26 may 2006


FALAMOS GALEGO: CANDO SE CUMPRAN OS NOSOS SOÑOS...
(montaxe fotográfica de Afonso Vázquez-Monxardín)

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas pola foto, que sintetiza, con bo humor, a campaña a prol do noso idioma.
E parabéns a voçé por ter igualmente o bo talante de "atreverse" a publicala.

Anónimo dijo...

e que ben a monta o condeado!

Anónimo dijo...

Moi ben feita! Sacome o chapeu ante vostede!

Anónimo dijo...

Supoño que o "moi ben feita" irá pola Kidman.
A montaxe é chapuceira pero en fin, mellor cás imaxes uqe puña o noso anfitrión estes días aí atrás, está.
Se con esta ollada lle di a Paco Vazquez que fale galego, nunca outra cousa fala na vida.

Anónimo dijo...

Marcos, o xornalista debe gardar o segredo das fontes. E ademais, cando vaia preso por montaxe da imaxe, vas ti tamén por difundila.
Esperemos que nos veña ver. Saúde.

Anónimo dijo...

Home, claro! (A montaxe pra min é ó de menos!) A foto podería ter de fondo unha central nuclear do tipo ¨Chernobil¨ que eu non me decataría.

Anónimo dijo...

Resultame lamentabel. A derrota da argumentación da razón crítica. O imperio das pasións.
Que Nicole promocione o galego, é o mesmo que se o fixera a Coca Cola.
Obxecto de desexo, mensaxe subliminal a emocion...manipulación.
Non me interesa o seu mundo, non me interesa ese galego. Sempre pensei noutra cousa, que outra cousa acompañaria ao galego, mais racionalidade critica, mais utopía, como unha sexualidade mais san. E agora veñen vostedes de modernos soltando carnaza para que os tontos español falantes piquen. Volven vostedes ao Mito. Parten vostedes do axioma de que todo o sentido está dado dunha vez e para sempre. Circular. Repetción.
E esquecen que Cristo pasou polo mundo, A ilustración, o holocausto, a estralla da redención de Rosenzweig,Chernobil, a sociedade de masas...e tantas cousas que fan o mundo diferente, e ao mito absoleto. Podo confundir a Nicole co arco da vella, coa vella, co caldeiro, sumerxirme nas súas augas, e transporme en delirio con ambrosía. Tonterías, señores pensen un pouco mais e deixen de repetirse tanto. Non sexan vostedes cans de Paulov.

Anónimo dijo...

Ca-ra-llo!!!
Ai que cousiñas saca este home dunha broma... Desde Cristo a Chernobil, desde o holocausto os "tontos español falantes", desde carnaza a unha sexualidade máis sa...

Mi madriña, guau e requeteguau!!!

Anónimo dijo...

