Liberdade de expresión (tamén en Turquía)Unha novelista turca,
Elif Shafak, debe comparecer nestes días diante da Xustiza de Turquía por unhas palabras sobre o xenocidio turco contra o pobo armenio nos anos finais do Imperio Otomano. Turquía non recoñece a súa responsabilidade nese feito histórico e xa houbo outros autores condenados. O curioso deste caso é que non foi a escritora quen pronunciou esas palabras, senón uns personaxes, de orixe armenia, da súa novela “
O bastardo de Estambul”. Pero é a escritora, en cambio, a acusada de proferir “insultos ó carácter xenuinamente turco”. É evidente o absurdo do proceso: non se pode confundir a personalidade do autor coa dos seus personaxes. Dostoievski non era un asasino, nin Shakespeare nin Patricia Highsmith e fixeron falar e deron vida nas súas obras a moitos asasinos. Sorte que non os pillaron os xuíces turcos.
4 comentarios:
Dígao un personaxe dunha obra, dígao directamente o autor en canto tal, o caso é unha mostra máis de censura e represión.
O xenocidio armenio foi verídico. Un feito fundante da modernización autoritaria desde arriba do estado turco, feita pola brava e sen ningún miramento.
Qué paradoxos ten a xeopolítica: ter que contar con un estado como este como un mal menor fronte ao islamismo fundamentalista.
E as minorías étnicas, claro, que se fodan. Antes os armenios, hoxe os kurdos, expulsados ao cubo de lixo da historia.
Kurdos, armenios, palestinos, xudeus tamén no seu momento (paradóxico o que fixeron eles despois), Guantánamo, os saharauis, Congo, Sudán, Katmandú, Liberia, Srebrenica, Chernóbil, Minamata, "Cóndor", Sierra Leona,Omagh, e tantos outros!!
Queremos ser civilización e somos pura barbarie!!
Non podemos cambiar o que é inherente á condición ¿humana?
Xa son milenios de experiencia
Mágoa
É tremendo que aínda hoxe se siga a considerar que as opinións dun personaxe son necesariamente as mesmas do autor. Está claro que Turquía ten aínda que mudar moito para entrar na Unión Europea.
Por outra banda, algo parecido lle pasou a Houellebecq en Francia cun fragmento de “Las particulas elementales”, no que un dos seus personaxes di que “o islam é a relixión máis gilipollas do mundo”. Foi xulgado por insultos humillantes a unha crenza relixiosa, algo que, incriblemente, está tipificado como delito en Francia. Polo visto a corrección política segue a facer estragos, e a liberdade de expresión está a ser a súa primeira víctima.
Non sei en que libro lín cun día Adolfo Hitler comentou (sería a primeiros dos anos 30): ¨¿Quen se lembra dos Armenios?¨. Esquezamonos de que existiu o holocausto armenio, no que un millón e medio de persoas foron asasinadas (de preto de tres millóns). Abracemonos a Turquia, un país europeo como poucos, e esquezamonos deses detalliños de que o Estado Turco non recoñece o holocausto armenio, así nos ira no futuro... ¿Quen se lembra dos armenios? Se se esquecen estas cousas é que posiblemente van pasar de novo.
Publicar un comentario