González Tosar, reposto, segue a escribir
Días pasados, como moitos saberedes, o amigo Luís González Tosar, gran poeta e presidente do PEN Clube galego, deunos un susto: un dos tres Cs famosos, en formato de infarto. Repúxose e vímolo en Compostela: hai que coidarse moito e facerlle caso ós médicos, quédanche moitas cousas por facer. De momento, podemos seguir a gozar dos seus artigos en El Correo Gallego ou en Galicia Hoxe, por exemplo, este de hoxe mesmo, "Desamparo e clorofila".
(Na imaxe, compartindo un agradable cantar en Celanova, na Casa dos Poetas, tras entregarlle o premio a Acisclo Manzano, setembro do 2004: con Tosar, Méndez Ferrín, Marcos de Auria e Sexismundo Bobillo).
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
1 comentario:
Parabéns Tosar porque renaciches. Agora xa sabes o que tes que facer...ter ilusión pola vida, pero sobre todo, coidar esa saúde! Eu pola miña parte leo a referencia que Marcos fai ao teu artigo publicado en El Correo Gallego a semana pasada "Desamparo e clorofila". Curiosamente estou nun proxecto do Centro Ramón Piñeiro sobre "avaliación do galego no exterior". Estamos a elaborar material de comprensión de lectura no nivel C1. Eu seleccionei ese texto para elaborar preguntas de elección múltiple, pois pareceume interesante o tema, a actitude do que escrebe, o tipo de texto e o lector a quen vai dirixido. En fin, non quero aburrir a ninguén con análises de ningún tipo. Só dicir que este proxecto vai ter no futuro próximo resultados moi positivos para o fomento da nosa lingua. Unha aperta.
Publicar un comentario