimo dijo...

Firmo: Demetrio de Alexandría

arume dos piñeiros dijo...

O Pleno

O Pleno é o máximo organismo de goberno do Consello da Cultura Galega. Está composto por distintos membros:

1. Membros natos
2. Membros por elección:
* Por designación das institucións que forman o Consello
* Por elección do Pleno

1. Membro Nato:
Conselleiro de Cultura: Roberto Varela Fariña

2. Membros electos:
Por designación das institucións que forman o Consello da Cultura Galega:

José María Arias Mosquera. Fundación Barrié de la Maza
José María Barja Pérez. Universidade da Coruña
Xosé Ramón Barreiro Fernández. Real Academia Galega
Senén Barro Ameneiro. Universidade de Santiago
Alfonso Novo Cid-Fuentes. Instituto de Estudios Xacobeos
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Seminario de Estudios Galegos (vicepresidente)
Alberto Gago Rodríguez. Universidade de Vigo
Carlos García Martínez. Consello Galego de Museos
Rosario Álvarez Blanco. Instituto da Lingua Galega
Julio Souto Jiménez. Fundación Penzol
José Antonio García Caridad. Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
Helena Villar Janeiro. Fundación Rosalía de Castro
Tito Antonio Varela López. Real Academia Galega de Ciencias
Ramón Yzquierdo Perrín. Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario

3. Por elección do Pleno:

Ramón Villares Paz (presidente)
Xosé López García (vicepresidente)
Henrique Monteagudo Romero (secretario)
María Xosé Agra Romero
Ramón Castromil Ventureira
Víctor F. Freixanes
Ramón Máiz Suárez
Francisco Río Barja
Iago Seara Morales
María Luísa Sobrino Manzanares

Presidente de Honra:
Presidente da Xunta de Galicia,
Alberto Núñez Feijóo

arume dos piñeiros dijo...

Competencias
Tendo en conta as premisas anteriores e, de acordo co regulamento da Lei do Consello, as competencias desta institucións son:

a) Fomenta-la lingua e a cultura galegas en canto creacións orixinais do pobo galego, e entendidas non só como unha herdanza que cómpre conservar e transmitir, senón como un patrimonio que cada xeración debe arrequentar.

b) Investigar e valora-las necesidades culturais do pobo galego, tentando facer accesible a toda a cidadanía de Galicia os productos máis valiosos tanto da cultura propia coma da universal.

c) Analizar cantas cuestións se refiran ó patrimonio cultural galego, nas súas diversas facetas e niveis, atendendo á súa preservación, ó seu estudio, á súa valorización e á súa difusión.

d) Promover actuacións culturais adecuadas ós seus fins, tales como a organización de congresos, seminarios, conferencias ou exposicións, a creación de grupos de pescuda, reflexión ou debate, o establecemento de arquivos ou centros de documentación, a elaboración de estudios ou informes, ou a realización de publicacións.

e) Asesorar e consulta-los poderes públicos da Comunidade Autónoma, especialmente aXunta e o Parlamento de Galicia, mais tamén ás deputacións e concellos, e outras institucións.

f) Elevar ós poderes públicos da Comunidade Autónoma informes e propostas a prol da defensa e promoción dos valores culturais galegos.

Suetonio dijo...

xa se ve que non teñen ben feita ningunha das súas competencias

Palestina dijo...

" se hai que facela se fará" polo visto non ten moitas ganas, non vaia a ser que se enfade o Feijoo


Que cruz con estes elementos

apicultor dijo...

Home, eu creo que hai que deixar aberta a posibilidade de que o Pleno do CCG se pronuncie nunha dirección análoga á da RAG. E a iso hai que animalo e animar aos seus compoñentes. Presupor xa de entrada que non hai moitas ganas é un tanto tendencioso.

Eu espero que, por sentido da responsabilidade, tal pronunciamento de produza máis pronto que tarde.

Anónimo dijo...

Quizais non signifique nada pero aí vai un dato.
Eduardo Pardo de Guevara, membro electo polo Padre sarmiento, é irmán de aquel home que apareceu cun ollo hinchado en La Voz de Galicia na manifestación de Galicia Bilingüe e que resultou ser un coñecido militante de Falange.

apicultor dijo...