Meu estimado filósofo anónimo.
Lamento telo ofendido coa montaxe da foto. Como comprenderá, unha broma é unha broma é unha broma. Pídolle disculpas. Pero perdoe, creo que a súa resposta encerra, tamén, a necesidade do cambio de discurso.
Itentareime explicar.
De facermos unha lectura sociolingüística da marabillosa “cousa” de Castelao aquela que da obriña de teatro cos dous lances, tantas veces repetida, que amosa á familia labrega chorando pola vaca e despois ás señoritas chorando polo canciño, e onde se xoga coas actitudes do público da platea e do galiñeiro, está claro cal sería a lingua da familia labrega e cal a da fidalga. Castelao, coa súa xenialidade, trata de mover a solidariedade íntima do lector para co sufrimento dos labregos e deixar en ridículo a aquela fidalga que chora pola morte do cadelo ridículo. E un problema é se vinculamos a defensa da lingua á defensa dun modelo social. Eu quixese que a fidalguiña chorase en galego, -e para ela os meus respectos pola morte do seu cadeliño-, e que os problemas sociais se solucionasen fóra do teatro.
Volvedo ao seu rego.
¡Xa me gustaría que a Coca Cola promocionase o galego! E creo que algo van facer... ¿Imperio das paixons? ¿Derrota da argumentación da razón crítica? ¿Obxecto de desexo? ¿Mensaxe subliminal? ¿"A Estrela da redención” de xudeo Rosenzweig? (por iso digo o de filósofo). "¿Non me interesa o seu mundo, non me interesa o seu galego?"
Este mundo, meu, é o que hai. E hoxe non lle hai outro. A min tamén me gustaría un mundo un pouco doutro xeito. Menos kayucos, máis xustiza e que todo o planeta, mantendo a diversidade, tivese un sistema de valores, liberdades e unhas posibilidades de vida, máis ou menos como as de Europa occidental. Pero como ben comprenderá, ese, querido amigo, non lle é o tema.
“¿Non me interesa o seu mundo, non me interesa o seu galego?” Non liguemos o futuro da lingua coa “vitoria” do noso modelo de mundo, co noso proxecto social ou sociopolítico, porque doutro xeito, estámonos tirando de cabeza ao pozo. Ou gaña a miña idea ou afogamos. Non liguemos tampouco a simple promoción da lingua coas nosas convicions culturais ou coas nosas visións da sociedade. A lingua debe ser para todos e a todos se debe dirixir o discurso. Á fidalga,á labrega, ao que ten un iate no Club de iates de Sanxenxo ou Baiona, ao obreiro da Citroën, ao estudante dunha ONG, ao crego, ao anticlerical, ao pijo a morrer...
A defensa do galego –estamos falando dun instrumento de comunicación aberto con vocación de universalidade para todos- non pode ser inimiga da Coca Cola, nin deste mundo que a vostede non lle gusta e que eu creo, tamén, mellorable.
Con meus máximos respectos preferiría que falase galego o conxunto dos consumidores de Coca Cola antes que o conxunto dos lectores de Rosenweig.
Falemos galego, todos e depois xa arranxaremos o mundo... se é que ten arregro, que non llo sei.
E o de Paulov, pois en fin, xa o di o noso refraneiro –ese fondo vulgar- “Polo pan, baila o can”.
Un saúdo e unha petición: avancemos en todos as frontes, e non perdamos o tempo en atacar aos aliados. Que non digan, “Catro gatos e sempre pelexando”.

Anónimo dijo...

Señor, Vazquez-Monxardín, do que gostaría é dunha campaña pola lingua xa funcionando na rúa, no ensino, nos midia. Cousa que non hai. A súa campaña en positivo sobarda boas intencións, eu adhírome a ela.
Mais comprenda que amose tamén o meu disenso. Supoño, que vostedes non so recollerán adhesións incondicionais, porque entón a positividade tornariase en unanimidade, e a unanimidade en potencial silenciamento da diferencia e por tanto ao final, estaríamos ante un caso mais, do que vostedes critican, de parcialidade, de sectarismo, de reduccionismo, de conflicto internos de catro gatos arrabuñando por impor a súa única positiva verdade.
VOstede cita: "Este mundo, o meu, é o que hai" e E "hoxe non lle hai outro". E "Ou gaña a miña idea ou afogamos"
Rrevela nestes pronunicamentos estar nun ponto de vista provilexiado de obsrevaciónm, dende o que contempla o modo de ordenarse a súa teoría.
Certamente, é moi forte o seu pronunciamento. Esquece vostede, o modo de conformación da realidade, e acercase a ela cun esquema monolóxico. Farto caduco.

Como pode con eses maximas afirmar logo:
"Non liguemos o futuro da lingua coa vitoria do noso modelo de mundo"
É o seu que é ? parte vostede dunha posición demasiado forte e sen argumentar, polo que pode albiscarse certo fanatismo no seu discurso.
Con nos ou contra nos
Paréceme que ese non ó o camiño, porque penso, que vostedes están por un impulso da lingua. Un impulso que ten que vir dos falantes, non de catro que se autoinstalan nas esencias da intelectualidade consciente e votan a súa palabra redentora ao vulgo, para arrecadar apoios que logo rentuaran como lles pareza.
Non creo que non é así. As adhesións fansen dende posicións distintas, e esto e o bó.Repetemos verdadeiramente a palabra do outro, tentando comprender as súas referencias.
Por último dí vostede preferir o conxunto de lectores da Coca Cola que o conxunto de lectores de Rosenzweig.
Pois meu amigo, De Rosenzweig, hai certamente lectores, mais da Coca Cola, como non sexa do lema e da compulsiva repeticiónda marca...os ingredientes, e a razón social...non da para moito mais.
En calquera caso eu gosto da Coca cola, e tamén de Rosenzweig, admiro o seu traballo para a recuperación do hebreo.
E por último señor Vazquez-Monxardin, ten que disculpar que nos ámetos filosóficos non haxa moito sentido do humos.
Non lle de un mal sesgo as miñas palabras, sinceramente é que o penso así, e teño o defecto de aproximarme bastante a dicir o que penso.
Un saudo, e para adiante.

