25 abr 2006


Cartas de Ramón Piñeiro (Pan por Pan martes 25 abril)
A finais dos anos 40 non era doado ser optimista con respecto ao futuro deste país. Ramón Piñeiro estivo preso entre 1946 e 1949. Alí recibiu a Rodolfo Prada, mensaxeiro de Castelao, e dende o cárcere coordinaba a actividade galeguista. Logo veu Galaxia e o esforzo por axuntar vontades na recuperación cultural e social da nosa terra. Leo estes días un novo epistolario seu (Galaxia), as cartas que entre 1953 e 1967 lle enviou a Xosé Luís Allué, un mozo galego residente fóra da nosa terra. Son unha fermosa crónica do acontecer cultural daquela hora: os primeiros libros de Ferrín, a homenaxe a Otero, a descuberta de “Os eidos” de Novoneyra. Cada carta está chea de suxestións: por exemplo, a musicalidade “esencial” de Galiza no seu ser máis fondo: “na prosa de Valle Inclán, na poesía de Rosalía ou na marabillosa oratoria de Otero”. E logo aínda hai voces que esquecen o legado de Piñeiro!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Coincide na mesma persoa este de quen falas tí, íntimo de Castelao, e estoutro Rodolfo Prada Chamochín, enraizado nos Peares ?

Estiven averiguando e encontrei unha carta del a Otero co gallo da morte de Castelao, pero non saín da dúbida.
http://www.galespa.com.ar/prada_carta.htm

XulioDRabal

Anónimo dijo...

Hai moito férido e escuro (e ignorante e sectario) que lle ten negado o pan e o sal a Ramón Piñeiro.

Sen caer en idealizacións nin en mitificacións, vai sendo hora de recupar a Ramón Piñeiro na súa exacta dimensión, no seu contexto histórico. Cos seus erros e cos seus acertos, por suposto. E tamén coa súa dignidade, sempre intacta ao longo dos anos (cousa que non se pode dicir de moitos outros).

Anónimo dijo...

Qué ben sacada a colación a memoria de Piñeiro! Qué ledicia comprobar esas tres primeiras respostas! ¿Qué poderemos facer pra axudar a esa posta ó día dunha actitude que a non tardar vai volver ser moi necesaria?

Anónimo dijo...

Claro que (en fin, cómo dicilo suavemente) houbo algúns que o acompañaron que non sempre tiveron unha actitude tan íntegra.

Marcos Valcárcel López dijo...

Saúdos e graciñas a todos polas vosas intervencións. De certo sorprendeume que sexan todas nunha mesma dirección: pensei que habería máis polémica, pero quizais teño lectores moi próximos. O certo é que R.Piñeiro necesita esa contextualización histórica que aquí se reclama e arredalo tanto de mitificacións como de demonizacións demagóxicas. E pouco se fixo nese sentido aínda, creo. Pero nese camiño avanzaremos...

Federico dijo...

Mi nombre es Federico Prada, nieto de Alberto Prada Fraga, y a la vez bisnieto de don Rodolfo Prada Chamochín. Vivo en Santiago de Chile y querìa saber si es que era posible recopilar información sobre Rodolfo Prada Chamochín ya que su hijo Alberto murió el año 2007 y en la familia no tenemos muchos recuerdos de él, sólo un cuadro de su gran amigo y confidente Castelao. Si fuera tan amable, le pediría enviarme información o comunicarnos vía e-mail. pradafederico@hotmail.com

Atte

Federico Prada Fuenzalida