13 abr 2006


As criadas como fonte documental nas letras galegas
(Pan por Pan xoves 13 abril)
Tense escrito xa sobre o papel dos avós nos nosos escritores. E habería que facelo tamén sobre as criadas nas vellas casas vilegas. No pasado nadal publicouse un especial de “Cadernos Grial” dedicado a Cunqueiro nos 50 anos de Merlín e Familia. Alí se publica unha conversa de Casares co señor de Mondoñedo (parte dun frustrado libro de entrevistas, qué mágoa!) e este recoñece así a súa débeda coas criadas: A miña nai, en cambio, falaba galego constantemente. E o mesmo facían as serventas, todas elas fillas de caseiros da miña familia materna, en Miranda. Unha delas, Encarnación Teixeira, natural do lugar de Espasende, en Riotorto, era moi afeccionada aos contos de medo. Viu o anano de ouro do Castro. Outra, Esperanza Sixo, de Guillán, era moi cantora de romances. Sabía, por exemplo, o da Frouseira, “De Francia partió la niña” e outros. Cantábaos todos coa mesma música.

1 comentario:

galeidoscopio dijo...

Eu aprendin moitas histórias
-normalmente acontecementos reais-da minha avoa materna (que, ademais, matava o lume e tirava os ares).