27 abr. 2006


Tres graciñas a repartir (na entrada número 100)
O meu anterior post foi o meu número 100 nun prazo de pouco máis dun mes. Esta bitácora está a posibilitarme unhas posibilidades de diálogo e comunicación coas xentes que eu nin sequera adiviñaba (e levo máis de 30 anos a escribir a cotío nos xornais). Por iso hoxe, en honor a eses 100 primeiros post, quero dar algunhas graciñas:
En primeiro lugar, graciñas a Afonso Vázquez-Monxardín, que foi o primeiro en ensinarme o doado que é isto de facer un blog (el aínda non se estreou, que sexa cedo). Despois, a Brétemas, que apoiou dende o primeiro día esta bitácora, como tantas outras cousas, sempre xeneroso. E sobre todo a Xulio Outumuro (Xulio de Rabal nos blogs), compañeiro meu no Instituto de A Carballeira e profesor de Informática, que é o meu especialista particular que me resolve os problemas que poidan aparecer de cando en vez.
Graciñas, por suposto, e no mesmo nivel, aos lectores e lectoras que fan posíbel este diálogo e comunicación, aos múltiples “usuarios anónimos” que non podo coñecer e a outros que xa empezo a coñecer mellor neste mundiño do blogomillo como A.C., Anónimo político-cultural, Etxeoqueai Fernández, Veloso, Acedre, Torre de Babel, Galeidoscopio, Estalote, Boedense, Caravelete, Muralla, Xacobe neto, Ocenza, Fisterrán, Náufrago, Aultre Narai, Abellonenia, Ronsel obradoiro de arte, F.Míguez, Axitada, Marcial, Neno da Norita, Andara o xeito, Outra vaca no blogomillo, Ian, Axitada, etc. (Excusas polos seguros esquecementos cando escribo case de memoria).
E graciñas tamén polas súas palabras de ánimo a amigos como Benito Losada, Henrique Alvarellos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Antonio Piñeiro, Ruth Fernández, Luis Menéndez, José Pascual, Xavier Paz, Carlos Varela, Manuel Santos, Secundino Lorenzo, Manolo Barreiro, Charo Ferreiro, Santiago Prol, Ricardo Alonso, Xosé M. Sarille, Henrique Torreiro e outros moitos que agora non me lembro, que me adicaron algunhas palabriñas para seguir adiante.
Ah! Para rematar, en moi poucas semanas, espero agasallarvos cunha pequena sorpresa. De momento só vos podo decir que ten que ver co mundo da Rede e coa Historia de Galiza: creo que é un proxecto fermoso e ambicioso. Teredes novas canto antes.
(Na imaxe, Dona co espello, de G.Bellini)

15 comentarios:

Veloso dijo...

Noraboa por esas cen entradas e grazas polo teu blog, sempre interesante, sempre estimulante.
O blogomillo engancha, non é? Un saúdo.

Anónimo cultural dijo...

Vostede non para, señor Valcárcel. E agora fala aínda de máis proxectos. Cando durme? Parabéns polos cen.

Afonso Vázquez-Monxardín dijo...

Graciñas a ti, Marcos, polo blog... e que che medre.
Saúde

acedre dijo...

Felicidades e a seguir asi.
Un saudo.

torredebabel dijo...

parabens e non tes nada que agradecer! quen dí gracias son eu, e xa che contei por qué. Apertas!

Anónimo dijo...

Graciñas a tí por esta fiestra tan en clave nosa que leo todas as mañás dende o meu "exilio" compostelán.

Anónimo dijo...

Marcos Valcárcel é o herdeiro hexemónico daquela Xeración de naceu na Rúa da Paz de Ourense. Ademais é xeneroso, elegante e ilustrado. Adiante e beizón.

Anónimo dijo...

pois nada, ho, bota un neto que as nécoras corren da miña conta; se hai que o celebrar, celebramolo; todos necesitamos este ventiño fresco e hixienizante de mañán cedo que tanto che agradecemos. Unha aperta tensa, que diría e di IDP.

outra_vaca_no_blogomillo dijo...

