12 sept 2006


Superpiñeiro (Pan por Pan martes 12 setembro)
Hai uns anos un coñecido escritor galego recomendáballe aos políticos e intelectuais galegos que viran máis o programa “Luar”. Algúns entendérono como unha “boutade”: os mesmos que din sempre Telegaita (non din, en cambio, telePantoja para outros contextos) e que os mesmos se toman a broma a personaxes mediáticos como Gayoso ou Xosé Manuel Piñeiro. A Piñeiro coñézoo dende neno e, aínda que non teñamos agora moito contacto, sígolle a pista. Estes días escoitei o seu programa matinal en Punto Radio e segue tendo ese carisma e ese xeito de conectar coas xentes que xa naceu con el. É un showman per se e ademais un bo rapaz, coas ideas moi claras sobre moitas cousas. Dende a atalaia do seu contacto diario cos seus fans, que o adoran, coñece moi ben este país. Quizais mellor que algúns que asinan ensaios inintelixibles...

15 comentarios:

Veloso dijo...

A min facíame graza ese punto faltón que tiña Superpiñeiro cos convidados ao programa. Con todo, prefiro o Luar, con esa mestura insólita de concursos de baile galego e cantantes recuperados das catacumbas.

Anónimo dijo...

Eu non sería tan bondadoso con Piñeiro como comunicador. Con todo, ten a súa franxa de público, o mesmo que Luar. E, polo tanto, debe ter tamén o seu lugar baixo o sol. Agora ben, que fagan sombra aos demais. Hai cabida para todos os estilos.

Anónimo dijo...

Aclaración de frase.
Queríase dicir:
"Agora ben, que non fagan sombra aos demais".

Anónimo dijo...

Vale, podemos ser respectuosos con todos polo traballo que se esforzan en facer. Mais programas como Luar, señores, deberían ter como subtítulo "O asilo do artista". Sempre pensei que a pouca oportunidade que tivesen outros de traballar na TVG sairían programas ben mellores. E sígoo pensando.

Anónimo dijo...

O que non entendo é que botaran fóra da CRTVG a Piñeiro e continúe o Luar. O Gayoso é vulgar (só no programa, o que é peor), fala ao público como se foran catetos (lembro aquel programa dedicado aos defuntos ¡que vergonza allea!) e por riba van de docentes do pobo, porque ceiban uns datos etnográficos enmarañados en toda esa trapallada con tan pouca clase e xa cren que fan patria, cultura... En fin. Nada disto destilaba o Superpiñeiro. Pregúntome os "poderes" que terá o Gayoso para seguir aí e ter tan boa "prensa" na cidade herculina.

Anónimo dijo...

Estabelece vostede unha perversa relación entre Superpiñeiro e ensaios que non se entenden.
Quere dicir que non soporta aos intelectuales pedantes?
en cambio que a badoqueria lle vai cantidade?
Piñeiro é o que é, nen mais nin menos.
E un mal ensaio pois será un mal ensaio.
porque relaciona pois una mal ensaio co presentador dun programa de televisión. Ou é que nos quere impoñer vostede a Superpiñeiro e quen non o recoñeza queda condenado a ser un pedante intelectual que di cousas que ninguen entende, en cambio a piñeiro si, e por tanto o merito cultural seria del e dos que son como el e como vostede, tan democratico que o recoñece a es sen deixar de ser un intelectual?
Ten vostede un punto de vista moi privilexiado par dicir eso. A vostede é certo como a Piñeiro entendeselle perfectamente, mais a verdae é que non teñen nada que dicir. Piñeiro polo menos divirte e entreten, pero a vostede suponse que cando fala hai que escoitalo porque vai dicir algo...algo que non sexa mero resumo e repetición.
Carlos DM.

Anónimo dijo...

A min atráenme os Tonechos.
Castrapistas, badocos, auténticos, autodestrutivos.
Substituíron o sorriso, sempre máis intelectual, reflexivo e sensible polo escachar de risa, polo rir a cachón, polo sal gordo do polbo á feira e subchiste previsible ata por un neno de dous anos.
Vai ti ver. E cobran xa 18 mil euros por actuación...
Cos Tonechos xa somos un pouco máis nación. Se con Rivas ou De Toro se identifican os intelectuais, cos Tonechos a badoquería, que, como nos ensinan os Hoolingans ingleses, son case semrpe maioría.
Se cadra debiamos andar co casco na cabeza... e deixar o galego e pasarnos ao gallego.
Mal imos.

Anónimo dijo...

Non sei Marcos, se deberías cambiar a estrutura do blog para que houbese que apuntarse con nome real. ¿Ata que punto é bo deixar que calquera memo aproveite o espazo-altavoz de lecer e conversa que nos proporcionas para insultar, oculto cada día nun pseudónimo diferente?
Se cadra o mundo é xa así, pero resistome ao avance da descortesía, envexa e imbecilidade que se pode agochar ocultando identidades,como se fosen pornógrafos de menores.
Por suposto que é unha reflexión xeral, no aire, sen pensar en nada concreto.
Saúde
Afonso

Anónimo dijo...

