6 sept 2006


Xaque mate en Auria
Andoliña 6 setembro
Mal ano está a resultar este 2006 para o nacionalismo en Ourense, que perdeu algúns nomes relevantes da súa historia recente: hai tres meses falecía Fernando Pérez López, un dos impulsores da Aula Castelao de Filosofía, que aquí lembramos como o Fernando de Sarria: fora profesor en Ourense e un dos responsables aurienses da UTEG e a AN-PG nos 70. Estivo entre os fundadores da desaparecida Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e foi peza clave naqueles anos multifuncionais: un día había que montar un sindicato e outro formar a estudantes nacionalistas, así eran as cousas daquela.

Agora, este agosto caloroso levou tamén a Xosé Henrique Rodríguez Peña, con presenza no galeguismo político dende os inicios da democracia e unha das figuras políticas que máis loitou por abrir o nacionalismo do Bloque á sociedade, dende o seu liderado no PNG. A entrada de Peña no BNG, logo de ser conselleiro da Xunta tripartita, foi un fito na andaina frontista. Era tamén un home moi querido na cidade e no mundo cultural e un gran xogador de xadrez (compartiu moitas partidas co meu irmán Óscar). Tristemente, a vida semella ser máis traidora que os taboleiros do Ateneo: sempre remata en xaque mate.

1 comentario:

Anónimo dijo...

En SARRIA : FERNADO pataqueiro,descanse en PAZ.
Fillo de PATAQUEIRO:Músico da BANDA DE sARRIA, eX-sEMINARISTA ALÍ ESTUDARON OS POBRES DOS ANOS CUARENTA. en Sarria tamen daquelas creou a agrupación cultural ERQUEITOS, daquelas pioneiras da AN-PG