1 abr 2006


No Hospital Materno-Infantil de Ourense
Foi unha experiencia ben fermosa e enriquecedora.
Estiveron connosco (non saen todos na foto) Verónica, Francisco Xavier, Cristina, Andrea, Paula, outra Andrea, Noemi, Alejandro e Rubén, todos nenos e nenas de 8 a 14 anos, e Antonio David, que ten catro, e un bebe coa súa nai. Algúns tiñan febre, a algunha tiveron que pinchala no medio da nosa visita, outras tiñan colocado o suero, pero estiveron alegres e pasárono ben; algúns ata sabían rematar algún dos poemas que limos, algún outro leu connosco, todos respostaban cando preguntabamos algo. Tamén andaban por alí (sequera en espírito e coas nosas voces) Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez e "o demo coxo" e uns cantos lobos dos nosos contos populares. Tereixa Devesa e Loli Conde, que na foto están agachadas en medio dos nenos, coma sempre maxistrais. E Delfín Caseiro emocionounos a todos rematando co anaco de "O Principiño" de Saint-Exupèry do seu diálogo co raposo: o certo é que quedamos todos "domesticados", nenos e adultos. Graciñas a todo o persoal do Hospital, enfermeiros, médicos, profesores, ao amigo David Simón, director do SERGAS e entusiasta deste encontro e a Carlos Bermello Arce que se ocupou da infraestructura e foi quen tirou as fotos. Non esqueceremos esta experiencia. Creo que haberá que repetila máis veces...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

TREBI
Sobre o mundo dos nenos.Casualidade acabo de ver a Película "LAS TORTUGAS TAMBIEN VUELAN" :Demoledora.../Garcias a Internet podemos ver Obras que non se ven nas Salas. Recomendo o que poda que a disfrute

Aultre Narai dijo...

non sei quen será máis neno, se vos ou eles! ;) a inocencia é un don, non un atranco.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas polas vosas visitas, Trebi e Aultre Narai. Non vin aínda "Las tortugas también vuelan" aínque que me falaron ben dela: procurarei conseguila. Como di Aultre Narai, efectivamente, para facer estas cousas hai que gardar nun curruncho do disco duro algo (ou moito) de neno. Pero sucede que a maioría das cousas que paga a pena facer na vida teñen unha dimensión abondo infantil e lúdica: nada máis triste que enterrar o neno/a que todos levamos dentro, iso debe ser moi semellante a comezar a morrer...

Anónimo dijo...

O nosso filho Duarte também participou nas aulas quando estivo ingressado. Nom tivo a sorte de desfrutar da poesia.
A infáncia é a grande esquecida em Ourense. Quem temos filhos padecemo-lo.
Eu recomendo a obra de Francesco Tonucci. Polo menos o que eu lim: "La ciudad de los niños" e "Cuando los niños dicen basta!".
Parabéns

Paz dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.