Entre Xesús e Superman, dicía Eco
(Andoliña xoves 13 xullo)"Entre Superman e Xesucristo hai analoxía, ambos son un poder superior; a comparación é atinada e a súa historia pode ser extrapolada", declara na prensa Brandon Routh, o novo actor chamado a encarnar a Superman para substituír o malogrado Christopher Reeve.
É unha declaración que semella provocadora, pero que resulta pouco orixinal: hai anos o mesmo
Umberto Eco dedicou un ensaio a esta analoxía Cristo versus Superman, que en España publicou a revista
El Viejo Topo. O esquema do heroe da capa voadora é unha historia mesiánica literal: un neno salvado dun cataclismo galáctico, educado por uns pais adoptivos, descobre de adulto a súa orixe e superpoderes e ponos ao servizo da comunidade. Tamén fai milagres e sempre ten éxito contra o Mal. No cómic orixinal chegouse a facer morrer e resucitar o personaxe: o único que lle faltaba para remitir máis fielmente á historia de Xesús. De certo, as historias mesiánicas son moi habituais no cómic e no cine: aí están, por citar só algunhas do xénero da ciencia-ficción,
E.T., Star Wars, Encontros na terceira fase, ou
Starman, entre outras. E as que virán no futuro. Porque aquilo de coñecer o argumento, cando menos en parte, sempre funciona.
(Na imaxe,
Simone Simon, a inesquecíbel muller panteira de J. Tourneur, 1943).
No hay comentarios:
Publicar un comentario