14 feb 2010

O custo do escano
No peto do deputado
Cobran un fixo mensual de 2.094 euros, aos que engaden un plus de 2.092€ por "aloxamento e manutención", que reciben mesmo os que viven en Santiago
Galicia Hoxe, 14.02.2010, M. CASTRO

O camiño para coñecer cal é o resultado final da nómina de cada deputado galego é nun labirinto de final imposible que o Parlamento protexe esgrimindo o amparo da Lei de pro­tección de datos. Tan só as recentes filtracións sobre os 26.000 euros de quilometraxe facturada por un dos deputados do PPdeG -que desmentiu a acusación do PSOE de que realizaba desprazamentos aproveitando o coche oficial do vicepresidente da Mesa, José Manuel Baltar- permitiu coñecer ese dato. Calquera intento de ampilación sobre cal é o presuposto anual que dedica a Cámara a pagar os 0,26 céntimos por quilómetro ós que lles dá dereito o réxime económico que pactaron populares, socialistas e nacionalistas, tópase co escurantismo e evita os compromios de transparencia.
Os gastos por desprazamento, que permitirían a un deputado da Mariña cobrar ao redor de 82 euros e máis de 60 ó que viva en Allariz cada vez que se despracen a Santiago para asistir a un pleno ou a unha comisión, é tan só un dos complementos ós que teñen dereito os representantes que saen elixidos das urnas. As autoestradas sáenlles gratis, e aínda que ningún deles resultou partidario do transporte alternativo, o Parlamento facilítalle un bono que lles permitiría chegar á estación de tren e cruzar a avenida que a separa do pazo do Hórreo para poder sentar no escano.
Compartir os coches e cobrar a indemnización parece ser unha práctica que existe pero só se recoñece entre bambalinas. Comprobar o rumor e frear a fraude ás portas da Cámara parece unha cuestión para a que aínda non se atopou a fór­mula que permita o control.
O soldo base dos 75 deputados galegos quedou este ano en 4.486 euros brutos ó mes, que obteñen dunha asignación fixa mensual de 2.094 euros á que suman un plus doutros 2.092 para "o aloxamento e manutención que orixine a súa actividade parlamentaria" que cobran igual os que viven en Santiago e os de fóra, e engaden 300 por "gastos de representación".
Os pluses continúan sumándose ó exercer o parlamentario como voceiro ou vicevoceiro do grupo, ­unha responsabilidade que deixará a final de mes na nómina 400 euros máis que se contabilizan baixo o título de "gastos de representación". As funcións de presidente de comisión que nesta lexislatura recaen nos deputados populares, excepto na de Economía -que está ocupada polo socialista Ismael Rego-, levan o pago de 300 euros pola actividade, o mesmo importe de compensación para vicepresidentes e secretarios das comisións.
Ocupar un dos cinco postos da Mesa do Parlamento implica, ademais de dispor de coche oficial, engadir un plus de 2.000 euros para cada membro. A presidencia conta ademais con 1.800 euros para gastos de representación e 1.025 de libre disposición que no caso de vin­cepresidente e secretario serán de 1.000 e 525 euros.
RETENCIÓNS
O BNG, o que máis "morde" o soldo dos seus parlamentarios
Non só suman a partir de que adquiren a condición de deputados. Ademais das retencións habituais, a nómina dos deputados galegos sofre automáticamente a mordida da cota que deben ingresar na conta dos partidos os que representan na Cámara.
As cantidades varían no caso de cada partido. Así, na práctica, aos diputados populares suponlles entre 150 e 300 euros cada mes que reparten entre a organización provincial e a rexional.
O PSdeG, pola súa parte, aplica un 5 por cento que se traduce nunha media de 300 euros do soldo dos seus deputados que pasa ás contas do partido. Finalmente, o maior desconto é o que aplica o BNG, que retén case o 12% da nómina dos seus deputados. Ao peche de mes cada un dos nacionalistas con escano contribúe cunha cota de máis de 500 euros ao financiamento do seu partido.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa me explico agora as pelexas internas en todostrés polos postiños. E se non fixeran outro mal...

lobo neghro dijo...

Eiquí en ourense o Paquiño actual alcaide, a María Antónia Yáñez, o Mighuel Fidalgo Areda ( aínda é non sei que cargo co Patchi a nivel galego), e outro máis que non lembro, viaxaban xuntos nun auto e cobraban dietas individualmente. Durante anos.

