7 sept. 2006


Páxina catro dun documento
Andoliña sete setembro
O 23 de xullo do 2005 Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana asinaban en Compostela un documento titulado Acordo sobre Bases Programáticas para a acción de Goberno que sintetizaba, en 26 páxinas, as liñas estratéxicas do goberno de coalición PSdeG-BNG. Na cuarta páxina había un interesante apartado baixo o epígrafe "Parlamento máis achegado á cidadanía" que insistía en reafirmar o papel do Parlamento como centro da vida democrática do país. Como lembraba onte en EL CORREO GALLEGO o comentarista Luís Pérez, figuraba nese mesmo parágrafo unha expresa indicación de "facilitar a constitución e o funcionamento das comisións de investigación" na cámara galega, algo que aplaudiría sen reparos calquera demócrata.
Por iso sorprende que o Goberno se negue agora a facilitar esa comisión de investigación e opte por unha fórmula menor, á vista da gravidade que todo o mundo, sen excepcións, confire á crise dos incendios. Se hai tantas cousas que saber aínda, incluída unha posible trama política, que se investigue a fondo. Do contrario vai ter razón o Josep Pla que escribía en 1931: "Nada hai que cambie máis a un home que o exercicio da responsabilidade e a proximidade do poder".
(Imaxe: fotografía de Alberto García Alix).

10 comentarios:

torredebabel dijo...

Houbo na Arxentina un presidente que decía que se un quería que nada se soubera sobre algunha cousa, o mellor era formar unha comision... Chamábase Juan Domingo Perón e, vaia rara que é a vida, a sua dona é hoxe moito mais coñecida ca el no mundo enteiro.

Roi Queimado dijo...

Sintoo. Penso que non vas gañar pra disgustos. Unha cousa é o que se predica e outra cousa é o que se fai...

Yoli dijo...

Eu case que quedo coa preciosa foto de García Alix. Recomendo á xente que goste da fotografía, que entre na galería de Ouka Leele ou na galería dun dos meus favoritos, o checo JAN SAUDEK, alucinante.

Anónimo dijo...

Comparto os teu valores democráticos amigo Marcos e comparto contigo tamén, como non, a necesidade de esixir que os responsables políticos cumpran os seus compromisos coa cidadanía, pero ....... ¿Qué pasa si imos un pouco mais alá? ¿Realmente tivo consecuencias claras e positivas na xestión do interese público algunha comisión de investigación existente en Galicia ou no Estado? ¿Realmente ese é un modelo eficaz para acadar solucións os problemas, sexan estes estructurais, operativos ou catástrofes derivadas da imprevisión?

Independentemente das responsabilidades políticas a asumir (¿Realmente é necesaria unha comisión de investigación para a asunción de responsabilidades políticas? eu penso claramente que non); unha sociedade civil organizada forte debería de abordar de raíz o problema e, dentro dos seus ámbitos de dialogo, propor alternativas as ineficaces comisións de investigacións parlamentarias. Penso que ten chegado o momento de xerar un modelo metodolóxico de debate rigoroso que permita, a sociedade civil, xa non digo atopar solucións incuestionables pero si polo menos esclarecer que pasou e definir estratexias solvente de actuación cara o futuro……

Neste tema, abusando da túa paciencia unha vez mais, deixa que xurda ese relativismo que nos leva a non crer na existencia de verdades absolutas (nin sequera nas conclusións das comisións de investigación) e moito menos a confiar a solución de problemas complexos ,e nalgún caso novos polo menos na súa dimensión e efectos, a mera posta en marcha de vellos mecanismos automáticos (xerados, hoxe en día, dende unha perspectiva onde o que prima e a imaxe que se xerará no votante a través dos medios).

E innegable que a posta en marcha dunha comisión de investigación sería o mecanismo a por en marcha seguindo o Acordo sobre Bases Programáticas para a acción de Goberno e polo tanto o seu rexeitamento réstalle credibilidade o goberno (un tema moi importante politicamente está claro, e que ven a mostrar a miopía do goberno neste tema )........ non é menos certo que o goberno debe de asumir certa responsabilidade política (esas son as normas do xogo limpo democrático) pero non nos quedemos no mero análise político curtoplazista.... pasados os meses..¿Realmente alguén pensa que da trafulca do hórreo, ben condimentada polos intereses mediáticos, sairían unhas conclusións veraces do acontecido e, como agora gusta tanto, unha folla de ruta capaz de abordar o problema da posta en valor do monte galego?.... e se non é así.... ¿Como abordamos o debate das solución? Tampouco teño receita para esto.... pero como sempre será un facer escoitar a túa opinión no próximo xantar.....