Home, non se pode esperar unanimidade total de todos os seus membros, dada a gran disparidade existente. Ora ben, os acordos pódense tomar por maioría, non? Pois iso.

Ana Bande dijo...

moito membro, si señor, como debe ser...

arume dos piñeiros dijo...

Pois xa que estamos, a composición do CCG a min me resulta un pouco rara. Entendo que cargos políticos han estar e rectores das (polo de agora) tres universidades pois probablemente tamén. Pero as persoas procedentes das fundacións non sei, non sei. Sobre todo, tendo en conta como funcionan moitas delas. Pero, en fin. O que eu pretendía sinalar co achegamento da relación de nomes é que non é doado que un órgano coma o CCG actúe de forma automática a través do seu presidente. Non se lle pode pedir a quen non é máis ca portavoz dun órgano consultivo se pronuncie en nome da institución sen conculcar as voces doutras persoas. Entendo eu que o CCG só pode falar despois dunha reunión do pleno sobre o particular (e pode facelo, entendo eu) e non por medio da súa presidencia, salvo que esta fale en nome do órgano que o compón. Que o conselleiro e Feijoo estean nel dificulta nalgo a empresa, pero podían no seu seo e nas discusións internas facerlle ver a un dos seus membros que poden mudar de estratexia política nese terreo. Eles verán, pero sistemas hai de indicar o camiño máis idóneo.

lobo neghro dijo...

Efectivamente dona Ana Bande, moitos membros e poucas membras.

Eu son dos recentemente conversos -á paridade, ou á aproximación da paridade. A sociedade está composta de homes, mulleres, "inversos" e elementos neutros. Polo tanto é de agradecer que a mostra sexa representativa do universo.

Cando vexo moito traxe escuro, todo homes, discurso rancio e rememoración "daquiles anos"...desátaseme a alerxia ó po.

Balonga dijo...

FILMES EN GALEGO:

VHS. 1.Segadores 2.O carro e o home 3. O irmán Castelao.

DVD. 1. O lapis do carpinteiro. 2. A lingua das bolboretas. 3. 13 badaladas. 4.Terras de Miranda. 5. Sempre Xonxa. 6. Curtametraxes galegos. 7. Manuel María (fala da terra). 8. Cine Clube Carlos Varela. 9. Hai que botalos!. 10. Santa Liberdade de Margarita Ledo Andión. 11. Historias de Galicia.



ALLO,ALLO (5 DVD da serie de humor que triunfou en Francia e na Gran Bretaña).

Cativos:

VHS: Os cinco de Enid Blyton núm. 1, 2, 3, 4.

Shin chan, na procura das bolas perdidas. Asterix o golpe de menhir. Jack o rei do Amazonas. Napoleón o pequeno canciño. Doraemón e o misterio das nubes.


DVD: Lucky Luke,
Doraemon: Os cabaleiros enmascarados, O Gladiador, Os deuses do vento, A fábrica de Xoguetes, O tren do tempo.

Shin Chan: Aventuras en Henderland, O pequeno Samurai.

Anónimo dijo...

Concordo con Arume no das fundacións. Non sei que pintan. A maioría son coutos privados da familias, con moita opacidade e pouco control económico.

Demetrio de Alexandría dijo...

"Coutos privados das familias"
Caramba! volvemos aos tempos do antigo réxime, cando se castigaba a plebe por cazar na terra dos señores para quitar a fame.

Tristemente nestes tempos postmodernos e tardomodernos segue habendo "couto cultural", de novos señores medianeiros que intelectualmente nin comen nin deixan comer. Novos señores transmodernos.

XDC dijo...

Pero non se lles ocurra criticalas,a esas fundaciós, que van decir que están vostedes "contra a cultura".

Anónimo dijo...

como se entra nesas fundacións?, como se chega a cargo directivo?
Todos sabemos que son unha hurda de intereses con intereses que acaban formando unha endogámica panda que ordena e devora todo o pastel cultural. Aos demais, quedanos mirar.

Anónimo dijo...

Si Si pero ao Arume ao XDC e aos anónimos ben que lles gustaría estar nelas

Anónimo dijo...

