14 sept. 2006


Noraboa a Benito Losada e Lourdes: o seu fillo Anxo rematou a carreira
Entramos noutra etapa da nosa vida, sen dúbida. E os fillos fan presenza, con voz propia. Por se o vedes ou falades con el, o amigo Benito Losada, que tantos amigos ten por aí espallados, está hoxe de noraboa e tamén a súa muller Lourdes. O seu fillo Anxo acabou a carreira, unha desas inxenierías técnicas da modernidade (estudada en Vigo) e agora seguirá por Europa adiante, estudando e facendo as súas cousas.
Do libro homenaxe que fillemos en Auria, no 2001, "Vintecinco anos de labor cultural en Ourense", tiro esta caricatura de Siro, que tamén saira no seu día en La Voz. Por certo, revisado este libro, cinco anos despois, menuda xoia de colección fixemos daquela: ademais de fotógrafos, artistas e caricaturistas de primeira liña, aí están textos e obra varia de Manuel María, Manuel Outeiriño, X.C. Caneiro, X.M. Cid Fernández, X.M. Domínguez Prieto, Manolo Figueiras, Xulio F. Senra, Xoán Fonseca, Modesto Fraga, Xosé Lois, Bieito Iglesias, Maribel Longueira, Anselmo López Morais, Eduardo Núñez, "Peixe", Manuel Pérez Rúa, Antonio Piñeiro, os catro irmáns Quesada, Riveiro Coello, Calros Silvar, David Simón, Víctor Vaqueiro, H. Torreiro, Pura e Dora Vázquez, Monxardín, Roberto Verino, Rafa Villar, Xedsús Vázquez e un moi longo etcétera. O dito, unha peza de colección, imprescindible na historia cultural de Ourense.

13 comentarios:

anómimo político-cultural dijo...

Parabéns a Benito Losada e a súa dona. O seu fillo, á forza, ten que ser ben intelixente.

(Por certo, señor Valcárcel, "descúlpolle" que se esquecera de min para colaborar na homenaxe. Son cousas que pasan, pero houberame gustado escribirlle algo)

Etxeokeai dijo...

Coná. Se parece qeu foi onte cando marchou o Anxo do Instituto.
Obviously, parabens a Anxo, Lourdes e Benito.

marcos valcarcel dijo...

Para anónimo p-c.: sinto ben non ter reparado daquela (tampouco os outros membros da comisión organizadora), estando vostede fóra de Ourense, en solicitarlle algunha colaboración para aquel libro de homenaxe, que de seguro sería interesante e sentida. Haberá outra ocasión, quizais.

anómimo político-cultural dijo...

Son cousas que pasan nas mellores familias. Ademais, unha faba non fai caldo, amigo Valcárcel. En efecto, outra ocasión haberá. E que todos o vexamos. Apertas.

O vixía dijo...

O libro, en efecto, é estupendo. Pero é un detalle de inmodestia que o digas ti, Marcos. Para iso estamos os máis. A humildade non está reñida co bo quefacer, xa sabes.

Anónimo dijo...

Para Vixía:

- E quen dixo que a inmodestia sexa un pecado e a humildade unha virtude.

- O cura da parroquia.

- Ah.

O vixía dijo...

Un crítico debería saber encaixar as críticas. Xa sabes, por aquilo de predicar co exemplo.
Non obstante, visto que non admites nin sequera o obvio, abstereime de facerche ningún outro comentario.

Saúdos e sorte.

(Por certo, e xa que estamos de refraneiro, como a cortesía custa pouco e vale moito, reitéroche: o libro é magnífico).

marcos valcarcel dijo...

Aclaración para vixía: eu sempre asino co meu nome todos os comentarios no meu blog, polo tanto non son quen resposta como "usuario anónimo", claro está. Polo tanto pediríache que non deixes de facer os teus comentarios, que sempre serán ben recibidos.

O vixía dijo...

Marcos:

Desculpa o (grande) erro. Aínda que non te coñezo máis que de lerte (no blog, na prensa e noutros sitios), xa me resultaba estraño tanto ferrete ironizado, pois as miñas palabras eran, de verdade, ben intencionadas e pensando na mellor e máis xusta valoración dun traballo ben feito coma o teu.

Cóntame entre os que se abeirarán na solaina, por suposto.

(Agora para o "usuario anónimo": se vde. di o que di, por algo será, pero creo que comigo se confunde; ademais, "accusatio non petita...". Saúdos tamén para vde., tamén sen acritude).

Anónimo dijo...

O señor Vixía non ten sentido do humor!

Anónimo dijo...

O señor Vixía ten o feo vicio de afearlle a conduta a todos. Véxase, se non, o que lle pon tamén a Jaureguízar.
Como era aquel refrán da palla e da viga?

Anónimo dijo...

Dito sexa sen acritude.

O Tretas dijo...

Estaba aborrecido pero agora moito máis.
Cheira a naftalina que atufa!!!

E logho de quen vedes sendo???
Morreu ou inda vive???

Parabéns e que estoupedes de fartura intelectual.