9 abr. 2006


El niño raro (V. Aleixandre)

Aquel niño tenía extrañas manías.
Siempre jugábamos a que él era un general que fusilaba a todos sus prisioneros.

Recuerdo aquella vez que me echó al estanque
porque jugábamos a que yo era un pez colorado.

Qué viva fantasía la de sus juegos.
Él era el lobo, el padre que pega, el león, el hombre del largo cuchillo.

Inventó el juego de los tranvías,
y yo era el niño a quien pasaban por encima las ruedas.

Mucho tiempo después supimos que, detrás de unas tapias lejanas,
miraba a todos con ojos extraños.


O tema da violencia nos nenos foi tratado moitas veces na literatura. Nas nosas letras, por exemplo, velaí o conto "O xogo da guerra", de Carlos Casares (en Vento ferido) ou o poema "Xogo ruín", de Luís Pimentel, con ese remate contundente: "Creceu e foi de aqueles". A min este poema de Vicente Aleixandre, de Historia del corazón (1954), tamén me lembra o mundo dos versos de Pimentel: estarían os dous a referirse a unha común simboloxía coas súas metáforas. Vostede que opina?
(Na imaxe, como contraste, "Xesús cos nenos" de E.Nolde)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pra min que sí, que así é. Como tamén é que, cando hai unha literatura que trata da violencia dos nenos, é que hai un mundo violento tras deles, unha sociedade violenta que provoca esa coñecida ecuación de estímulo/resposta que ten o seu equivalente na matería narrativa total sexa esta da índole que sexa. Na literatura irlandesa, por caso, sucede moito isto de xeito que a narrativa cinematográfica dun Sam Peckinpahk, por exemplo, ilustra elocuentemente a afirmación. ¿Somos xente violenta, nós, os galegos? Sospeito que si. A nosa violkencia é xorda e mesmo apacible, moi no senso da cinemattografía citada, na que nunca sucede nada ata que de súpeto nos decatamos de que o espiral de violencia é inaturable e, o que é pior, irrefreable. Algo sasí sucede, precisamente, na Esmmorga.
O que non sei eu é se o poema de Pimentel é anterior ó de Aleixandre. Coido que si. Quere iso dicir que a idea é a mesma e que a intertextualidade, que dín os que saben destas cousas., funcionou unha vez máis.

marcos valcarcel dijo...

"Sombra de aire na herba", onde está o poema de Pimentel "Xogo ruín", publicouse en 1959, un ano despois da súa morte. Non me consta agora que se pubicase antes. Polo tanto sería anterior o de Aleixandre, creo.

Anónimo dijo...

Si, pero na escolma de "sombra do aire ma herba" andou moito a mao de Piñeiro, o mesmo que na decisión de Pimentel de editar en galego moitos poemas que non foran escritos na nosa fala, coido que non poucos deste libro según creo recordar ter escoitado máis dunha vez. En realidade o que sucede é que me gusta que Pimentel sexa consideirado millor poeta ca Aleixandre, con todo o que elo conleva. Pimentel, Manuel Antonio, Iglesias Alvariño, son tres cumes da poesía que, lamentablemente, só coñecemos por eiquí e non todos, desafortunadamente. E paro que vou moi cargado de bombo nos adverbios.

Anónimo dijo...

Graciñas polo poema. O que máis agradeceriamos moitos lectores é que nos "sorprenda" coas súas escolleitas, que sexan orixinais e non "trilladas".
De momento, reciba un notable alto, que non é pouco.