Outro diputado xa fenecido vivía en Santiago e cobraba dietas desde Xinzo a quen presuntamente representaba ( a súa muller era dun concello da Limia). Eso é normal. Era normal na nosa podrea de civilización. Está ben que se fagha público grazas a estes novos instrumentos ( internet) que farán replantexarse o xornalismo.

En tempos de cólera nos que se fala de baixar os soldos dos funcionários habería que comenzar por poñer no seu lugar o soldo dos funcionarios "privilexiados" do réximen democrático. E non falo de baixarlle-lo, falo de moralizalo, de volver as cousas á normalidade.

No ghoberno socialista do concello de ourense, ese que acadaron sen mover unha palla por riguroso turno de antiguedade e esperando que a froita do pp caese de podre, polo menos un par de concelleiros tiveron a desfachatez, unha vez que acadan o ghoberno e os liberaron, de decir nos medios: "ghano menos".

A mín o coche cóstame 0,20 ct. por kilómetro. Estiven na iniciativa privada e aprendín a computar os ghastos do coche, e descubrín que moitos meses non ghañaba nada por causa dos deslocamentos.
Nun instituto o kilometraxe víñase paghando o,21 ct. Non sei se o subiron, pero en todo caso debería ser universal.

Anónimo dijo...

A 0,19, POR LEI

apicultor dijo...

A desafección dos cidadáns respecto dos partidos políticos e, en xeral, da política, ten moito que ver, entre outras causas, coa percepción de que os parlamentarios e os diferentes cargos institucionais forman unha "caste" aparte, cos seus privilexios exclusivos e cun modus operandi distinto aos comúns dos mortais.

A isto contribúe de forma moi notable a opacidade nos ingresos, do que esta noticia é unha clara mostra. Se ademais lle engadimos a posibilidade real de facer arranxos e trampas varias -que rozan a corrupción e a prevaricación- para poder acrecentar os seus ingresos con dietas de quilometraxe e demais, non hai por que sorprenderse da devandita desafección. Algo do que, para o caso galego, se beneficia unha indeterminada parte dos parlamentarios, coa complicidade tácita dos tres grupos parlamentarios.

Unha noticia como a seguinte: "Ningún dos tres grupos parlamentares presentou iniciativa algunha para esclarecer o cobro de quilometraxe por partes dos deputados" (ANT), só pode indicar que ninguén (nin PP, nin PSOE, nin BNG) está disposto a que se estableza un sistema claro, transparente e eficaz de control.

Non hai ningunha dúbida de que algo cheira a podre no Hórreo. E así nos vai!

apicultor dijo...

A propósito.

Preguntada unha alta responsable dun grupo parlamentario galego (omitamos nome e grupo) por que non presentaban unha iniciativa parlamentaria sobre o cobro de dietas e quilometraxe, a súa resposta foi máis que elocuente, unha forma de escurrir a propia responsabilidade: "Iso son cousas que pasan nos partidos X e Y, non ten nada que ver connosco". Ao que engadiu: "un medio de comunicación -en referencia á noticia de ANT- non nos vai dicir o que temos que facer".

Pensan que somos uns inxenuos e que tragamos con rodas de muíño. Pois non, vai ser que non.

detective crepuscular dijo...

Apicultor, xa que falas de desafección, e últimamente Catalunya parece ser a Patria da Desafección, aí che vai a opinión de Antoni Puigverd, sempre tan ponderada, publicada hoxe en La Vanguardia, para que vexas como andan as cousas por aquí despois das tempestuosas declaracións de Ernest Maragall, o conselleiro de educación da Generalitat e irmao do Pasqual. Andan adoecidos os coitelos da política e a desafección non pára de medrar. Ai, a política. Que o disfrutes.


