25 abr 2006


A Galiza industrial (c.1750-2005)
O pasado venres puiden ver cos meus alumnos (no meu caso xa era a segunda visita) a exposición Galicia Industrial (c.1750-2005) que se expón na Fundación Barrié da Coruña. Antes estivo en Vigo e debera rotar por todo o país e ser visitada por todos os mozos, que terían así unha forma excelente de achegarse á nosa historia. A mostra componse de 141 obxectos (máquinas, inxenios, maquetas, patentes, outros documentos orixinais), centenares de imaxes e audiovisuais, todo procedente de máis de 50 empresas, institucións e coleccións privadas. Está estructurada en catro partes: 1. Saída en falso (c.1750-1880): o liño, pioneiros do ferro, conservas, moita pel e pouca tecnoloxía, etc. 2. A industria chegou do mar (1880-1936): a revolución da conserva, industrias singulares, etc. (3) A explosión hidroeléctrica (1936-1973), o wolfram, líderes na construción naval, Galiza alumea Madrid. e (4) O novo selo industrial de Galicia: o automóbil e a confección (1973-2005). Estivo comisariada por dous pesos pesados da historiografía económica en Galiza e en España: Jordi Nadal e o amigo Xoán Carmona. Noraboa pola iniciativa e, o xa dito, que vaia rotando por todo o país. Para as visitas escolares, contan cunha guía ben informada e moi atenta que vai presentando toda a mostra de vagar (Na imaxe, o simpático anuncio da Conserveira Alfageme, impreso en folla de lata por La Artística c.1930. Moitos anos despois todos lembramos a iconografía Miau como un sinal de identidade da nosa infancia, non?).

17 comentarios:

galeidoscopio dijo...

Manhá haverá en Carral (e seica tamén en Cacheiras) uma série de actos en lembranza do levantamento de Solís e Faraldo de 1846.
Na Galiza dámoslhe demasiada importáncia à literatura en detrimento doutras artes e doutras formas de conhecemento.

Anónimo dijo...

E ademais de acudir a esta boa exposición, é obrigado que o visitante interesado pola nosa historia merque o libro que venden nela:

Xoán Carmona e Jordi Nadal, El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, magnificamente editado pola propia Fundación Barrié.

Nel encóntrase un amplo, completo e rigoroso estudo da nosa historia industrial.

Pena que non estea publicado en galego.

Anónimo dijo...

Son 439 páxinas, moi ben ilustradas, e con explicacións moi serias, sobre a nosa historia industrial.

Anónimo dijo...

Sí, na miña infancia contan esas sardiñas da casa Miau, como unha das cousas máis ricas que comiamos mui de cando en vez...
Bicos.

caravelete dijo...

O malo desa exposición é o mal rollo que che entra de ver como lle foi co tempo a iso que eran só "precedentes" (porque a parte "4" non é evolución ou desenvolvemento das anteriores, son excepcións no baleiro deixado pola súa desaparición).

Anónimo dijo...

¿Veñen nese libro os anuncios en galego que facía a principios do SXX a empresa dos Pérez Rumbao? Aínda gardo algunhas fotocopias na casa -non sei ónde, tería que buscalas- nas que aparecen eses anuncios hoxe impagables

Marcos Valcárcel López dijo...

Non vín os anuncios de Pérez Rumbao, creo que non están. Ourense na mostra limítase aos curtidos de Allariz, o tema hidroeléctrico, Coren e Adolfo Domínguez, creo.
Coincido con Caravelte que tamén é a triste constatación dunha frustración: tantos sectores que quedaron fanados e pechados por razóns endóxenas e esóxenas, dende Sargadelos ás ferreirías e outras cousas. Neste sentido, eu buscaría maior relación entre o salgado inicial (que está na primeira parte) e a realidade esplendorosa da conserva galega no século XX: hai aí unha continuidade que debera ser máis remarcada.

Anónimo dijo...

