8 ago 2010










CITAS DE AGASALLO (HUGO)

Marcos Valcárcel

Hugo é un mociño de 11 anos, guapiño e simpático e espelido. É fillo do meu coidador Juan e xa veu varias veces por casa. O vergallo (así me chamaba a min o meu avó Benxamín) ten moi boa memoria: O outro día repetiulle ó seu pai unha cita de Ramón Piñeiro que eu lle dixen no xantar,"Son galego por corazón,español por obriga e europeo por convición".
Gustoume o detalle e agaseino con otra cita de Tolstói, cando recomendaba ós escritores novos:"Se queres comprender o mundo enteiro, describe a túa aldea". Esta frase resume a miña cosmovisión do mundo desde a miña mocidade. Oxalá lle sirva a Hugo algún día.

13 comentarios:

Balonga dijo...

Pois aínda é máis mágoa, saber que as aldeas quedan baleiras, unha si e outra tamén, cando vivimos os tempos de máis riqueza na Galiza e no Estado Español.
Saúde

Anónimo dijo...

"O máis local é o máis universal", que dicía o mestre Josep Pla, e razón non lle faltaba...

Adrian Solovio

lobo neghro dijo...

Estou para retornar a aldea. Como sexa.
Estou en Manchester, estudando como un cabron ( non tenhen acentos e tenho que apanharme como poida), e comprobo que eu non pertenhezo nin a sociedade industrial, e moito menos a burgueseia.

Penso que Europa non ten futuro. Comen fatal. Pan bimbo con pomadas, a todas horas.

O facto de os ghobernantes terlle quitado a produccion da comida os labregos e terllela entregado as multinacionais da petroquimica e a fin desta civilizacion tecnica.

Alcatrea!!! a petroleo. Corenta anos mais, din.

lobo neghro dijo...

Saudos a todos.
Moitas lembranzas a Marcos e Maria con quenes coincidia en Finisterre.

Rezo e medito para tranquilizarme, porque o estar lonxe da familia desestabilizame autenticamente.

Son moi estranhon.

I am feeling blue.

Hai que aprender a lengua do imperio para fodelos desde dentro.

XDC dijo...

Decía un da miña aldea: "Mira tu casa y verás tu pueblo. Mira tu pueblo y verás el mundo entero".

Logo si cambiamos a nosa aldea cambiamos o mundo. Será por eso o de "Pensa global, actúa local".

O que terás, Lobo , é a morriña esa que sentimos debida á adicción inconsciente ao gas radón do granito galego.

Por curiosidade. QUé rezas? . repites a palabra "OM" indefinidamente, ou lle rezas unha salve á Virxe dos Miragres do Medo?. Ou rezas en inglés?.

lobo neghro dijo...

REzo de todo, amigo, rezos propios, os que me ensinaron os cristians, un novo que me chegou por mail de orixe hawaiano chamado Ho'oponopono.
Gosto moito dun canto hindu poderosisimo que di: Om, namah, shivaia....non o dou seghuido porque hai que facelo respirando adecuadamente e faltame potencia.

O Om tense por un canto. O canto e tan necesario e vital, cohesionador, tranquilizante, tan necesario como a musica. A xente coa que participo cantan diariamente.
Pero o fundamental que descubrin e a respiracion. Incluso Ignacio de Loyala, quen trouxo tecnicas da india, chegou a falar da respiracion acompanhando os exercicios espirituais ( meditacion) e a oracion, que venhen a entroncar e ser parecido.

Basicamente respiro: pranayama, e outras tecnicas. E mundial, poderosisimo, esta caseque todo nelo. Incluso flipas ( termino psicodelico) gratis. Drugs, para que?.

Neso ando. Si, e faltame o radon. Pero cando estou cos meus no estranxeiro non estou enganchado o radon.

Por certo, eu xa asumo as teorias xeneticas para os enganchados. Nunca me enganchei o tabaco nin o alcohol e tivenos sempre conmigo.

Incluso conhezo algun que fumou un tempo para non parecer maricon. No pueblo, como era un virulillas, decianlle que un home, para selo, tinha que ter algun vicio. Mira que o intentou, e nin pa dios. Os vicios non se collen se non estas predisposto a eles. Eu supero o radon, o alcohol, o tabaco, pero non a ausencia da familia.
Pidolle perdon o Xaime Dapena, porque incluso indo o san Froilan convidado a sua casa estranhaba eu enormemente os meus....debe ser outra caste de neurotransmisor.

De modo que tamen hai moita xenetica en todos estos metabolismos.

bla, bla, bla, amigo dacova, a realidade e moito mais pedestre e seralle aclarada a viva voz.

XDC dijo...

Enlazo un relato que escribíu unha amiga, baseándose nunha anécdota que lle contéi eu: PREMER.

Qué ten que ver a historia con este blog?. A aldea na que se desenrola o conto é Erbedelo, da que tanto nos ten falado o Marcos. O rapá do sombreiro sabe él ben quen é. Durante o ano vive en Francia.

XDC dijo...

Erbedelo estuvo en festas a fin de semana pasada.

A nena do paraugas dijo...

Procuro non esquecer que son unha nena da aldea e cada semana volvo a ela e coido a horta e o xardín. Sei que un día irei alí para quedarme, non sei debaixo dun carballo, dun castiñeiro ou do texo que un día plantou meu irmán máis novo a carón da casa de miña nai... Ou, simplemente no camposanto de Santiago de Partovia. Daquela xa haberá quen faga comigo o que queira. Eu, con tal de que deixen o que quede de min alí, na miña aldea, tanto me ten.
Como di Balonga, é unha mágoa ver as aldeas baleiras. Que se perdeu tanto fóra? Que non hai dentro que non pode dar de comer á xente nova e ten que vivir na diáspora, coma sempre?

Aterrei neste espazo por casualidade, a través do blog de Pepe Noriega. Todo un privilexio.

Un saúdo.

lobo neghro dijo...

Mensaxe para a nena da aldea.Puxen un comentario que no saliu, temo que se repita.

Vera, eu estou tamen no caminho de volta, e estou a inventariar a xente que esta na mesma procura.

Vostede e da nosa sensibilidade. Lupoide. Como podo contactar con vostede?

Balonga dijo...

Pois aínda é peor. Hai xa abondos anos que a Administración fainas desaparecer do DNI, poñendo só o nome do Concello. Eu soamente pasei polo Concello, na viaxe de emigración sen retorno con 7 anos, e agora obrigan a sustituir a aldea polo Concello no carnet. Tras liortas con dous o tres funcionarios cada renovación, o meu carnet só poñe a verdade, a aldea onde nacín. É o mundo ao revés, a Administración contra os administrados e contra a verdade.
Quizabes deberían de preservar unha aldea-zoo, onde os urbanitas poidesen fotografiar aos derradeiros galegos, pois ser galego é case heroico.

lobo neghro dijo...

Balonga, eso mesmo o pensei 'a serio.

Anónimo dijo...

You are not right. I am assured. I can prove it.