19 mar. 2006

O miragre da música
(Pan por Pan, 19 marzo 2006)
Escoito na radio (“Pioneros”, en Radio 3) unha canción mítica da miña mocidade, “Michelle, ma belle”, a popular balada dos Beatles. Lennon e McCartney querían cantar en francés, parcialmente, di o locutor, e inspiráronse en Nina Simone, dato que descoñecía e que recollo con entusiasmo, porque é unha das miñas cantantes de culto. O programa evoca tempos que están ben lonxe, pero a música salta o valado das crueis cronoloxías e permítenos regresar, sequera por uns minutos, a aquel punto perdido do horizonte do pasado. Nin a literatura nin as artes plásticas, con todo o seu poder expresivo, posúen esa velocidade para transmitir sentimentos e resucitar lembranzas: o labor xenial dun escritor ou dun pintor sempre demanda unha mínima reflexión intelectual. A música pola contra atrapa nun pulo vertixinoso eses fíos invisíbeis da memoria, dun xeito case instintivo e incontrolábel. Ese é o seu milagre.

4 comentarios:

acedre dijo...

Cando non tinha nin papas de ingles esta cancion era a unica que me gustaba polo anaco en frances.
Mui bo blogo o teu e xa o tenho ligado ao meu.
Un saudo.

marcos valcarcel dijo...

Graciñas por esa agradábel visita e as túas palabras no día da árbore (que en Galiza empezaron a celebrar os galeguistas na posguerra) e no día de San Patricio, patrón dos irlandeses (teño unha filla adolescente que se chama Eire, non che digo máis). Aproveito para ligar eu tamén o teu blogo, que xa coñecía, e tamén visitei as magníficas reportaxes fotográficas de kokogua, que estas non as coñecía. Un saúdo moi cordial, Marcos.

galeidoscopio dijo...

Tamén estava eu escoitando o programa mas non percevin ben a história da canción.
Obrigado por facer a ligazón à minha bitácora.