
OS OLLOS DA MEMORIA
Hoxe teño o pracer de comunicarvos que estreo unha nova (e breve) sección na prensa: Os Ollos da Memoria (o máis bonito da sección, xa o vedes, é o título).
Sairá todos os domingos en El Correo Gallego, no suplemento El Correo 2, e recollerá fotos relevantes da nosa historia acompañadas dun texto breve de contextualización.
A primeira entrega titúlase Curros na Coruña (1904) e pego aquí a foto porque na versión dixital do xornal non sae publicada.
2 comentarios:
Estaremos atentos á nova sección. Parabéns.
Graciñas pola túa atención, Veloso. Apertas.
Publicar un comentario