10 sept 2006


ESTOU FARTO...
(Pan por Pan, La Región, domingo 10 setembro)
Estou farto dos badocos que ocupan as estradas da cidade conducindo os seus quads no medio dun barullo infernal.
Estou farto dos aprendices de psicópatas que perseguen ao máis débil, como eses menores de Burgos xogando á lapidación dunha compañeira.
Estou farto de energúmenos como o etarra Iñaqui Bilbao que coa súa chulería e linguaxe procaz non fan máis que lembrarnos o peor no que pode derivar un ser humano.
Estou farto dalgúns xornais de Madrid que cada día inventan unha falsa guerra lingüistica.
Estou farto do trato de favor que os programas do corazón dan a personaxes como Farruquito que pode bailar moi ben e ser moi guapo, pero como persoa non dá a talla.
Estou farto de que as industrias contaminantes sigan a usar como vertedoiros os nosos ríos (aínda que a Xunta reaccionou con eficacia neste caso, menos mal).

(Gustaríame saber tamén, amigos/as, dos vosos "Estou farto...". Por que non posteades 4-5 cada un?. Imaxe de Vladimir Clavijo, fotógrafo moscovita).

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou farto das poetisas que con face de non ter roto un prato arrechéganse aos círculos de poder oficial para recitar os seus poemas á conta da xunta da galiza.

Estou farto dos poetas que reclaman visibilidade para a poesía cando levan máis de vinte anos escribindo naderías nos xornais de galiza.

Estou farto dos profes-poetas de secundaria que escribiron novelas do xénero negro para poñelas de lectura obrigatoria aos seus alumnos.

Estou farto da dobre moral do noso sistema literario. Falan só galego no recital de poesía, na conferencia á que lle convida o colega de turno, e para presentarse a un premio.

Estou farto de que en Galicia haxa demasiad@s poet@s e tan pouca poesía.

Anónimo dijo...

Súmome ás "farturas" de Valcárcel, e tamén, en certa medida, ás do usuario anómino.

As miñas, menos elaboradas, son as seguintes:

Estou farto da estupidez, ese mal de tan difícil cura.

Estou farto da envexa, ese mal que non deixa vivir aos envexosos.

Estou farto do mangoneo, tan típico e demasiado habitual.

Estou farto da ignorancia supina e da prepotenza que lle soe acompañar.

Estou farto da brutalidade que, so desculpa de determinadas ideas, emponzoña a vida pública.

Estou farto de tantas cousas que é imposible poñelas todas.

Anónimo dijo...

USUARIO ANÓNIMO: tes 2 opcións: suicidarte, ou facerte poeta e profesor de gran categoría; cecais prometa a túa calidade, xa que tanto criticas...sabes? tavez existan máis poetas que "poetisas que nunca romperon un prato" que reciten á conta da Xunta. Eu, "poetisa", e defendo a moitas outras, que entrei neste marabilloso mundo da literatura que tanto aborreces, dende que comecei, recitei gratis no 90% dos actos, e con moitísimo pracer, facémolo polo amor ao arte, non aos cartos, non sei non teu caso. E que saibas que a labor dun profesor que, vaia!! pero...si tamén criticas!!! Ti es unha persoa moi perspicaz!!!é das menos valoradas, e das máis duras e máis importantes socialmente porque o profesor é a base de toda comunidade e, polo tanto, do avance da mesma. É doado queixarse das cousas, o complicado é facer un esforzo entre todos para combatir o erróneo, de xeito pacífico, esquecendo as sombras e valorando o bo de cada un para poder construír ese mundo que todos anhelamos, incluídas as "poetisas que nunca escachamos un prato", mais non creo que haxa algunha, eu polo menos son unha tanto patosiña coas mans....

Anónimo dijo...

Engadiría que gosto de escachar pratos para protestar contra certas cousas, todas/os temos xenio e estoupamos de cando en vez: e estou de acordo cos puntos sinalados por Marcos Varcárcel e anonimo político-cultural, mais aínda engadiría:
-estou farta do MALtrato que sofren as mulleres en TODAS as partes do mundo, non Só en Oriente e no Islam, tamén aquí.
-estou farta de que a miña terra ARDA, que as entrañas verdes e azuis de Galiza estén a desaparecer.
-estou farta da CONTAMINACIÓN, en todos os sentidos: acuática, terrestre, aérea, acústica, verbal, etc.
-estou farta das guerras atroces en países que nin saen nos xornais, das que o sistema globalizador é culpable
-estou farta de que os bolseiros traballemos coma o que máis, e non coticemos á Seguridade Social.
-estou farta da falsidade e hipocresía na que afundimos, e sobre todo, da nosa EGOLATRÍA, VANIDADE e ENVEXA, en definitiva, da nosa DEBILIDADE E INSEGURIDADE
-estou farta de que paguemos os nosos erros cos cativos - eles son o nosos foturo!!!!!!-, e coa xente que nos rodea.
-estou farta que pasemos da xente maior,da xente con problemas de integración- psíquica ou física.
-estou farta dos favoritismos por conveniencia: o pago do favor tan típico da cultura galega: o peloteo.
-estou farta da falta de inocencia, de imaxinación e espontaneidade, de alegría e sorriso na xente, da rectitude.
-Estou farta de que a xente-galega sobre todo-VEXA COUSAS ONDE NON AS HAI, EN LUGAR DE REFLEXIONAR SOBRE O QUE TEN QUE REFLEXIONAR-. hai moita paranoia ambulante, así como cotilleo, malicia, cando hai moito que solucionar nas nosas vidas e no mundo. cada un fai coa súa vida o que quere. Fora prexuízos.
*** todos/as, eu incluída, pecamos dalgo disto algunha vez, pero nada é imposible, a vida fainos mellorar, con vontade propia e optimismo.
beixinhos. e cambiemos o "estou farta/o" por "estou na procura"