Beizóns a ti, por teres creado este espazo de comunicación.
Alegroume moito o que comentas sobre esa sorpresa que ten que ver coa Rede e coa Historia de Galiza.
É algo tremendamente interesante e moi necesario. Ultimamente ando a ler cousas da nosa historia recente, e vexo que é un fío que non ten cabo. Boto en falta esa información na rede. De feito, hai algún tempo mandei unha mensaxe a un foro de Vieiros intentando, desa maneira, dar a coñecer unha anécdota significativa da nosa historia recente.

Eis o texto que mandei:
http://foros.vieiros.com/foros/viewtopic.php?t=196

nenodanorita dijo...

Parabens, e adiante.

estalote dijo...

Noraboa polos cen. Miña aboa dicía que "ata os "sen" hai esperansa"... tí xa chagaches, así que ánimo e a polos douscentos.... Saúdos.

galeidoscopio dijo...

Parabéns e obrigado por todos estes textos e imaxes e mais pola notícia do proxecto.
Uma aperta e saúde.

Anónimo dijo...

AS GRAZAS QUE A MIN ME TOCAN, NON SE MERECEN.
Eu que teño a sorte de ver a evolución deste blog a pé de obra,
un par de días despois de ve-lo nacer, cando lle colocamos a caricatura do Quesada ó ir a profiles, cantaba corenta “clics”.

O éxito xa o viña vIr, un contador de estadísticas,
agochado, marcaba xa o cento e pico nos escasos oito primeiros días de vida.

Agora mesmo están medrando as visitas, o día máis baixo
petaron na porta das “uvas na solaina” trinta viaxeiros.

Como din os meus de Rabal, a outra miña universidade, cando homenaxean nun santo, festa, ou cumpreanos, coa copa de licor na man, mollando os labres, medio grolo na boca, saboreando o líquido e a amizade: “ir pedindo, pouco a pouco, agardamos un cento multiplicado por unha decena ou dúas máís , que doxe nun ano, que nós o vexamos e vostede os escriba e os conte", capacidade –non sei donde a saca- e gañas de traballo sei de moi boas tintas que non lle faltan.
Saúde a todos.

XulioDRabal

marcos valcarcel dijo...

Graciñas a todos e todas. Seguiremos no tallo da palabra libre.

Anónimo dijo...

[url=http://www.hi5.com/friend/group/4441177--natrol+tonalin+cla--front-html]natrol tonalin cla[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440535--soft+hackle--front-html]soft hackle[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4441347--nail+salon+software--front-html]nail salon software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440490--murad+acne+complex+kit--front-html]murad acne complex kit[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4441743--codeine+cough+syrup--front-html]codeine cough syrup[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4442403--kirkland+vitamin+c--front-html]kirkland vitamin c[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440594--metoprolol+tartrate--front-html]metoprolol tartrate[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4442319--ageless+skin+care--front-html]ageless skin care[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440486--ginseng+powder--front-html]ginseng powder[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4442036--edms+software--front-html]edms software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4441025--edms+software--front-html]edms software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440527--natrol+tonalin+cla--front-html]natrol tonalin cla[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4441785--pc+miler+software--front-html]pc miler software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4442120--maker--front-html]maker[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4442285--ab+initio+software--front-html]ab initio software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440501--soft+sole+infant+shoes--front-html]soft sole infant shoes[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440788--spironolactone+hair+loss--front-html]spironolactone hair loss[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4442210--edms+software--front-html]edms software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4440845--mortgage+loan+origination+software--front-html]mortgage loan origination software[/url]
[url=http://www.hi5.com/friend/group/4441678--oxycontin+addiction+treatment--front-html]oxycontin addiction treatment[/url]

What we call the secret of happiness is no more a secret than our willingness to choose life.
wadon9981k