21 sept 2010

HOMENAXE A BÓVEDA
Marcos Valcárcel

Ourense, 17 de Agosto do 2010

Pensei que debía estar alí. E, con moito esforzo, alí estiven.

A concelleira de Cultura tivo a deferencia de repetir a ofrenda floral para Benito Losada e para min, que chegamos tarde confundidos polos xornais. De certo foi o Club Cultural Alexandre Boveda quen comenzou a recuperar nos anos 90 a memoria ourensá do martir galeguista.

6 comentarios:

lourixe dijo...

Marcos, parece mentira, aos teus anos! Fiáreste da información que dan os xornais! :-) Semella que nunca enviases unha nota de prensa para descubrir ao día seguinte cómo foron capaces de lle dar a volta e mudar os datos todos.

Gustavo Docampo dijo...

Que ben fixeches Marcos estando aí, sacando unha vez máis ese activista cultural que levas dentro, que ben atoparte nesta solaina falando coa memoria, con esa serena autoridade que che dá o compromiso vivido con paixón. Unha forte aperta, tamén para as túas mulleres.

lourixe dijo...

Alguén sabe de que vai o da Semana Auria en Ourense, que se anuncia por todo Lugo? Semana Auria na web do Xacobeo

xdc dijo...

Paséi a fin de semana en Ribeira. E hoxe ,domingo, lin na Voz, edición do Barbanza, a información sobre unha conferencia que deu o profesor Quintana onte ,en Boiro, sobre o seu libro do BNG. Que saiba don Quintana que gardéi o artigo e o teño á sua disposición si o quere. Caso de que ande por aquí, que o saiba. :)

Anónimo dijo...

Ainda está presente na memoria a vida de Boveda. O esforzo tivo recompensa. Saúdos cordiais Marcos.

Anónimo dijo...

Ainda está presente na memoria a vida de Boveda. O esforzo tivo recompensa. Saúdos cordiais Marcos.