Xaquín Marín, un dos grandesXaquín Marín é, sen dúbida ningunha, un dos grandes do humor gráfico galego. Un dos clásicos aos que moitos lembramos nas súas magníficas viñetas dos anos 70 en "El Ideal Gallego": toda unha crónica da historia do país naqueles anos de embalses, celulosas, Encrobas e tantas agresións. Un dos humoristas-pensadores que mellor coñece este país. Que mellor sabe resolver o eterno diálogo entre a tradición e a modernidade.
Leva anos debuxando en "La Voz de Galicia" e non o deixan en paz, movéndolle a sección a cada pouco de lugar. Agora está nas páxinas de Ocio e Tendencias, debaixo do sudoku, páxinas en todo caso moi consutadas. E alí está a facer a tira (como antes fixera o Gaspariño e outras) "O lecer de Isolino", unha reflexión irónica desde o punto de vista do mundo dos vellos con debuxos tan simpáticos -e tan fondos- como este que reproduzo (do xoves 9 marzo).
Noraboa Xaquín e moito ánimo!
3 comentarios:
Estupendo Xaquín Marín con esta viñeta, como sempre.
Estupendo Marcos con esta iniciativa do blog, como sempre.
Graciñas pola túa visita, Santiago. Xa sabes que estaremos encantados sempre de recibirte coas túas opinións.
Para O Xirarei: graciñas pola túa visita. O humor gráfico e a banda deseñada serán unha cita habitual neste blogue. Por certo, a todos/as os que interese: está xa moi preto unha nova edición da Bienal da Caricatura en Ourense, en marzo. Informaremos con detalle.
Publicar un comentario