31 mar. 2006


PAN POR PAN (La Región 31 marzo)
Hai uns días fallouse a VII edición do Premio Risco de Creación Literaria. O gañador foi Xurxo Sierra Veloso, con Os mércores de Fra. Non teño a sorte de coñecelo en persoa, pero si a través dese novo espazo virtual que é o mundo dos blogs, desde o que dialogamos de cando en vez: el é o responsábel de rei de copas, onde nos deita uns suxestivos textos literarios baixo a rúbrica Os de Silvaoscura: un territorio mítico para o escritor que ten raíces nas terras familiares de Ramirás. Antes deste premio tiña publicadas dúas novelas, Os ollos do rei de copas (1994) e Licor de abelá con xeo (2005). Lin nestes días a súa segunda novela, que me gustou pola súa capacidade narrativa, a axeitada construción dos personaxes e un simpático sentido do humor con moito de ironía sobre o propio mundo literario: precisamente a trama xira arredor dun premio en nome dun escritor egrexio da vila de Pousadoiro.
(Imaxe: debuxo de Laxeiro)

6 comentarios:

Veloso dijo...

Moitísimas grazas polas túas amables palabras. Alégrome moito de que o meu licor non che resultase indixesto. Unha aperta.

torredebabel dijo...

concordo con cada palabra, Marcos. Ainda dende lonxe, lin Licor de Abela con xeo que penso que -maís alá dos moitos méritos no debuxo dos personaxes e no delicado traballo para falar do que somos, do que facemos e do que gustaríamos ser e facer, e cómo estes tres espazos poden levarse mellor o pior na vida- o mallor logro desa novela é, precisamente, o traballo sobre a ironía, sobre os lugares comunes do mundo da literatura e a sorna coa que vaise condimentando a historia.

Anónimo dijo...

Unha simple curiosidade: ¿porque o escritor non galeguiza o seu apelido e se pon Serra?. É que Xurxo "Sierra" Veloso canta bastante.

Anónimo dijo...

por algo será e seguro que respectable

Anónimo dijo...

o "usuario anónimo sub un" foi que fixo a consideiración de que se non o fai, se o autor non galeguiza un apelido Sierra que non ten por que ser galego algunha razón terá e seguro que esta é respectable, amén.

Anónimo dijo...

Tranquilos, homes, que eu nunca dixen nin insinuei que tivese motivos non respectables para non galeguizar o apelido. Só era unha curiosidade, pero se non se quere contestar que non se conteste.