EL ÉXITO DEL CAMALEÓN

Antoni Puigverd 15/02/2010

Todo parece indicar que estamos en el principio del fin de la pax romana en el interior del PSC. Las turbulencias del segundo tripartito y su incapacidad para dar claridad y fijar un horizonte, sumadas a la extrema gravedad del momento económico, pueden estar oxidando el andamiaje del partido que más férreamente organizado está. Castells, Maragall y compañía se atreven a decir en voz alta lo que antes pensaban y apenas susurraban a media voz. Señal inequívoca de que algo serio está pasando en el interior del PSC, un partido tremendamente jerarquizado (pero no monolítico) gobernado con mano de hierro y guante de seda por el grupo que tomó el poder en el congreso de Sitges de 1994 aplastando a los obiolistas sin contemplaciones. El castillo de la calle Nicaragua, sede del PSC, es inexpugnable. No es extraño que Castells y Maragall hayan optado, no por la batalla frontal (los aplastarían), sino por una disidencia sutil que recuerda la guerra de guerrillas. Montilla no puede descabezar a los disidentes Maragall y Castells: el remedio sería peor que la enfermedad. Mucho peor.

Hay quien observa en la repentina aparición en escena del hermano de Pasqual Maragall una venganza del honor familiar: quien a hierro mata, a hierro muere, mientras que la sorprendente reacción de Castells recuerda a Solbes, pero sin barriga: la cólera del sabio. Algunos apelan al tópico enfrentamiento entre Sant Gervasi y Cornellà. Pero ni Antoni Castells es de familia burguesa ni Miquel Iceta puede exhibir origen humilde. María Dolores García escribía el sábado sobre una curiosa querella: en el supuesto de que perdiera Montilla, se supone que el 2 de la próxima lista (Carme Chacón o Antoni Castells) sería el rostro público del PSC en los años venideros. Lo único que sabemos a ciencia cierta es que, ante esta disidencia de formas imprecisas como el humo, el ejército montillano sólo puede responder callando. Un silencio que ya no será percibido como prudente. Un silencio resignado. Montilla llegó a lo más alto por la fuerza orgánica que atesora. Por el aura de orden que desprendía. Pero el desbarajuste de su tripartito es parecido al de Pasqual Maragall. A Maragall, sus propios compañeros lo vieron desnudo de carisma. A Montilla podrían estar viéndolo mucho más débil de lo que se suponía.

Ernest Maragall escribía ayer en La Vanguardia: "Hace tiempo que el Gobierno de José Montilla renunció a encarnar un proyecto integral de país". Son palabras claras y crudas. Aunque se complementen con genéricos elogios al PSC y una proclamación de vasallaje a Montilla. El hecho es que un conseller socialista del Govern proclama lo que mucha gente siente. No sólo que existe fatiga de tripartito, sino que Catalunya es un barco sin rumbo.

Etc, etc. Entra en La Vanguardia para acabar de o ler, que aquí non o aceita todo.

d. c. dijo...

(continuación)

Con el agotador viaje de la reforma estatutaria, la política catalana agotó el ciclo que en 1980 inició Jordi Pujol. Lo viejo muere, lo nuevo tarda en nacer, pero las corrientes de fondo no se detienen. La crisis económica las está acelerando, aunque la política tiene su tempo y sus reglas. De la misma manera que el espacio independentista ha crecido (aunque tan sólo en el circuito cerrado de calefacción catalanista), y de la misma manera que el españolismo crecerá en Catalunya (aunque su calentamiento sea menos audible), también el espacio socialista ha entrado en turbulencias de redefinición. En la Catalunya renacida después del franquismo, nadie ha acumulado más poder que el PSC. Y, sin embargo, nunca pudo vencer al pujolismo. Manda en la Generalitat, sí, pero con unas complicadísimas muletas que le han impedido desarrollar su propia idea de Catalunya. ¿Ah, pero tiene una idea singular de Catalunya, el PSC? En teoría, la idea está esbozada desde que, en junio de 1977, decidieron reunirse el PSC y la Federación Catalana del PSOE: enlazar las dos grandes almas del país en torno a una nueva síntesis de la catalanidad y una nueva forma de entender España.

Fácil de decir, dificilísimo de elaborar. No lo han intentado. Para acumular enormes espacios de poder les ha bastando con la reducción táctica de aquella idea: la táctica del camaleón. Toman el color del entorno: contentan a todos, sin llegar a convencer a nadie, y suman votos contradictorios entre sí. Una suma que en las elecciones de Montilla pinchó como nunca había pinchado. Pinchó precisamente en Cornellà, en el entorno metropolitano.