Anónimo dijo...

Muller, Yoli, non se dea por tan aludida, que seguro que o do anónimo non ía por vostede. E, ademais, non falaba só de "poetisas".
Descúlme a min, pero eu, en termos moi xerais e con matices, comparto o que di ese convidado. E de ningunha maneira me refiro a vostede, que ten un futuro prometedor no mundo da lírica. Aproveito a ocasión para darlle os meus sinceros parabéns polo seu recente premio, que leva o nome dun poeta que tanto quixen.

Anónimo dijo...

Moitas grazas polo do premio, pero agrádama máis saber que vostede quixera tanto a un gran poeta como Antón Tovar.
Con respecto ao de arriba, non é que me sentira tan aludida, pero sempre defendo ás mulleres que son atacadas, sexan poetisas novas ou mozas maltratadas. Talvez debería traballar como avogada, non cho sei...
Menudo rollo que teño cando escribo!!!!!Isto é adición!!!!problema de psiquiatra!!!
Unha aperta

Anónimo dijo...

Vostede é moi nova... e ten moito camiño por diante.
Eu xa hai ben tempo que deixei moi atrás calquera resabio "corporativista", polo que me é indiferente -mesmo risible- calquera ataque a un colectivo ao que eu poida pertencer.
Se son poeta, e din que os poetas son tontos, traeme sen coidado. Se son médico, e din que son uns incompetentes, resbálame totalmente. Se son un galego falante, e din que estes son uns paletos, pois ríome durante cinco segundo. Só me sinto aldraxado cando o din de min directisimamente. Daquela, si que poño cara de can e arrequicho os dentes. Ben... ás veces nin iso. A indiferencia é a mellor actitude, dígollo eu, estimada amiga.

Anónimo dijo...

Ola Marcos, estiven navegando en diferentes álbumes de fotos de Vladimir Clavijo, o fotógrafo moscovita, e a verdade é que me encantou a súa obra, tan lírica, ás veces tan naïve e feminina, outras tan rompedora e no límite, niso, lémbrame a Jan Saudek. Creo que o campo da fotografía actual é flipante, hai moito por descubrir e no que desfrutar. Apertas

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Yoli: de feito, Internet é un paraíso infinito para os amantes da fotografía, coa posibilidade de facerte a túa propia colección de imaxes da fotografía universal. Precisaríamos varias vidas ou moitos cartos para mercar os libros necesarios para ter unha perspectiva tan ampla como a que hoxe ofrecen os novos medios. Tamén me gusta Jan Saudek, co seu barroquismo fascinante e ás veces decadente, xa colgarei algunha foto da súa obra. Saúdos.

Marcos Valcárcel López dijo...

De novo para Yoli. Velaí algunhas marabillas da fotografía recente accesibles dende Internet (á marxe dos clásicos e entre centos posibles): en México, Flor Garduño; o danés Emile Schildt, que che gustará; o sueco Erwin Olaf; franceses: Pierre Gonnord, Pierre et Gilles (algo decadente), Fauville. Dos artistas do Imperio norteamericano, imprescindibles Annie Leibovitz e Aziz Coucher e as fotos de cine de Andy Gotts, Greg Gorman, Herb Ritts...E un moi longo etc.

Anónimo dijo...

Moitas grazas, vaia se controlas!!!

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o último ANONIMSS: polos nomes que dás, seguimos coincidindo, cando menos nos que coñezo ben. Pero non entendín a paréntese (se segues así acabarás fumando habanos...): perdoa a miña falta de perspicacia. Por onde van os tiros?

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Anonimss: só preguntaba por pura curiosidade, tampouco percibía malicia. Pensei que había algún matiz que non collía... Non son fumador pero teño fumado algúns puros en tertulias de amigos, cada vez menos tamén é certo. Hai que coidarse.