Si Si pero ao Arume ao XDC e aos anónimos ben que lles gustaría estar nelas

XDC dijo...

Eu por o Arume non podio falar, pero por mín, sí:
Poden metelas por onde lles caiba.

lobo neghro dijo...

Home, mellor que estar nelas fundamos nos unha. Fundar unha fundación: "as uvas serodias inzadas de mosto, na solaina", fundación burguesa. E outra na línea "antropoloxía poética" do xdc.

Donnacona dijo...

Alguen me pode informar de que vai a fundación "cum laudem", parece que interviu recentemente no tema do claustro de San Francisco de Ourense.

Anónimo dijo...

Claro XDC porque vostede é da plebe e sabe que non o van a aceptar, pero Arume seguro que non di o mesmo e cala.

arume dos piñeiros dijo...

Que pouco me coñece, amigo anónimo!!

Anónimo dijo...

Pois dicir, sobre asunto, non di nada, cala.

Anónimo dijo...

Arume pon o que faga falla para estar nunha fundación ou no que sexa, e por iso cala.

arume dos piñeiros dijo...

A verdade é que mentín porque estou facendo todas as xestións inimaxinables para formar parte de dúas fundacións, con escaso éxito ata o de agora: A SJF e a MFF. A Scarlett Johansson Foundation e a Megan Fox Foundation. Méritos non me faltan e por cartos non ha ser: aí traballo gratis.

Anónimo dijo...

Menos lobos " Caperucita".

Donnacona vermelha dijo...

E que o da carapuchiña vermella non eran lobos, foi un oso, estou farto de que acusen sempre ós meus conxéneres.

Debería decir: "menos osos ( "o" pechados ), carapuchiña".

Anónimo dijo...

Arume tenta sair pou unha porta false de humor, mais a súa ironía resulta demasiado tópica, roma e nada excitante. Segue a non dicir nada, cala.

arume dos piñeiros dijo...

Pódolle buscar acomodo, amigo anónimo, na MBF, na que si estou. Pero xa lle digo, Monica Bellucci non sempre acode aos consellos.

XDC dijo...

Tampouco era unha carapucha,Lobo, senón unha "capa". O tema está psicoanalizado en "Psicoanálisis dos contos infantís", que seguro que o leeu.
Pois eso de montar nós unha xa vai máis conmigo, Lobo. Sempre e cando sexa eu o xefe, claro.

lobo nugallán dijo...

Bruno Bettelheim. Pero non o lín, son un nugallao. Nin falta que fai.

Para eso te temos a tí. Conta, conta. Que algho queda.

Ah, mira tu, a carapucha celta, a carapucha dos capetos. Teño unha prenda do "Fito", Adolfito, con carapucha que estimo moitísimo e conservoa desde hai vinte anos para foder á sociedade de consumo.

Que pinta a capa nesta película?. A capa é centroeuropea?. Eu pensaba que era de Transilvania e España.

Ilústrenos sobre as connotacións sexuais da capa, dcv, según esos xudeos do carallo que xa me teñen farto de tanto judeo-cristianismo.

Mira como acabou o xudeo Bettelheim, suicidado, se fodera máis subíanlle as endorfinas e non acababa como acabou.
Matouno a ideoloxía?.

SurOeste dijo...

Este señor di na entrevista do El País que Feijoo tiña dereito a dicir o que pensaba, para el en cambio busca mil escusas para evitar dicir que o que di se corresponde co que pensa (que se como membro da RAG se adhire ao que declara solemnemente o seu presidente, que se como presidente do CCG ten que ser a voz do colectivo do que forma parte onde parece haber moi distintas sensibilidades con respecto á protección da cultura galega...) todo un xogo de esgrima de intelectual próximo ao poder, un continuo "si es no es" que me deixa a queixada inferior abatida e incapaz de conter as babas.
Valía para rei!

Anónimo dijo...

Grazas polo interés Arume, pero esas cousas de fans non me van nada, prefiro unha fundación adicada a axudar a xente da cultura que sufre dificultades de saude ou económicas, coñezo algunha en outros paises e paréceme unha boa actividade, lonxe de tanto narcisismo e mamoneo decadente que asolaga as fundación culturais galaicas.