Y es que el gran fracaso del PSC es el vacío cultural de las jóvenes generaciones metropolitanas: enorme fracaso escolar; choque latente con la nueva inmigración; indiferencia, cuando no hostilidad, a lo catalán; pérdida de los valores tradicionales de los abuelos andaluces: enormes sectores sociales y culturales sin ideología en manos de la peor cultura televisiva. Este gran vacío demuestra que el PSC no ha hecho sus deberes ideológicos, no ha sabido articular un pensamiento cultural y ha confundido política social con paternalismo. A la gente hay que darle algo más que ayudas: hay que convencerla de su papel histórico.

El PSC ha sabido exprimir maravillosamente la táctica del camaleón: lo ha ganado todo. Aunque, ahora, el camaleón puede morir de éxito. En La conjuración de Catilina,que traducíamos en el bachillerato, Salustio explica que, en tiempos de suerte y prosperidad, la libertad se reduce. Tantos años de suerte dejaron al PSC sin discusiones ni ideas. Que retornan, inevitablemente, cuando en el horizonte aparece la dificultad.

En Vieiros dijo...

Un representante no Parlamento de Galiza cobra de media preto 4.200 euros mensuais brutos. Porén, non hai que explicarlle a Facenda todas as retribucións. Segundo informa La Opinión de A Coruña, hai deputados que perciben até 2.092 euros ao mes en concepto de dietas que non teñen que declarar. Nesta cantidade inclúense os gastos de aloxamento e manutención. Os restantes 2.075 euros ao mes sí que están suxeitos ao IRPF.

Segundo o diario herculino hai unha “opacidade total” á hora de conseguir datos sobre as dietas dos parlamentarios. Na web do Parlamento pódense ver as retribucións pero non a parte dos soldos que non están suxeitos a retencións.

Ademais dos 2.075 euros de paga fixa e dos 2.092 euros de dietas, os deputados tamén teñen dereito a catro viaxes fixas ao mes para reunións cos seus grupos parlamentarios. Se o desprazamento se fai nun vehículo propio a indemnización está fixada en 25 céntimos por quilómetros. En caso de viaxes oficiais, os parlamentarios teñen dereito a 103 euros diarios se o desprazamento é dentro do Estado e 172 se a viaxe é fóra destes límites.

A información tamén se para no caso daqueles deputados que teñen cargos dentro do Parlamento, polo que perciben notábeis complementos económicos a maiores.

Na Voz de Galicia dijo...

Los diputados facturan a la Cámara más de 500.000 euros al año en viajes
Buena parte del fraude detectado en los cobros se debe a que se pagan de forma automática los desplazamientos
Autor: Domingos Sampedro
Fecha 16/2/2010
El Parlamento gallego gasta más de 500.000 euros cada año en pagar los peajes y el kilometraje de los diputados, pese a que este gasto no siempre está debidamente justificado y algunas veces ni siquiera se realizan los viajes cobrados. La acusación lanzada por el PSOE contra el diputado popular Rodríguez Miranda por el supuesto cobro de 26.000 euros en desplazamientos durante cuatro años cuando solía compartir coche oficial con José Manuel Baltar puso al descubierto las lagunas de un sistema que no fue capaz de resolver la anterior presidenta del Parlamento, Dolores Villarino, al impulsar en el 2006 la última gran reforma de las remuneraciones de sus señorías.

Cada diputado autonómico percibe algo más de 4.500 euros brutos al mes, importe que se incrementa con pluses de entre 300 y 800 euros más para los que ejercen alguna portavocía o forman parte de las mesas de las comisiones, que son más de la mitad de los 75 parlamentarios que hay en la Cámara. A mayores, disponen de un complemento retributivo variable a través del kilometraje y los peajes, que les permite a algunos facturar más de 1.200 al mes, a mayores del sueldo estipulado.

Pero es en la liquidación de los kilometrajes donde se halla la picaresca, pues hay diputados que residen en Santiago y cobran el desplazamiento desde el domicilio que tienen declarado, que puede estar a más de 200 kilómetros de la capital gallega.

¿Y cómo puede ocurrir esto? Pues básicamente porque basta con que un diputado se presente en una comisión parlamentaria y se le pase lista para que el Parlamento, de oficio, le haga un ingreso por un viaje desde su domicilio declarado, aunque viva de facto en Santiago o haya compartido coche con alguien.

Por poner el caso de Ourense, cada uno de los 14 diputados realiza un promedio de 12 desplazamientos mensuales a Santiago con derecho a remuneración, ya que, cuando menos, asiste a cuatro plenos y ocho comisiones o mesas. Utilizando coma media el kilometraje Santiago-Ourense (230 kilómetros ida y vuelta), podrían percibir 754 euros en kilometraje y 123 más en peajes. Si el diputado declara un domicilio en la zona de Valdeorras o Verín, la cifra se dispara.

