10 abr 2006


Galegos iracundos e litigosos: unha das primeiras descricións da Galiza

Ao fío dun comentario xurdido arredor do poema de V. Aleixandre, acordei rescatar este texto que constitúe unha das primeiras descripcións do noso país.
Así describía o autor do Códice Calixtino, no século XII, unha Galiza ben definida na súa fasquía e nas súas xentes:
Después, pasada la tierra de León y los puertos del monte Irago y monte Cebrero, se encuentra la tierra de los gallegos. Abunda en bosques, es agradable por sus ríos, sus prados y sus riquísimos pomares, sus buenas frutas y sus clarísimas fuentes; es rara en ciudades, villas y sembrados. Escasea en pan de trigo y vino, abunda en pan de centeno y sidra, en ganados y caballerías, en leche y miel y en grandísimos y pequeños pescados de mar; es rica en oro y plata, y en tejidos y pieles silvestres, y en otras riquezas, y sobre todo en tesoros sarracenos. Los gallegos, pues, se acomodan más perfectamente que las demás poblaciones españolas de atrasadas costumbres, a nuestro pueblo galo, pero son iracundos y muy litigosos.
(Trad. De A.Moralejo, 1944, p.523).
Sempre me sorprendeu esa frase final, nun pobo como o galego que hoxe ten sona de pacífico e mesmo, ás veces, de submiso e conformista. Seica no século XII un viaxeiro francés levaba unha imaxe ben diferente do noso xeito de ser. E cales serían os motivos?

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois que somos iracundos e litigosos, quen de lle fender a testa a un viciño cun sacho por unha cuestión de regos, quen de cegar con tal de que o outro perda un ollo, xente que podemos pasar horas a falar e discutir prácidamente ata que, non lle vendo saída a tanto irraciocinio, perdemos os estribos e maila templanza e daquela que deus nos colla confesados. Ou seica non é así?
Aymerid Picaud que afirmaba dos navarros que eran amigos das prácticas propias da zoofilia,coas mulas maiormente e sempre según o clerigo francés, que semellaba coñocer moi ben tódolos lugares polos que transcorre o Camiño, tanto como as xentes que o poboaban, e de xeito que o actual -"reinventado" polo finado cura do Cebreiro, Don Elias, que o recorreu axudado de dous sobriños seus levando uns baldes con pintura marela que lles sirveu pra pintar tódalas frechas que aínda o balizan, este crego francés,
deixounos atinadas valoracións sobre todas elas, as nosas incluidas.
Salvando distancias de tempo, que non de lugar, e tamén de costumes, Aymerid ten razón somos litigantes e iracundos, violentos, malia que se nos teña por prácidos. E terribles. Se non cómo se explica tanta xente claudiada no 36, tanta violencia gratuita como a que eiquí se deu non tendo, como non tiñamos, fronte de guerra na nosa xeografía física, anque si na espiritoal?
O que non sei e se somos submisos, quizais algo obsecuentes e acomodaticios de máis sí que o podemos ser. Pero gústame pensar que nón, que o que somos é pragmáticos e cautos, prudentes e testáns, teimudiños e traballadores. En fin, chovinista puro.

Anónimo dijo...

Prefiro a definición de "iracundos e litigantes" no canto de "submisos e mansos".

Quizais o viaxeiro francés tivo unha mala experiencia nestas terras. XD

Anónimo dijo...

Claro que somos iracundos e litigosos. Guataríame dicir que non,pero mentiría. Aquí hai moito picapleitos.
Unha vez, cando eu era novo, díxome un vello: "Rapaz, ti amas moito a Galicia; pero vouche dicir algo. Galicia ten moitas cousas fermosas, pero tamén tén moitos testigos falsos".
Co tempo comprobei que o vello tiña razón.

Anónimo dijo...

No século I tiñan outro concepto de nós. Silio Itálico, no seu libro "Guerras Púnicas", cítanos como raza amante do baile e da música. Di de nós: "Son homes amigos de cantar cancións rudas na súa língua nativa ou ben bater cos pés no chan nas súas danzas e tocar acompasadamente harmoniosas citolas".

Anónimo dijo...

Silio Itálico? E Estrabón. Cando a este lle toca a hora de narrar a historia da conquista da terra dos kalaikos, fala de que son bebedores de cervexa, que atacan montados en carros tirados por dous cabalos, que urran coma tolos, mentres lanzan venablos con terrible punteria. Pero que aínda máis temibles ca eles son as súas mulleres, que corren ó par dos carros de cabalos, urran aínda máis estremecedoramente, mentres lanzan e volven lanzar coios cunha demoledora puntería...Sidra na IM, cervexa outrora, viño hoxe...o caso é que cando Estrabón exemplifica o noso caracter faino a conta dos cambotes, dos viciños dunha tribo que, lendo a modo, pode e debe situarse nos arredores de Lalín...na aldea de Camba.
Os de Lalín e os da Agolada, Muimenta, Meixomín e por alí, din dos de Camba, ós que tamén chaman cambotes, aínda hoxe, o mesmiño, exactamente o mesmiño, que deixou escrito Estrabón: que son litigantes e pendencierios, violentos e pouco de fiar...se non lles parece mal ós de Camba que os saque eu agora a colación, non vaia ser o demo.
O caso é que non sei se é o normal, pero si que o habitual non é que un sexa cómo se ve a si mesmo, senón máis ben cómo os demas o ven a el. Convén, pois, que nos analisemos menos e leamos máis, pescudemos máis, as opinións que producimos... e logo promediemos, por se a caso.
Saúde e Terra.

Marcos Valcárcel López dijo...

Sobre o texto de Estrabón: cómpre ter en conta que Estrabón nunca estivo na Gallaecia, falaba de oídas, como tantos xeógrafos e historiadores dos tempos antigos. Do seu texto sobre Galiza fixo unha magnífica disección Xosé C. Bermejo Barrera nas Ias xornadas de Historia de Galicia de Ourense (que coordenaban X.Castro-J.de Juana), hai moitos anos (están publicadas as actas): nese traballo demostra que o retrato que fai dos galaicos está cheo de ideoloxía e carácter despectivo, para situarnos como un pobo non romano, isto é, non civilizado.

Anónimo dijo...

O texto está pensado como guía para os peregrinos. A experiencia dos romeiros era, loxicamente, a mesma que o turismo actual:había que discutir por todo cos donos das fondas e dos transportes. Canto ás referencias clásicas, ten razón Marcos, non hai que tomalas sequera en consideración. Estrabón, Silvio Itálico, etc, non eran antropólogos, escribían un relato imaxinario sobre pobos dos que non sabían a penas nada e ós que lles aplicaban o troquel da "barbarie" con pequenas variacións para entreter ós seus lectores. Sen embargo, si hai razóns sociolóxicas para un suposto caracter litigoso do galego: o minifundio provoca moitos conflictos legais personais, mentres que a revolta popular faise moito máis rara (non é fácil identificarse cos intereses doutros propietarios). Pero disto o autor do Calixtino nada sabía, por suposto.