29 may 2006


TODOS ELES ERAN INOCENTES
(La Región 29 maio)
Hai un par de semanas participei nun debate en Telemiño sobre a guerra civil e o franquismo. Dende aquela ata hoxe foron moitas as persoas que me pararon na rúa ou me chamaron por teléfono, algunhas delas fillas das vítimas directas e todas indignadas polas opinións dalgúns contertulios que na práctica xustificaban aquela barbarie, ás veces faltando á verdade ou utilizando a persoas mortas (que non se poden defender) como o republicano Alberto Vilanova ou o comunista Clemente. Creo que estas persoas se merecen estas liñas.
As vítimas defendían a democracia lexítima: os golpistas foron os conspiradores. En Galiza non houbo guerra civil, só matanzas desapiadadas, fusilados no Campo de Aragón e sacas para “ir ás claudias”. A represión chegou a todos os demócratas e está ben documentada hoxe grazas aos estudos de Xulio Prada. Houbo moitas voces que calaron para sempre. No propio concello da capital, as de Gonzalo Martín March, gobernador civil, e Manuel Suárez Castro, alcalde socialista da cidade. Ou as de moitos republicanos de esquerda como o avogado Eduardo París Villar (IR), Aníbal Lamas Cid (UR); Marcial García Barros (IR), tenente de Asalto; Marcelino Otaduy, axente de Vixilancia; José Salgado “Peste”, conserxe de Artes e Oficios (UR); o industrial Celso Pereira Rego (IR). Ou as de comunistas como Benigno Álvarez, Manuel Gómez del Valle, Manuel Docampo Pousa e Ramón Lafuente Rodríguez (responsábeis da Casa do Pobo), Modesto López Teijeiro (do Sindicato da Banca); Enrique Nanín Ansias; Silvio Torres Díaz, e un longo etcétera. Na lista fatal están tamén moitos socialistas como o xa citado alcalde Suárez Castro, Fernando Cordón; Luiz Izquierdo Balbuena, de Correos; Ramón Fuentes Canal, avogado, os seus irmáns Manuel e Emilio, e Antonio Taboada Nóvoa, das Xuventudes Socialistas; Severino Nóvoa Gutiérrez, director de “Espartaco”; José Fernández Pérez, “Pepe da Botica”; Herminio Docabo de la Iglesia; Amador Cobas Fernández; etc.
E mestres de todas as ideoloxías, como Eligio Núñez (radical socialista), Rafael Alonso, A. Caneda, Gumersindo Núñez, Eduardo Villot Canal (comunista), Eulogio Vázquez Gómez (presidente da Escola Laica), entre outros. E escritores como o xornalista e poeta en galego Roberto Blanco Torres (que fora gobernador civil republicano en Cuenca) ou o xornalista Jacinto Santiago. E soldados como Amaro López Basante, Claudio Rodríguez Díaz, Ramón Regueiro Barreiro, entre outros. Ou paisanos como Manuel Nogueira García, secretario xudicial; Ángel Quintas Barreal; Antonio Ledo Rivero; Emilio Moure Carcacía; Ramón Pérez Anglade; Secundino Alfonso Fernández; Enrique Santiago Nóvoa Arce; Francisco Figueiras Gómez; Francisco Paradela Núñez (da casa Ford); María del Valle Lozano (nai dos irmáns Gómez del Valle) ou Salud Torres Díaz. Son só algúns nomes para simbolizar a masacre: a relación completa de vítimas ocuparía varias páxinas. Todos eles tiñan algo en común: todos eran inocentes. (Imaxe: Ferrol, 1938, foto anónima. Do arquivo da familia Escrigas).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A besta militar-fascistoide acabou con moitos inocentes, destrozou moitas familias, fixo sofrir o indecible. En Ourense, en Galicia e en toda España. Convén non esquecelo nunca.

Anónimo dijo...

Hai que repetilo unha e mil veces. En Ourense non houbo guerra. Só masacres fascistas levadas a cabo por covardes contra indefensos.
A guerra é nos frentes, na Cidade Universitaria de Madrid, na batalla do Ebro, en Asturias... o resto, o que pasou en Badajoz, en Andalucía toda, en Galicia, etc. só masacres de coverdes fascistas contra o pobo. ¿Cal é a épica de meterlle un tiro na cabeza a alguén que ten as mans atadas e medo no corpo? Vermes te coman, cabrón. O revisionismo histórico dos Pio Moa e cía, a "neutralidade" mal entendida leva a qeu agora, os propios fillos intelectuais dos máis indignos asasinos da historia europea contemporánea, os avós de Sebrenika e do bombardeo do mercado de Saraievo, se gaben do que fixeron, considerando "pecata minuta" os "excesos dos seus incontrolados". O incontrolado, o seu poder... ¿Cantos "incontrolados" foron xulgados?
Que abran a tumba dos Caídos e, sen sacar a momia, que a atoen con goma 2 e dinamiten a construción do horror e do oprobio. Ou mellor aínda, que busquen a algún depravado por Internet -crego a ser posible- e que lle dea polo cu a momia de Franco, antes de rebentar o valle dos caídos, que xa que é dos caídos, que caia dunha vez, carallo.

