27 may. 2006


Noraboa a Francisco Castro, graciñas a Daniel Ameixeiro
Noraboa a Francisco Castro, polo seu recentísimo Premio Blanco Amor: pego dende Vieiros esta nova. E graciñas a Daniel Ameixeiro por incluírnos na súa lista de favoritos da rede.

Francisco Castro gaña o Blanco Amor de novela con 'Punto Com" [27/05/2006 15:49] O Premio Blanco Amor de novela, un dos máis emblemáticos e onerosos da literatura galega, foi fallado este mediodía no concello de Neda. O gañador é o escritor e blogueiro vigués Francisco Castro, cunha novela que vira ao redor do "mundo cibernético", cun estilo "funk e irónico", e que, en palabras do xurado "racha moldes" no panorama da narrativa galega. Francisco Castro naceu en Vigo en 1966 e foi autor de A xeración perdida ou Un bosque cheo de faias, e dende hai un ano mantén o blog A Canción do náufrago. Para Castro, a novela é unha reflexión sobre o mundo da empresa e do traballo, "e sobre internet e a soidade, sobre esas persoas que viven conectadas ao mundo por unha webcam ou o correo electrónico". O premio Blanco Amor de novela organízano os concellos de Galiza e neste ano contou co apoio de 54 entidades municipais.
(Imaxe: un detalle orientalista de Delacroix, en A morte de Sardanápalo, 1827-1828, París, Musée du Louvre).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa para Francisco Castro.
Os xurados xa poideirian ter un pouco mais de imaxinación, levan tanto tempo dicindo cousas similares a: "racha moldes na narrativa galega" que semella xa o conto de Pedro e o Lobo. Cando suceda de verdade, ningúen o vai crer. Habera que lerlle a novela a ver..

náufrago dijo...

Grazas, Marcos. Unha aperta

Ameixeiro dijo...

Para min o teu blog é un fermoso espazo de encontro, comunicación, aprendizaxe, debate.
Moitas grazas e unha aperta,
Daniel

Anónimo dijo...

Hi! Just want to say what a nice site. Bye, see you soon.
»

Anónimo dijo...

I find some information here.