4 sept. 2006

Noraboa á poeta Yolanda López
Benvida tamén e sobre todo noraboa á poeta e amiga Yolanda López (e seguidora fiel desta bitácora), que gañou recentemente o primeiro premio Antón Tovar, instituído polo concello de Rairiz de Veiga (acabo de enterarme agora mesmo). A nova completa, que nos enche de ledcia, no Galicia Hoxe do 10 de agosto.

10 comentarios:

Yoli dijo...

MOITAS GRAZAS

Anónimo dijo...

O periodico di poeta OURENSA, NON E DE SARRIA?

marcos valcarcel dijo...

Teño entendido que é ourensá. Esta é a súa ficha na páxina da AELG:
Yolanda López (Ourense, 1976). Licenciada en Filoloxía Inglesa e Técnica Superior en Turismo, é autora do poemario Verdugos impolutos (2005). Galardoada co XI premio de poesía "Suso Vaamonde", textos da súa autoría aparecen no libro As aforas do soño (2005), coordinado pola revista cultural Casa da Gramática, e nunha antoloxía de poetas novas en homenaxe a Rosalía de Castro. Colaborou na sección de Poetas do Século XXI en El Correo Gallego e próximamente colaborará nun libro colectivo sobre Fisterra coordinado polo escritor Alexandre Nerium. Publicou poemas en revistas literarias diversas e artigos de literatura inglesa e norteamericana (Eudora Welty, André Lefevere) no Boletín Galego de Literatura da USC, na Universidade de A Coruña e na Revista de Estudios de Filología Moderna da Universidad de Castilla-La Mancha. No eido doutras manifestacións artísticas, participou nun espectáculo de poesía, música e danza denominado Poetic@rte. A danza das palabras, organizado polo P.E.N. Clube de Galicia. Asemade, adícase á pintura como acreditan os seus anos na Escola de Artes e Oficios da Deputación Provincial de Ourense.

Yoli dijo...

Ola! Si, eu son ourensá. Nacín na terra dourada das pontes. Mais todos os meus ancestros son de Sarria, así que tamén levo sangue lucense nas veas. Pero as miñas irmás e mais eu iniciamos a "saga" de Auria, e ben orgullosas que estamos. Unha aperta.

araña negra dijo...

Esperemos que Yolanda continúe a crear poemas tan fermosos como ese "E bailo no teclado negro" que lle pon a calquera os pelos de punta. E oxalá que a fama non se lle suba á cabeza, cousa, por certo, moi frecuente nas poetas novas actuais. Que a musa non decaia. Parabéns.

Veloso dijo...

Parabéns entusiastas a Yolanda. Para cando a publicación do libro?

Yoli dijo...

Moitas grazas ao especialista en uvas, á araña e a "xangarelo". A presentación do libro, en principio, será o mércores 22 de novembro na sala Granell, mais todo pode pasar en dous meses...
A vanidade destrúe a esencia auténtica do ser humano,
pero a autocrítica leva aos derroteiros da construción; mais grazas polo consello, compañeira, e non me piques!

Etxeokeai dijo...

Moitas felicidades, Yoli.
Terra dourada das pontes...
O sol na ponte vella... pedra vella...dourada pedra...
pedras douradas de felicidades
... Ai que me estou liando...
Felicidades, moza.

Damián V. dijo...

Noraboa, Yoli. Un bico.

Yoli dijo...

Moitas grazas novamente a todos
Beixinhos :-)