(Unha cousa é que non lle andemos dando voltas sempre ao tema da guerra outra que non o teñamos clariño como a iagua das fontelas).

Anónimo dijo...

ourensan. Vin o debate do que fala o teu artigo, e realmente e un tema interesante, que sen dubida non se toca nunha cidade pequena, na que eu non nacin nin vivin, pero que demostraba que tras de todo hai un manto de silencio sobor dise tema que eu descoñécia. Admiro a sua forma de escoitar e intervir tendo todo o coñecemento tan nítido que ten o respecto, cando enfrente se oian as barbaridades e tonterías de dous persoaxes, sin faltarlle o respecto, que parecían esperpentos de valle inclán como eran o tal D. Venancio, de novo respeitos, e o tal historiador. Non sei cal dos dous desbariaba mais, a o que pasaba por D. Venancio, otorgolle a ventaxa da avanzada idade , que por certo leva moi ben e moi lúcida en canto a datos e memoria. O historiador , que se chamaba tal, miña madriña, coma poden decirse niste seculo cousas así ademais co talante co que se decía.
O persoaxe de don Venancio, reultoume curioso, pois parecía pra facer unha ambientación sociolóxica da preguerra contabanos o tremendo que foi unha poelexa que tuvo contra un típo que o miraba mal, o ultraxe dunha prima sua a cal que levantaron a saia etc. todo iso pra que nos diramos conta do ambiente que había, vamos que había que facer algo. Tremendo vaia. Parecemeu un señorito fidalgo da cidade que coñece os tales o cuales a ista a aquela familia, que foi de acción católica un gran apostol , que incluso quería convertir os presos republicans en Celanova. Faime gracia que que lle berrou a Bono na catedral de Toledo, por o seu catolicismo, non permiten que outros sexan cristians vellos, piden historia; pois ben a min ocorriaseme que pasaría si il o pensou que alguen lle berrara a Franco cando iba baixo palio entrando na catedral de Toledo ( Caudillo queremos un estado laico).
Realmente a peor guerra debe ser esa a que houbo en Ourense, a da represión interior silenciosa coma foi eiqui. Eu quedei atónito cando penso na testemuñas que contaba o avogado Pazos, sobre os falanxistas que mataban o famoso conserje etc. e faciame gracia que o D. Venancio decía que eiqui houbera uns animales, vamos que podían matar pero que se pasaron. Meu Deus, cando penso que matan a todo o que non pensa como ti, o alcalde o Gobernador, o intelectual que soaba etc. dame medo, eu penso que a min a cousa andariame cerca.
Sei o que e moi ben o Patio de Aragón, non campo de Aragón coma se dí, no ambiente militar e nas ordes da época penso que se chama patio de Aragón, que se conserva hoxe tal como debía ser na época, e deberon ser fusilados uns cantos. Eu recordo haber lido o día que fusilaron contra o paredón do patio a un home de Ribadavia por haber sido denunciado por blçasfemar contra Deus , a Igrexa de forma sonora.
Hai no cuartel de San Francisco existía un fallado cheo de arquivos de documentos anterriores a guera e de esa época, cando o descubriu un Xefe do Reximento, de familia de alto rango franquista, queimou todo no Cumial, camions de papeis, eu pudenme faer con documentos, magua que non o fixen que tal vez a vostede lle gustaria ter.
Penso que si e bo recordar estas cousas, non me vale o do revanchismo, a miña familia non sufrin ningunha represión e penaba coma todos os que non pensaban e eu penso que a memoria dos que sofriron tanto teñen dreito a ser reoñecida, maxime cando os que lle fixeron o mal foron homenaxeados e moin reconñecidos. E non digamos nada da morte civil, nunha cidade pequena coma Ourense.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas a todos polas vosas intervencións. Efectivamente, as intervencións de Virgilio (era Virgilio, non Venancio) foron todo un retrato sociolóxico de como eran os señoritos daquela época na boca dalguén que non mudou de ideas nin de formas: o sorprendente é que este home sexa irmán de José Luís, a quen tratei e quixen ben, e Julio López Cid, que son doutra corda. Uns directores de cine alemán dicían que aos fascistas tipo Pinochet e tal bastaba con poñerlles un micro diante e que eles só falasen, sen engadir nada: non hai mellor denuncia. Viuse tamén ao escoitar ao tal don Virgilio e a Amador Rego.

Anónimo dijo...

Hmm I love the idea behind this website, very unique.
»