15 jun 2006


PECHAR GUANTÁNAMO, AXIÑA!
(Andoliña xoves 15 xuño)
A Unión Europea reclamou nesta semana o peche da base de Guantánamo, onde os Estados Unidos manteñen en gaiolas ao aire libre, sen ningún tipo de dereitos legais, a 460 supostos terroristas dende o 11-S. Estes días houbo tres suicidios de detidos naquel limbo legal que nin sequera estaban acusados formalmente acusados. Á marxe de calquera garantía xurídica, os presos de Guantánamo en teoría son vixiados constantemente, cada dous minutos, e padecen torturas como a “privación sensorial”, isto é a privación da súa capacidade de falar, de ver, de oír, de ulir e de tocar. Unha situación que atenta contra todos os dereitos humanos. O propio ministro español de Asuntos Exteriores declarou: Guantánamo é unha anomalía, e canto antes o pechen, mellor.
O cidadán canadense Omar Khadr, que foi posto en custodia cando tiña 15 anos, ferido en Afganistán, presenta, segundo o doutor Eric W. Trupin, os síntomas psicolóxicos propios das persoas vítimas de tortura: os grupos de Ourense e Almería de Amnistía Internacional están a enviar postais en pro dos seus dereitos legais ao Fiscal Xeneral dos Estados Unidos e ao primeiro ministro de Canadá. Estas campañas son a súa única esperanza para que teña dereito a un xuízo xusto. (Imaxe: un dos cadros da serie de Botero inspirados nas torturas de Iraq).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quero recordar Guantánamao só pola canción que segue:


Yo soy un hombre sincero
De donde crece la palma
Yo soy un hombre sincero
De donde crece la palma
Y antes de morirme quiero
Echar mis versos del alma

Guantanamera,
guajira guantanamera
Guantanamera,
guajira guantanamera

Mi verso es de un verde claro
Y de un jazmín encendido
Mi verso es de un verde claro
Y de un jazmín encendido
Mi verso es un ciervo herido
Que busca en el monte amparo

Guantanamera,
guajira guantanamera
Guantanamera,
guajira guantanamera

Por los pobres de la tierra
Quiero yo mi suerte echar
Con los pobres de la tierra
Quiero yo mi suerte echar
El arrullo de la tierra
Me complace más que el mar


Guantanamera,
guajira guantanamera
Guantanamera,
guajira guantanamera

Guantanamera,
guajira guantanamera
Guantanamera,
guajira guantanamera

Anónimo dijo...

Paréceme aberrante que os que falan de tanta democracia e tanta falsa liberdade anden a manter semellante cárcere, semellante atrocidade do contrario que eles tan hipócritamente defenden!! Pero a estas alturas xa non nos asusta nada do grupiño Bush, eu máis ben diría, deses que lle rodean e lle dan corda con pilas "torturacell" "cantos máis golpe, máis calidade e poder". Guantánamo, paraíso legal do medo, do ataque contra os dereitos humanos. Todo está permitido no país dos eloxios. "Soldadito de plomo""soldadito en el país de las marabillas" Caraga a pistola, unha bofetada, e espabilarás. Bueno, perdoade por este tono un tanto sarcástico, pero cabrea tanta porcallada, miseria e falta de dignidade no imperio que algún día caerá, porque tamén chegou Roma ao seu merecido fin. Botero, do mellor, poderías amosar toda a serie de cuadros adicados ás torturas de Irak, non viría mal pra levantar conciencias no mundo FORTE DOS POLÍGLOTAS, mais creo que a torre de Babel non resistiría. Unha aperta