16 may 2006


Con Franco ou contra Franco
Para os que vivan na comarca de Ourense, esta información: hoxe ás 22 horas, en directo en Telemiño, un debate sobre Franco e o franquismo.
Da banda favorábel (!!!!) a Franco: Amador Rego, xubilado; Virxilio López, exprofesor e excombatente do bando franquista; e Juan Manuel Álvarez, exalcalde e testemuña da guerra dende o bando gañador.
Da banda contraria: Carmen R. Nóvoa, socialista; Alfonso Pazos, avogado, e este cronista, como historiador.
A ver qué pasa!!!
(Imaxe: O asasino, de Luís Seoane).

9 comentarios:

bouzafria dijo...

Aínda a estas alturas a debater sobre o franquismo?
É certo que están entre nos moitos franquistas sociolóxicos - realmente nas beiras do poder real, e moitos políticos no Estado e eiquí son fillos de Franco: Martínez Pujalte, por exemplo; pero os señores Rego, López e Álvarez son ben destemidos tentando defender o indefendible.

Anónimo dijo...

A miña filla pequena canta "Franco, franco tiene el culo blanco porque lo lava con Ariel..." voulle preguntar a letra e onde aprendeu a canción, e xa llo direi.
Creo que é todo do que convén dicir do irmau tonto do simpático e gamberro aviador.

Anónimo dijo...

Ese "simpático e gamberro aviador", que seica chegou ser de Esquerra Republicana de Catalunya, pasouse ao bando do seu irmán durante a guerra civil. E convertiuse nun fillo de puta.

Anónimo dijo...

E despois matouno o irmau, seica.

Anónimo dijo...

Por acción ou por omisión, o Comandantín (como lle chamaban en Oviedo cando pretendía insistentemente a man da Polo) foi culpable de centos de miles de asasinatos.

Anónimo dijo...

A min o que me espanta é que non estén na cadea eses señores por apoloxía da guerra, o terrorismo, o xenocidio etc
senón que saen nunha aberrante cadea local dicindo o que lles sae das narices coma se nada e se lle permite e permiten todo isto cando polo menos terían que pechar e deter á dirección desta cadea como fixeron co Egin... polo menos non???

Anónimo dijo...

a min o programa gustoume, realmente parecía que non era unha televisión local, marcos estivo moi ben. debate interesante e confrontado.

Marcos Valcárcel López dijo...

Darei tamén a miña opinión como participante. Confeso que quedei espantado ao escoitar os argumentos de don Virgilio e don Amador: apoloxía pura e dura da guerra ("son catro tolos", etc.). Ao rematar, pensei que non debín haber acudido, aquilo era esperpéntico. Pero tamén pensei que, se eu non fose, aquilo xa sería de tirarse da Ponte Vella embaixo: quedaría unha absoluta apoloxía de Franco e os golpistas. O debate estaba desequilibrado e ademais os progolpistas non se cinguiron ao acordado antes: falar só de Ourense (a min non me apetecía falar de Paracuellos nin outras lerias alí). Tamén me molestou a utilización que fixo don Virgilio de persoas mortas como o axedrecista Clemente, comunista de toda a vida, para facelo pasar case por anticomunista porque dixo non sei qué de Carrillo: pareceume indecente. Como outras cousas. En fin... NOn sei como se viu dende fóra. Alí dentro, aquilo metía medo e a bronca sen cámaras, nos cortes de publicidade, aínda foi moito peor. Creo que estivo ben Alfonso Pazos tamén.

Anónimo dijo...

Menos mal que fuches Marcos, de non ser así efectivamente aquelo desbarátase.
Que simpático o que dis das liortas na publicidade, é de verdade así? pois o presentador sempre di que alí segue a bronca nas pausas pero eu creía que eran frases feitas para a galería. Eu creo que Alfonso e ti estuvestes moi ben, o Amador Rego desvariou e saironlle toques autoritarios e o Virxilio parecía ter saido dunha novela. Os outros dous invitados non forn relevantes, caseque non falaron. O Santi Rodríguez estivo ben como sempre que o vin.