5 oct. 2006


CIDADE DA CULTURA (Tirado de Chuza: un texto de Bieito Iglesias e unha idea en imaxes de Suso Sanmartín)
Xullo 13. PURO PRESENTE
Asisto a un cónclave de literatos a fin de suxerir contidos prá controversa Cidade da Cultura. Este xénero de reuniós deslízanse cara o arbitrismo e o diletantismo, no mellor dos casos, ou o craso 'dame algo': dame unha sesión de poesía visual, un local pra unha performance, unhas palestras, un obradoiro literario...Existe un problema previo a calquera outra consideración: a obra do monte Gaiás pertence á cultura do espectáculo. Querse dicir, "ao reino autocrático da economía de mercado, unha vez accedeu ao estatuto de soberanía irresponsable, xunto coas novas técnicas de goberno que acompañan o seu reinado" (Guy Debord). Apostila de Félix de Azúa: "Todo o que a sociedade do espectáculo presenta, é verdadeiro, bo e necesario, polo simple facto de telo presentado". O escritor tradicional peta pouco nesta meada. Talvez poda desecarse algún autor emblemático –despois de expirar, non antes- pra exhibilo en vitrina como o museu de Banyoles mostraba un bosquimano.
Bieito Iglesias, Tempos Novos, Nº 111 (Agosto 2006), pág. 81.

10 comentarios:

gustavo peaguda dijo...

A mellor solucion para a cidade da cultura sería resucitar un vello anarquista ruso e con toda inocencia do mundo e coma o ultimo actode nihilismo a voara.

Por certo eu nesta semana comprendin a diferencia que existe entre a Galicia costeira e a Galicia interior.
O domingo fixen no tren a viaxe Ourense- Compostela. Conciente das duas horas de viaxe para so 100 km acompañeime do libro de conversas entre Baudrillard e Nouvel. Neso o tren detense. Ali estivemos parados unhos vinte minutos.
O marte fixen o viaxe en tren Coruña- Compostela no que me acompañaban os verso do poeta canario Domingo Rivero. O comenzar andar unha voz feminina agradezenos que elixiramos a compñaia Renfe, logo durante a viaxe soa un fio musical con musica de Jazz e Soul. Jazz e poesia xuntos. Un pracer de viaxe. A galicia bipolar!

Roi Queimado dijo...

Non estaría de mais lembrar que no seu momento, cando se pensou, foron poucas as voces que se ergueron contra a Cidade da Cultura. Agora no mais puro estilo galego ¨tarde, mal e arrastro¨ moitos botan as mans a cachola. Habelo pensado antes cando era o momento de dicilo... Deus nos libre dun: Xa foi!!!

Moralla dijo...

JAJAJA!!! que imaxe máis boa! Supoño que xoga coa imaxe dos talibáns e o derrocamento que fixeron na súa época imperante de toda imaxe relixiosa oposta á dos seus "mullahs". Claro, hainos que opinan que hai que facer desparecer a Cidade da Cultura a base de explosivos. Un tanto radical, non? Mais hai que poñer solución a este conflicto. Que opinades???Abrimos o debate

Leituga 1 dijo...

O pequeno texto de Bieito Iglesias aquí reproducido é a reflexión máis lúcida que teño lido ata hoxe sobre a Cidade da Cultura. Todo o que se escribe sobre ese gran bicho son ocorrencias pedantes sobre os seus contidos,peticións de bombardeo, taimadas suxerencias para pillar algunhas habichuelas, ou lamentables e melindrosas xeremiadas culturetas. Bieito Iglesias é o primeiro que fala da auténtica esencia do monstro e mostra o camiño para a súa redención, que debe ser acorde coa súa natureza.

anómimo político-cultural dijo...

Por certo, el non habería tamén pequeno choio na Cidade da Cultura para todos os que frecuentamos este blog? Se tododiós anda a pedir para si, nós non imos ser parvos, digo eu.

Leituga 1 dijo...

Pois sería cousa de ir organizándonos, señor APC, e que dentro do "Espazo Obradoiro" nos construísen unha solaina ben techada por unha parra de deseño. Alí estaríamos, á vista do público, en plan "performance", comendo e bebendo, vestidos de romanos, presididos polo señor Valcárcel, falando e falando. Dúas ou tres horas ao día durante tres veces á semana, que hai que preparar os temas, e 5.000 euros para cada un. ¿Que lles parece?

anómimo político-cultural dijo...

Home, a min o de ensinar as pernas vestido de soldado do exército romano (con esa faldiña curta que saía nos peplum) dame un chisco de pudor (e iso que din que non as teño feas). Agora ben, se é con túnica senatorial, con escrav@s a servir e todo iso, a cousa xa cambia.
No que discrepo é dos 5.000 euros per cápita. Para que lle imos dar quebradeiros de cabeza ao xerente! Concordemos en 6.000 euros mondos e lirondos e non se fale máis.

Etxeokeai Fernández dijo...

Estou moi interesado no tema proposto por Leituga 1, e non creo qeu sexa preciso o matiz de APC.
5000 mes, son suficientes.
Uns poden ir de romanos e outros de castrexos. Triclinia, viños, facendo permanentes simposia, que como nos ensina o grego, simplemente significa "beber xuntos".
Se me apuran -son un matado- aínda asinaba por 4.750 que hai que apretar o cinto, polo ben do país.

anómimo político-cultural dijo...

Pois non se fale máis, Etxeokeai.
Vostede vai de castrexo e cobra 4.750 e eu de senador romano e cobro 6.000.
Así todos contentos!

Etxeokeai dijo...

Feito. Onde hai que firmar?