Apertas

Roi Queimado dijo...

Imaxinate que chegan á conclusión de que todo foi culpa do goberno actual de turno... Eu non che coñezo ningún caso de que un goberno monte unha comisión pra que agrome a verdade caia quen caia....

Anónimo dijo...

eu non coñezo ningún caso dunha comisión de investigación que agrome a verdade....

marcos valcarcel dijo...

Ben, vexo varias opinións moi escépticas sobre as comisións de investigación. E eu comparto ese escepticismo. Pero... en puro xogo democrático, ese é o proceso. Se aceptamos que non valen para nada, por qué as reclaman o psoe e o bng cando son oposición? con qué cara pode o psoe noutras comunidades do Estado solicitar comisións diante de gobernos do PP (Valencia, por exemplo), cando o psoe galego agacha a cabeza, polo que sexa?

Anónimo dijo...

Eu non o vexo así….. de feito o de Valencia foi un despropósito mais (dentro de poucos meses os resultados das eleccións locais nos deixarán ver os resultados desa esclarecedora comisión e desa brillante moción de censura que ven) ..…. Polo demais non podo estar de acordo coa afirmación de que as comisións de investigación sexan a panacea sobre a que construír un xogo democrático que mereza a pena.... a lo menos nunha situación como a actual (caracterizada perfectamente por Juan Tugores no seu artigo de hoxe en “La Vanguardia” http://www.lacoctelera.com/caffereggio/post/2006/09/09/polarizacion-juan-tugores-la-vanguardia : ....el maniqueísmo de lo que está bien o está mal tiende a superponerse cada vez más a la dialéctica entre los nuestros y los otros...... dinámica que es muy negativa ya que dificulta las imprescindibles adaptaciones creativas, constructivas y responsables).

Sexamos realistas, as comisións de investigación só son un instrumento que en contadísimas ocasións sáense da dinámica e da matemática partidista, constituíndo en xeral ferramentas o servicio da posta en escena de fume político-mediático..... ¿Por que darlle pois a categoría de instrumento eficaz? ¿Por que seguir xustificando a súa existencia? ¿Por que santificalas? .. entendo que os secretarios de organización o fagan...... imaxinade o problema que significaría atopar instrumentos eficaces que estiveran fora do seu control, pero ¿Por qué facelo nos?

Non sei.... a min daríame medo que a democracia real se sustentara en ferramentas utilizadas sempre de xeito torticero onde o xuíz e o acusado, e o fiscal exerce tamén de mala pécora das películas de serie negra, que quere ser a herdeira do acusado…… Coincido en que por hixiene democrática deberíase de por en marcha un instrumento de análise rigoroso,na medida do posible obxectivo e non partidario, pero non comparto que ese instrumento poda ser unha comisións partidista que se nomee en setembro de 2006 no Hórreo.

anómimo político-cultural dijo...

"Fai o que eu diga, pero non digas nin fagas o que eu fago".

Esta é a síntese da dobre linguaxe, da hipocresia.

E o mesmo pode aplicarse, desde tempos inmemoriais, a toda actividade humana, sexa relixiosa, política, persoal, familiar, laboral, etc., etc.

E é algo que, en maior ou menor medida, todo o mundo ten feito algunha vez.

Pena de mundo, pena de humanidade! Os galegos non íamos ser menos!

Anónimo dijo...

Que queres que vos diga...todo este debate esta moi ben ....... e paréceme politicamente moi correcto que se insista na apertura dunha comisión de investigación mais…..(programa, programa, programa... que dicia alaguén q se sentía chamado a facer HISTORIA...)

En calquera caso eu penso que a constitución dunha comisión de investigación é unha mera anécdota se funciona como todas as que se teñen creado ata agora (ten alguen algun dato que nos faga pnsar que esta vai funcionar mellor?); dende unha visión mais estratéxica o verdadeiramente relevante sería que BNG e PSOE foran capaces de deseñar instrumentos capaces de chegar a conclusións eficaces a través da participación dos expertos, dos colectivos sociais implicados de...... implicando en novos mecanismos de participación político os cidadáns; esa sería unha demanda políticamente mais interesante.. (ademais claro, da dimisión do director do director Xeral de Montes, como responsable das medidas de prevención e loita contra os incendios forestais...pero para eso non se precisa de comisión de investigación ¿Ou si?))