Sabedes a anecdota da ilustración que presentas?
Pois seica cando trataron de introducir as sardiñas "miau" en Europa, alá polos anos sesenta, non se daban vendido porque a xente pensaba que era comida para gatos, algo daquela impensable aquí.
Por certo que hai unha lata exposta nunha vitrina das Galerías Pacífico de Bos Aires onde se incluén obxectos recuperados nas escavacións arqueolóxicas do momento da construción das mesmas. Arqueoloxía industrial que nos dá pistas sobre o que comían os obreiros,etc.
O tema da publicidade en galego é, claro, de estudar. Quen apoiaba económicamente aos medios galegos, quen compartía dalgún xeito o rexurdir... Igual que os nomes dos establecementos. Un comercio que se chama "Terra Gallega" como a zapatería da Praza Maior de Ourense, ou un cine que se chame "Xesteira", falan dunha aproximación popular cunha forma de cultura interesante.
Teño visto anuncios de publicidade en galego -lembro de memoria "cepillos barbosa"- en folletos das festas de ourense dos anos corenta ou cincuenta. Si, 1940 ou 1950.

Anónimo dijo...

Non, no libro no aparece a publicidade de Pérez Rumbao. Obviamente, non poden estar representadas todas e cada unha das empresas galegas, tan só as tendencias xerais e as empresas máis significativas.

Este asunto, o da publicidade en galego, ben merecería un estudo ao respecto. Porque non se anima vostede a facelo, señor Etxeokeai?

Marcos Valcárcel López dijo...

O da publicidade en galego merece un estudo exhaustivo: non sei se alguén o estará xa a facer, en Historia ou en Comunicación... Nace, como ben sabedes, en Ourense, con O TIO MARCOS DA PORTELA.
Para Etxeoquehai: magnífica a anécdota de Miau. Hoxe mesmo púxenlle esa diapositiva aos meus alumnos (para probar un canón dunha conferencia que dará no meu centro o venres Afonso Monxardín) e o primeiro que fixeron ao vela foi preguntar se era Comida para Gatos. Xa non lembran ese símbolo icónico... ¡que vellos somos!

Anónimo dijo...

E se mal non lembro, o primeiro anuncio en galego é das máquinas de coser Singer...
Así, como nas cantigas de amor, a influencia foránea abre as portas da casa.
Pois aínda onte vin no Halley sardiñas Miau... Pero son invisibles porque non aparecen na TV.
Vale, acepto o que me di anónimo cultural... pero antes a ver se me fago liberado sindical, millonario ou algo así para ter tempo e vagar...
Entrementres está ben isto de vérmonos aquí a falar sen tino.

Saúde

Anónimo dijo...

Contabase, no Ourense da miña nenez, que andando en trance de titular ó seu cine lle propuxeran ó dono Xesteira que lle puxera Cervantes ó que el respondera que < ese Cervantes non o coñecía nin Dios e que a él, que ó Xesteira o coñecía todo Cristo. Nunca crón moito nesta anecdota, si é que o é, pero si que me creo a dos Alfagemes e as súas conservas de sardiñas; por certo, ónde comprobar eso das máquinas Singer?

Anónimo dijo...

O señor Fdez. va que é ensinante do sector público?
Dígoo porque é o sector laboral onde os liberados sindicais viven de puta madre!

Anónimo dijo...

Por suposto, son do ensino.
O da Singer pódese ver n'o facsímile d'O Marcos da Portela, non sei en que tomo, pero dos avanzados.

Anónimo dijo...

Xa que falamos de "liberados sindicais do ensino", alguén sabe o número deles que hai en Galicia?

Graciñas

Anónimo dijo...

Xa que falamos de "liberados sindicais do ensino", alguén sabe o número deles que hai en Galicia?

Graciñas

Anónimo dijo...

Haille moitos, entre liberados totais e liberados parciais. Seguramente varios centos.
Non corren ningún "risco", viven estupendamente e van por aí adiante como defensores (sic.) do ensino público. Un choio!