Anónimo dijo...

Meu señor anónimo:
En primeiro lugar, graciñas por tomar o interese de ler e contestar as miñas palabras, e aínda que non saiba quen é vostede, estímollo e agradézollo sinceramente. Cando nos vexamos, dígame quen é e págolle unhas cervexas.
En segundo dicirlle que non hai ningunha campaña -e menos miña- de momento. O que fixemos Marcos e mais eu foi promover un debate como este, e no mesmo éxito da participación plural, -entre as que contamos e valoramos moito a súa- cremos albiscar unha sensibilidade estendida en favor de repensar estratexias e construír discursos novos. Algo hai que facer e algo distinto. Cómpre implicar a sociedade civil... ¿Como? Habémolo falar. E adiante. Seguiremos traballando, non teña dúbida, e manterémolo informado.
En terceiro lugar, témolle máis as unanimidades como ao demo. Se algo se entende no meu discurso como posuidor de verdades absolutas, sen dúbida estarei enganado. O que vin, relendo os fragmentos que vostede sinala das miñas letras, é que me expresara mal. Vou sobre o tema:
Exactamente o que eu dicía, e explícome é: “Este mundo, meu, é o que hai. E hoxe non lle hai outro”. Utilizaba ese “meu”, como un vocativo de aproximación. Debería ter dito a forma plena e non a apocopada da confianza e trato coloquial, “Este mundo, meu amigo, é o que hai. E hoxe non lle hai outro”, cousa que, evidentemente, é así. Liga vostede logo estas frases con “Ou gaña a miña idea ou afogamos” e aponme a idea de estar nun punto de observación por riba do ben e do mal... Mal me expresei, claro. Debinlle pór as aspas. Precisamente o que eu trataba de dicir é o contrario. Creo na diversidade das mensaxes a dirixir a un público diverso, por iso, cando comentaba as súas palabras de “Non me interesa o seu mundo, non me interesa o seu galego” e dicía que non se debe ligar a promoción da lingua cunha forma única de ver o mundo, por canto, de non ser esta hexemónica, iríamos de cabeza ao pozo, e aquí “ou gaña a miña idea ou afogamos” estaría pensada para os que se achegasen a ela, á defensa desa lingua e cultura, cun esquema pechado e caendo ao pozo.
A min, que lle quere, non me lle gusta a Coca Cola (son un bárbaro traidor bebedor de Estrela Galicia, bisneto dun colleiteiro de excelente tostado) pero prefiro, o grupo deses falantes da Coca Cola por seren máis, e por representaren á sociedade verticalmente. A Coca Cola é de ricos, pobres, altos, baixos, dereitas, esquerdas, ateos, cregos, nenos, vellos... que son os que quero eu que logremos gañar para a causa da permanencia da lingua no planeta.
O pensamento de Rosenzweig é cousa de exquisitas minorías, como o galeguismo –senso lato- de hoxe. Eu non lle estou nin contra os filósofos, nin contra os teólogos e, no sentido que vostede me permitirá, nin sequera contra os tiranos. Son, simplemente, un tipo que conta o que lle parece, con liberdade e se cadra con ousadía , pero sen ánimo de transcendencia especial. Non, lle son, obviamente, un “speaking thinker”, aínda que sei, que son imprescindibles, e aos que admiro con grande intensidade e modestia.
Vostede e nós, meu –meu amigo-, estamos chamados a promover a lingua xuntos, e aínda podemos botar unhas risas polo camiño, e beber unhas Cocas e unha Estrelas.
Saúde

Anónimo dijo...

Asumo e concordo mil veces mil coas palabras e argumentos de Monxardín.

Marcos Valcárcel López dijo...

