25 jun. 2010

ARGUMENTARIO

Marcos Valcárcel



Eu falo con moita xente, non só co señor Apicultor. E moitos cidadáns, a maioría progresistas, fan un balance crítico da xestión municipal do BNG en Ourense.
Este balance podería resumirse así:
1º- Problemas de liderado e falta de integración do grupo municipal.
2º- Política de imaxe sen resultados visibles: termalismo, por exemplo.
3º- Abuso da presenza mediática ata extremos impúdicos ( inauguración dunha rotonda ).
4º- Esquecemento de reivindicacións históricas do nacionalismo: bibliotecas nos barrios, centros de mocidade, museo da cidade, etc.
5º-Grandes meteduras de zoco: caso dos paneis publicitarios.

Os futuros candidatos deberían preparar un argumentario para responder a estas e outras cuestións.Por suposto houbo concelleiros e concelleiras que fixeron un bo traballo na Casa do Concello, pero quizais non son os que máis saian nos medios.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Con isas reivindicación históricas non me extraña o resultado actual, para iso non é necesario ser nacionaista. Os que puxaron pola perdida de reivindicacións nacionalistas verdadeiramente históricas como a autodeterminación, a hexemonía do idioma ou a relativizaciòn e ruptura de lazos coa administración española, agora queixanse da falta de proxección política do nacionalismo.
Fan como sie Esquerda galega e o quintanismo non fracasaran, non se atreven a organizarse políticamente e ir pola súa conta, libres dese control que tanto odián e que actúa por democraticas maiorías: a UPG.

Non se pode estar toda vida soñando e lamentando o "bonito" que sería todo se a UPG non existise ou se entregase como un xigante descerebrado a conducción de anano afiador superintelixente.

O estado do BNG en Ourense, é o resultado de anos de acción politica na que tamén incidiron moitos dos críticos que agora se mostran aquí e que tiveron tamén a súa responsabilidade. O Estado é un resultado colectivo, unha construcción política ineficaz e ineficiente que ninguén quere enmendar, nin o proprio BNG nin os seus críticos regodeados nos despoxos do resentimento polas súas frustradas ansias de protagonismo personal.

Coido que Marcos sería un bó alcalde ou tenente de alcalde pero non podo dicir o mesmo doutros que se prestaron rapidamente a vestir as camisas de Armani.

Anónimo dijo...

Outro fracaso mais por "abrirse a sociedade" sumado a Esquerda Galega e o Quintanismo.
A NOSA TERRA:

"2.000 suscritores menos trás o giro editorial

Ao mesmo tempo, o semanário em papel dava um giro à sua linha editorial. Refundada em 1997 pola UPG e num tempo estandarte do jornalismo mais comprometido na Galiza, A Nosa Terra, dirigida polo escritor Manuel Veiga, passou a converter-se num magazine insulso que evita qualquer tema polémico. Nem sequer as históricas greves do metal em Vigo fôrom cubertas quando as barricadas se montavam ao pé da redacçom.

A perdade de identidade dumha publicaçom que num tempo defendia abertamente a autodeterminaçom chegou ao extremo no passado verao, quando despediu umha bolseira que fora acussada pola Polícia de participar em protestos em Cangas contra o polémico porto desportivo de Massó."

xOsse dorrío dijo...

Terían feito máis, moito máis, sendo oposición dun PP sen maioría absoluta -iso si, colocando a menos xente (Putos caciques de merda! Agora que ides dicir do PP? Si sodes iguais!. Agardo que ninguén me acuse de reduccionista)- que formando parte deste mediocre bipartito, maquillado recentemente polo Plan Engano.

Iso sí, permítome facerlle unha puntualización, D. Marcos, quen está chegando a extremos noxentos no emprego da publicidade institucional é o PSOE: tódolos días nas radios e xornal local. Canto nos custa ese gasto diario a tódolos ourensans? O do outro día, na homenaxe a José Luis Outeiriño: noxento, noxento, noxento,... tanto que ate el mesmo se deu conta.

Anónimo dijo...

Vale Camilo.

ourensan@ dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
E mentres tanto... dijo...

E mentres tanto...

Parientes y cargos del PP copan otra oposición de Baltar
Una diputada en el Congreso entra en la Diputación

CRISTINA HUETE - Ourense - 07/07/2010

Los destacados militantes del PP e hijos de éstos que se presentaron a las últimas oposiciones de la Diputación de Ourense ya tienen plaza fija en la institución que preside José Luis Baltar. Los exámenes realizados por la diputada en Cortes Ana Belén Vázquez Blanco; por la hija del alcalde de Celanova, Marta Mouriño, y por, Esteban Fernández Álvarez, hijo del ex concejal ourensano y ex presidente de los hosteleros gallegos, Ovidio Fernández Ojea, no han encontrado rival que les hiciera sombra.