
Non se deixa xubilar
(Pan por Pan martes 16 maio)
Algúns tiveron moita presa en xubilalo, pero a cousa non vai por aí. Xosé Manuel Beiras segue sendo un referente social e cultural sen discusión. Hai un ano recibía o Pedrón de Ouro, entre outros recoñecementos. Nestes días pronunciou unha conferencia en Ferrol, seguida dunha cea-homenaxe. Publica todos os domingos un artigo de temática política no xornal “Galicia Hoxe” (abondo escéptico coa política galega de hoxe). Vai recibir, no remate deste mes, o título de “Galego Egrexio”, concedido en Vigo pola Fundación Premios da Crítica (honra que mereceron nomes como Filgueira Valverde, Torres Queiruga ou Alonso Montero). Creo que vai ser tamén o mantedor da entrega de premios Lousada Diéguez en Boborás. Todo iso sen citar a súa presenza no Foro Social Mundial e noutras actividades políticas apartidarias. Que Xosé Manuel Beiras non se deixa xubilar, vaia!
4 comentarios:
Se dura tanto como o pai temos Beiras para rato. Eu quando menos espero que sega a dar muita guerra.
A estas alturas da película, importanme moi pouco as actividades e opinións de Beiras.
A min os artigos parécenme un chisco pedantes.
Sinceramente, opino que, debaixo de tanta faramalla retórica, os seus artigos teñen pouca substancia. Pero é unha opinión persoal, e calquera pode estar en desacordo con ela, faltaría máis.
Publicar un comentario