15 oct 2006


1938: baixo a bota de Franco

En Galicia Hoxe segue a historia cultural dos últimos cen anos. Hoxe tócalle a 1938:
Cando o réxime tiña o poder de cambiar o nome ás cousas: en 1938 rebautízase a cidade natal de Franco como "El Ferrol del Caudillo" repartíndose na cidade un panfleto que remataba así: "¡Arriba España! La ciudad de El Ferrol, madre fecunda de los navíos del nuevo Imperio, os saluda. Dios. España. Franco. Ferrol dio a España todo lo más que podía dar: "El Caudillo" (citado por J.Mª Cardesín en Grial, n.170). O Boletín Oficial del Estado publicaba o 18 de maio unha disposición na que advertía que "la España de Franco no puede tolerar AGRESIONES CONTRA LA UNIDAD DE SU IDIOMA, ni la intromisión de nombres que pugnan con su nueva constitución política", polo que se ordenaba, ó respecto dos antropónimos, que "tratándose de españoles, los nombres deberán consignarse en castellano".
Foi tamén o ano da aprobación Estatuto nas Cortes de Montserrat, polo empeño de Castelao; e do volume “Lo que han hecho en Galicia”; e do último número da revista Resol en Arxentina, e das películas “Mariñeiros”, de José Suárez, e “Romancero Marroquí”, de Carlos Velo. E o ano que naceu Xosé Luís Méndez Ferrín.
O artigo completo no Lecer, páxinas dominicais do xornal. (Galicia Hoxe inicia hoxe tamén a publicación do meu discurso de presentación a Beiras, en tres entregas).
(Imaxe: foto anónima, Ferrol 1938, arquivo da familia Escrigas, publicada no libro Todo pasa, todo queda, polo xornal Galicia Hoxe, 17 maio 2006).

3 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

Hai algunha frase desas escritas en la lengua del Caudillo que arrepían o corpo, sobre todo a min que non vivín nesa época. (E vendo as manifestacións de España 2000 en Valencia, un caso aparte).

Un saúdo

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu recomendeille ós meus alumnos/as que entraran no YouTube e tecleasen "Entierro Franco": vanse encontrar con algo que non coñecen, entre outras cousas multitudes chorando por un dictador.

Silvio Falcón dijo...

Cousas de las Españas .
Sempre me apaixoaron estes temas por esa parte sinistra.

Un saúdo