En total, los viajes de los ourensanos cuestan 109.000 euros en los 9 meses hábiles del año y 132.000 más los que reciben los 15 de Lugo. En la circunscripción de A Coruña, con 24 diputados, el coste ronda los 140.000 euros, y los 22 de Pontevedra cuestan algo más de 150.000 En total, la cifra se va a los 532.000 euros en los nueve meses de actividad parlamentaria.

Contra cínicos dijo...

Cinismo absoluto da "nosa" clase política. Seica están agora a favor de incrementar a transparencia, como se antes non pasase nada e non fixese falta. Agora, cando salta o escándalo, din que si, que vale, que a ver, pero até o momento ninguén propuxera ningún cambio ou reforma.
******
En todo caso, tanto Aymerich, como o portavoz do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, e o portavoz adxunto do 'popular', Pedro Puy Fraga, mostráronse favorábeis a incrementar os niveis de transparencia nunha eventual revisión do sistema de cobro das dietas e en aras de pór de relevo a "honorabilidade" dos deputados.

A este respecto, o deputado nacionalista defendeu que "todo o que supoña dar transparencia ás retribucións" que cobran os deputados, suporá "prestixiar unha actividade moi digna e honorable" como é a defensa dos intereses do pobo galego. "Como cidadán non se me ocorre un cargo máis honorábel que representar ao meu país", indicou.

lobo neghro dijo...

No diario "El País" de hoxe o catedrático de estructura económica da universidade Ramón Llul, Santiago Niño Becerra, vaiticina outro crash no ano 2010. Afirma que o 2008 foi a antesala dunha crisis sistémica que estourará a partir do vrau. E pinta moi ruín panorama para España.

A corrección, de darse, dos emolumentos de "sus señorías" será por "imperativo" social, por pura necesidade ante a dimensión da crise que se nos aveciña, e non por moralidade.

E, caso de non facerse eu propoño o "asalto do pazo de inverno".
U-lo p.c?. Aburguesado.Existe?
U-los movementos organizados de masas?. Aggiornados.
Moito nos enganaron, e nós febles de espíritu, deixamonos levar por as miríficas promesas do "crecemento sen fin".
U-lo meu pueblo?. Desaparecido.

Por certo, moitos compañeiros meus están cabreadísimos por estos "tipos" consolidaren o máximo nivel na administración unha vez superados unhes cativos tres anos de entrega con dietas. Deberían cobrar só no momento de prestar o servizo, que sentido ten que un funcionario ascendido ó nivel 30 nunha delegación, nunha dirección de hospital, conserven esa retribución o resto das súas vidas por ter desempeñado o labor tres anos?.

Por que non se revisa?. Escomenzar por ehí e vemos canto se aforra.
Claro que non paghen sempre os nosos, esos que tan só estiveron tres anos. Que lle toque tamén ós outros. Unha vez deixado o cargo, fóra o complemento, ou adaptalo como no caso do paro en función do tempo desempeñado con un máximo pero non vitalicio.
Onde vamos?.
Hai unhes que son máis iguais que os demáis.

apicultor dijo...

Luz e taquígrafos.

Se fose certa esta "súbita unanimidade" dos tres grupos parlamentarios galegos en incrementar a transparencia, o primeiro que tiñan que facer é dar á luz pública todos os datos de todos os deputados. E tamén o compromiso de cesar a todos aqueles collidos nas patacas, sustituíndoos polos suplentes nas listas.

Que parece unha medida demasiado radical? Pois non. Sería unha verdadeira de moralización da vida política e a única forma de non caer en máis cambalaches conxuntos. Renovación a fondo e punto.

Dixen.

apicultor dijo...

Sendo certo, como di ANT, que "polo de agora non se pode acceder ás dietas de cadaquén, debido á Lei de Protección de Datos, salvo que o publique o propio interesado", deben ser as propias direccións dos partidos e dos grupos parlamentarios as que OBRIGUEN aos seus membros a facelo. Se hai disciplina de voto para todo o demais, tamén pode habelo para isto.

Todo o demais son desculpas de mal pagador, perdón, de malos cobradores.

Dixen outravolta.