12 jul 2006


COMO SE CONSTRÚE UNHA NACIÓN
(para os posibeís interesados que vivan na contorna de Ourense-O Carballiño)

O xoves 13 de xullo terá lugar unha conferencia na Casa de Cultura de O Carballiño a cargo do historiador Marcos Valcárcel co título “Galiza, 1906-1936: como se constrúe unha nación”, organizada pola Agrupación Cultural Avantar dentro dos actos conmemorativos do Día da Patria Galega.

Ao longo da mesma o escritor ourensán percorrerá un amplo roteiro da historia cultural, social e política de Galiza dende o rexionalismo ata os días da guerra civil, abordando aspectos moi diferentes da súa realidade sociocultural: a normalización da lingua, a literatura, a música e os coros populares, o teatro e o cine, os deportes, o pensamento nacionalista, a prensa republicana e agraria, os monumentos e homenaxes, os lugares da memoria, etc.

Esta charla irá acompañada dunha montaxe audiovisual en power point con máis de cen fotografías históricas relativas a ese período, moitas delas pouco coñecidas ou inéditas (procedentes da prensa e dos fondos da Real Academia Galega).

(Ilustro cunha imaxe pouco coñecida, pese ao enorme significado que tivo na nosa historia cultural: o enterro dos restos de Curros na Coruña, 1908, foto dos fondos da RAG)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Festival Heineken Paredes de Coura`06

15 de Agosto
18.00h

Escenário Heineken

Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Escenário After-Hours
X-Wife
Digitalism

Jazz na Relva

Zé Eduardo Unit



16 de Agosto
18.00h

Escenário Heineken

Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Gang Of Four
Eagles of Death Metal
We Are Scientists
Members of The Public

Escenário After-Hours

Panico
Dj Kitten

Jazz na Relva
4walls


17 de Agosto
18.00h

Escenário Heineken

Bauhaus
The Cramps
!!!
Maduros
Elefant
Shout Out Louds

Escenário After-Hours

Selfish Cunt
Justice

Jazz na Relva
Insert Coin

torredebabel dijo...

moitas veces lamento non vivir alá, hoxe é un deses dias. Ogallá logo nos contes algo do que dixeches aí...

Anónimo dijo...

Esperamos poder ver no blog algunhas fotografías mais de esa montaxe powerpoint

Marcos Valcárcel López dijo...

Algunhas desas fotografías irán aparecendo de cando en vez. E o conxunto do power-point espero poder movelo a partires de setembro, se hai asociacións ou entidades interesadas.