Home, señor Monxardín, qué tampouco é para tanto. A rede ten as súas regras, caóticas, arbitrarias, e a do anonimato é unha delas. Éche o que hai. Non se lle poden poñer cancelas ao campo.

Ademais, a xente non é tan idiota e, polo xeral, é quen de distinguir entre unhas cousas e outras.

Por outra banda,e polo pouco que teño visto, este blog do señor Valcárcel é un dos que onde menos se amosa a descortesía, a envexa e a imbecilidade. Pecados, por outro lado, do que ninguén está libre.

Marcos Valcárcel López dijo...

Supuxen que este artigo sería polémico, pero vexo nalgúns comentarios que moitos pensan coma min ou cando menos hai unha sensibilidade semellante nestes temas. Do que di Monxardín, de momento non teño pensado cambiar a estrutura do blog: como ben di anónimo-pc, son as regras do medio e quen opina exponse ás críticas, mesmo agudas, dos lectores; e é certo que aquí, ata agora, temos un estilo de conversa polo xeral cordial e sen babecadas. Só nunha ocasión tiven que suprimir un comentario (que era case unha ameaza de morte a outra persoa, non a min) e fareino no futuro, nas mesmas circunstancias. Pero creo que a maioría dos que visitades esta bitácora compartides un "saber estar" que mesmo é pouco usual noutros foros de Internet. Graciñas a todos/as tamén por isto.

Anónimo dijo...

Ten Monxardin un sesgo censurador de coidado.

Anónimo dijo...

Retiro o dito.
Pero gústame mirar no fondo dos ollos e se teño un nome, máis alá de "usuario anónimo" pódomo imaxinar mellor.
"Usuario Anónimo" sóame a "sujeto pasivo" da declarción de facenda, cousa uqe me toca o nabizo de coidado.
Globalmente estou en contra da censura, o que non quere dicir que non me pareza útil, sobre todo a autocensura, para determinados temas.
Por exemplo, creo que os USA deron un exemplo de madurez ao evitar as fotos morbosas, que debería haber millóns, do 11-S. ¿Censura ou autocensura? Non o sei, pero gustoume.
Ao mellor a palabra non é censura. É responsabilidade pública.
Cómpre máis responsabilidade... ¿E que facer cando non a hai, e as imaxes de televisión difunden a agonía dun policía declarando perante un xulgado como pasou hai un ano e pico? Por dignidade, que alguén diga que iso non se emita.
É todo moi complicado. Hai poucas verdades absolutas.

Anónimo dijo...

Eu escribín un ensaio que resulta un pouco denso para leer, mais escribinno dende a honestidade intelectual, para aclarar non para escurecer, e foi par min un importante esforzo. Pareceme que a dificultade, none por capricho senón polo problematico do asunto que trato. Quen me dera espoñelo dun xeito mais claro.
Por esto, amigo Valcarcel sentoume tan mal esa analoxia que estabeleciches entre o ensaio que costa entender e o pedante, fatuo intelectual, egolatra, que se cree superior. Non.
Porque mesturar as cousas.
Hai a quen lle gusta Piñeiro e eu comprendoo, pareceme que unha cousa e divertirse e outra estudar, e esforzarse por saber, por centrarse nalgún asunto. Piñeiro, non Piñeiro, se non a cultura televisiva a min non me vai, mais non trato de imporlle esta miña inaquexscencia a outros, todo o mais dou a miña opinión, que me parece mais axeitada, mellor, como todos, mais escoito o que os outros me din, e pode darlles a razón ou darlla en parte.
Comprenda a miña indignación. Sei que vostede dice cousas interesantes porque escoiteillas, non so repite, e resume. Mais eu non teño porque cair nexe caixon no que vostede me clasificou. Pareceme inxusta esa mestura, esa demagoxia, creo que debería vostede afinar mais, e non deixarse levar pola impronta demagóxica. Non son bos tempos para a disquisición intelectual, mais de ahí a arrasar e por a un mesmo nibel todo, pois non o vexo, non o vexo nin xusto nin honesto. Mais sei que en canto reflexione rectificará vostede, conta coa miña man.
O señor MOnxardín deberia coidar un pouco esa impronta, logo retractase e bla bla bla. Amigo monxardín, aos argumentos non hai que terlles medo, traten do que traten, sexan do que sexan, porque sempre poderá vostede entrar neles e desfacer, refacer, darlles a razón, ou tirar ao lixo logo de vaciar os seus enganosos contido.
Unha aperta aos dous.
Csrlos

Anónimo dijo...

Gracias amigo Marcos polo teu cariño e respeto.
Xosé Manuel Piñeiro

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o amigo Carlos: quizais foi excesiva a miña referencia nese breve artigo a "algúns que asinan ensaios inintelixibles". Eu tamén leo ensaios e sei ben que ás veces o contido e os obxectivos levan a certa complexidade intelectual e verbal: non quixen calificar a ninguén nin menos desprezar o labor dos ensaístas. Referíame especialmente a aqueles que desprezan os medios de comunicación de masas (incluída a TV) e teñen unha visión do mundo só libresca e restrinxida. E iso tamén nos pasa a todos, claro. Saúdos moi cordiais e unha aperta.