Tamén eu suscribo os argumentos de Monxardín e lamento a súa consideración respecto a que "nos ámetos filosóficos non haxa moito sentido do humor". Porque o ser humano é razón e paixón e eu, que non son en exceso pasional, creo, entendo que haxa paixóns que conduzan a moitas persoas: o fútbol, por exemplo, que a min me deixa frío, pero cadaquén é coma é. E as emocións? Non nos fan tamén humanos? E o sentido do humor? Tiramos ao cubo do lixo a nosa poesía popular satírica, as cantigas de escarnio, a Castelao, a Celso Emilio Ferreiro, ao Curros de "O Divino Sainete", etc. etc. Moita paixón hai en todas esas páxinas, non cre? Unha filosofía tan fría que prescinda de todas estas parcelas complexas da realidade a min dáme un pouco de medo. Un lector deste blog (noguerol) recuperaba hai días unha cita moi ao xeito de Rochefaucauld: "É máis necesario estudar os homes que os libros". Un sáudo moi cordial e a ver se tomamos unhas cervexas, como di o amigo Monxardín (por certo, debíanos pagar pola publicidade de Estrela Galicia...)

Anónimo dijo...

En todo caso os libros falan dos homes ou dos coñecimentos dos homes. Na filosofía hai pouco humor, é certo mais non por eso menos humanidade. A literatura prestase mais, pero eu non son literato e mais coñezo moi pouca literatura. Tomo nota, quizais descubra aspectos para min ata de agora descoñecidos e faga como o inxenuo de Rorthy e propoña a disolución da filosofía na literatura. Eu tamén estou con monxardín, mais tamén conmigo mesmo, quero dicer que o que fixen foi relativizar a súa posición respecto a min, para a fin relativizarnos, sen que a relativización implique o abandono das respectivas posicións, e paréceme que está acadado.
Eu como xa lle dixen, nada dado aos aforismo, será tamén por falta de humor?. prefiro coller algún pensamento da Pascal e refuxiarme nel a modo de como outros ser refuxian nos aforismos para nostalxicamente soñar a omnisciencia. Ou porque non meterse directamente coas meditacións filosoficas, por falar daquel tempo, e pairar co argumento do soño e do xenio maligno. E seguir se hai humor co error localizado por Damasio en Descartes. O problema amigo Marcos é que o dualismo non está resolto, hai quen pensa- hoxe para min os mais honestos rigorosos e inf0rmados- que non hai resolución posibel. POlo que as pasións seguiran a permitirian as experiencias sobre as que pensar.
Un saudo e cando queirades unha Estrelals da rendención galegas e unha coca cola con limón.
saudos.

Anónimo dijo...

Relativizador que te relativice bo relativizador será se, relativamente, te relativiza relativo.

Anónimo dijo...

O relativo verdadeiramente é un transitivo, porque o que relata transixe a transición do que é ao que pode ser co risco de deixar de ser. Eso xa o apuntaba Husserl, e Heidegger tomouno para escenificar a apertura no que o pastor pastorea o ser. Agarda co seu rebaño a transida fortuna que un día deixou de ser para adiantarse en destino. Ti que miras, xa sabes que eu sabía o que agora comezas a ler de verdade, aqui a tua luz cega nestes caracteres e dasme un guiño involuntario de non ver. Vision e cegueira, diria De Man. Entón porqué os historiadores sodes tan hegelianos?. Parque humano, fracaso completo do espirito absoluto. Do absoluto espíritu. Dende o espiritu parcial, encomendo a tarefa de contar ao primeiro texto que teño a man que di:
"Cuan goorioso es abrir ua nueva carrera y aparcer subitamente en elmundo de los sabios con un libro de descubrimientos en lamani, así como un cometa inesperado refulge en el espacio!
No, no guardaré or más tiempo mi libro "in petto"; aquí está , señores/as: leedlo. He emprendido y ralizado un viaje de cuarenta y dos días alrededor de mi cuarto...

Anónimo dijo...

Con ese rollo patateiro, valo ter moi crudo con Nicole.

Anónimo dijo...

Xa está ben.
O filósofo anónimo e máis eu xa chegáramos ao acordo do respecto, da diversidadeecto, e de tomar as cervexas e a coca cola con limón. Deixade xa isto, que hai máis que facer.
Saúde e punto final.

Anónimo dijo...

Non é vostede o máis indicado para mandar parar nada, meu. E menos aínda despois das súas tediosas peroratas. O único que pode poñer punto final é o dono do blog, capisci?

Anónimo dijo...

Desculpe, se nalgo faltei.
Siga, siga.
Eu, pola miña banda, non volvo contestar a un "usuario anónimo".
Graciñas.

Anónimo dijo...

Filosofo Moscón
"Non sequitur"

Vostedes, ao fin, utilizan a positividade para calar as diferencias, sobre todo cando estas transparentan as súas intencións sobre a cultura.