14 abr. 2006


De "Merlín e familia" e o xenio de Cunqueiro
(Pan por Pan venres 14 abril)
No especial “50 anos con Merlín e familia” do que falei onte (Cadernos Grial) hai varios traballos de interese. “Cunqueiro e o marabilloso inverso”, de Xosé Miranda, é un dos máis suxestivos: bota por terra moitos tópicos sobre o mindoniense e, entre paradoxos, marca as súas exactas lindes coa Materia de Bretaña e a literatura artúrica, co realismo máxico, coa literatura fantástica e coa tradición oral. Con todo isto non lle resta nada de importancia a don Álvaro: todo o contrario, sitúa a Cunqueiro como un dos cumes da literatura (non só galega e española) do século XX. Un escritor moderno na súa obra que foi antimoderno na estética e na ideoloxía. Un escritor complexo e cheo de significados. Por iso tivo discípulos, pero non existe cunqueirismo literario. O único cunqueirismo posíbel é esa lexión de xenios que se chama Borges, Marcel Schwob, Tolkien, Dusany, Calvino, Perucho, etc.

1 comentario:

galeidoscopio dijo...

A minha avoa materna contava moi boas histórias, xeralmente acontecementos reais. Ademais, tamén matava o lume e tirava os ares.